mércores, 19 de decembro de 2007
Horarios XA CONFIRMADOS dos partidos da seguinte xornada
FÚTBOL: 2ª AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO II
C.A.S.X. - Lubre F.C. 22/12/2007, 15:00h Campo Municipal de Sobrado
FÚTBOL: 3ª AUTONÓMICA SENIOR GRUPO IV
C.A.S.X. - A.C.D. Poulo 22/12/2007, 17:00h Campo Municipal de Sobrado
FÚTBOL SÁ: PROVINCIAL FEMININA
C.A.S.X. - Mesón Río Ulla "B" 22/12/2007, 19:00h Pavillón Municipal de Sobrado
ESTA É A ULTIMA XORNADA ANTES DO PARÓN DE NADAL, SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS E DESEXAR QUE O 2008 TRAIA GRANDES EXITOS DEPORTIVOS.
FORZA C.A.S.X.
martes, 18 de decembro de 2007
Xornada case completa de victorias
Estes foron os resultados das categorías inferiores de fútbol sala:
BENXAMÍN: C.A.S.X. 8 - Concello de Aranga 5
ALEVÍN: C.A.S.X. 8 - Concello de Aranga 0
INFANTIL: C.A.S.X. 3 - Concello de Aranga 0
Fútbol 2ª Autonómica Xuvenil Grupo II:
C.A.S.X. 4 - U.D. Larín 2
Nova victoria e nova goleada do equipo xuvenil de fútbol que está firmando un gran primeiro tercio de competición. O equipo parece que lle colleu o pulso a competición en poucas xornadas e por terceira semana consecutiva acada unha goleada.
O sábado o Club Atlético Sobrado foi moi superior sobor de todo na primeira metade que puido rematar con un resultado de auténtico escándalo.
Adiantouse o Larín 0-1 nun centro-chut (máis ben centro que chut) que se envelenou e foi acabar na rede da portería defendida por Andrés e que foi o único lanzamento a portería dos locais na primeira metade.
Máis tarde chegaría a lesión de Fran que se mancou intentando chutar a portería e sufriu un pinchazo na cadera. Hoxe determinaraselle na Mutua de Futbolistas que tipo de lesión padece.
No minuto 18 ía empatar Pablo de maxistral lanzamento de falta. Logo o C.A.S.X. tivo varias ocasións claras de gol, a máis claro nunha excelente xogada persoal de Mario "Palermo" que saiu rozando o pao. No minuto 44 ía acadar o 2-1 Mario "Palermo" nun man a man co porteiro que o dianteiro centro marelo non perdoou.
Co resultado de 2-1 chegouse o descanso.
Na metade da segunda metade logo de varias oportunidades locais chegaría o 3-1 obra de Diego Amil de un excelente zurdazo dentro da área.
O Larín marcaría o 3-2 con un golazo de medio campo poñendo a zozobra no Municipal sobradés a 10 minutos do final. Logo o Larín tivo 2 claras oportunidades de marcar o empate pero sería Pablo nunha xogada persoal levándose dende a banda a todo rival que lle saía o paso o que marcaría o 4-2 poñendo a tranquilidade no marcador no minuto 91. Para a seguinte semana o C.A.S.X. voltara a xogar na casa fronte o Lubre C.F. (horario sen confirmar).
Fútbol Sala Provincial Feminino:
Amarelle Sal Lence "B" 1 - C.A.S.X. 4
O equipo que adestra Hassan está lanzado este ano e estase a amosar coma un dos equipos punteiros da liga. Esta situado a 6 puntos das líderes, é dicir, do ascenso. A calidade humana que desprende este plantel amosase día a día e as cousas ben feitas a largo plazo acaban dando resultado. Tiña un difícil desplazamento a Santa Comba o equipo laranxa pero fronte o filial do Sal Lence pero solventouno sen problemas con un claro 1-4.
Abriría o marcador Tamara Sandá que tamén sería autora do 0-2 polo que acada un doblete por segunda semana consecutiva.Con ese resultado chegouse o descanso. O 0-3 sería obra de Sandra un gol que deixaba case sentenciado o partido. Reduciría distancias o equipo coruñés afincado en Santa Comba pero María voltaría a dar tranquilidade no marcador acudindo a súa cita semanal co gol e pechando a conta co 1-4 final, sen lugar a dúbidas un excelente resultado das xogadoras do Atlético Sobrado.
A xornada seguinte o equipo feminino xogará na Pavillón Municipal de Sobrado o sábado 22 de decembro (día da Lotería) a partires das 19:00 horas fronte o Mesón Río Ulla "B".
Fútbol Senior 3ª Autonómica Grupo IV
Oza dos Ríos C.F. 4 - C.A.S.X. 1
Quen vexa o resultado pensará o a "Makina Amarilla2 sufriu unha gran paliza contra un dos equipos que está na zona da baixa da taboa coma nos pero a realidade é a seguinte: o C.A.S.X. tirou 5 veces o pao e fallou un penalti. Está claro que cando o balón non quere entrar e a sorte che da a espalda non hai nada que facer. Fai un par de anos tiñamos a sorte de cara e xogando moito peor que o domingo gañabamos partido marcando ata co "cú" (falando mal e pronto).
Adiantouse no marcador o C.A.S.X. con un excelente lanzamento de falta de Chinorris que puxo o 0-1 no partido xogado no Campo Municipal de Curtis. Logo empataría o Oza e 2 minutos máis tarde faría o 2-1. Cando xa picaba o descanso o Oza faría o 3-1.
Na segunda metade un rosario de mala sorte: penalti o pao de Chinorris, tiros o pao de Esteban, de Josito, de Chinorris..., e o Oza marcaría o 4º da tarde que pechaba a goleada. De todos os xeitos dicirlle o equipo que non se desanime pois se xoga como o fixeron o outro día os resultados chegarán e a pesares dos inconvintes que estamos a ter este ano (lesión tras lesión) a sorte cambiará e aparecerán os triunfos. Aínda queda moita tempada para poder endereitala, ánimo.
O seguinte partido será fronte o A.C.D. Poulo (horario e data sen confirmar)
SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS PARA OS VINDEIROS ENCONTROS
FORZA C.A.S.X.
xoves, 13 de decembro de 2007
Xa está a venda a Lotería de Reis
Dende onte xa está a venda o número que xogará o Club Atlético Sobrado Xuventude no Sorteo Extraordinario de Reis que se celebrará o 6 de Xaneiro de 2008 (día de Reis).Os que desexedes mercar a Lotería do C.A.S.X. poderédela adquirir nos seguintes establecementos de Sobrado: Cafetería Ramiro, Cafetería Lecer, Café Bar Tato, Restaurante Real, Panadería Vázquez, Casa de Costura Maricarmen e Casa Gerardo (no Mesón de Folgoso) ou ben solicitarlla a calqueira dos membros da Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude.
A Lotería véndese na modalidade de décimo e o prezo é de 20 € + 3 € de donativo.
Por outra banda informarvos que queda moi pouca lotería de nadal do número 02345 (as participacións xa se acabaron e queda 1 serie e media de décimos) para os que a queirades a aínda non a teñades.
QUE A SORTE VOS ACOMPAÑE
mércores, 12 de decembro de 2007
IMPORTANTE: CAMBIOS NO PARTIDO CO OZA C.F.
Debido a que o Oza está a arreglar o seu terreo de xogo viña xogando os seus partidos os sábados as 19:30 horas no Mundo do Fútbol de Abegondo (a cidade deportiva do Real Club Deportivo de A Coruña).
Pois ben, haberá cambios de última hora e o presidente do Oza informounos hoxe mediante conversación telefónica así coma tamén o Comité Técnico de Arbitros Galegos vía fax que o partido terá lugar o vindeiro domingo 16 de decembro as 16:00 horas no Campo de Fútbol Municipal de Curtis, así pois toda a información de este partido dada anteriormente queda anulada.
Firmado, a Directiva.
martes, 11 de decembro de 2007
2 Victorias, 1 Derrota
Non pasou apuros o equipo marelo na súa visita o campo do colista San Martiño. O equipo que o sábado adestrou o tándem Esteban-Pazitos voltou a golear por segunda semana consecutiva a pesares de non contar con Pablo, Iván, Souto nin Carlos.
O equipo tivo infinidade de ocasións que na primeira parte non foi quen de aproveitar polo que se chegaría o descanso con un sorprendente 0-0. Na segunda metade por fin o equipo xuvenil abriría a lata polo que Diego Fragío faría o 1-0 e 2-0. O 3-0 sería un golazo obra de Miguel (o lateral dereito marca por segunda semana consecutiva) e pecharía a goleada o dianteiro Mario que non fallou na súa cita co gol.
Noraboa rapaces, para ser o primeiro ano vésevos con moitas gañas e empeño. Seguide así.
2ª Autonómica Xuvenil Grupo II
C.A.S.X. - C.D. Larín 15/12/2007 Municipal de Sobrado 16:00
3ª Autonómica Senior Grupo IV
Oza dos Ríos C.F. - C.A.S.X. 15/12/2007 El Mundo del Fútbol 19:30
Fútbol Sala Provincial Feminina
Sal Lence Amarelle "B" - C.A.S.X. 15/12/2007 M. Santa Comba 20:00
SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS
venres, 7 de decembro de 2007
02345

Recordade 02345 é o número de Lotería de Nadal que xoga o Club Atlético Sobrado Xuventude. Faltan poucos días para o sorteo, non vos quededes sen o voso décimo ou participación. Dende o C.A.S.X. recordámosvos que os prezos son os seguintes:
Participación: 4 € + 1 € (recargo)
Décimo: 20 € + 3 € (recargo)
A SORTE PODE ESTAR NAS TÚAS MANS, MERCA LOTERÍA DE NADAL DO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE E SAIRÁS GAÑANDO.
mércores, 5 de decembro de 2007
Vindeiros Encontros

- Fútbol Sala Provincial Feminino:
(08/12/2007)C.A.S.X. - Hamburguesería Fame Negra 19:00 horas/Pavillón Munic. de Sobrado
- Fútbol Xuvenil 2ª Autonómica Grupo II:
(08/12/2007) San Martiño - C.A.S.X. 16:00 horas/Campo de Fútbol de O Outeiro (Cerceda)
- Fútbol Senior 3ª Autonómica Grupo IV:
(09/12/2007) C.A.S.X. - C.F. Toques 16:00 horas/Campo de Fútbol Municipal de Sobrado
SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS
FORZA C.A.S.X.
martes, 4 de decembro de 2007
Logo conmemorativo 10º Aniversario

Unha de cal e unha de area
O equipo adestrado por Hassan amosou un sábado máis que a pesar de ser o primeiro ano que está federado na competición é un oso duro de roer.
No último partido disputado golearon o Atlético San Pedro polo contundente marcador de 5-2, o equipo formouno: Andrés, Miguel, David, Ruchi, Metzelder, Anxo, Javi, Pedro, Fran, Ferreiro e Diego Amil, como suplentes atopábanse Carlos (ps), Fragío, Jorge e Barrio.
Axiña iba a encarrilar o encontro o equipo marelo pois os 9 minutos logo dunha boa deixada de cabeza de Javi, Diego Amil encontrase man a man co porteiro visitante e Diego con sangre frío non perdoa. 2 minutos máis tarde sería Ferreiro o que cun disparo cruzado faría o 2º da tarde. Con este resultado chegouse o descanso. Na primeira xogada da segunda metade o Atlético San Pedro recurtaría diferencias collendo os nosos xogadores algo fríos. Pero Fran puxo a calma momentánea no marcador marcando o 3-1. Voltarían a recurtar diferencias o equipo visitante e outra vez zozobra no Municipal de Sobrado. Pero o lateral Miguel puxo as cousas no seu lugar establecendo o 4-2. O peche a goleada faría o central Metzelder de fenomenal xogada individual.
Para a vindeira xornada o C.A.S.X. visita o colista San Martiño, agardemos unha nova victoria de este equipo que está facendo unha campaña excepcional.
CIRE Melide 3 - Club Atlético Sobrado Xuventude 1
Enfrontaba un difícil encontro fronte o líder a Makina Amarilla e ademáis con importantes e inxustas baixas: as de Esteban, Pirulo e Juan debido o esperpento de arbitraxe que o C.A.S.X. sufriu a semana pasada no seu partido fronte o Visantoña. Seguramente a peor arbitraxe dende que o C.A.S.X. existe dende que hai 10 anos se fundara.
O C.A.S.X. formou con Tino, Roi, Carlos, Iago, Guille, Josito, Manu, Simón, Jacobo, Nacho e Pablo, como suplentes agardaban a súa oportunidade Carlos (ps) e Chinorris.
Debo dicir que houbo unha parte para cada equipo. Na primeira o CIRE foi moi superior o C.A.S.X. amosando porqué está de inconstestable líder que ademáis non parece que se vaia apear de esa posición ata que acabe a tempada.
De tódolos xeitos nada máis comezar o partido o C.A.S.X. golpeou primeiro e nunha excelente xogada e posterior centro de un incisivo Jacobo, domingo reconvertido en interior esquerdo rematouno Pablo (xuvenil que debutaba co primeiro equipo e que se lle viron moi boas maneiras) de cabeza e o seu remate foise arriba da portería defendida por Perilla por pouco.
Os 5 minutos primeiro mazazo, internase o dianteiro centro do CIRE Mark na área e Iago comete un claro derribo, penalty e cartón marelo que ven puido ser vermello pero o colexiado non quixo estropear o partido. O penalty lanzouno de xeito maxistral Jechu e aínda que Tino chegou a tocar o balón este rematou no fondo da rede de xeito imparable, 1-0.
No minuto 17 outro penalty: este de Roi sobre o propio Jechu, lanzou outra vez o xogador melidán pero Tino nunha gran estirada mandou o balón a córner (que ben se lle dan os penaltis a Tino). Unha vez máis as lesións voltaron a visitar o C.A.S.X. e desta vez foi Simón o que fixo unha forte escordadura de nocello, foi sustituido por Chinorris, pasando un renqueante Manu como interior dereito e Chinorris formando parella de medio centro con Josito.
O CIRE seguía dominando pero sen crear excesivo perigo ata que pasados 2 minutos dos 45 regulamentarios da primeira metade un balón que sobrepasa Roi, Jechu fai un control e chuta coa súa perna dereita batindo por 2ª vez a meta do equipo marelo. Nada máis sacar de centro o colexiado decretou o descanso.
Na segunda metade o C.A.S.X. saiu con ánimos renovados e foise máis cara arriba, con un bo partido de Manu e Jacobo nas bandas, Nacho e Pablo deixandose caer os lados e vindo a recibir, un Chinorris que se gustou no medio campo e fixo un dos mellores partidos que recordo, Josito sendo o xefe do medio campo recuperando balóns, Roi e Carlos subindo pola banda con perigo, Iago e Guille moi seguros como centrais non deixando mover o Cire en ataque e Tino moi atento e facendo longos saques de portería que creaban perigo no equipo rival.
Como a mala sorte nunha ben sola nun lance fortuito dun centro de Jechu o balón pégalle a Roi, elévase e entra pola escadra de Tino supoñendo o 3-0, nese momento a xente que estaba o noso lado na grada decía que era totalmente inxusto pois o CIRE non fixera méritos para ir gañando por ese resultado tan abultado.
Hai que destacar a entrega de todo o equipo pois lonxe de virse abaixo tras o terceiro gol do líder seguiuno intentando. Voltou a mala sorte pois nunha excelente vaselina de Jacobo dende o pico da área rozouno o porteiro local Perilla cando xa parecía que entraba o tiro pega no pao e caelle a Armando, o central do Cire despexou de forte volea.
Seguíao intentando o C.A.S.X. cun lanzamento lonxano de Chinorris que se lle foi un pouco por enriba, un tiro de Nacho e outro de Josito.
Nunha internada de Manu por banda dereita (hai que sacarse o sombreiro do partido que fixo a pesares dos seus problemas de pube) é derribado dentro da área e o colexiado pita penalty. A pena máxima transformaría Nacho con moita sangue fría e sin carreiriña.
Acabou o partido cun corner a favor noso cun lanzamento de cabeza que se foi fora.
Para a semana o C.A.S.X. disputará outro derbi fronte o Toques a partires das 16:00 horas no Municipal de Sobrado. O equipo recupera a Esteban e perde a Simón e Manu por lesión e a Juan por asuntos propios.
FORZA C.A.S.X.