xoves, 28 de febreiro de 2008

Os partidos da xornada

Estes son os partidos que disputarán as diferentes categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude nesta fin de semana, primeira do mes de marzo.



SÁBADO 1 DE MARZO



BENXAMÍN:



E.D. Paderne - C.A.S.X. 10:00 h - Pavillón Municipal de San Pantaleón das Viñas (Paderne)



CADETE:



E.D. Paderne - C.A.S.X. 10:50 h - Pavillón Municipal de San Pantaleón das Viñas (Paderne)



ALEVÍN:



Vales Villamarín "B" - C.A.S.X. 12:00 h - Pavillón do Colexio V. Villamarín (Betanzos)



XUVENIL:



U.D. Carral - C.A.S.X. 16:30 h - Campo de Fútbol Municipal de Carral



SENIOR FEMININO:



C.A.S.X. - Riazor F.S. 18:00 h - Pavillón Municipal de Sobrado

DOMINGO 2 DE MARZO
SENIOR MASCULINO:
C.A.S.X. - C.D. Mesía 16:30 h - Campo de Fútbol Municipal de Sobrado
SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS
FORZA C.A.S.X.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

luns, 25 de febreiro de 2008

Maioría de derrotas nesta xornada

Non foi boa a xornada en termos xerais para o Club Atlético Sobrado Xuventude, tan só gañaron as categorías alevín e cadete, o resto de categorías perderon os seus partidos.

Arrincou a xornada o sábado pola mañan cos partidos das categorías inferiores, os resultados foron:

ALEVÍN:

C.A.S.X. 5 - Concello de Vilasantar 2

INFANTIL:

C.A.S.X. 2 - Concello de Vilasantar 11

CADETE:

C.A.S.X. 2 - Concello de Vilasantar 0

Na tarde do sábado disputaban os seus encontros o equipo xuvenil e o equipo feminino, ambos perderon:

o equipo xuvenil enfrontábase o Paiosaco Hierros Añón, 3º clasificado do grupo, no Municipal de Sobrado. Adiantouse os 5 minutos o equipo visitante nun erro defensivo pero Pablo Naveira axiña ía empatar, voltaríase a poñer por diante o equipo de Paiosaco pero na seguinte xogada Pablo Naveira logo de regatear a 5 rivais establecía o 2-2 co que se chegaba o descanso.
Na segunda metade nada máis comezar, Pablo Naveira logo dunha excelente vaselina ía por o 3-2 no marcador logrando así o pichichi dos xuvenís un hat-trick pero de pouco valeron os goles do dianteiro pois o Paiosaco ía lograr empatar a 3 e minutos máis tarde logo de unha mala marca nun saque de curruncho, o Paiosaco marcaría o 3-4 definitivo. O C.A.S.X. seguiu intentando empatar o partido e incluso lle foi anulado un gol de cabeza a Mario por fora de xogo. Non puido ser.

O equipo feminino desplazouse a Vimianzo pero non foi quen de traer nada positivo na súa viaxe.
Enfronte tiña a un dos mellores equipos da categoría, o Fisober F.S., a pesares de adiantarse no marcador, as xogadoras sobradesas foron perdendo o descanso 2-1.
A segunda metade foi un intercambio de goles entre os dous equipos: 2-2, 3-2, 3-3, ata chegar o 4-3 final.
De todos os xeitos felicitar unha vez máis o equipo feminino que está a facer un campañón.

O choque estrela da xornada agardábanos para o domingo pero o C.A.S..X. non foi quen de traer nada positivo da súa visita o campo do imparable líder a S.D. Pontecarreira.
O Atlético Sobrado acusou a rigurosa expulsión de Carlos os 20 minutos por dobre cartón marelo e estivo a merced da S.D.Pontecarreira na primeira metade que incluso fixo un tiro o pao, aínda así o C.A.S.X. mantivo o tipo e chegou co empate inicial o descanso.
Os 3 minutos da segunda metade a S.D.Pontecarreira íase adiantar no marcador e minutos máis tarde chegaría a xogada polémica do encontro xa que logo de un tiro de Souto que xa entraba un defensa da Pontecarreira quita o balón da liña de gol coa man, polo tanto era penalti e expulsión, o colexiado non o viu e seguiuse o partido coma se non pasase nada.
Minutos despois a S.D. Pontecarreira cerfificaría a súa victoria logrando o 2º e definitivo gol do partido.
Polo tanto con este resultado o equipo de Lito perde a súa imbatibilidade nesta 2ª volta, o equipo non perdía un partido dende o 16 de decembro e neste tempo tan só cedeu un empate fronte o Boimorto C.F. e unha derrota fronte a S.D. Pontecarreira. De tódolos xeitos FELICIDADES A LITO E OS SEUS XOGADORES.

Con este resultado a SD Pontecarreira é máis líder logo que o Cire Melide non pasase do empate a 0 goles no campo do Atlético Perillo e o Boimorto empatase a 2 goles na súa casa fronte o Visantoña.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

venres, 22 de febreiro de 2008

Compromisos complicados nesta xornada

Difíciles compromisos os que teñen as diferentes categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude nesta xornada fronte equipos da zona alta da taboa:

abrirán o lume os xuvenís que mañán a partires das 16:15 horas no Municipal de Sobrado enfrontaranse o Paiosaco Hierros Añón que viaxa 3º na clasificación. O noso equipo recupera a Iván e Miguel.

Tamén na tarde do sábado o equipo feminino de fútbol sá desplazarase a Vimianzo para afrontar o partido de esta xornada fronte o Fisober F.S. que está clasificado na 6ª posición pero a tan só 1 punto do 2º clasificado.

Para a tarde do domingo queda o Encontro Estrela de esta xornada pois o equipo senior do C.A.S.X. desplazarase ata Pontecarreira (Frades) para disputar o seu encontro fronte o sólido líder da Competición, a S.D. Pontecarreira, enfrontanse así pois os 2 mellores equipos da 2ª volta. De gañar, o C.A.S.X. sería o equipo que máis puntos acadou ata o de agora na 2ª remesa da Competición e continuaría a súa progresión cara os postos altos da táboa clasificatoria.
O equipo de Lito recupera a Pirulo logo da súa sanción por acumulación de cartóns.

Saudos

Forza C.A.S.X.

luns, 18 de febreiro de 2008

Xornada fructífera

Pódese calificar de moi boa a xornada que tivo o C.A.S.X. nas diferentes categorías.

O sábado pola tarde o equipo xuvenil de fútbol arrincaba un valioso empate no campo do Unión Campestre a pesares de dispor tan só de 11 xogadores debido as sancións polo que Andrés (porteiro) tivo que actuar coma xogador de campo e sería tamén quen marcou o gol do empate sobradés, o propio Andrés tivo outra oportunidade para poder gañar o encontro, o final, reparto de puntos 1-1.

O equipo feminino de fútbol sá sacou con solvencia o seu encontro fronte o colista Esteirana F.S. as xogadoras de Hassan venceron por un claro 5-2 (xa o descanso o marcador reflectía un 2-0 para o equipo de Sobrado).
As goleadoras foron María en 2 ocasións, Lucía, Tamara e Sandra.

O equipo senior de fútbol acadou unha importantísima victoria que o ubica no 6º posto logo de gañar onte o San Martiño C.F.
Adiantaríase o equipo de Cerceda nunha contra pero rapidamente empatou Nacho nunha carambola na que logo de rebotarlle o esférico no abdome o balón entra na portería visitante.
Jacobo ía marcar o 2-1 logo de recoller un balón na área grande, o seu disparo moi ben colocado entrou pegado o pao da portería do San Martiño.
Con este resultado chegouse o descanso.
O pichichi do equipo Chinorris buscaba o gol con un excelente lanzamento de falta pero o balón batía no longueiro e logo botaba na líña e saía pero no seguinte lanzamento de falta ía poñer terra de por medio cun lanzamento lonxano que logo de pegar no pao entrou na portería cercedesa.
O San Martiño logo de uns momentos de dúbida recurtaría distancias e logo de 8 minutos de desconto o colexiado pitou o final.

FELICIDADES POIS A TODAS AS CATEGORÍAS.

FORZA C.A.S.X.

venres, 15 de febreiro de 2008

Sairon as sancións

O Subcomité de Competición de A Coruña fallou ontes as diferentes sancións correspondentes a pasada xornada:

en categoría senior Pirulo cumplirá ciclo o ver o seu 5º cartón marelo polo que non poderá xogar esta fin de semana fronte o San Martiño.

Polo que respecta os xuvenís saiu o que na directiva do Atlético Sobrado todos agardabamos:

sanción de un partido a Iván e Miguel polas suas expulsións no partido do Oza e a Jorge un partido de sanción por acumulación de amonestacións.
Ademáis multa o noso clube de 30€ por retirar o equipo a pesares de ir gañando 0-1 (co fin de que non mandasen ningún xogador noso para o hospital o ser agredidos), polo que o resultado definitivo será Oza 3 - C.A.S.X 0 e ademáis reducirannos 2 puntos na clasificación pola retirada do encontro.

Así están as leis do fútbol, e eu agora poñome nun suposto (que ogalla nunca pase): imaxinádevos que a S.D. Pontecarreira e o Cire Melide se están xogando o ascenso na última xornada e van perdendo, se se lían a hostias co equipo rival, o colexiado o permite e o equipo rival abandona é partido gañado para o equipo que montou a "jarana" e polo tanto ascenso garantizado (ISTO É MOI TRISTE), é o que hai, non creedes que é un pouco inxusto esta vara de medir?

En fin penso que hai artigos que necesitan unha urxente corrección, no partido de Oza nos puxemos o fútbol, a cara e o corpo para levar os golpes, os goles e levamos as expulsións, as sancións económicas e quítanos 2 puntos da clasificación e o equipo rival puxo as patadas, a brusquedade, as agresións, ían perdendo 0-1 na segunda metade pese a xogar con 2 xogadores máis e levaron os 3 puntos...

En fin

VIVA O XOGO LIMPO

Os enfrontamentos desta fin de semana

Abrirán o lume os xuvenís mañán a partires das 16:15 horas no Campo de Perillo (Oleiros) fronte o Unión Campestre. O equipo xuvenil terá as baixas de Iván, Miguel e Jorge sancionados no accidentado partido da semana pasada fronte o Oza dos Ríos.

Seguiralle o equipo feminino que a partires das 17:00 horas tamén na tarde de mañán 16 de febreiro recibe a visita do colista da Liga Provincial, o Esteirana F.S.

Para a tarde do domingo 17 queda o último partido de esta xornada onde o equipo senior de fútbol recibirá o San Martiño C.F. de Cerceda as partires das 16:15 horas.

Sorte as diferentes categorías.

FORZA C.A.S.X.

martes, 12 de febreiro de 2008

Unha actitude lamentable

Pois si amigos, a nova triste de esta fin de semana foi o partido de xuvenís que "disputou" o C.A.S.X. fronte o Oza dos Ríos no Campo de Fútbol de Curtis. Digo partido por non decir guerra pois o Oza encargouse de arrear todo o que puideron (cando non foi co pé foi coa man) e por riba os responsables do equipo da comarca de Betanzos increpaban os nosos xogadores decíndolles que o fútbol e cousa de homes e non de "maricóns". Eu tan só quero felicitar os responsables do Oza pois penso que xa teñen preparado o seu equipo para asistir a 3ª Guerra Mundial, así que xa saben, cando queiran que os manden o campo de batalla que os seus "homes" xa están preparados para a loita.
A actitude do Oza foi denigrante pero a permisividade do colexiado non o foi menos que unha vez máis e xa van 3 nesta tempo o señor colexiado Don Rubén Rivas Rodriguez (qué non sei que carallo lle pasa co Club Atlético Sobrado Xuventude) encargouse de que nos levasemos as patadas, as agresións e duas expulsións por protestar: intentounos fastidiar fronte o Visantoña (3 expulsados, 2 na primeira metade) e fronte o Encrobas (Carlos expulsado no minuto 20) que agora tamén en xuvenís nos deixou con 9 xogadores antes do descanso. Qué casualidade dende hai 3 meses non tiñamos ningún expulsado nin en seniors nin en xuvenís agás cando pita este colexiado (6 expulsións en 3 partidos), CURIOSO, MOI CURIOSO.

Vou narrar como ocurreu todo, o partido transcurría con 0-0 cun Oza demasiado agresivo empregando o xogo duro e utilizando os codos o saltar no minuto 40 o "encargado de dirixir o xogo" comeza a verbena, según reza a acta que é de risa pon: "D. Miguel Combo Aller dorsal nº 2 expulsado por doble amarilla, la 1ª en el minuto 40 por protestar una decisión mía y la 2ª en el minuto 45 por decir textualmente: que iban ( a todo esto puxo "ivan" en vez de "iban" 12 contra 11). EN NINGUNHA DAS DUAS PROTESTAS HOUBO INSULTO NIN OFENSA. "D. Iván Cabado Roca dorsal nº 4 expulsado por doble amarilla la 1ª en el minuto 40 por protestar una decisión mía y la 2ª por zancadillear a un contrario minuto 45 (MENTIRA PORQUE FOI POR UNHA PROTESTA NA QUE NON HOUBO INSULTO).
Logo chegouse o descanso co C.A.S.X. con 9 xogadores sen dar "leña" e o Oza con 11 xogadores a pesares de xogar por riba do legal.
Na segunda metade no minuto 50 o Club Atlético Sobrado Xuventude fai a machada a Pablo marca adiantandose 0-1 o Oza, no seu remate de gol Pablo cae o chan e o capitán do Oza tras ver que Pablo marca o gol intentalle dar unha patada que non o alcanza, Pablo levántase cara o noso campo para evitar a agresión pero o capitán do Oza tíralle un puñetazo que alcanza a mandíbula de Pablo que cae o chan (NON SEI SE O CHAVAL ESTE TEN ALGÚN PROBLEMA PSICOLÓXICO PARA PEGARLLE A UN RIVAL POR MARCAR UN GOL). Agora chega o curioso do asunto: HASSAN, O ADESTRADOR DO C.A.S.X. DILLE O COLEXIADO QUE EXPULSE O CAPITÁN DO OZA POLA AGRESIÓN E SORPRENDENTEMENTE O COLEXIADO DI QUE NON VIU NADA, INCRIBLE!

Hassan coméntalle que se non expulse a este "salvaxe" retira o equipo pois non está disposto a que haxa máis agresións, o colexiado non expulsa o capitán e Hassan acertadamente decide retirar o equipo do campo, o colexiado redacta na acta de esta forma:

"Atlético Sobrado Xuventude hace los hechos siguientes: en el minuto 50 del partido tras marcar el gol el dorsal 10 y dirigirme yo hacia el medio del campo cae en el campo y pido asistencia ya que me dice el jugador que le dan un golpe en la cara, el delegado entonces dice que expulso al que da el golpe o se van "yo le respondo que no vi nada y no voy a expulsar a nadie si no vi la acción o golpe" (qué cínico é este tío) y entonces abandonan el campo "se marchan".
Nº 10 D. Pablo Naveira López termina el partido con un golpe en la mandíbula.
Nº 7 D. Francisco Javier Miraz Ares golpe en la pierna derecha al terminar el partido."

O que está claro é que por riba de sufrir agresións agora vannos sancionar coa perdida de 2 puntos e unha sanción económica por retirar o equipo do partido. Pero sinceramente a directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude preferimos esto a que un xogador chegue coa cara rota a casa.
Non creo que o colexiado se ten conciencia puidera durmir moito na noite do sábado, non creo que un equipo que vai gañando 0-1 acostumbre a retirarse dos partidos.
Polo tanto o C.A.S.X. marcou o gol, levou as expulsións e as HOSTIAS (se me permitides a expresión).

Polo que respeta o equipo feminino colleitou unha derrota na súa visita a Ordes polo tanteo de 2-0, o C.A.S.X. non tivo o día de cara a gol e marrou multitude de oportunidades.

O equipo senior de fútbol segue a marcar unha brilante segunda volta, o sábado voltou a gañar, eso si, con susto incluido o Dorneda B polo resultado de 4-5.
O equipo de Lito puxose gañando na primeira metade polo resultado de 0-4 con goles de Souto en 2 ocasións, Chinorris e Juan, o equipo de Dorneda marcaría o 1-4 antes do descanso. Na segunda metade en 7 minutos fatídicos o Dorneda B ía empatar o encontro a 4 goles pero unha vez máis Chinorris co enésimo lanzamento maxistral desta tempada de falta por riba da barreira estableceu o resultado final de 4-5. Este está a ser o ano da explosión definitiva de Chinorris que a pesares que retrasou a posición no campo de dianteiro a medio centro leva máis de 20 goles unindo a calidade que sempre tivo a entrega e derroche físico que aunou esta tempada que fan del un xogador de alta calidade. Agardo particularmente que non baixe a garda e siga demostrando o gran futbolista que é. O C.A.S.X. acada os 33 puntos empatado con Toques e Visantoña que están situados no 7º e 6º posto respectivamente.

Polo que respecta a competición de Deporte Escolar os máis pequenos seguennos a dar alegrías e impuxeronse nos 3 partidos que disputaron na mañán de sábado o Concello de Monfero, estes foron os resultados:

Alevín: C.A.S.X. 5 - Monfero 3
Infantil: C.A.S.X. 11 - Monfero 2
Cadete: C.A.S.X. 9 - Monfero 1

Nada máis, FORZA C.A.S.X.

O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE CONDENA CALQUER ACTO DE VIOLENZA.

XOGO LIMPO!

xoves, 7 de febreiro de 2008

Agás a categoría benxamín todas terán encontros oficiais na fin de semana.

6 categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude terán enfrontamentos oficiais este fin de semana e curiosamente todos se disputarán o sábado 0 de febreiro.

Estes son os encontros:

Comezarán pola mañán as categorías Alevín, Infantil e Cadete que a partires das 10:00 horas enfrontaranse as súas respectivas categorías das Escolas Deportivas Municipais de Monfero no Pavillón Municipal de Sobrado.

Pola tarde dúas categorías comezarán os seus partidos a mesma hora, as 16:15 horas: o equipo senior de 3ª Autonómica viaxa o Concello de Oleiros para enfrontarse o C.D. Dorneda B e o equipo xuvenil de 2ª Autonómica xogará fronte o Oza dos Ríos C.F. co campo de xogo aínda sen confirmar (ou ben Curtis ou ben O Mundo do Fútbol de Abegondo).

O último emplazamento da tarde terao o equipo feminino de fútbol sá da Liga Provincial que viaxará a vila de Ordes para enfrontarse o Femiordes F.S.


Sorte a todas as categorías.

Forza C.A.S.X.

Alvarito irá concentrado coa Selección Galega

O xogador de categoría benxamín do Club Atlético Sobrado Xuventude non deixa de darnos alegrías e dou un paso máis na súa loita por ir xogar coa Selección Galega os Campionatos de España de fútbol sá que se disputarán os vindeiros días 11,12 e 13 de abril en Jaca (Huesca).
Alvarito foi convocado para unha concentración da Selección Galega que terá lugar no Albergue da Marina Española de Gandarío (Bergondo). Todos os xogadores de esta categoría están citados o venres 8 de febreiro as 17:15 horas e esta concentración rematará o domingo 10 de febreiro as 15:00 horas.
Logo da concentración sairán os seleccionados para o Campionato de España.

Sorte Alvarito.

martes, 5 de febreiro de 2008

Algo de todo nesta xornada

A xornada deportiva deparou para o C.A.S.X. un pouco de todo no que a resultados se refire.

- O equipo xuvenil non puido disputar o seu partido xa que o equipo local, o Cecebre C.F. tan só dispoñía de 5 xogadores (problemas internos do clube azul que marchaba 2º na taboa clasificatoria e que seguramente abandoará a competición). Polo tanto o equipo marelo aproveitou para facer unha pequena pachanga de 1 hora de duración.

- O equipo feminino perdeu por 2-5 fronte o Valdetires B nun bronco partido, con este resultado os dous equipos empatan na taboa a puntos. Os goles do Atlético Sobrado foron marcados por Lucía e María.

- O equipo senior empatou no derbi fronte o Boimorto a 1 gol refrendando así a boa segunda volta que está a facer. Adiantouse a Makina Amarilla por medio de Nacho (que o ano pasado estaba nas filas do Boimorto C.F.), con este resultado chegouse o descanso. Faltando 10 minutos para o final o Boimorto ía empatar nunha falta de entendemento do porteiro marelo coa súa defensa que evitou que o C.A.S.X. se levase os tres puntos.


Nada máis polo de agora.

Saudos

Forza C.A.S.X.