martes, 29 de abril de 2008

Goles, goles e máis goles

Un total de 16 goles se puideron ver nos dous partidos que se disputaron no Municipal de Sobrado nesta fin de semana.

XUVENÍS:

CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE 7 - SAN MARTIÑO C.F. 0

Non tivo piedade o equipo marelo do colista do Grupo II de 2ª Autonómica. Os goleadores foron variados e un total de 5 xogadores marcaron.
Os goleadores foron: Mario Novo (2), Diego Amil (2), Pablo Naveira, Anxo Sánchez e Diego Fragío. Ademáis o conxunto de Sobrado fóiselle anulado un gol.

SENIORS:

CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE 4 - OZA DOS RÍOS C.F. 5

Non puido despedir a "Makina Amarilla" a Liga 2007/20008 con unha victoria como local fronte o Oza dos Ríos C.F. Nun partido "estrambólico" onde o Oza foise con un 0-4 o descanso. Nunha primeira metade onde o noso equipo deixou unha endeble imaxe, quizáis acusado polas numerosas baixas.
Na segunda metade cambiaría o panorama do encontro e nada máis comezar Roy acurtaría distancias poñendo o 1-4.
3 minutos despois Souto marcaría o 2-4 que daba esperanza o equipo de Lito. No minuto 62 Souto con un lanzamento dende fóra da área facía o 3-4 que metía de novo o C.A.S.X. no partido tornando a ilusión por puntuar no encontro. Seguiuno intentando o equipo local con diversos disparos dende a frontal de Josito, Nacho e Chinorris pero o balón non entraba.
O Oza distanciaríase de novo a saida de un córner que o seu dianteiro remataría de cabeza o fondo da rede, 3-5.
Nacho no minuto 73 voltaría a poñer a incertidume no marcador co 4-5.
O Atlético Sobrado seguiu o seu asedio sobre a portería do Oza pero o esférico dictaminou que xa estaba canso de parar na rede da portería e o marcador xa non voltaría a variar.
Partido espectacular onde os ataques se impuxeron as defensas.

Nada máis polo de agora.

FORZA C.A.S.X.

xoves, 24 de abril de 2008

O fútbol acaparará todo o protagonismo na fin de semana

Tan só as categorías federadas de fútbol do Club Atlético Sobrado Xuventude terán partidos oficiais nesta fin de semana.
Os dous partidos terán lugar no Municipal de Sobrado.
O sábado 26 é a quenda dos Xuvenís que xogarán a partires das 16:00 horas fronte o colista do Grupo II de 2ª Autonómica o San Martiño C.F.
Pola contra o domingo 27 o equipo senior disputará un apaixoante encontro fronte o Oza dos Ríos C.F., este será o derradeiro partido ligueiro do equipo senior no Municipal para esta tempada 2007/2008.

Sorte

FORZA C.A.S.X.

Rival de 1ª Autonómica na Primeira Ronda da Copa de A Coruña

A U.D. Paiosaco-H. Añón de 1ª Autonómica foi o rival que lle tocou en sorte o Club Atlético Sobrado Xuventude na primeira ronda da Copa de A Coruña.
Difícil compromiso pois para os pupilos de Lito que terán que facer fronte a un equipo que está dúas categorías por riba do Atlético Sobrado.
O enfrontamento será a partido único é o C.A.S.X. terá a condición de local por ser un conxunto de menor categoría. En caso de empate o final dos 90 minutos regulamentarios haberá que disputar unha prórroga de 30 minutos. De persisitir o empate o gañador dilucidarase nos lanzamentos de penalti.
A data do partido será o domingo18 de maio a partires das 17:00 horas no Campo Municipal de Sobrado.

martes, 22 de abril de 2008

Resultados da fin de semana

Os 6 encontros que as nosas categorías disputaron nesta fin de semana (todos fora de Sobrado) saldaronse co balance total de 2 victorias e 4 derrotas na xornada desta fin de semana. As victorias correron a cargo do Equipo Benxamín en Miño e do Equipo Feminino en Carral. As derrotas foron a cargo do Equipo Benxamín en Coirós (unha de cal e outra de area), do Equipo Infantil en Miño, do Equipo Xuvenil en San Pedro e do Equipo Senior no derbi fronte o Toques C.F.

COMEZAMOS:

- DEPORTE ESCOLAR:

· BENXAMÍN: E.D. Coirós 5 - C.A.S.X. 3
· INFANTIL: E. D. Miño 10 - C.A.S.X. 3
· BENXAMÍN: E.D. Miño 1 - C.A.S.X. 4

- 2ª AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO II:

Atl. San Pedro 2 - C.A.S.X. 1 (Diego Amil)

O equipo xuvenil perdeu unha oportunidade de ouro para distanciarse do Atlético San Pedro logo de perder pola mínima en terreo alleo. Xa o descanso o Atlético Sobrado perdía por 2-0, na segunda metade o equipo marelo reduciría distancias con un gol de Diego Amil. Neste encontro o equipo de Sobrado contou coas baixas do capitán Javi Sánchez, Ruchi e Diego Fragío.

- LIGA PROVINCIAL FEMININA DE FÚTBOL SALA:

As xogadoras adestradas por Hassan seguen a ser o conxunto revelación da presente tempada na Liga Provincial e voltaron a gañar en Carral ó Fame Negra F.S. polo resultado de 1-2. O equipo sobradés contaba coa importante baixa de Tamara Sandá pero aínda así foi quen de impoñer a súa superioridade no rectángulo de xogo.
Todos os goles do encontro chegaron na primeira metade, o 0-1 sería obra da capitana do equipo María Seoane que unha vez máis acodeu a súa cita co seu compañeiro de baile de cada sábado (o gol) para adiantar o C.A.S.X. Posteriormente Sara marcaría o 0-2 que daba a tranquilidade o Atlético Sobrado no electrónico. O equipo da "Vila dos Mártires" reduciría diferenzas antes de chegar o descanso polo que a metade do tempo regulamentario xa se chegaría co resultado que a postre sería definitivo de 1-2.
O equipo feminino (que a partir de agora vouno comezar a denominar AS FABULOSINHAS)segue na 3ª posición da táboa clasificatoria loitando con equipo que teñen un alto presuposto e que pagan as súas xogadoras polo que é deber de toda a directiva e afeccioados do C.A.S.X. felicitar (e non me canso de repetilo) o gran traballo que está a facer o corpo técnico e as xogadoras do equipo. AÍNDA NON SOMOS CONSCIENTES DO QUE O EQUIPO FEMININO ESTÁ A ACADAR ESTA TEMPADA, CANDO PASE ALGÚN TEMPO DARÉMONOS CONTA DA PEDAZO TEMPADA QUE ESTÁN A FACER.
Seguide así rapazas.

- 3ª AUTONÓMICA GRUPO IV:

Toques C.F. 3 - C.A.S.X. 0

O C.A.S.X. rendialle visita o Toques C.F. no último derbi da tempada para o equipo de Sobrado. Un Toques que está a cuallar unha espectacular tempada e que ocupa nestes intres unha máis que meritoria 4ª posición na táboa clasificatoria. Dende a directiva do C.A.S.X. alegrámonos de estes resultados sobre todo polo que fora xogador da nosa entidade o seu capitán Xelo.
A Makina Amarilla tivo que disputar este encontro coa baixa dos seus dous capitáns por lesión Esteban e Pirulo polo que xuvenís como Ruchi, Diego Fragío, Souto ou Carlos foron participes do encontro.
A pesares do abultado resultado o equipo marelo fixo un digno encontro e o resultado do primeiro tempo foi de empate a 0-0 goles onde o C.A.S.X. levou máis peso do partido que o seu rival.
Na segunda metade o Toques impuxo a súa condición de local e íase adiantar de penalti o cuarto de hora da segunda metade. Preto do minuto 30 faría o segundo e minutos despois pecharía o encontro con un magnífico gol de Carril de vaselina.
Aínda que para nada influiu no resultado o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE quere denunciar o seguinte:

O COLEXIADO DO ENCONTRO, O SEÑOR GONZÁLEZ VAQUERO PITOU O FINAL DO ENCONTRO NO MINUTO 87, É DICIR, ANTES DOS 90 REGLAMENTARIOS E OBVIANDO QUE NO ENCONTRO HOUBO 5 CAMBIOS, QUE SEGUNDO A "INTERNATIONAL BOARD" (ORGANISMO QUE RIXE AS REGLAS DO FÚTBOL) POR CADA CAMBIO FEITO O ÁRBITRO TEN A OBRIGA DE DESCONTAR 30 SEGUNDOS, POLO TANTO COMO MÍNIMO O PARTIDO TERÍASE QUE HABER DISPUTADO ATA O MINUTO 92:30.
POR RIBA, CADA VEZ QUE QUITABA UNHA AMONESTACIÓN VIÑA O BANQUIÑO PARA APUNTAR O CARTÓN (NON CREO QUE SEXA DE RECIBO ESTO).
ANTE AS PROTESTAS DO NOSO ADESTRADOR LITO LOGO DE PITAR O FINAL ANTES DE CUMPLIR O TEMPO REGULAMENTARIO O COLEXIADO NUN ACTO DE HUMILLACIÓN VERBAL PARA CON NÓS DIXO OS SEGUINTES TERMOS: "QUE PENSAIS? QUE VAIS A REMONTAR?"

VERGONZOSO!!!

O FÚTBOL NEN O SEU DESENROLO NON MERECEN ESTE TIPO DE PERSOAS DIRIXINDO UN ENCONTRO, OS PARTIDOS TÉÑENSE QUE DISPUTAR NA SÚA TOTALIDADE SEXA O RESULTADO QUE SEXA!!!

CON ESTAS ACTITUDES O FÚTBOL AFECCIOADO NUNCA EVOLUCIONARÁ!!!

POLO TANTO, DENDE O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE PEDIMOS QUE SE CUMPLAN AS REGLAS UNIVERSAIS DO FÚTBOL.
O TEMPO REGLAMENTARIO DOS PARTIDOS É DE 90 MINUTOS MÁIS O TEMPO QUE HAXA QUE ENGADIR POR PARÓNS NO XOGO.

SE UN COLEXIADO DECRETA O FINAL DO ENCONTRO ANTES DO MINUTO 90 E NO CITADO PARTIDO NON HOUBO NINGUNHA ANOMALÍA ESTAS A ADULTERAR A COMPETICIÓN SEXA CAL SEXA O RESULTADO.

PEDIMOS RESPETO PARA OS CLUBES MODESTOS.

GRAZAS.

FORZA C.A.S.X.

xoves, 17 de abril de 2008

Os peques voltarán a competición

As categorías Benxamín e Infantil do Club Atlético Sobrado Xuventude terán enfrontamentos a domicilio esta fin de semana.

Chama a atención o caso do equipo Benxamín que terá dobre enfrontamento a domicilio na mañá do sábado 19 de abril. A partires das 10:00 horas xogará no Pavillón Municipal de Coiros fronte as Escolas Deportivas de Coirós, o rematar este encontro terase que desplazar ata o Concello de Miño para a partires das 11:30 horas disputar outro encontro fronte as Escolas Deportivas de Mino. Agardemos que os NOSOS CAMPIÓNS non acusen o cansanzo de dous partidos seguidos nas súas pernas.

Pola outra banda o equipo Infantil terá tamén enfrontamento a domicilio e tamén en Miño fronte as Escolas Deportivas de Miño a partires das 12:30 horas.

Así pois polo tanto 3 partidos e os 3 a domicilio, agardemos que os resultados sexan satisfactorios.

MOITA SORTE

FORZA C.A.S.X.

martes, 15 de abril de 2008

Confirmados os horarios e as datas da seguinte xornada

O Club Atlético Sobrado Xuventude xa dispón de todos os horarios e datas dos partidos que disputarán as diferentes categorías no vindeiro fin de semana:

EQUIPO XUVENIL: Atl. San Pedro - C.A.S.X. 19/04/2008 ás 17:00 horas
EQUIPO FEMININO: Fame Negra - C.A.S.X. 19/04/2008 ás 19:30 horas
EQUIPO SENIOR: Toques C.F. - C.A.S.X. 20/04/2008 ás 17:00 horas

SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS

Victoria por goleada e derrota con polémica

No dobre derbi que disputaron os equipos xuvenís e seniors do C.A.S.X. e o C.I.R.E. houbo unha victoria para cada bando, as dúas chegaron a domicilio.

XUVENÍS: C.I.R.E. 2 - C.A.S.X. 4 -Jorge, Pablo Naveira (3)-

O equipo xuvenil impúxose por goleada no Campo Municipal de Melide. Xa ó descanso o resultado reflectía un 1-2 a favor do cadro marelo. O primeiro gol foi acadado por Jorge e o segundo polo pichichi do equipo Pablo Naveira, xa na segunda metade o máximo goleador do conxunto xuvenil acadaría outros 2 goles logrando así un novo "hat-trick" nesta tempada.
Con este resultado o C.A.S.X. adianta na clasificación o C.I.R.E. e ademáis tendo tamén a prol o "golaverage" particular co cadro melidense.

SENIORS: C.A.S.X. 0 - C.I.R.E. 1

Visitaba o Municipal de Sobrado o CIRE, líder da competición para afrontar un emocioante derbi fronte a "Makina Amarilla" e o derbi abofé que non defraudou. Tivo a polémica arbitral de calqueira derbi típico pero o partido disputouse con exquisita deportividade.
O descanso o marcador era de 0-0 pero sería na segunda metade onde acontecerían todas as xogadas polémicas.
A primeira xogada polémica ocorre logo de que o colexiado lle anulase un gol a Manu xa que según él Juan fíxolle falta o porteiro melidense. Parece ser que nin o tocou nin o obstruiu pero o colexiado así o interpretou.
Na segunda xogada polémica o colexiado voltalle a anular un gol o Atlético Sobrado, desta volta Souto acada o gol pero o colexiado indica un "máis que dubidoso" fora de xogo.
E a terceira acción polémica que sería a que decidiu o partido sería de traca. Barullo dentro da área do C.A.S.X. un atacante do CIRE dalle un rodillazo na cara o noso porteiro Carlos Martínez dentro da súa área pequena, o balon queda solto e outro atacante remacha o fondo da rede. Era o minuto 85. Que eu saiba o porteiro non se lle pode nin tocar dentro da área nin saltar con él. Pero o colexiado non o apreciu así, polo tanto o gol subiu o marcador e os 3 puntos voaron inxustamente do Municipal de Sobrado.
Polo tanto o C.A.S.X. perdeu o derbi pero no que xogou un gran partido e tan só errores puntuais privaron os discipulos de Lito de levarse algo positivo do encontro.
De todos os xeitos dende a Directiva estamos contentos pola actitude mostrada o longo do encontro.

Gracias.

Nada máis polo de agora

FORZA C.A.S.X.

xoves, 10 de abril de 2008

Dobre derbi apaixoante





Club Atlético Sobrado Xuventude




C.I.R.E. Melide C.F.
Os caprichos do calendario ligueiro quixeron que esta fin de semana haxa un dobre derbi entre os mesmos clubes: o Club Atlético Sobrado Xuventude e o C.I.R.E. Melide C.F.
O sábado 12 será a quenda da categoría xuvenil, a partires das 17:00 h no Campo Municipal de Melide, no partido de ida viuse un auténtico espectáculo de fútbol e goles (4-4), agardemos que sexa tan disputado coma no encontro celebrado en Sobrado.
A festa do fútbol vivirase o domingo 13 na categoría senior no mesmo horario a partires das 17:00 h no Campo Municipal de Sobrado, o partido de ida foi de 3-1 a prol dos melidenses . Un equipo, o C.IR.E. que chega coma novo líder da competición e que chega a Sobrado xogándose o ascenso a 2ª división autonómica. Pola súa contra o C.A.S.X. terá a motivación de que este ano aínda non gañou ningún derbi e o domingo terá a penultima oportunidade de acadalo nesta tempada. Motivación segundo palabras de varios membros do plantel non vai faltar, agardemos ver o que pasa no campo. Esperemos que o partido sexa de exquisita deportividade como foi o da primeira volta.
Nada máis
Saudos
FORZA CASX

martes, 8 de abril de 2008

MÁQUINAS

O equipo feminino de fútbol sá, brindounos na tarde do sábado un partido colosal fronte o equipo líder e destacado da competición, o Drako F.S. de A Coruña.
O equipo que adestra Hassan venceu con autoridade as coruñesas polo tanteo de 5-3.
As dúas máximas goleadoras do equipo, a capitana María (2) e Tamara Sandá (3) foron as goleadoras nun partido onde todas as xogadoras raiaron a un altísimo nivel e onde a porteira Laura amosou unha vez máis que é a mellor gardamallas da Liga Provincial, a cancerbeira de Boimorto incluso parou un penalti e o seu posterior rexeite.
O descanso o C.A.S.X. xa amosara a súa superioridade indo 3-1 no marcador, con dous goles de María e un de Tamara Sandá. Na segunda metade Tamara Sandá certificaría a victoria sobradesa con dous sublimes zapatazos (un con cada perna) que se coaron por toda a escadra da portería visitante.
Tan só o colexiado principal conseguiu que o Drako se intentase a meter no partido coas suas máis que "discutibles decisións", con un penalti moi dubidoso e duas faltas que supuxeron dous dobles penaltis que só viu e´l.
Quizáis as presións e protestas do poderoso equipo coruñés puideron máis que a realidade de un partido que estaba a levar sen complicacións ata que él soiño decidiu que o C.A.S.X. non podía gañar o partido. Aínda así, con axudas arbitrais e todo o equipo de Hassan levouse a merecida victoria infrinxindolle o Drako F.S. a súa segunda derrota da tempada. Con este resultado o C.A.S.X. sitúase na 4ª posición (que temporada Deus Santo!!!!) por riba de equipos con un potencial económico moi superior.
Debo quitarme o sombreiro ante o traballo de todas as xogadoras e o corpo técnico do equipo feminino, SODES UNHAS MÁQUINAS!
O C.A.S.X formou de inicio con: Laura,Sara,Tamara Sandá,María e Sandra, no banquillo esperando a súa oportunidade: Tamara Fandiño, Luci e Patri, NORABOA A TODAS.
Para a semana o Atlético Sobrado terá unha xornada de merecido descanso e voltará a competición o sábado 19 de abril.
Sara e Tamara Sandá defendendo a dúas rivais
Tamara Sandá e María, Sara máis atrás
O C.A.S.X. defendendo un córner
Tamara Sandá e Sandra disposta a comezar a 2ª metade
Hassan alecioando o equipo nun tempo morto
FORZA C.A.S.X.

Partido de toma e daca


O domingo o C.A.S.X. perdeu o partido que disputou en terras do Concello de Mesía fronte o Visantoña C.F. pola mínima.
O resultado final foi 1-0 a prol dos locais pero o partido puido caer para calquera dos lados.
Quen vos escribe, que xa leva uns anos vendo fútbol afeccioado facía moito tempo quen non vía un partido con tantas ocasións e tan claras para os dous bandos. Aínda así só se puido disfrutar de 1 gol na maravillosa tarde e aínda por riba, o gol foi en contra do noso equipo.
A Makina Amarilla a pesares de perder fixo un gran encontro en liñas xerais, mellorando así a imaxe dada a semana pasada fronte o San Estevo de Abellá, e tan só a falta de pegada privouno de traerse algún punto de Visantoña. Segue a mala racha do equipo con 5 partidos de xeito consecutivo perdendo.
Na primeira metade o Atlético Sobrado tivo infinidade de chegadas, a ocasión máis clara tivoa Roy no minuto 17, logo de un lanzamento de Chinorris dende a banda esquerda conectou un bo testarazo que pegou no longueiro e o esférico votou, non sabemos se dentro ou fora da liña de gol, na grada cantamos o gol pero o colexiado non o concedeu.
Tivo o Sobrado máis oportunidades non primeiros 45 minutos, 2 lanzamentos rasos de Nacho que chegaron mansamente o porteiro local, un lanzamento de Jacobo que se foi o limbo, outro de Josito que saiu rozando o longueiro e varios de Chinorris que puxeron en apuros o equipo local.
Aínda así chegouse con empate a 0 o descanso.
O equipo de Lito afrontou a 2ª parte coma a primeira aínda que o Visantoña segundo pasaban os minutos íase facendo co control do encontro,tivo varias oportunidades claras para marcar pero a maioría dos seus tiros sairon fora para desesperación dos afeccioados locais. Nunha gran intervención Tino abortou o 1-0 saindo os pes do dianteiro cando se dispuña a pisar área pequena e quedándose co balón na man.
O C.A.S.X. seguiu tendo oportunidades nas botas de Nacho, Juan e sobre todo unha moi clara de Chinorris que optou por lanzar a portería escorado (logo de facer o máis difícil que era regatear a dous defensas) e non pasar o esférico a Jacobo ou a Nacho que estaban no punto de penalti sen marcaxe e tan só tiñan que empurrar o balón, o lanzamento de Chinorris tocou a rede e foise fóra.
2 minutos máis tarde e logo de un despexe da defensa local o rápido dianteiro do Visantoña Abel colle o balón en tres cuartos de campo vaise da defensa, regatea a Tino que saiu a desesperada e marcou.
Delirio para a parroquia local e xerro de auga fría para a expedición marela.
O resultado xa non se movería pero o C.A.S.X. seguiuno intentando ata o remate pero estaba claro que o domingo era día de NON e o Amo-Señor Balón negouse a entrar na rede Mesiá.
De tódos os xeitos quero destacar o gran esforzo dos xogadores nun día con un sol de xustiza, onde suaron a camiseta e demostraron que son merecedores do escudo que visten.
Grazas por estar involucrados.
Lito dispuxo este once:
Tino;Iago,Carlos,Pirulo,Guille;Roy,Juan,Josito,Chinorris;Nacho,Jacobo.
Para cambios: tan só o xuvenil Iván.
Para a semana o Club Atlético Sobrado Xuventude será xuíz da Liga pois disputará a partires das 17:00 horas no Campo Municipal de Sobrado o derbi fronte o recén líder da categoría o Cire Melide que avantaxa nun punto a S.D. Pontecarreira.
Sorte
FORZA C.A.S.X.

O equipo benxamín non tivo opción

O C.D. Conxo, un dos clubes que mellor traballa a canteira en Galiza non dou opción os benxamíns do Club Atlético Sobrado Xuventude e golearon en ambos partidos os nosos xogadores, 15-0 na ida e 0-12 na volta, ademáis o noso equipo tivo o "handicap" de non poder contar co seu porteiro titular polo que xogadores de campo tiveron que facer as veces de gardamallas.

De tódolos xeitos cómpre aplaudir os bravos xogadores do C.A.S.X. que tiveron o honor de ser o único equipo de pobo que se clasificou para as fases finais provinciais, competindo así con equipos das cidades de A Coruña, Santiago e Ferrol.

NORABOA

venres, 4 de abril de 2008

Doble cita nesta xornada

Os dous equipos senior do Club Atlético Sobrado Xuventude (masculino de fútbol e feminino de fútbol sala) teñen imporantes citas na xornada que se nos aveciña.

Mañán sábado 5 de abril a partires das 20:00 h o equipo feminino recibe no Pavillón Municipal de Sobrado o líder destacado da Liga Provincial Feminina, o Drako F.S. de A Coruña. Difícil compromiso para as xogadoras de adestra Hassan, que seguro poran toda a carne no asador para poñerlle as cousas difíciles o equipo líder e que os puntos non se movan de Sobrado.

Potr outra banda, o equipo masculino viaxará o domingo 6 de abril a partires das 17:00 h (horario de verán) o difícil campo do C.F. Visantoña, nun encontro no que o equipo de Lito agarda voltarse a encontrar coa victoria logo de 4 partidos consecutivos perdidos. Ademáis o adestrador friolés terá pleno na convocatoria completada con xogadores xuvenís.

O equipo xuvenil terá unha merecida xornada de descanso logo do seu empate a 2 goles a semana pasada fronte o C.C.D. Cerceda.

Nada máis polo de agora.

FORZA C.A.S.X.

martes, 1 de abril de 2008

O equipo benxamín disputará os Cuartos de Final do Campionato Provincial

O equipo benxamín disputará os Cuartos de Final do Campionato Provincial de A Coruña fronte o C.D. Conxo "A". O equipo santiagués é un dos clubes máis importantes de Galiza en categorías inferiores. O noso clube disputará este torneo debido a que ocupa a primeira posición na Liga da Comarca Lambre-Mandeo na súa categoría.

O partido de ida terá lugar o sábado 5 de abril a partires das 18:00 horas no Pavillón O Restollal en Santiago de Compostela (preto de Hipercor Santiago).

O partido de volta terá lugar o domingo 6 de abril a partires das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Sobrado.

Dende a Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude queremoslle decir os socios e afeccioados que veñan o domingo o Pavillón Municipal a animar os máis pequenos nesta difícil (pero non imposible) afronta.

ÁNIMO BENXAMÍNS!!!!!

Sen victorias nesta fin de semana

Só o equipo feminino e o xuvenil puideron puntuar nos enfrontamentos desta fin de semana. O equipo senior, nun fatal mes de marzo voltou a perder, desta volta na casa .

Boqueixón F.S. 1 - C.A.S.X. 1 (Tamara Sandá)

O equipo feminino que adestra Hassan acadou un importante punto na súa visita a difícil cancha do Boqueixón Fútbol Sala. O equipo de Boqueixón adiantouse no marcador e co resultado de 1-0 chegouse o descanso. Na segunda metade, o C.A.S.X. ía reaccionar e marcaría por medio da xogadora de Boimorto Tamara Sandá, a segunda máxima goleadora do equipo.
Con este resultado unha vez máis o equipo feminino segue a confirmar a súa gran tempada ocupando a 6ª posición a 3 puntos do 3º posto.

C.A.S.X. 2 (Pablo Naveira, Míguel) - C.C.D. Cerceda 2

Excelente punto acadado polo equipo xuvenil fronte o 2º clasificado o C.C.D. Cerceda que adestra o ex-xogador de Deportivo, Extremadura, S.D. Compostela e C.C.D. Cerceda entre outros Manuel.
O equipo marelo dou a cara unha vez máis e deixou claro que lle pode facer fronte a calqueira equipo na competición.
O descanso chegouse co resultado favorable de 2-1 para o Club Atlético Sobrado Xuventude con dous auténticos golazos. Un de Pablo Naveira de rabona e outro do lateral dereito Miguel de espectacular traiazo. Na segunda metade o equipo de Cerceda ía empatar o partido a 2 goles e o marcador xa non voltaría a variar. Polo tanto unha semana máis onde o equipo xuvenil segue a sumar.


C.A.S.X. 0 - San Estevo de Abellá C.F. 2


O mes de marzo poderíamolo calificar de mes negro para o equipo senior pois coa do domingo suma a 4ª derrota consecutiva.
O equipo de Lito levaba unha magnífica 2ª volta pero dende o partido fronte a S.D. Pontecarreira non voltou a sumar nos seus partidos.
Agardemos que coa entrada do novo mes cheguen novos bríos para o equipo senior e varíe esta mala racha de resultados.
O partido xa comenzou mal pois no minuto 5 o equipo de Frades xa ía por diante no marcador. Na segunda metade chegaría o 2º gol do San Estevo que certificaría a derrota sobradesa.

Nada máis polo de agora.

Saudos

FORZA C.A.S.X.