martes, 17 de xuño de 2008

Comunicado Oficial


Reunida a Xunta Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude no día de onte quere expresar o seguinte:

ANTE RUMORES INTERESADOS DE EQUIPOS VECIÑOS DECIR QUE O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE SEMPRE TIVO A INTENCIÓN DE SEGUIR PARTICIPANDO EN COMPETICIÓNS OFICIAIS NA TEMPADA 2008/2009.

Polo tanto, solicitamos a "certos" equipos e os seus adestradores que deixen de utilizar esta "argucia" para tocarnos xogadores, pois con este tipo de mentiras o único que conseguiran é crear malas relacions para co noso clube.

Grazas!!!

En vindeiros días comezaranse a presentar neste blog fichaxes das diferentes categorías para afrontar a tempada 2008/2009 que se preve moi ilusionante.

FORZA C.A.S.X.

Cea de Final de Tempada 2007/2008



O sábado 21 de xuño celebrarase a Cea de Final da Tempada 2007/2008. O evento terá lugar no Restaurante O Real (Sobrado) a partires das 22:30 horas.
Ese mesmo día o equipo senior de fútbol disputará un triangular no Campo Municipal de Arzúa onde ademáis do C.A.S.X. participará a S.D. Arzúa de 2ª Autonómica e outro equipo aínda sen confirmar.

Saudos

FORZA C.A.S.X.