venres, 31 de outubro de 2008

Xornada do 1 e 2 de novembro

Mañá 1 de novembro comeza outra xornada ligueira para o equipo xuvenil que se desplazará ata San Pedro de Nós para xogar a partires das 16:15 horas (horario de novembro) fronte o local Atlético San Pedro.
O equipo que adestra Muni presenta a baixa de Iván Cabado lesionado no partido da semana pasada fronte o C.C.D. Curtis na 1ª xornada ligueira. O equipo marelo aspira a acadar unha nova victoria para consolidarse nos postos altos da táboa clasificatoria.

Pola súa parte o equipo de fútbol sala feminino dispora da 2ª xornada de descanso dende que comezou a competición ligueira.

O domingo 2 de novembro será a quenda do equipo senior que se enfrontará no Campo Municipal de Vilasantar a partires das 16:15 horas o recén descendido e un dos equipos que estará loitando polo ascenso, o A.D. Abellá.
O adestrador Fer de novo terá baixas moi importantes no equipo Alex é baixa o que resta de tempada logo de que o xogador de Teixeiro se rompese o ligamento cruzado nun adestramento ademáis de tamen ter danado o menisco da seu xeonllo dereito. Esteban moi mellorado da súa lesión aínda non ten a alta da mutua polo que se prevee que reaparece para a vindeira xornada. Tampouco Chinorris será da partida no encontro fronte o equipo de Frades pois aínda ten molestias no pé logo de sufrir un esguince en dous dedos.
A estas baixas úneselle a de Pirulo que o domingo non estará por motivos persoais.
No capítulo de altas Fer ten a única alta de Pichi polo que seguramente algún xogador do equipo xuvenil volverá a estar na convocatoria do 1º equipo.

Sorte para ámbolos conxuntos.

martes, 28 de outubro de 2008

Empate na visita a San Estevo


O Atlético Sobrado senior acadou un punto na visita que lle rendiu o San Estevo de Abellá.
Nun partido sen moita historia, o equipo de Fer acusou as importantes baixas que ten por diversas lesións: Esteban, Chinorris e Álex así coma Pichi por motivos persoais ademáis de contar con Guille e Javi Sánchez con molestias.
O adestrador de Melide tan so puido dispoñer de 13 xogadores (3 de eles xuvenís) para afrontar este choque.
O resultado final foi de empate a 0 goles. A ocasión máis clara do encontro tivoa Nacho na primeira metade nun balón que recuperou escorado dentro da área e no que o seu lanzamento foi desviado polo porteiro local a córner logo de facer unha excelente parada quitando o balón da escadra.
No minuto 81 o equipo de Frades quedou con un home menos por doble cartón marelo. Nese intre o equipo de Sobrado aumentou o seu dominio sobre a portería local pero non foi quen de abrir a conta goleadora.
Preto do final Luis encarou o porteiro e logo de irse de él o colexiado do encontro sinalou un máis que dubidoso fora de xogo que mantivo as táboas no marcador, e co 0-0 inicial chegouse o final do encontro.
ONCE INICIAL: Andrés Miraz; Roy, Iago, Pirulo (c), Juan; Guille, David, Luis, Javi Souto; Nacho, Javi Vigo.
Suplentes: Javi Sánchez, Miguel Combo.
Datos do Partido:
Goles a favor: 0
Goles en contra: 0
Penalties a favor. 0
Penalties en contra: 0
Faltas a favor: 12
Faltas en contra: 26
Foras de xogo a favor: 3
Foras de xogo en contra: 5
Córners a favor: 3
Córners en contra: 2
Lanzamentos a portería: 11
Lanzamentos rival: 12
Tiros ó pao: 0
Tiros ó pao rival: 0
Cartóns marelos: 2
Cartóns vermellos: 0
Expulsións: 0
Trocos feitos: 2

Autoridade

O C.A.S.X. feminino dou outro golpe de autoridade na Liga Provincial o gañar por 3-7 na súa visita a Brión. Con este resultado o equipo de Hassan sitúase na 2ª praza da clasificación con 12 puntos de 15 posibles por detrás do Drako F.S. da Coruña.
Xa no descanso o equipo sobradés deixaba clara a súa superioridade no electrónico o chegar cun favorable 0-3.
Na segunda parte a vantaxa ampliaríase ata o 3-7 final.
As goleadoras na tarde do sábado foron a capitana María (4), Tamara Fandiño, Pati e Tá.

Debut con victoria dos xuvenís

Estación de Curtis

O Club Atlético Sobrado Xuventude debutou con victoria no derbi perante o C.C.D. Curtis co resultado de 2-1 a favor do equipo que adestra Muni.

O primeiro gol do partido marcouno o dianteiro centro marelo Mario logo dun excelente remate en prancha. Co 1-0 chegaríase ó final dos primeiros 45 minutos.

Na segunda metade Diego Amil ampliaría a vantaxe para o Atlético Sobrado logo dunha xogada individual e un remate escorado.

Xa nos derradeiros minutos o Curtis recurtaría distancias marcando o 2-1, este gol fixo medrar os discípulos de Toñito que se votaron cara a portería de Carlos Martínez na busca do empate pero o equipo xuvenil do C.A.S.X. foi quen de defender o resultado que lle otorga os seus 3 primeiros puntos da competición.

O equipo inicial foi: Carlos Martínez; Jorge, Pedro, Ruchi, Iván Cabado; Anxo, Fran, Diego Fragío, Diego Amil; Pablo Naveira; Mario.

Agardando a súa oportunidade no banquiño: Alberto Márquez, Alejandro Marquez, Jorge e Ismael.

A nova negativa voltou unha vez máis en forma de lesión; desta volta foi Iván Cabado o que tivo unha lesión no seu xeonllo dereito e aínda non se sabe o alcance exacto da lesión.


martes, 21 de outubro de 2008

O equipo xuvenil a escea


Fíxose agardar pero por fin comezará a liga xuvenil de 2ª Autonómica Grupo II esta fin de semana.
O igual que o equipo senior os xuvenís tamén comezarán a liga con un derbi e xogando como locais no campo municipal de Vilasantar.
O rival do vindeiro sábado a partires das 16:30 horas é o C.C.D. Curtis que volta a competición logo de un ano de ausencia en categoría federada.
O equipo xuvenil presentará 4 novas caras para a campaña 2008/2009: os irmáns Alberto e Alejandro Márquez, Jorge Fernández (os tres aínda en idade cadete) e Ismael García.
A dirección do equipo correrá a cargo de Muni.
Sorte para a esperanzadora tempada que comeza.

Múltiples baixas para o seguinte encontro do equipo senior


Unha vez máis as lesións vólvense a cebar co Club Atlético Sobrado Xuventude no equipo senior de fútbol.
A xa confirmada baixa do capitán Esteban agora únense a de Chinorris que fixo un esguince en dous dedos de un pe o sábado xogando o fútbol sala co Jim Sports F.S. e Álex que se mancou no partidiño amigable do domingo fronte o equipo xuvenil. Nunha primeira exploración no Complexo Hospitario San Rafael determinouse que o xogador de Teixeiro podería padecer un esguince de ligamento e podería estar tamén afectado o menisco. O xoves determinarase con máis exactitude o alcance da lesión.
Ademáis a estos 3 lesionados súmase a baixa de Pichi que non poderá ser participe do encontro por motivos persoais.
Así polo tanto o equipo está en cadro para o seguinte partido fronte o San Estevo de Abellá que terá lugar o vindeiro domingo 26 de outubro a partires das 16:30 no Campo Municipal de Vitre (Frades).

O C.A.S.X. faille un "7" á Esteirana

O equipo que adestra José Antonio Vázquez "Hassan" gañou por goleada no encontro xogado o sábado no Pavillón Municipal de Sobrado. As xogadoras sobradesas non tiveron piedade do equipo muradán e golearon por un contundente 7-0.
Os dous primeiros goles marcariaos a xogadora arzuana Sara Montero, pola súa parte sería a xogadora de Boimorto Ta a que marcaría o 3-0 co que se chegaría o descanso do encontro.

Na reanudación máis do mesmo, amplo dominio do equipo local que puido acadar unha goleada de auténtico escándalo creando infinidade de ocasións.

A capitana do equipo María non faltaría a súa habitual cita co gol e establecería o 4-0 no electrónico. O 5-0 foi o gol de máis bela factura de toda a tarde, de novo María con un excelente zurda dende uns 12 metros e o esférico acabau entrando por toda a escadra da portería da Esteirana F.S.

O 6-0 sería marcado por Sara Rodríguez nunha boa xogada combinativa e o 7-0 final estableceríao Luci con un gol de túnel a porteira visitante.

O C.A.S.X. ubícase nos postos de honor da taboa clasificatorio logo de este resultado e para a vindeira xornada rendirá visita nun trepidante duelo o Brión F.S. HORARIO DO PARTIDO: 18:00 H NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE BRIÓN.

venres, 17 de outubro de 2008

Esteban 3 semanas de lesión

Esteban terá que estar parado 3 semanas de competición. O capitán do equipo senior foi sometido no día de onte a unha resonancia magnética con un dictame de "un engrosamento nun xeonllo". O central atlético arrastraba molestias dende o partido da 1ª xornada fronte o Toques C.F. e volveuse a resentir no partido do pasado domingo fronte o Oza dos Ríos C.F. De cumprirse os prazos previstos Esteban tan so se perdería 2 partidos de liga (San Estevo de Abellá C.F. e A.D. Abellá) pois recordamos que esta xornada o equipo que adestra Fer terá descanso.

Agardamos unha pronta recuperación o noso capitán.

mércores, 15 de outubro de 2008

Cea do equipo senior

Aproveitando a xornada de descanso da que dispón o equipo senior de fútbol está xa confirmada a 1ª cea para esta tempada:
será ó venres 17 de outubro a partires das 23:30 horas na Parrillada A Cabrita, logo do adestramento habitual dos venres. Na citada cea compartirán mesa e mantel os integrantes do 1º equipo, o corpo técnico, a directiva e todos os xogadores que están vindo a adestrar os venres aínda que non formen parte do 1º plantel.
O menu da cea estará composto por comidas típicas galegas coma polbo ou churrasco.

Bo proveito!

martes, 14 de outubro de 2008

O C.A.S.X. feminino voltará a xogar na casa esta xornada

Esteiro (Muros)
O C.A.S.X. feminino voltará a xogar no Pavillón Municipal de Sobrado o outubrosábado 18 de outubro a partires das 19:00 horas. O rival a bater nesta ocasión será a Esteirana F.S. de Esteiro (Muros).
As xogadoras que adestra Hassan terán a posibilidade de resarcirse da derrota que recibiu este pasado sábado no seu enfrontamento fronte o líder da competiciíon o Drako F.S.
Para este partido é baixa segura Sandra Sánchez debido a unha rotura de fibras na súa perna dereita.
Por outra banda recordar que o equipo senior de fútbol terá xornada de descanso nesta xornada o que aproveitará para xogar un amistoso perante o equipo xuvenil no Campo Municipal de Vilasantar.

luns, 13 de outubro de 2008

Nada positivo na visita a Oza

Mosteiro de Cines (Oza dos Ríos)
OZA C. F. 4 - C.A.S.X 2
Campo: O Loureiro
Colexiado: José Fernández Liñares
Once inicial: 1 Andrés, 2 Iago, 3 Iván, 4 Esteban (c), 5 Juan, 6 Guille, 7 Luis, 8 Alex, 9 David, 10 Chinorris, 11 Nacho.
Banquillo: 12 Roy, 13 Carlos, 14 Javi Sánchez, 15 Javi Vigo, 16 Javi Souto.
Datos do partido:
Goles a favor: 2
Goles en contra: 4
Penalties a favor: 0
Penalties en contra: 1
Faltas a favor: 11
Faltas en contra: 19
Foras de xogo a favor: 7
Foras de xogo en contra: 5
Córners a favor: 6
Córners en contra: 6
Lanzamentos a portería: 13
Lanzamentos rival: 17
Cartóns marelos: 1
Cartóns vermellos: 0
Expulsións: 0
Tiros ó pao: 0
Tiros ó pao rival: 3
O C.A.S.X. perdeu 4-2 na visita que le rendiu o Oza C.F. Os homes que adestra Fer costoulles habituarse o terreo artificial do campo de O Loureiro.
Comezaría dominando o Oza que no minuto 13 avisou con un lanzamento o pao e logo Andrés en duas grandes intervencións evitaría o primeiro gol do equipo local.
Logo o C.A.S.X. asentouse no campo e comezou a atacar, nunha xogada de contragolpe David que sorprende a defensa rival adentrase na área e cae derrubado por un defensa, era penalti e expulsión pero o colexiado non o viu (foi o único erro de todo o partido pois fixo unha arbitraxe colosal, digna de outra categoría, José Fernández Liñares é un gran colexiado).
Nunha falta logo de unha man ó borde da área íase adiantar o C.A.S.X. nun excelente golpeo de Chinorris por riba da barreira o que o porteiro local nada puido facer (minuto 29).
5 minutos máis tarde ía empatar o Oza nunha xogada a balón parado onde se perderon as marcas e o equipo local marcou logo de que o balón pegase no pao.
Pero aínda ía chegar outro gol antes do descanso: nun córner que efectua o C.A.S.X. no minuto 46, o balón chega rebotado a zona defensiva marela, hai falta de entendemento entre os defensas, o Oza recupera o balón e lanza un contraataque, e dende uns 20 metros o xogador Moisés lanza un excelente traiazo o que Andrés nada pode facer para deter o esférico. Chegábase o descanso en desventaxa.
Na segunda metade o C.A.S.X. saiu co coitelo entre os dentes e froito de esa actitude chegaría unha das xogadas claves do encontro. O porteiro local, intentando abortar unha contra da "Makina Amarilla" toca o balón fora da área polo que é expulsado (minuto 51).
A partires de eiquí o Oza replegouse intentando defender o marcador. Nacho establecería o 2-2 no minuto 71 logo de unha xogada trenzada na que dende fora da área efectua un gran lanzamento pegado ó pao o que o porteiro suplente David Gallego nada podía facer.
Quedaban 19 minutos e a victoria podía ser posible, unha victoria que situaba o C.A.S.X. nos postos altos da táboa. Pero a ledicia pouco durou pois no minuto 74 Javi Souto comete un inocente penalti que a postre ía ser definitivo.
Lanza o capitán Pedro Fariña e Andrés detén o lanzamento pero o rechace volvelle a caer nos pes o capitán do Oza que desta vez non perdoa e establece o 3-2 no marcador.
Logo de esta xogada o Atlético Sobrado desmoralizouse e a pesares de que intentou irse arriba foi o Oza o que creou máis perigo perdoando a vida en varias ocasións. No minuto 77 noutra contra o equipo local establecería o 4-2 final a pesares de ter un home menos. Antes do final do encontro aínda tivo tempo para mandar outro balón o pao.
Chegouse o final coa merecida victoria do Oza dos Ríos que se sitúa líder con 6 puntos (o único equipo que gañou os 2 partidos).
Pola súa parte o C.A.S.X. terá xornada de descanso para a semana que seguro que servirá para correxir erros e non voltar a repetilos en vindeiros partidos.
RESTO DE RESULTADOS 2ª XORNADA:
San Estevo de Abellá C.F. 2 - C.D. Mesía 3
Visantoña C.F. 0 - A.D. Vilamaior 0
San Martiño C.F. 1 - S. D. Encrobas 1
Sp. Meicende 1 - A.C.D. Poulo 3
C.C.D. Curtis 1 - S.D. Vizoño "B" 1
Boimorto C.F. 0 - A.D. Abellá 0

Un castigo excesivo

De izquierda a dereita e de arriba a abaixo: Hassan (adestrador), Pati, Ta, Lucía, Laura, Eva Arto (delegada), Muni, Sara Montero, Sandra, María (c), Patri, Sara Rodríguez e Tamara Fandiño.

O C.A.S.X. feminino perdeu por 2-5 fronte o Drako F.S. no partido xogado o sábado no Pavillón Municipal de Sobrado.
O marcador final non deixa de ser engañoso pois o partido foi moi igualado e puido caer para calqueira dos dous bandos. A porteira coruñesa salvou o seu equipo en moitas ocasions e evitou que o Atletico Sobrado puidese acadar algo positivo.
Cando se cumplian os 3 minutos de partido adiantarianse as visitantes pero pouco durou a ledicia pois María a capitana do equipo lograría empatar os 7 minutos logo de un gran lanzamento axustado estirando a perna.
Coas taboas chegaríase o ecuador do encontro.
Nada máis arrincar a segunda metade, na primeira xogada as coruñesas voltaríanse a poñer por diante sorprendendo o noso equipo.
1-3 chegaría uns minutos despois logo de unha contra ben levada polo equipo coruñés.
Pati poñería a incertidume no marcador logo de acadar o 2-3 a saida de un córner.
Noutra contra o equipo coruñes poñería o 2-4 no marcador. A partires de eiquí a porteira visitante erixiuse en protagonista do partido coas suas decisivas intervencions facendo ata en 6 ocasions paradas de moito merito. O C.A.S.X. seguiu xogando ben pero o esférico non lograba entrar.
Co equipo local xa a desesperada intentando recurtar diferencias no tramo final do encontro o equipo líder da competición poñería o 2-5 final rompendo así todas as esperanzas do Atlético Sobrado de acadar algo positivo.
NOTA: Sandra ten unha rotura fibrilar na súa perna dereita polo que será baixa 3 semanas.
Desexámoslle unha pronta recuperación a "brava" pivote de As Cruces.
RESTO DE RESULTADOS DA 4ª XORNADA:
Esteirana 0 - Mabegondo 1
Boqueixón 1 - Femiordes 0
Sada 2 - Fisober 4
Xerfa 2 - Fame Negra 1

venres, 10 de outubro de 2008

Pichi e Pirulo sancionados con un partido de suspensión

Como era de esperar Pichi e Pirulo terán un partido de sanción polas súas expulsións no derbi do pasado domingo fronte o Toques C.F. Debemos recordar que ámbalas expulsións foron por doble cartón marelo polo que tanto o interior coma o central non poderán xogar o partido de este domingo fronte o Oza dos Ríos C.F.


O acordo do convenio Gestán-C.A.S.X. para a tempada 08/09 parece inminente


Gestán Tratamiento de Residuos e Club Atlético Sobrado Xuventude están a piques de chegar a un acordo para manter un convenio que os una por 3ª tempada consecutiva. Mediante este convenio a xestora de residuos publicitaría a súa empresa no Campo Municipal de Sobrado e no Pavillón Polideportivo sobradés.
A vindeira semana pódese pechar o acordo entre as dúas entidades.

mércores, 8 de outubro de 2008

Confirmación de horarios para a vindeira xornada


Xa hai confirmacións oficial dos horarios relativos os encontros que o Club Atlético Sobrado Xuventude nas categorías de Fútbol Sá Feminino e Fútbol Senior Masculino disputará o vindeiro fin de semana:
Sábado 11 de outubro: 4ª xornada Fútbol Sá, Liga Provincial Feminina: C.A.S.X. - Drako F.S. (A Coruña)/ Pavillón Municipal de Sobrado/ 17:00 horas
Domingo 12 de outubro: 2ª xornada Fútbol, 3ª Autonómica Masculino Grupo IV: Oza dos Ríos C.F. - C.A.S.X. Municipal de Oza dos Ríos/16:30 horas.
O equipo feminino que leva pleno de puntos podería acadar o liderato de gañar o equipo herculino. Animo a todos os afeccioados a que asistan o Pavillón Municipal a alentar e dar folgos o equipo.
Pola súa banda o equipo masculino terá o 1º desplazamento da tempada fronte a un rival que se reforzou este ano coa intención de ascender de categoría. De gañar, os homes de Fer adiantarían na clasificación o Oza dos Ríos C.F. Para este partido son baixa segura Pirulo e Pichi por sanción federativa.

luns, 6 de outubro de 2008

Empate épico

C. Atl. Sobrado Xuventude 2 - Toques C.F. 2

Once Inicial: 1 Andrés, 2 Iago, 3 Roy, 4 Esteban (c), 5 Pirulo, 6 Guille, 7 Luis, 8 Pichi, 9 David, 10 Chinorris, 11 Nacho.

Suplentes: 12 Iván, 13 Carlos, 14 Juan, 15 Alex, 16 Souto.

Goles: 0-1 Diego Carril (min.39), 0-2 José (min. 49 -1ª parte-); 1-2 Nacho (min. 70), 2-2 Luis (min. 93)

Cambios: Souto x Iago: min. 76 / Iván x Nacho: min. 80

DATOS 1ª METADE:

Goles a favor: 0

Goles en contra: 2

Faltas a favor: 7

Faltas en contra: 15

Córners a favor: 4

Córners en contra: 1

Tiros a portería: 5

Cartóns Marelos: 0

Cartóns Vermellos: 0

DATOS 2ª METADE:

Goles a favor: 2

Goles en contra: 0

Faltas a favor: 3

Faltas en contra: 10

Córners a favor: 4

Córners en contra: 0

Tiros a portería: 6

Cartóns marelos: 5

Cartóns vermellos: 0

Expulsións: 2

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Partido típico de derbi na tarde de onte no Municipal de Vilasantar. Tanto Atl. Sobrado coma Toques amosaron que esta tempada van en serio e vanse intentar codear cos equipos da parte alta da taboa.

Foi un derbi onde houbo moitas faltas, penalties, expulsións, tensión pero ante todo deportividade o finalizar o encontro nun partido o que o colexiado quedoulle grande ser o director de orquestra e por momentos foiselle das mans por non saber atallar a tempo o xogo duro de ámbolos equipos.

O Atlético Sobrado atacou ben na primeira metade pero sen puntería cara a meta defendida por David Carballal, un tiro de Chinorris e outro de Luis Mato pasaron rozando o longueiro da portería visitante cando xa se cantaba o gol por parte dos afeccioados.

A estratexia decidiu o derbi pois os 4 goles que se viron na tarde de onte foron a balón parado. Adiantariase o Toques nunha falta indirecta o borde da área que o colexiado decretou logo de que Pirulo lle cedese o balón a Andrés e este o collese coa man. Diego Carril, un xogador que ten unha zurda esquisita foi o encargado do lanzamento e o seu balón entraba pegado o pao no minuto 39. Xerro de auga fría para o equipo local.

Antes de chegar o descanso no minuto 49 (o colexiado descontou 5 minutos na primeira metade), córner a favor do Toques logo de un paradón de Andrés, o córner é executado por José, o interior esquerdo visitante, que lle da un efecto moi pechado, Andrés e Iago que cubría o primeiro pao non se entenden e no seu intento de despexe o porteiro sobradés mete o balón na súa propia rede.

Chegabase pois con 0-2 o descanso, un castigo excesivo.

Na segunda metade o C.A.S.X. saiu mentalizado de que dous erros puntuais non lle podían facer perder un partido no que ata aquel momento non estaba sendo peor que o seu rival.

Os ataques foron continuos por parte dos marelos en todo o segundo tempo no que foi claro dominador do encontro buscando con ahínco a meta rival. O equipo visitante tan só tirou unha vez a portería e outra contra a barreira logo de unha falta. O cadro onte adestrado por Pedino tirou de orgullo. Eso sí nos primeiros compases do reinicio a sorte seguía esquiva co cadro local e logo de unha boa xogada de Luis e Chinorris chégalle o balón a David que en difícil posición remata e o balón pega no longueiro..., non era o día.

Pero o Sobrado seguiu insistindo e logo de unha acción dentro da área do Toques onde David chega a un balón aéreo antes que o capitán visitante e é derribado por este último nun claro penalti que foi protestado por xogadores, banquillo e toda a grada local, outra vez a mesma xogada pero desta volta David déixase caer, non é penalti pero o colexiado decretado. Pitou o que non era e o que era quedou sen sanción (o mundo o revés). Lanza Nacho e acurta distancias para os marelos.

A partires de eiquí o partido voltouse máis brusco e houbo cantidade de faltas, de empurróns e de pérdidas de tempo reiteradas. Por parte do C.A.S.X. acabaron na caseta antes de tempo Pichi e Pirulo e por parte do Toques Miguel Espomasa. Pasando 3 minutos do tempo engadido (o colexiado descontou 7 na segunda metade), Chinorris efectúa dende medio campo un preciso lanzamento de falta colgando o balón dentro da área rival, aparece Luis Mato nun salto prodixioso adiantándose a defensa do Toques e nun excelente xiro de cuello cambia a traxectoria do balón o pao contrario de onde ía nun inicio sorprendendo o equipo rival e acadando o empate a 2 goles. O Municipal de Vilasantar caia rendido os pes da heroicidade dos marelos logo de empatar este partido a pesares de todas as adversidades.

Reparto de puntos nun derbi moi disputado.

OUTROS RESULTADOS:

Mesía 1 - Oza dos Ríos 3

Vilarmaior 6- San Estevo 2

Encrobas 0- Visantoña 2

Poulo 0 - San Martiño 2

Vizoño B 4 - Sp. Meicende 1

Abellá 4 - Curtis 1

Boimorto DESCANSA

Para a seguinte xornada o C.A.S.X. visita o Oza dos Ríos C.F. Nun principio o partido será sábado 11 a partires das 16:30 horas, pero confirmarémolo en días posteriores.


O equipo feminino infunde respeto

Golpe de autoridade do equipo feminino de fútbol sala logo de gañar na difícil cancha do Mabegondo F.S. por un apretado 0-1. Un resultado inusual a fútbol sala pero que deixa ben as claras o parecido potencial que posee un e outro equipo.
O gol do C.A.S.X. foi marcado por Tamara Sandá un explendido gol de vaselina logo de regatear a tres rivais na 1ª metade.
Con esta victoria o equipo feminino acada o pleno de 6 puntos nos dous primeiros partidos disputados da competición.
Para a vindeira xornada o equipo que adestra Hassan recibirá a un dos mellores equipos de categoría como é o Drako F.S., un dos máis claros candidatos o ascenso para esta tempada 2008/2009.

En breves poñeremos día e hora de este apaixoante encontro.

Noraboa equipo, sodes grandes

sábado, 4 de outubro de 2008

2ª xornada do equipo feminino

O equipo feminino de fútbol sala do Club Atlético Sobrado Xuventude que adestra Hassan disputará na mañá de domingo a partires das 12:00 horas o 2º encontro da liga logo de gañar o sábado 20 por un apabullante 7-1 o Furia Atlético. Na xornada de mañán o rival será o Mabegondo F.S. e o encontro disputarase no Pavillón Municipal de Abegondo.
O equipo sobradés intentará acadar a 2ª victoria de xeito consecutivo.

mércores, 1 de outubro de 2008

Torna a Liga

O vindeiro domingo 5 de outubro arrinca a Liga 2008/2009 para o 1º equipo do Club Atlético Sobrado Xuventude e comeza de xeito forte pois na primeira xornada haberá derbi da Comarca. A partires das 16:30 horas no Campo de Fútbol Municipal de Vilasantar (o municipal de Sobrado está sendo arranxado) disputarase o partidazo Atl. Sobrado - Toques C.F.

Quizais o derbi chega demasiado axiña pois estamos en pleno estreo da competición pero os sorteos son caprichosos e decretaron que así fose o enfrontamento.

Non deixedes de asistir a este emocionante encontro no que agardamos que coma en anteriores partidos predomine a deportividade e o xogo limpo.

SAUDOS

FORZA C.A.S.X.