xoves, 27 de novembro de 2008

Horarios da vindeira xornada


Na vindeira fin de semana as categorías inferiores do Club Atlético Sobrado Xuventude terán xornada de descanso polo que os partidos a afrontar os vindeiros días 29 e 30 de novembro correspóndense as categorías xuvenil, feminino e senior.
Dase a casualidade que os 3 equipos afrontarán os seus partidos coma locatarios. Estes son os partidos cos seus respectivos horarios:
SÁBADO 29 DE NOVEMBRO
XUVENÍS: C.A.S.X. - Pastoriza 16.15 h Campo Municipal de Vilasantar
FEMININO: C.A.S.X. - Xerfa 17.00 h Pavillón Municipal de Sobrado
DOMINGO 30 DE NOVEMBRO
SENIOR: C.A.S.X. - A.C.D. Poulo 16.15 h Campo Municipal de Vilasantar
Saudos

martes, 25 de novembro de 2008

En liña ascendente

O Atlético Sobrado senior acadou unha gran victoria na súa visita a San Martiño fronte a un dos mellores equipos da Liga. O San Martiño reforzouse este ano con Toño (ex do Cerceda e Fabril entre outros), Alemán (ex Mesón do Bento) ademáis do porteiro suplente do Cerceda pero esto non foi suficiente para que o equipo laranxa doblegara os xogadores que adestra Fer.
Parece que por están a sair os resultados que tanto se resistían ata o de agora a pesares de que en varios partidos se fixo un gran xogo esto non se reflectía en resultados pero parece que esta xeira cambiou e as victorias están comezando a chegar.
O único "pero" que ten agora o equipo segue a ser a plaga de lesións, Alex foi operado a anterior semana e perderase o resto de tempada, Chinorris aínda non está completamente recuperado do nocello, Pirulo que o domingo acompañou o equipo pero non puido xogar tamén tivo molestias e Javi Souto voltouse a resentir dos seus problemas de espalda
Con estas baixas ademáis da de Roy por motivos persoais afrontou o C.A.S.X. o choque.
Fer so puido dispoñer de 11 xogadores todo ó partido, sen poder facer cambios pois Pirulo aínda que estaba no banquillo non puido ser da partida polas molestias que sufría. Ademáis Alberto Márquez que está aínda en idade cadete xogou todo o partido tendo un papel destacado.
O once inicial foi: Andrés; Pichi, Iago, Juan, Alberto Márquez; Esteban, Guille, Luis, Javi Sánchez, David e Nacho.
Na primeira metade o porteiro Andrés Miraz convertiríase en protagonista logo de deter un penalti ó equipo local. Co resultado inicial chegouse ó descanso.
Na segunda metade David (que facía o seu segundo gol en dous partidos) e Luis (segundo gol da tempada) anotarían os goles do C.A.S.X. acadando así unha nova e excelente victoria para a Makina Amarilla que adianta dous postos na clasificación xeral. Agardemos que siga esta boa racha de resultados.

Unha auténtica apisonadora

Praia de Sada

O do equipo feminino de fútbol sala é de auténtico escándalo. Esta tempada está a gañar a maioría de partidos por goleada, algo que demostra que son un auténtico equipazo.
O sábado o C.A.S.X. afrontaba un difícil partido fronte ó Sada F.S., un rival que estaba moi preto na clasificación pero as xogadoras adestradas por Hassan finiquitaron o encontro xa na primeira metade situándose con un cómodo 0-4 ó intermedio do encontro.
Na segunda parte as xogadoras sobradesas xogaron relaxadas e aínda así acadaron outro gol máis para chegar ó 0-5 final co que acabou o encontro.
Desta voltar foi Sara Rodríguez a protagonista do choque ó acadar un "hat-trick", a capitana e pichichi María acadaría un novo gol e a segunda máxima goleadora do equipo Ta non faltaría tampouco a súa cita co gol e sería a outra goleadora da tarde.
O equipo feminino queda en 4º posición da taboa clasificatoria con dous partidos menos que as suas rivais.

Derrota do equipo xuvenil

O equipo xuvenil caeu derrotado por 3-2 no seu desplazamento a Abellá para enfrontarse ó San Estevo.
Fran erraría un penalti con 0-0 no marcador. Ó final dos primeiros 45 o equipo de Frades iría cunha ventaxa mínima os vestiarios 1-0. Na segunda metade o San Estevo lograría dous goles máis. Os goleadores do C.A.S.X. foron Javi Vigo que se estrenou coma goleador coa camiseta marela o día do seu debut co equipo xuvenil e Mario Novo que segue en racha goleadora.
Con este resultado vese truncada a liña ascendente que levaba o equipo xuvenil nas últimas xornadas.

As categorías inferiores logran 2 triunfos e un empate

Vista aérea de Miño
As categorías inferiores do Club Atlético Sobrado Xuventude lograron 2 victorias e unha igualada nos 3 enfrontamentos que disputaron a pasada fin de semana fronte as Escolas Deportivas Municipais de Miño seguindo así coa boa xeira de resultados que están a colleitar as diversas categorías neste comezo de tempada.
Estes foron os resultados:
Benxamíns: C.A.S.X. 6 - E.D.M. Miño 1
Alevíns: C.A.S.X. 1 - E.D.M. Miño 1
Infantís: C.A.S.X. 3 - E.D.M. Miño 1
* A categoría Cadete non tivo enfrontamento esta fin de semana

O C.A.S.X. chega ó Everest

Así é, o Club Atlético Sobrado Xuventude chegou ó máis alto coa axuda de este socio-seguidor galego-catalán incondicional. Sergio García alías "Polaco", "Polis", "Polonio", Polinice" nunha viaxe que fixo ó Everest subiu coa camiseta do equipo feminino de fútbol sala do noso clube chegando así o noso escudo a estar un chisquiño máis preto do ceo.
Agradecer ó noso Presidente Juan González a xentileza de enviar a foto e agradecer de xeito moi especial a Sergio a súa xentileza para co noso clube.

POLACO ERES GRANDE, MOI GRANDE!

xoves, 20 de novembro de 2008

En portada


O xornal deportivo de tirada nacional Marca faise eco do retorno ós terreos de xogo de Ángel Espido "Chinorris" logo de causar baixa o longo de varias semanas por mor de unha lesión.
Chinorris podería voltar a vestir á marela no vindeiro partido fronte ó San Martiño C.F. Ademáis Marca considerao unha nova fichaxe pois será aire fresco para o C.A.S.X. xa que ó plantel non anda moi sobrado de efectivos. Segundo o propio xornal deportivo Chinorris declarou que "chega para triunfar". Agardemos pois as evolucións desta "fichaxe".

martes, 18 de novembro de 2008

Coñece a... DAVID


Dende hoxe o blog do Club Atlético Sobrado Xuventude terá un novo apartado. Serán entrevistas a xogadores e xogadoras de todas as categorías nas que poderemos coñecer un pouco máis da súa vida persoal, gustos, preferencias, etc.
Comezamos pois a rolda de enquisas con David, xogador que debuta este ano no noso clube e que moi amablemente nos atendeu vía telefónica.
Boas David, estás preparado?
Estou preparado logo, cando queiras...
1. Nome Completo
José David Rodríguez Costoya/ Nome Deportivo "David"
2. Lugar e data de nacemento:
Sandá-Cidadela (Sobrado)
3. Talla e peso
1,84 metros/80 kg
4. Posto no terreo de xogo
Dianteiro
5. Equipo favorito
Real Madrid C.F.
6. Quen é o teu ídolo futbolístico?
Zinedine Zidane
7. Grupo Musical preferido
DeLuxe
8. A canción que máis che gusta é...
"Losing my Religion" de R.E.M.
9. Eres afeccioado a lectura?
Si
10. Cal foi a derradeira película que fuche ver ó cine? E a derradeira película que baixache da rede? Cal é o teu xenero cinematográfico que máis che gusta?
Ufff, hai moito tempo que non vou ó cine, a derradeira película que fun ver foi a dos Simpson. Non acostumo a baixar películas de internet e o xénero que máis me gusta é o terror.
11. Tes parella?
Parella? Fixa non! (rise por un rato prolongado)
12. Cales son as túas aficcións favoritas?
Xogar ó futbol e tamén xogar á Play
13. Lugar ideal para vivir
Sandá
14. Prato preferido
psssss (dubida por uns intres) Spaguetti
15. Bebida que máis che gusta, pensa que esta entrevista pode estar a leela o Míster
Ron Barceló con limón sen xeo (que padezco moitas enfermidades da garganta...)
16. Marca de roupa favorita, marca deportiva preferida
Non me fixo nunha marca, normalmente merco en Zara. Polo que respecta á marca deportiva, Adidas.
17. Qué modelo de telefonía móvil tes na actualidade?
Un Nokia 6288
18. Cal é a páxina de Internet que máis soes visitar?
Non acostumo a visitar páxinas en internet
19. Estudias ou traballas?
Traballo, pero dende hai pouco, eh! (aclara David)
20. Esta é a túa primeira campaña no Atlético Sobrado. Que che parece a categoría? Os compañeiros de equipo? E o ambiente no vestiario?
A categoría non me está a parecer compricada, non é que haxa excesivo nivel. Polo que respecta os compañeiros, son moi boa xente. E o ambiente no vestiario é xenial con todos menos con Petete que é un pesado (rise) o domingo cando marquei o gol funllo adicar.
21. Precisamente eso che quería comentar, o domingo fronte o Vizoño B lograche o teu primeiro gol coa camiseta marela e ademáis ese gol á postre serviu para acadar o primeiro triunfo da tempada. Relátanos o gol e o que sentiche no momento da consecución do tanto.
A xogada do gol foi iniciada por Luis que me meteu un excepcional pase interior entre dous defensas, eu recibín na frontal da área e o ver o porteiro un pouco adiantado decidín tirarlle un vaselina e o balón foise directo a rede. Deixa claro que a estupenda asistencia ma puxo Luis (aclara David). O que sentín foi unha sensación de ledicia e alivio por quitar a presión de encima por non haber marcado ningún gol en liga ata ese momento. Desquiteime de moitos puteos que estaba a recibir ata o de agora.
22. Como te sintes máis cómodo xogando, de dianteiro centro ou ben de enganche?
(Duda por un momento) Gústanme os dous postos cada un por unha cousa diferente. De enganche entras máis en xogo e tocas máis balón pero de dianteiro centro tamén me gusta porque a min encántame marcar goles e é a maneira máis fácil de conseguilo.
23. Qué equipo do Grupo IV de 3ª Autonómica pensas que gañará a liga e por conseguinte acadará o ascenso? e que equipo pensas que logrará a segunda praza que da acceso a xogar a promoción de ascenso?
Polo que vin ata o de agora o equipo que máis posibilidades lle vin de lograr o ascenso é o Oza dos Ríos C.F. porque saben a qué xogan. A praza da promoción de ascenso vai a ser para ó Sobrado, hai que pensar en positivo! (declara)
24. Reafirmaste pois en que o Atlético Sobrado rematará no 2º lugar da táboa clasificatorio ó final da tempada?
Estou seguro de eso
25. Qué xogador do Atlético Sobrado che parece que ten máis velocidade, máis técnica, máis físico, máis gol, máis sangue e máis pillería?
En velocidade Nacho corre moito, Iago tamén..., ostrás Luis, Luis corre a mazo. Máis técnica Chinorris..., no! pon David, ja ja ja. Máis físico David tamén. Máis gol David..., (séguese rindo). Máis sangue... Roy. Máis pillería Pichi (volve a rir de xeito continuo).
26. Baixo a túa opinión cal foi o mellor partido que xogou o equipo ata o de agora?
Sen lugar a dúbidas a primeira parte no campo do Visantoño C.F.
27. Atréveste a pronosticar a cifra de goles que marcarás nesta tempada?
17 (responde sen dubidar), aínda que se marco 13 xa teño gañada unha aposta.
28. Cal é o compañeiro máis divertido dentro do vestiario? e o máis reservado?
Non che sabería dicir un, son todos moi divertidos, rímonos moito. O máis reservado..., non sei, quizáis Javi Sánchez é o máis caladiño de todos nós.
29. É certo que Esteban, o capitán do equipo, ten unha frase escrita no seu móvil para automotivarse?
(scáchase coa risa...),SI, ROTUNDAMENTE SI! (segue a rir)
30. Por último, pronostica un resultado para o seguinte partido do equipo que será o San Martiño C.F. - Atlético Sobrado do vindeiro domingo?
1-2 (non dubida un intre)
Grazas David pola túa atención e ogalla se cumpran todas as tuas expectativas para esta tempada.
Non hai de qué, foi un pracer, ata logo.

Horarios e datas da nova xornada


Xa temos os horarios e as datas das categorías que terán competición oficial na vindeira fin de semana:
Fútbol: 3ª Autonómica Senior Grupo IV
Domingo, 23 de novembro: San Martiño C.F. - C.A.S.X. 16:15 horas
Fútbol Sala: Liga Provincial Feminina
Sábado, 22 de novembro: Sada F.S. - C.A.S.X. 18:30 horas
Fútbol: 2ª Autonómica Xuvenil Grupo II
Sábado, 22 de novembro: San Estevo de Abellá C.F. - C.A.S.X. 16:15 horas
Competición Deportiva en Idade Escolar Fútbol Sala
BENXAMÍN:Sábado, 22 de novembro: C.A.S.X. - E.D.M. Miño 10:00 horas
ALEVÍN: Sábado, 22 de novembro: C.A.S.X. - E.D.M. Miño 10:45 horas
INFANTIL: Sábado, 22 de novembro: C.A.S.X. - E.D.M. Miño 11:30 horas

O futuro está garantido

As categorías inferiores do Club Atlético Sobrado Xuventude deixaron ben as claras esta fin de semana que o futuro da entidade no que a grandes xogadores se refire está garantido.
Este sábado había triple enfrontamento fronte as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Aranga e os resultados agás nos máis pequeniños (benxamíns) amosan a clara superioridade dos equipos adestrados por Hassan.

Estes son os resultados:

Benxamíns: Club Atlético Sobrado Xuventude 6 - E.D.M. Concello de Aranga 6

Alevíns: Club Atlético Sobrado Xuventude 19 - E.D.M. Concello de Aranga 2

Cadetes: Club Atlético Sobrado Xuventude 10 - E.D.M. Concello de Aranga 1

luns, 17 de novembro de 2008

Un gol de David dalle o C.A.S.X. a primeira victoria da tempada

Tiveron que pasar 6 xornadas para que o C.A.S.X. senior acadara por fin unha victoria que se lle resistía a pesares de haber feito méritos en varios encontros.
Curiosamente, nun dos peores partidos que se fixo no que vai de liga o equipo que adestra Fer conqueriu por fin a victoria polo resultado de 1-0 fronte o Vizoño B S.D.
O dianteiro David marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Atlético Sobrado un gol que serve para acadar 3 valiosos puntos e que fai que o equipo marelo chegue os 5 puntos.
Confiemos que esta victoria sirva para dar un xiro no que a resultados se refire e agora que xa se xogou contra a maioría de equipos da parte alta comecen a vir os bos resultados.
Un dos partidos máis difíciles que restan no que falta de 1ª volta será o do vindeiro domingo pois o Atlético Sobrado rendiralle visita a un renovado e potenciado San Martiño C.F. con xente coma Toño e Alemán fichados esta tempada do Mesón do Bento C.F. Ademáis o San Martiño ten o handicap a favor de que esta habituado o seu terreo de xogo de reducidas dimensións que fai delo un auténtico fortín.
Seguro que a victoria conquerida na tarde de onte daralles ás os pupilos de Fer para seguir en traxectoria ascendente.

O equipo xuvenil afiánzase nos postos altos


O equipo xuvenil impúxose con claridade o Oza dos Ríos C.F. por 3-0 no partido xogado o pasado sábado no Campo Municipal de Vilasantar.
A escadra adestrada por Muni foi superior ó seu rival o longo do encontro e esa superioridade tamén se viu reflectida no marcador. Os goleadores do equipo marelos foron Pablo Naveira en dúas ocasións e Diego Amil.
Con este resultado o Atlético Sobrado consolídase nos postos algos do Grupo II de Segunda Autonómica.

xoves, 13 de novembro de 2008

Proseguen os trámites


Seguen os trámites para o convenio entre a S.D. Compostela e o Club Atlético Sobrado Xuventude. En breves días unha representación da directiva marela podería visitar a histórica entidade da capital de Galicia para manter diversas conversas.
Seguiremos informando

Dobre cita no Municipal de Vilasantar

Esta fin de semana tanto o equipo xuvenil de fútbol coma o senior disputarán os seus partidos como locais no esceario que ven sendo habitual nas derradeiras datas: o Campo Municipal de Vilasantar.

O sábado 15 de novembro a partires das 16:15 horas o equipo xuvenil intentará resarcirse do empate da anterior xornada fronte o Once Caballeros C.F. logo de ir gañando 0-3. O rival nesta ocasión será o Oza dos Ríos C.F.

Para o domingo 16 de novembro tamén a partires das 16:15 horas queda o partido do equipo senior que recibirá o Vizoño B S.D.(filial do equipo de Autonómica Preferente Grupo Norde) e no que o equipo que adestra Fer buscará a súa primeira victoria da tempada.

Polo que respecta ó equipo feminino de fútbol sala esta semana terá xornada de descanso.

As categorías inferiores recibirán as Escolas Deportivas do Concello de Aranga no Pavillón Municipal de Sobrado o sábado 16 de novembro, estes son os horarios:

Benxamíns: C.A.S.X. - E.D. Concello de Aranga/ 10:00 h

Alevíns: C.A.S.X. - E.D. Concello de Aranga/ 10:45 h

Cadetes: C.A.S.X. - E.D. Concello de Aranga/ 11:30 h

FORZA C.A.S.X.

mércores, 12 de novembro de 2008

Máis preto do ceo

Pico Sacro (Boqueixón)
O C.A.S.X. feminino voltou a dar outro golpe de autoridade na Liga Provincial gañando a domicilio por 2-3 fronte o Boqueixón F.S., un dos mellores equipos da categoría e dos que reunen papeletas para ascender de categoría.
As xogadoras de Hassan tiveron na capitana María a súa referencia goleadora pois voltou a acadar outro Hat-Trick (3º da tempada).
Estes tres goles serven para gañar nunha difícil cancha e de paso colocarse na segunda posición da táboa con 15 puntos e un partido menos xogado.
O Atlético Sobrado está a 6 puntos do líder Drako Noantía F.S. Espectacular comezo de campaña con 5 victorias por tan so 1 derrota fronte o equipo líder.
Agardamos que as xogadoras nos sigan dando grandes regalos en forma de triunfo.
FORZA C.A.S.X.

O equipo xuvenil déixase empatar

Paseo marítimo de O Temple (Cambre)
O equipo xuvenil pecou de confianza e deixouse empatar un partido que o descanso tiña prácticamente gañado.
A escadra de Muni gañaba 0-3 goles de Pablo Naveira en duas ocasións e Mario Ferreiro. Na segunda metade os despistes xogáronlle unha mala pasada o equipo marelo e recibiu 3 goles ata chegar o 3-3 final polo que pasou de poñerse coma virtual líder con 6 puntos para pasar a metade de taboa con 4. Co punto acadado o equipo dos Once Caballeros de O Temple (Cambre) colócase na primeira posición con 7 puntos.
Agardemos que estos erros fagan reflexionar os xogadores...
Saudos

Xogamos coma nunca...

Calqueira que vexa o resultado final do encontro Visantoña C.F. 3 - C.A.S.X. 0 pensara (eu tamén o faría) que o noso equipo levou un baño en toda regla. Polo tanto é difícil explicar como se puido dar este resultado logro do gran partido (sobretodo na 1ª metade) que fixo o Sobrado.
Sen lugar a dúbidas a primeira parte de este encontro foi a mellor con diferencia dos 5 partidos que levamos disputados, o dominio sobre o equipo branco foi abrumador pero esto non se reflectiu en goles.
9 tiros fixo a portería o C.A.S.X. con 3 grandes intervencións do porteiro local salvando 3 goles cantados por tan so 4 do Visantoña que se resumen nun paradón de Andrés con posterior rexeite no pao e o gol. Un gol que chegou no minuto 46 do logo de un rexeite de puños de Andrés, un xogador local según lle ben intenta chutar pero dispara co espinilla en vez de co pe, o balón fai unha vaselina e incriblemente remata no fondo da rede. Ver para crer. Unha vez máis a remolque o vestiario. Dicir que na primeira metade o traballo no medio campo marelo foi inconmesurable polo que o mellor xogador do Visantoña C.F. Óscar Fernández foi anulado por completo e non se lle viu nos primeiros 45 minutos.
Na segunda metade as tornas cambiaron un pouco máis por erros do C.A.S.X. que por acertos do Visantoña. Nunha xogada a contra Óscar Fernández adentrase na área, Roy decide aguantalo e o mediocentro do equipo local tírase sobre Roy dentro da área, incomprensiblemente o colexiado pita penalti. Queda claro unha vez máis que o fútbol é de pillos. O penalti foi transformado pasándose así o 2-0 inxusto. O adestrador Fer foi expulsado polas protestas de esta xogada. 7 minutos máis tarde Roy tamén sería expulsado por protestas o colexiado. Un colexiado que fixo unha gran primeira parte pero na segunda equivocouse en bastantes decisión para os dous equipos. O 3-0 ía chegar logo de un erro de Pirulo, o dianteiro Álvaro encontrase co balón so cara Andrés e bate por baixo o porteiro marelo. Excesivo castigo para un equipo que xogou bastante ben, pero que non aproveitou as suas ocasións e cando perdoas o final sempre perdes. De todos os xeitos a imaxe foi bastante boa en termos xerais. Ogalla comecen a sair os resultados porque este equipo, agás o partido do San Estevo mereceu a victoria en máis de unha ocasión pero esta resistese.
Agardemos que inauguremos o casilleiro para o domingo 16 a partires das 16:15 horas no Campo Municipal de Vilasantar fronte o Vizoño B.
Fer que non poderá estar no banquiño por sanción perde a Roy por expulsión e a Pichi por motivos persoais. Recupera a Luis, e Souto e Chinorris aínda son dúbida, agardemos que poidan ser da partida.

Saudos

venres, 7 de novembro de 2008

O Subcomité de Competición fai xustiza con Pichi

Imperou a cordura e o Subcomité de Competición de A Coruña admitiu a proposta que lle formulou o Club Atlético Sobrado Xuventude para que deixara sen efecto a inxusta expulsión que sufriu Pichi no partido da semana pasado fronte a A.D. Abellá.
Recordemos que Pichi sufriu unha falta e unha posterior agresión do capitán do equipo rival sen en ningún caso repeler esta agresión nin de xeito físico nin verbal pero o colexiado do encontro D: Julián Brea Sánchez inventouse unha expulsión que solo él viu para sorpresa de todos os asistentes o partido.
Polo tanto Pichi poderá ser da partida o vindeira domingo logo da decisión do Subcomité de Competición. Unha decisión que volve a poñer en entredito unha vez máis as labouras arbitrais que o señor Brea Sánchez ven facendo cada vez que dirixe un encontro de fútbol, algo que todos os equipos da zona xa sufrimos en máis de unha ocasión.
Decisións xustas coma esta fan medrar a deportividade e a seriedade do fútbol de nivel autonómico.

Felicidades pois ó Subcomité de Competición pola súa acertada decisión.

xoves, 6 de novembro de 2008

Mirounos unha meiga

A relación que o Club Atlético Sobrado Xuventude ten coas lesións de longa duración non é normal.
Non hai tempada que algún dos nosos xogadores ou xogadoras non teña unha lesión grave e este ano non ía ser unha excepción.
A xa confirmada rotura de ligamentos (ademáis de ter tocado o menisco) de Alex únese agora a rotura total de menisco do capitán do equipo xuvenil Iván Cabado.
Ademáis de todo isto é máis que probable que Javi Sánchez teña unha rotura de fibras que lle faría estar alonxado dos terreos de xogo o redor de un mes máis ou menos. O xogador juvenil Jorge levou un forte golpe nun nocello no partido fronte o Atlético San Pedro e aínda estamos a espera de saber novas sobre a evolución do golpe.
Esto unido os problemas de espalda que está a sufrir Javi Souto o esguince de dous dedos de un pe de Chinorris e a lesión pola que Esteban non puido xogar durante 2 partidos ofrecen un panorama desolador polo que a lesións se refire.

Algo haberá que facer o respecto, non sei poñerlle unhas velas a unha santa miragreira ou facer algunha invocación para quitar o "mal de ollo" que nos votou algunha meiga pero o que esta claro e que algo haberá que facer o respecto.

Saudos

mércores, 5 de novembro de 2008

Convenio coa S.D. Compostela?


Fontes anónimas están a rumorear estes días que o Club Atlético Sobrado Xuventude e a S.D. Compostela (hai uns anos equipo da Primeira División e actualmente recén ascendido a Terceira) poderían estar a punto de firmar un convenio de cooperación para que os xogadores que destaquen na entidade marela poidan chegar o primeiro equipo da entidade da capital de Galicia.
Estos rumores poden vir a raíz de esta imaxe publicada en El Correo Gallego e na que o presidente compostelanista Xosé María Caneda foi "cazado"o lado de Alfonso Ríos, directivo do Club Atlético Sobrado Xuventude.
En vindeiros días poderemos contar algo máis.
Saudos

martes, 4 de novembro de 2008

Confirmados os horarios da seguinte xornada

ENCONTROS
FÚTBOL: 2ª Autonómica Xuvenil Grupo II, ONCE CABALLEROS C.F. - C.A.S.X., sábado 8 de novembro, 16:15 horas.

FÚTBOL: 3ª Autonómica Senior Grupo IV, VISANTOÑA C.F. - C.A.S.X., domingo 9 de novembro, 16:15 horas.

FÚTBOL SALA: Liga Provincial Femenina, BOQUEIXÓN F.S. - C.A.S.X., sábado 8 de novembro, 16:00 horas.
FORZA C.A.S.X.


luns, 3 de novembro de 2008

A veteranía é un grado

Hai un refrán que di que "a veteranía é un grado" e este refrán pódese adaptar perfectamente o A.D. Abellá. O equipo de Frades tirou de oficio para saber levar a bo porto o partido aproveitando os dous únicos erros do C.A.S.X. e tamén a un colexiado Julián Brea Sánchez (de todos coñecido) para que en caso de dúbida o colexiado betanceiro non lle temblara a man para perxudicar o pequeno, neste caso o C.A.S.X.
Hai unha xogada que a pesares de non incidir no resultado final: 0-2 a favor do A.D. Abellá nos anoxa a todos, xa non so os seguidores do Club Atlético Sobrado senón a calqueira amante do fútbol en xeral. No minuto 77 Pichi logo de regatear ó capitán do Abellá Suso sofre unha forte entrada por detrás do xogador verde, de seguido e sen vir a nada (non houbo insultos nin moito menos contacto físico por parte de Pichi) o capitán do Abellá agarra a Pichi polo cuello durante uns 3 ou 4 segundos. O colexiado paraliza o partido logo das protestas dos afeccioados e amosa o cartón vermello o capitán do Abellá (como razonablemente ten que ser) pero para sorpresa de todos os presentes, os xogadores e seguidores do Abellá incluidos, amósalle tamén cartón vermello directo a Pichi. A continuación todo o mundo se berra preguntándolle porqué motivo expulsa ó noso xogador. A estas horas nin él mesmo o sabe, nin o saberá nunca. Compensou para que non se lle votaran os xogadores verdes enriba. Esto é o que pon na acta, ATENCIÓN POR QUE NON TEN DESPERDICIO:
Expulsiones: CLUB A.T. (xa me diredes que significa A.T.) SOBRADO DORSAL 8 DON MIGUEL SÁNCHEZ LÓPEZ POR DESPUÉS DE ESPULSAR (con "s") A UN CONTRARIO (a ver quen entende a frase...) ENCARARSE AL CONTRARIO Y QUERERLO EMPUJAR.
1º a redacción non é mala, é lamentable.
2º é mentira que Pichi intentara empurrarlle o capitán do Abellá e aínda que así fora "querelo empuxar"non é motivo de expulsión. Se di "querelo" é que non o empurrou, entón como sabe que o quería empurrar? en que momento Pichi que é agarrado pola gorxa quere empurrar a alguén????
JULIÁN, TES QUE DEIXAR A ARBITRAXE, EN SERIO, CON ESA ACTITUDE FASLLE UN FLACO FAVOR O ESTAMENTO QUE REPRESENTAS QUE NADA TEN QUE VER CONTIGO. TI VAS POR LIBRE, PRESUMES DELO E ASÍ CHE VAI...
Ademáis de este cúmulo de desastres no minuto 83 vólveselle a ver o plumeiro. Guille faille unha falta o dianteiro centro do Abellá Toni e este dende o chan contéstalle con unha patada que o colexiado viu pois foi diante dos seus morros (polo tanto agresión e máis que evidente expulsión) e baixo a indignación dos locais pita a falta pero non expulsa o dianteiro visitante polo que se volve a formar un barullo de protestas para un colexiado que repito NON PODE SEGUIR ARBITRANDO: É COÑECIDO POR TODOS OS CLUBES, CANDO CHEGA A UN CAMPO DE FÚTBOL OS EQUIPOS BÓTANSE A TEMBLAR, POIS CON ESTE ÁRBITRO CALQUEIRA COUSA PODE OCURRIR. CONTESTALLE Ó PÚBLICO, NON PARA DE AMEAZAR COA EXPULSIÓN OS XOGADORES..., SE NON LLE GUSTA ARBITRAR QUE O DEIXE, HAI MOITOS COLEXIADOS NOVOS QUE REALMENTE LLES GUSTA O FÚTBOL E TEÑEN GAÑAS DE PITAR, DE APRENDER E DE ENSINAR.

Polo que respecta o partido o Abellá foi superior na primeira metade, axiña se ía adiantar no marcador logo de un penalti cometido polo porteiro marelo no minuto 7. Sergio sería o encargado de marcar o 0-1 no electrónico.
Na primeira metade Luis estivo a piques de empatar logo de un excelente chut dende o medio campo que a piques estivo de sorprender o porteiro visitante.
O adestrador Fer tivo que facer fronte as numerosas e importantes baixas de Esteban, Pirulo, Roy, Chinorris, Javi Sánchez e Souto polo que o equipo quedou moi mermado e tivo que tirar dos xuvenís Pedro, Diego Fragío e Miguel Combo para dispor de 2 cambios.
A pesares das importantes baixas o equipo marelo non lle perdeu a cara o partido e fixo unha gran segunda metade sendo moi superior o seu rival e merecendo sen conseguir polo menos un empate.
Nacho estivo a piques de empatar nun lanzamento escorado, nesa mesma xogada apareceu Muni que aproveitou un rexeite e disparou aparecendo o porteiro Juan Bello no último intre para rozar o balón que entraba pola escadra e desviar o lanzamento a córner.
Diego Fragío tamén puido marcar nun remate de cabeza que saiu rozando o pao así como tamén David nunha excelente xogada persoal e o seu remate saiu alto por pouco.
Os xogadores visitantes comezábanse a poñer nerviosos e incluso comezaron a discutir entre eles algo que o C.A.S.X. aproveitou para seguir o seu asedio pero este asedio non dou os seus froitos. A sorte foi esquiva, tanto que nunha das únicas chegadas do Abellá no segundo tempo, nun despexe longo da defensa verde o balón achégase a área do Sobrado botando, o gardameta Andrés o borde da área duda se coller ou non o esférico, o dianteiro centro do Abellá Toni está máis espabilado chega antes o balón e con un toque sutil escorado marca o 0-2 e deixa sentenciado o choque. O fútbol volvía a ser inxusto co C.A.S.X.
Logo do gol chegaron os "desastres" do ínclito señor Brea Sánchez e minutos despois chegouse o final con caras de decepción polo bo traballo realizado a pesares das importantes e numerosas baixas pero que non dou froitos.
Debo felicitar a todos e cada un dos futbolistas pois fixeron un partido excepcional, a segunda metade foi realmente boa e xogouse moi serio. A pesares da derrota, esta é a actitude e este é o camiño, xogando así os triunfos chegarán. Non se mereceu perder, o partido gañouno a veteranía e a pillería. Cos anos nos tamén teremos esas condicións. Vaiamos aprendendo...

ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE 0 - A.D. ABELLÁ 2

ONCE INICIAL:
1 Andrés Miraz
2 Pedro
3 Iago
4 Guille
5 Juán (c)
6 Luis
7 Nacho
8 Pichi
9 Miguel Combo 55´
10 Muni
11 David

BANQUIÑO:
12 Diego Fragío 55´
14 Javi Vigo

Uns 70 afeccioados no Municipal de Vilasantar.

Goles: 0-1 Sergio (P) min. 7/ 0-2 Toni min. 75

Cartóns:

- Marelos: Andrés Miraz (7), Guille (35)/Toni (40), Víctor (41)

-Vermellos: Pichi (77)/ Suso (77)

DATOS DO PARTIDO:

Goles a favor: 0

Goles en contra: 2

Penaltis a favor: 0

Penaltis en contra: 1

Faltas a favor: 11

Faltas en contra: 18

Foras de xogo a favor: 7

Foras de xogo en contra: 0

Córners a favor: 1

Córners en contra: 3

Lanzamentos a portería: 7

Lanzamentos rival: 12

Tiros ó pao: 0

Tiros ó pao rival: 0

Cartóns marelos: 2

Cartóns vermellos: 1

Expulsións: 1

Trocos feitos: 1

OUTROS RESULTADOS:

San Estevo 0 - Visantoña 0

Oza dos Ríos 1 - San Martiño 0

Mesía 1 - Sp. Meicende 1

Vilamaior 3 - Curtis 2

Encrobas 2 - Boimorto 1

Poulo 0 - Toques 0

Descansou: Vizoño B


O equipo xuvenil volta de vacío

Non puido sacar nada positivo o equipo xuvenil do C.A.S.X. na visita a San Pedro de Nós (Oleiros).
O equipo que adestra Muni voltou de vacío nun partido no que o resultado puido ser distinto pero os xogadores marelos non estiveron atinados de cara a porta rival.
O descanso chegouse co empate inicial no marcador.
O Atlético San Pedro marcaría os dous goles do partido na segunda metade. Os dianteiros Mario e Naveira dispuxeron de opcións para empatar ou gañar o partido pero unhas veces o pao e outras veces o porteiro local desbarataron as ilusións marelas.
O equipo xuvenil a pesares de esta derrota segue nos postos medios da táboa clasificatoria.