
xoves, 27 de novembro de 2008
Horarios da vindeira xornada

martes, 25 de novembro de 2008
En liña ascendente
O Atlético Sobrado senior acadou unha gran victoria na súa visita a San Martiño fronte a un dos mellores equipos da Liga. O San Martiño reforzouse este ano con Toño (ex do Cerceda e Fabril entre outros), Alemán (ex Mesón do Bento) ademáis do porteiro suplente do Cerceda pero esto non foi suficiente para que o equipo laranxa doblegara os xogadores que adestra Fer.Parece que por están a sair os resultados que tanto se resistían ata o de agora a pesares de que en varios partidos se fixo un gran xogo esto non se reflectía en resultados pero parece que esta xeira cambiou e as victorias están comezando a chegar.
O único "pero" que ten agora o equipo segue a ser a plaga de lesións, Alex foi operado a anterior semana e perderase o resto de tempada, Chinorris aínda non está completamente recuperado do nocello, Pirulo que o domingo acompañou o equipo pero non puido xogar tamén tivo molestias e Javi Souto voltouse a resentir dos seus problemas de espalda
Con estas baixas ademáis da de Roy por motivos persoais afrontou o C.A.S.X. o choque.
Fer so puido dispoñer de 11 xogadores todo ó partido, sen poder facer cambios pois Pirulo aínda que estaba no banquillo non puido ser da partida polas molestias que sufría. Ademáis Alberto Márquez que está aínda en idade cadete xogou todo o partido tendo un papel destacado.
O once inicial foi: Andrés; Pichi, Iago, Juan, Alberto Márquez; Esteban, Guille, Luis, Javi Sánchez, David e Nacho.
Na primeira metade o porteiro Andrés Miraz convertiríase en protagonista logo de deter un penalti ó equipo local. Co resultado inicial chegouse ó descanso.
Na segunda metade David (que facía o seu segundo gol en dous partidos) e Luis (segundo gol da tempada) anotarían os goles do C.A.S.X. acadando así unha nova e excelente victoria para a Makina Amarilla que adianta dous postos na clasificación xeral. Agardemos que siga esta boa racha de resultados.
Unha auténtica apisonadora
O sábado o C.A.S.X. afrontaba un difícil partido fronte ó Sada F.S., un rival que estaba moi preto na clasificación pero as xogadoras adestradas por Hassan finiquitaron o encontro xa na primeira metade situándose con un cómodo 0-4 ó intermedio do encontro.
Na segunda parte as xogadoras sobradesas xogaron relaxadas e aínda así acadaron outro gol máis para chegar ó 0-5 final co que acabou o encontro.
Desta voltar foi Sara Rodríguez a protagonista do choque ó acadar un "hat-trick", a capitana e pichichi María acadaría un novo gol e a segunda máxima goleadora do equipo Ta non faltaría tampouco a súa cita co gol e sería a outra goleadora da tarde.
O equipo feminino queda en 4º posición da taboa clasificatoria con dous partidos menos que as suas rivais.
Derrota do equipo xuvenil
O equipo xuvenil caeu derrotado por 3-2 no seu desplazamento a Abellá para enfrontarse ó San Estevo.Fran erraría un penalti con 0-0 no marcador. Ó final dos primeiros 45 o equipo de Frades iría cunha ventaxa mínima os vestiarios 1-0. Na segunda metade o San Estevo lograría dous goles máis. Os goleadores do C.A.S.X. foron Javi Vigo que se estrenou coma goleador coa camiseta marela o día do seu debut co equipo xuvenil e Mario Novo que segue en racha goleadora.
Con este resultado vese truncada a liña ascendente que levaba o equipo xuvenil nas últimas xornadas.
As categorías inferiores logran 2 triunfos e un empate
O C.A.S.X. chega ó Everest
Agradecer ó noso Presidente Juan González a xentileza de enviar a foto e agradecer de xeito moi especial a Sergio a súa xentileza para co noso clube.
POLACO ERES GRANDE, MOI GRANDE!
xoves, 20 de novembro de 2008
En portada

martes, 18 de novembro de 2008
Coñece a... DAVID
Horarios e datas da nova xornada

O futuro está garantido
As categorías inferiores do Club Atlético Sobrado Xuventude deixaron ben as claras esta fin de semana que o futuro da entidade no que a grandes xogadores se refire está garantido.Este sábado había triple enfrontamento fronte as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Aranga e os resultados agás nos máis pequeniños (benxamíns) amosan a clara superioridade dos equipos adestrados por Hassan.
Estes son os resultados:
Benxamíns: Club Atlético Sobrado Xuventude 6 - E.D.M. Concello de Aranga 6
Alevíns: Club Atlético Sobrado Xuventude 19 - E.D.M. Concello de Aranga 2
Cadetes: Club Atlético Sobrado Xuventude 10 - E.D.M. Concello de Aranga 1
luns, 17 de novembro de 2008
Un gol de David dalle o C.A.S.X. a primeira victoria da tempada
Curiosamente, nun dos peores partidos que se fixo no que vai de liga o equipo que adestra Fer conqueriu por fin a victoria polo resultado de 1-0 fronte o Vizoño B S.D.
O dianteiro David marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Atlético Sobrado un gol que serve para acadar 3 valiosos puntos e que fai que o equipo marelo chegue os 5 puntos.
Confiemos que esta victoria sirva para dar un xiro no que a resultados se refire e agora que xa se xogou contra a maioría de equipos da parte alta comecen a vir os bos resultados.
Un dos partidos máis difíciles que restan no que falta de 1ª volta será o do vindeiro domingo pois o Atlético Sobrado rendiralle visita a un renovado e potenciado San Martiño C.F. con xente coma Toño e Alemán fichados esta tempada do Mesón do Bento C.F. Ademáis o San Martiño ten o handicap a favor de que esta habituado o seu terreo de xogo de reducidas dimensións que fai delo un auténtico fortín.
Seguro que a victoria conquerida na tarde de onte daralles ás os pupilos de Fer para seguir en traxectoria ascendente.
O equipo xuvenil afiánzase nos postos altos

xoves, 13 de novembro de 2008
Proseguen os trámites
Dobre cita no Municipal de Vilasantar
Esta fin de semana tanto o equipo xuvenil de fútbol coma o senior disputarán os seus partidos como locais no esceario que ven sendo habitual nas derradeiras datas: o Campo Municipal de Vilasantar.
O sábado 15 de novembro a partires das 16:15 horas o equipo xuvenil intentará resarcirse do empate da anterior xornada fronte o Once Caballeros C.F. logo de ir gañando 0-3. O rival nesta ocasión será o Oza dos Ríos C.F.
Para o domingo 16 de novembro tamén a partires das 16:15 horas queda o partido do equipo senior que recibirá o Vizoño B S.D.(filial do equipo de Autonómica Preferente Grupo Norde) e no que o equipo que adestra Fer buscará a súa primeira victoria da tempada.
Polo que respecta ó equipo feminino de fútbol sala esta semana terá xornada de descanso.
As categorías inferiores recibirán as Escolas Deportivas do Concello de Aranga no Pavillón Municipal de Sobrado o sábado 16 de novembro, estes son os horarios:
Benxamíns: C.A.S.X. - E.D. Concello de Aranga/ 10:00 h
Alevíns: C.A.S.X. - E.D. Concello de Aranga/ 10:45 h
Cadetes: C.A.S.X. - E.D. Concello de Aranga/ 11:30 h
FORZA C.A.S.X.
mércores, 12 de novembro de 2008
Máis preto do ceo
O equipo xuvenil déixase empatar
Xogamos coma nunca...
Sen lugar a dúbidas a primeira parte de este encontro foi a mellor con diferencia dos 5 partidos que levamos disputados, o dominio sobre o equipo branco foi abrumador pero esto non se reflectiu en goles.
9 tiros fixo a portería o C.A.S.X. con 3 grandes intervencións do porteiro local salvando 3 goles cantados por tan so 4 do Visantoña que se resumen nun paradón de Andrés con posterior rexeite no pao e o gol. Un gol que chegou no minuto 46 do logo de un rexeite de puños de Andrés, un xogador local según lle ben intenta chutar pero dispara co espinilla en vez de co pe, o balón fai unha vaselina e incriblemente remata no fondo da rede. Ver para crer. Unha vez máis a remolque o vestiario. Dicir que na primeira metade o traballo no medio campo marelo foi inconmesurable polo que o mellor xogador do Visantoña C.F. Óscar Fernández foi anulado por completo e non se lle viu nos primeiros 45 minutos.
Na segunda metade as tornas cambiaron un pouco máis por erros do C.A.S.X. que por acertos do Visantoña. Nunha xogada a contra Óscar Fernández adentrase na área, Roy decide aguantalo e o mediocentro do equipo local tírase sobre Roy dentro da área, incomprensiblemente o colexiado pita penalti. Queda claro unha vez máis que o fútbol é de pillos. O penalti foi transformado pasándose así o 2-0 inxusto. O adestrador Fer foi expulsado polas protestas de esta xogada. 7 minutos máis tarde Roy tamén sería expulsado por protestas o colexiado. Un colexiado que fixo unha gran primeira parte pero na segunda equivocouse en bastantes decisión para os dous equipos. O 3-0 ía chegar logo de un erro de Pirulo, o dianteiro Álvaro encontrase co balón so cara Andrés e bate por baixo o porteiro marelo. Excesivo castigo para un equipo que xogou bastante ben, pero que non aproveitou as suas ocasións e cando perdoas o final sempre perdes. De todos os xeitos a imaxe foi bastante boa en termos xerais. Ogalla comecen a sair os resultados porque este equipo, agás o partido do San Estevo mereceu a victoria en máis de unha ocasión pero esta resistese.
Agardemos que inauguremos o casilleiro para o domingo 16 a partires das 16:15 horas no Campo Municipal de Vilasantar fronte o Vizoño B.
Fer que non poderá estar no banquiño por sanción perde a Roy por expulsión e a Pichi por motivos persoais. Recupera a Luis, e Souto e Chinorris aínda son dúbida, agardemos que poidan ser da partida.
Saudos
venres, 7 de novembro de 2008
O Subcomité de Competición fai xustiza con Pichi
Imperou a cordura e o Subcomité de Competición de A Coruña admitiu a proposta que lle formulou o Club Atlético Sobrado Xuventude para que deixara sen efecto a inxusta expulsión que sufriu Pichi no partido da semana pasado fronte a A.D. Abellá.Recordemos que Pichi sufriu unha falta e unha posterior agresión do capitán do equipo rival sen en ningún caso repeler esta agresión nin de xeito físico nin verbal pero o colexiado do encontro D: Julián Brea Sánchez inventouse unha expulsión que solo él viu para sorpresa de todos os asistentes o partido.
Polo tanto Pichi poderá ser da partida o vindeira domingo logo da decisión do Subcomité de Competición. Unha decisión que volve a poñer en entredito unha vez máis as labouras arbitrais que o señor Brea Sánchez ven facendo cada vez que dirixe un encontro de fútbol, algo que todos os equipos da zona xa sufrimos en máis de unha ocasión.
Decisións xustas coma esta fan medrar a deportividade e a seriedade do fútbol de nivel autonómico.
Felicidades pois ó Subcomité de Competición pola súa acertada decisión.
xoves, 6 de novembro de 2008
Mirounos unha meiga
A relación que o Club Atlético Sobrado Xuventude ten coas lesións de longa duración non é normal.Non hai tempada que algún dos nosos xogadores ou xogadoras non teña unha lesión grave e este ano non ía ser unha excepción.
A xa confirmada rotura de ligamentos (ademáis de ter tocado o menisco) de Alex únese agora a rotura total de menisco do capitán do equipo xuvenil Iván Cabado.
Ademáis de todo isto é máis que probable que Javi Sánchez teña unha rotura de fibras que lle faría estar alonxado dos terreos de xogo o redor de un mes máis ou menos. O xogador juvenil Jorge levou un forte golpe nun nocello no partido fronte o Atlético San Pedro e aínda estamos a espera de saber novas sobre a evolución do golpe.
Esto unido os problemas de espalda que está a sufrir Javi Souto o esguince de dous dedos de un pe de Chinorris e a lesión pola que Esteban non puido xogar durante 2 partidos ofrecen un panorama desolador polo que a lesións se refire.
Algo haberá que facer o respecto, non sei poñerlle unhas velas a unha santa miragreira ou facer algunha invocación para quitar o "mal de ollo" que nos votou algunha meiga pero o que esta claro e que algo haberá que facer o respecto.
Saudos
mércores, 5 de novembro de 2008
Convenio coa S.D. Compostela?

martes, 4 de novembro de 2008
Confirmados os horarios da seguinte xornada
FÚTBOL: 2ª Autonómica Xuvenil Grupo II, ONCE CABALLEROS C.F. - C.A.S.X., sábado 8 de novembro, 16:15 horas.
FÚTBOL: 3ª Autonómica Senior Grupo IV, VISANTOÑA C.F. - C.A.S.X., domingo 9 de novembro, 16:15 horas.
FÚTBOL SALA: Liga Provincial Femenina, BOQUEIXÓN F.S. - C.A.S.X., sábado 8 de novembro, 16:00 horas.luns, 3 de novembro de 2008
A veteranía é un grado
Hai un refrán que di que "a veteranía é un grado" e este refrán pódese adaptar perfectamente o A.D. Abellá. O equipo de Frades tirou de oficio para saber levar a bo porto o partido aproveitando os dous únicos erros do C.A.S.X. e tamén a un colexiado Julián Brea Sánchez (de todos coñecido) para que en caso de dúbida o colexiado betanceiro non lle temblara a man para perxudicar o pequeno, neste caso o C.A.S.X.Hai unha xogada que a pesares de non incidir no resultado final: 0-2 a favor do A.D. Abellá nos anoxa a todos, xa non so os seguidores do Club Atlético Sobrado senón a calqueira amante do fútbol en xeral. No minuto 77 Pichi logo de regatear ó capitán do Abellá Suso sofre unha forte entrada por detrás do xogador verde, de seguido e sen vir a nada (non houbo insultos nin moito menos contacto físico por parte de Pichi) o capitán do Abellá agarra a Pichi polo cuello durante uns 3 ou 4 segundos. O colexiado paraliza o partido logo das protestas dos afeccioados e amosa o cartón vermello o capitán do Abellá (como razonablemente ten que ser) pero para sorpresa de todos os presentes, os xogadores e seguidores do Abellá incluidos, amósalle tamén cartón vermello directo a Pichi. A continuación todo o mundo se berra preguntándolle porqué motivo expulsa ó noso xogador. A estas horas nin él mesmo o sabe, nin o saberá nunca. Compensou para que non se lle votaran os xogadores verdes enriba. Esto é o que pon na acta, ATENCIÓN POR QUE NON TEN DESPERDICIO:
Expulsiones: CLUB A.T. (xa me diredes que significa A.T.) SOBRADO DORSAL 8 DON MIGUEL SÁNCHEZ LÓPEZ POR DESPUÉS DE ESPULSAR (con "s") A UN CONTRARIO (a ver quen entende a frase...) ENCARARSE AL CONTRARIO Y QUERERLO EMPUJAR.
1º a redacción non é mala, é lamentable.
2º é mentira que Pichi intentara empurrarlle o capitán do Abellá e aínda que así fora "querelo empuxar"non é motivo de expulsión. Se di "querelo" é que non o empurrou, entón como sabe que o quería empurrar? en que momento Pichi que é agarrado pola gorxa quere empurrar a alguén????
JULIÁN, TES QUE DEIXAR A ARBITRAXE, EN SERIO, CON ESA ACTITUDE FASLLE UN FLACO FAVOR O ESTAMENTO QUE REPRESENTAS QUE NADA TEN QUE VER CONTIGO. TI VAS POR LIBRE, PRESUMES DELO E ASÍ CHE VAI...
Ademáis de este cúmulo de desastres no minuto 83 vólveselle a ver o plumeiro. Guille faille unha falta o dianteiro centro do Abellá Toni e este dende o chan contéstalle con unha patada que o colexiado viu pois foi diante dos seus morros (polo tanto agresión e máis que evidente expulsión) e baixo a indignación dos locais pita a falta pero non expulsa o dianteiro visitante polo que se volve a formar un barullo de protestas para un colexiado que repito NON PODE SEGUIR ARBITRANDO: É COÑECIDO POR TODOS OS CLUBES, CANDO CHEGA A UN CAMPO DE FÚTBOL OS EQUIPOS BÓTANSE A TEMBLAR, POIS CON ESTE ÁRBITRO CALQUEIRA COUSA PODE OCURRIR. CONTESTALLE Ó PÚBLICO, NON PARA DE AMEAZAR COA EXPULSIÓN OS XOGADORES..., SE NON LLE GUSTA ARBITRAR QUE O DEIXE, HAI MOITOS COLEXIADOS NOVOS QUE REALMENTE LLES GUSTA O FÚTBOL E TEÑEN GAÑAS DE PITAR, DE APRENDER E DE ENSINAR.
Polo que respecta o partido o Abellá foi superior na primeira metade, axiña se ía adiantar no marcador logo de un penalti cometido polo porteiro marelo no minuto 7. Sergio sería o encargado de marcar o 0-1 no electrónico.
Na primeira metade Luis estivo a piques de empatar logo de un excelente chut dende o medio campo que a piques estivo de sorprender o porteiro visitante.
O adestrador Fer tivo que facer fronte as numerosas e importantes baixas de Esteban, Pirulo, Roy, Chinorris, Javi Sánchez e Souto polo que o equipo quedou moi mermado e tivo que tirar dos xuvenís Pedro, Diego Fragío e Miguel Combo para dispor de 2 cambios.
A pesares das importantes baixas o equipo marelo non lle perdeu a cara o partido e fixo unha gran segunda metade sendo moi superior o seu rival e merecendo sen conseguir polo menos un empate.
Nacho estivo a piques de empatar nun lanzamento escorado, nesa mesma xogada apareceu Muni que aproveitou un rexeite e disparou aparecendo o porteiro Juan Bello no último intre para rozar o balón que entraba pola escadra e desviar o lanzamento a córner.
Diego Fragío tamén puido marcar nun remate de cabeza que saiu rozando o pao así como tamén David nunha excelente xogada persoal e o seu remate saiu alto por pouco.
Os xogadores visitantes comezábanse a poñer nerviosos e incluso comezaron a discutir entre eles algo que o C.A.S.X. aproveitou para seguir o seu asedio pero este asedio non dou os seus froitos. A sorte foi esquiva, tanto que nunha das únicas chegadas do Abellá no segundo tempo, nun despexe longo da defensa verde o balón achégase a área do Sobrado botando, o gardameta Andrés o borde da área duda se coller ou non o esférico, o dianteiro centro do Abellá Toni está máis espabilado chega antes o balón e con un toque sutil escorado marca o 0-2 e deixa sentenciado o choque. O fútbol volvía a ser inxusto co C.A.S.X.
Logo do gol chegaron os "desastres" do ínclito señor Brea Sánchez e minutos despois chegouse o final con caras de decepción polo bo traballo realizado a pesares das importantes e numerosas baixas pero que non dou froitos.
Debo felicitar a todos e cada un dos futbolistas pois fixeron un partido excepcional, a segunda metade foi realmente boa e xogouse moi serio. A pesares da derrota, esta é a actitude e este é o camiño, xogando así os triunfos chegarán. Non se mereceu perder, o partido gañouno a veteranía e a pillería. Cos anos nos tamén teremos esas condicións. Vaiamos aprendendo...
ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE 0 - A.D. ABELLÁ 2
ONCE INICIAL:
1 Andrés Miraz
2 Pedro
3 Iago
4 Guille
5 Juán (c)
6 Luis
7 Nacho
8 Pichi
9 Miguel Combo 55´
10 Muni
11 David
BANQUIÑO:
12 Diego Fragío 55´
14 Javi Vigo
Uns 70 afeccioados no Municipal de Vilasantar.
Goles: 0-1 Sergio (P) min. 7/ 0-2 Toni min. 75
Cartóns:
- Marelos: Andrés Miraz (7), Guille (35)/Toni (40), Víctor (41)
-Vermellos: Pichi (77)/ Suso (77)
DATOS DO PARTIDO:
Goles a favor: 0
Goles en contra: 2
Penaltis a favor: 0
Penaltis en contra: 1
Faltas a favor: 11
Faltas en contra: 18
Foras de xogo a favor: 7
Foras de xogo en contra: 0
Córners a favor: 1
Córners en contra: 3
Lanzamentos a portería: 7
Lanzamentos rival: 12
Tiros ó pao: 0
Tiros ó pao rival: 0
Cartóns marelos: 2
Cartóns vermellos: 1
Expulsións: 1
Trocos feitos: 1
OUTROS RESULTADOS:
San Estevo 0 - Visantoña 0
Oza dos Ríos 1 - San Martiño 0
Mesía 1 - Sp. Meicende 1
Vilamaior 3 - Curtis 2
Encrobas 2 - Boimorto 1
Poulo 0 - Toques 0
Descansou: Vizoño B
O equipo xuvenil volta de vacío
Non puido sacar nada positivo o equipo xuvenil do C.A.S.X. na visita a San Pedro de Nós (Oleiros).O equipo que adestra Muni voltou de vacío nun partido no que o resultado puido ser distinto pero os xogadores marelos non estiveron atinados de cara a porta rival.
O descanso chegouse co empate inicial no marcador.
O Atlético San Pedro marcaría os dous goles do partido na segunda metade. Os dianteiros Mario e Naveira dispuxeron de opcións para empatar ou gañar o partido pero unhas veces o pao e outras veces o porteiro local desbarataron as ilusións marelas.
O equipo xuvenil a pesares de esta derrota segue nos postos medios da táboa clasificatoria.


