CF Toques 1 (Bareto) - Atlético Sobrado Xuventude 2 (Nacho, David)Os homes de
Fer deron un golpe de autoridade o domingo no derbi disputado no Municipal de Toques fronte a un equipo local que se presentaba como invicto no seu feudo.
O derbi estivo acompañado de saraiba e lóstregos na primeira metade (incluso trasncurridos tan so 5 minutos de partido o colexiado preguntoulle os dous capitáns se querían de detivera o encontro pois a saraiba caia con intensidade).
O
Sobrado quixo ter en todo momento o control do esférico intentando facer xogadas apoiandose no falso 4-3-3 que
Fer diseñou para a ocasión debido as pequenas dimensións do campo de Toques. A estratexia do míster de Melide non puido sair mellor pois os tres mediocentros
Esteban, Guille e Chino fixeron un partido moi completo gañando sempre a partida os mediocentros locais o verse sempre en superioridade. Ademáis intelixentemente os xogadores marelos abrían rápido as bandas onde
Luis e Nacho encaraban a portería do Toques co coitelo entre os dentes sempre co apoio de
David que era o encargado de recibir de espaldas e acomodar o balón (incansable o traballo do xogador de Cidadela que vería premiado o seu esforzo co gol que dou os 3 puntos).
Pero o partido para nada foi sinxelo, pois o Toques sabe explotar moi ben as súas cualidades de equipo que xoga sempre o 100% e que ten as ideas moi claras con un omnipresente Bareto que é un pesadelo para calqueira defensa pois loita, recupera, chuta..., un excelente futbolista.
O Toques íase adiantar no marcador no minuto 15 logo de que un balón que caeu dentro da área do
Sobrado debido a un charco que se ubicaba a uns 4 metros da liña de gol se quedase freado co noso porteiro
Andrés superado e a boa colocación do "killer" Bareto fai que so teña que empurrar o balón a rede sen oposición. Sen lugar a dúbidas foi unha xogada de infortunio pero o fútbol ten estas cousas.
Lonxe de baixar os brazos, o
C.A.S.X. viuse espoleado polo gol local e intentou facer o seu fútbol con máis intensidade se cabe.
Luis e Nacho comezaron a recibir máis balóns as bandas cunha clara aposta de
Fer polo fútbol ofensivo creando moito perigo e merecendo sen dúbida empatar.
Chino ía estar a punto no minuto 19, logo de unha falta centrada a uns 5 metros da área sufrida por
Nacho o xogador marelo efectúa un colosal "free-kick" por riba da barreira toquense o balón da no longueiro e posteriormente na cabeza do porteiro David, o rexeite vaise directo a córner cos afeccioados e xogadores do
Sobrado votandose as mans a cabeza logo da estupenda ocasión.
O asedio visitante seguiu con oportunidades de
Luis, de Nacho e de Chino incluso os laterais
Iago e Pichi doblaban banda para apoiar os seus compañeiros en ataque a ter superioridade en campo rival, so quedaban rezagados os centrais
Pirulo e Juan moi seguros (como ben sendo habitual) toda a tarde pendentes dos dianteiros locais.
O empate ía chegar nunha xogada de
Nacho de auténtico crack, recibe un pase curto de
Guille a uns 3 metros da área do Toques, en vez de controlar de espaldas como sería o normal,
Nacho dalle de "espuela" o esférico facendolle un sombreiro o central do Toques adentrándose na área, gánalle a partida o defensor, acomoda o balón coa perna dereita de chuta cruzado ante a salida do cancerbeiro David coa súa perna menos boa (a esquerda) o esférico entra pegado o pao, todos os xogadores marelos sairon disparados a polo pichichi marelo para celebrar o gol, os que estabamos por fora non nos podiamos crer o espectacular gol que acababa de marcar, un gol que firmarían moitos dianteiros de unha categoría superior.
O
C.A.S.X. coa tranquilidade de haber logrado o empate que estaba a merecer foi a polo partido e seguiu atacando aínda que sen éxito nos primeiros 45 minutos.
No descanso
Pichi ten que ser subtituido logo de sufrir un corte de dixestión e tendo que entrar
Roy no lateral dereito que fixo unha gran laboura de contención e dando apoios en ataque a
Luis.A segunda metade foi un calco da primeira co
Atlético Sobrado atacando e facendo un fútbol de toque con apertura as bandas e o Toques intentando enlazar algunha contar para pillar o equipo visitante.
Chino voltou a lanzar fora por moi pouco, e
David tivo duas oportunidades, unha que parou o porteiro David e outra que se foi fora,
Luis tamén tería outra oportunidade que se foi fora. Pero sería
David o que marcaría o gol da victoria logo de recibir o balón escorado en banda dereita, logo de regatear a un defensa lanza raso axustado o pao esquerdo acadando outro gran gol, os xogadores marelos celebraron o gol coma se se tratase dun título facendo unha gran piña enriba de
David que alcanza con este o 6º gol na actual campaña.
O Toques tivo duas oportunidades que
Andrés e a defensa solventaron con eficacia. Nun duro lanzamento de Carril o porteiro
Andrés Miraz rexeitou co peito cara a banda e
Iago concluiu a xogada mandando a saque de banda. Na outra xogada de ataque toquense, o balón frease dentro da área do
Sobrado con dianteiros e defensas pugnando por gañar o balón, logo de un par de rexeites o balón chegou a
Juan que de un forte pelotazo quitou o balón a campo rival.
Nacho mancado nun hombreiro foi sustituido polo xuvenil
Souto que nos minutos que estivo no campo fixo un gran traballo de desgaste presionando a defensa rival. Aínda tería
David unha derradeira oportunidade de sentenciar o encontro pero o esférico non entrou. O colexiado decretou o final nun partido que o resultado fixo xustiza o fútbol desplegado pola
Makina Amarilla que se afianza nos postos altos da taboa, concretamente na 4ª posición logo de que o partido Visantoña-Encrobas non se disputase debido os efectos do temporal que arrasou Galiza na fin de semana.
Os pupilos de
Fer recibirán o vindeiro domingo no Municipal de Vilasantar o líder da competición que viaxa invicto nesta campaña, o Oza dos Ríos CF a partires das 16:15 horas. Os xogadores e o corpo técnico conxuráronse para intentar ser o primeiro equipo en derrotar o gran equipo de Oza e seguir así coa súa boa xeira de resultados.
Xuvenís: C.D. Obrero 0 - Atlético Sobrado Xuventude 3Os xogadores de
Muni acadaron unha importante victoria no campo de O Condús de Oleiros fronte o Clube Deportivo Obrero polo contundente resultado de 0 goles a 3.
O equipo marelo desplegou un gran xogo e presentou a novidade de
Fran Miraz na punta de ataque xunto o pichichi
Pablo Naveira. Os dous dianteiros na tarde do sábado marcarían.
Pablo Naveira sería o executor de dous goles e
Fran Miraz faría o outro gol, esta victoria fai que o equipo xuvenil siga medrando na competición e para a vindeira xornada desplazarase o Campo Municipal de Curtis para disputar un apaixoante derbi fronte o C.C.D. Curtis.
Feminino: Furia Atlético 2 - Atlético Sobrado Xuventude 1 (María)O equipo feminino tivo o sábado o que se pode denominar "o partido tonto da tempada". O infortunio aliouse coas xogadoras de
Hassan para que os 3 puntos non voasen ata Sobrado.
Comezou marcando o
C.A.S.X. por medio da súa pichichi
María e posteriormente empataría o equipo local para chegar con empate a 1 gol o descanso.
O equipo de Sobrado tirou ata 4 veces o pao o longo do partido e cansouse de fallar contras de dous para un e tres para dous, está claro que cando o día se torce non hai nada que facer, isto quedou reflectido a dous minutos do final cando o equipo local marcou o 2-1 que sería o resultado final do partido para desesperación das nosas xogadoras que perderon un partido de xeito totalmente inxusto pero esta é a grandeza do deporte e non queda outra que repoñerse do que xa pasou e afrontar o vindeiro encontro con todas as gañas do mundo para desquitarse desta dolorosa derrota.
Nada máis polo de agora.
FORZA C.A.S.X.