martes, 31 de marzo de 2009

Fin de semana triunfal

Xa había unhas cantas xornadas que as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude non acadaba un pleno de victorias, pero este derradeiro fin de semana do mes de marzo tróuxonos 3 regalos en forma de victoria. Destacar a importante victoria do equipo xuvenil (2-1) fronte o segundo clasificado (Portazgo S.D.) que lle volta a dar esperanzas de acadar un posto de ascenso a 1ª Autonómica; tamén foi importante a goleada do equipo feminino (5-0) fronte ó Sada F.S. que serve para que as xogadoras de Hassan non perdan comba na cabeza da clasificación.

Estes foron os resultados:

Xuvenís: C.A.S.X. 2 - Portazgo S.D. 1
Marcaron Alejandro Márquez e Miguel Combo este último por terceira semana consecutiva a pesares de ser lateral.

Feminino: C.A.S.X. 5 - Sada F.S. 0
As goleadoras foron a pichichi María (2). Tá (2) e Patty. O equipo local chegou xa o descanso coa clara vantaxe de 4-0 e na segunda metade aínda tivo a capacidade de ampliar a súa renda con un gol máis.

Senior: C.A.S.X. 4 - Sp. Meicende 1

Voltou o equipo de Fer a senda das victorias logo de 5 partidos consecutivos sen acadalo. A "Makina Amarilla" tivo un partido sinxelo fronte o Sporting Meicende que non puxo moitos atrancos para que os 3 puntos quedasen no municipal. Logo de ver o partido a goleada puido ser de auténtico escándalo pero os dianteiros non estiveron atinados de cara a gol a pesares dos 4 goles marcados.

Comezou xogando moi ben o Atlético Sobrado rompendo polas bandas con Javi Sánchez por banda esquerda que cuallou o mellor partido persoal no que vai de tempada metendo bos pases interiores a Chino e Nacho e con Luis en banda dereita que voltou a amosar a velocidade de antaño volvendo tola a defensa do Meicende e creando moito perigo xa que os defensas non eran quen de parar a velocidade do noso interior. Miguel Liboreiro que xogou de mediocentro sentou cátedra cos seus pases en profundidade que rompian unha e outra vez a liña da defensa local facendoa recuar.

Chino tivo o primeiro gol da tarde os 7 minutos pero o seu forte lanzamento co exterior estrelouse no pao dereito da portería visitante.

O gol chegaría no minuto 11 logo de unha xogada persoal de Chino que chuta a portería, o porteiro rexeita, o balón cáelle a Nacho que remata, o porteiro volve a rexeitar pero o esférico caélle de novo a Nacho (pichichi do equipo) que marca o primeiro gol da tarde.

Chino faría o 2-0 no minuto 19 logo de un gran lanzamento dende fora da área.

De novo Chino sería o encargado de facer o 3-0 logo de entrar por banda esquerda nunha xogada individual na que tirou sen ángulo a pesares de ter a tres compañeiros sos para rematar, afortunadamente o balón entrou.

Nacho tivo outra boa oportunidade antes do descanso pero no man a man fronte o porteiro tirou o balón escorado e saiu fora.

Co 3-0 chegouse o descanso. O equipo marelo non saiu enchufado na segunda metade e perdeu mordente na parte de arriba sendo os ataques moi pouco fluidos e sen lóxica. No minuto 53 o Sporting Meicende ía recurtar distancias logo de unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro que aproveitou un dianteiro visitante para establecer o 3-1.

Logo do gol o equipo de Fer restableceuse un pouco e comezou a atacar con algo de sentido intentando abrir as bandas, con Chino (en ocasións abusando da posesión do balón) en punta de ataque que intentou finalizar todas as xogadas que lle chegaron moitas veces tendo compañeiros en mellor situación para o remate preto de él.

Destacar tamén a volta de Pichi logo de 4 partidos de ausencia que dou moita seguridade na defensa e na segunda metade incluso se permitiu subir a banda dereita con florituras incluidas levantando os "olés" do público.

O 4-1 ía chegar logo de unha falta en medio campo que executa maxistralmente Miguel Liboreiro que pon un centro preciso e precioso para que Javi Sánchez rematando de cabeza estableza o 4-1. É o segundo gol de Javi na tempada e curiosamente os dous goles foron marcados fronte o Sporting Meicende. Sen dúbida o gol foi a culminación de un excelente partido cuallado polo interior de As Cruces.

O C.A.S.X. estivo a piques de repetir gol nunha xogada calcada con falta de novo en medio campo que Miguel Liboreiro volve a poñer exactamente no mesmo punto da área pero desta volta ninguén chegaría o remate.

Chino puido conseguir un "hat-trick" nunha floxa vaselina que intentou tirarlle o porteiro visitante que detivo o arqueiro sen problemas.

Esteban executou unha falta no minuto 7o preto da área un pouco escorado a banda dereita e o seu gran lanzamento pegou no traveseiro para sair fora a continuación.

Chino de novo tivo 2 xogadas claras nas que escorado a banda esquerda decidiuse a tirar en vez de pasarlle a pelota a Roy que se encontraba na área pequena en clara posición de remate e os seus lanzamentos foron detidos polo cancerbeiro visitante.

Así rematou o partido con clara victoria dos homes de Fer que ascenden a 8ª posición situándose a 3 puntos do 5º clasificado.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

xoves, 26 de marzo de 2009

Unha nova xornada

Achégase unha nova xornada ligueira nesta fin de semana na que o equipo senior, xuvenil e feminino exercerán de locais nos seus encontros. As categorías inferiores non terán competición de Deporte Escolar nesta fin de semana.

Estes son os horarios dos encontros:

SÁBADO 28 DE MARZO

Xuvenil: C.A.S.X. - Portazgo, 16.30h Municipal de Sobrado

Feminino: C.A.S.X. - Sada F.S., 20:00h Pavillón Municipal de Sobrado

DOMINGO 29 DE MARZO

Senior: C.A.S.X. - Sp. Meicende, 16:30h Municipal de Sobrado

------------------------------------------------------------------------------------------------

FORZA C.A.S.X.

martes, 24 de marzo de 2009

Resumo dos resultados das xornadas atrasadas


Antes de nada queremos pedir disculpas os nosos afeccioados por tardar en poñer os resultados destas ultimas xornadas.
sábado 14 de marzo:
Xuvenil: C.A.S.X. 2 (Míguel Combo, Alejandro Márquez) - Cambre Frisonoble B 1
Feminino: C.A.S.X. 2 (Ta, Lucía) - Boqueixon F.S. 2
domingo 14 de marzo:
Senior: C.A.S.X. 0 - San Martiño 1
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Xornada aprazada do 19 de marzo
Xuvenil: C.C.D. Curtis 0 - C.A.S.X. 1 (Pablo Naveira)
Senior: C.A.S.X. 1 (Chino - penalti-) - Oza dos Ríos C.F. 4
------------------------------------------------------------------------------------------------
sábado 21 de marzo
Xuvenil: C.D. Dorneda 12 - C.A.S.X. 1 (Miguel Combo)
domingo 22 de marzo
Senior: Poulo 1 - C.A.S.X. 1 (Chino)

xoves, 12 de marzo de 2009

Xornada para o "desquite"

Logo dos pésimos resultados da xornada anterior as categorías do Atlético Sobrado Xuventude quereranse resarcir e lograr unha victoria que dé folgos de novo para seguir coa cabeza alta na competición.

Estes son os enfrontamentos e os horarios:

A CANTEIRA:

Alevíns: E.D.M. Miño - C.A.S.X., sábado 14 de marzo, 10.00h no Pavillón Municipal de Miño

Infantís: E.D.M. Miño - C.A.S.X., sábado 14 de marzo, 10.40h no Pavillón Municipal de Miño

XUVENIL:

C.A.S.X. - Frisonoble Sp. Cambre "B", sábado 14 de marzo, 16.30h no Campo Municipal de Vilasantar

FEMININO:

C.A.S.X. - Boqueixón F.S., sábado 14 de marzo, 17.30h, no Pavillón Municipal de Sobrado

SENIOR:

C.A.S.X. - San Martiño C.F., domingo 15 de marzo, 16.30h, no Campo Municipal de Sobrado

SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS

FORZA C.A.S.X.

Xornada para olvidar

Non pasará a historia a xornada pasada coma unha das máis felices do Club Atlético Sobrado Xuventude. En 5 partidos disputados tan so o equipo cadete foi quen de arrincar un empate na cancha do Curtis. Estes foron os resultados:



CANTEIRA:



Benxamín: Curtis B 6 - C.A.S.X. 5

Alevín: Curtis 7 - C.A.S.X. 2

Cadete: Curtis 3 - C.A.S.X. 3



XUVENÍS:



Pastoriza 2 - C.A.S.X. 1



O equipo de Muni non puido traer nada positivo da súa visita ó Concello de Arteixo onde se mideu ó Pastoriza. O gol do equipo marelo foi marcado polo pichichi Pablo Naveira.



SENIORS:



Vizoño "B" S.D. 4 - C.A.S.X. 2



Seguramente o peor partido da tempada con moita diferencia. O equipo de Fer en ningún momento se encontrou agusto no terreo artificial e sucumbiu ante un equipo que polo visto o sábado merece estar máis arriba na clasificación polo bo trato de balón. O Vizoño B está a forxar un gran futuro con este grupo de xoves xogadores e nun período de 2 ou 3 anos algúns membros do plantel a bo seguro que contarán para o primeiro equipo.
O equipo local aproveitou os erros en defensa do equipo marelo e adiantouse no marcador o pouco de comezar o encontro algo que desquiciou o Atlético Sobrado. No minuto 36 o capitán Esteban ía empatar o encontro con un espectacular zapatazo dende uns 30 metros que entrou rozando o pao longueiro da portería local.
Pero todo se ía truncar no minuto 41 logo de que Luis vise o 2º cartón marelo por un empurrón (o primeiro cartón foi totalmente inxusto) polo que antes de chegar o descanso o noso equipo quedábase con un xogador menos.
Na segunda metade o C.A.S.X. intentou capear o ataque rival en inferioridade pero o Vizoño aproveitou outro erro da defensa para adiantarse con unha espectacular chilena do seu dianteiro Grobas.
O equipo local non se conformou co 2-1 e seguiu atacando, logo de un córner mal cuberto chegou o 3-1 que daba moi poucas esperanzas o Atlético Sobrado.
Pero o equipo de Fer ferido no seu orgullo tirou de casta e comezou a atacar o seu rival a pesares de estar con un home menos. Logo de duas boas xogadas que puideron acabar en gol, o cadete Alberto Márquez nunha xogada que comezou Esteban recibe o balón no flanco esquerdo do ataque marelo, fai un amago de centro, enganando o defensa rival que queda atrás, pon un centro preciso e precioso, e no corazón da área emerxe David para marcar un gran gol de cabeza que daba esperanzas o noso equipo. (David con este gol empata a Nacho no pichichi marelo con 8 goles).
O C.A.S.X. seguiu atacando na procura do empate e tivo 10 minutos moi bos que arrinconou o equipo local, nunha recuperación visitante en ataque, o balón chega a Esteban no pico da área que de unha excelente vaselina sérvelle o balón a Chinorris que se adentra na área para quedarse so ante o porteiro do Vizoño pero o colexiado para sorpresa xeralizada pita fora de xogo (un Offside que non era pois o noso dianteiro claramente arranca máis de medio metro por detras do defensa). Esta xogada enfadou moito a toda a expedición do noso equipo, (o sábado mermada polas baixas de Pichi, Nacho, Álvaro e Miguel Liboreiro) que viu como o colexiado coa súa decisión eliminou unha máis que clara oportunidade de acadar o empate a 3 goles.
Aínda así o C.A.S.X. proseguiu cos ataques na procura do empate, nunha falta ó borde da área a prol do Atlético Sobrado, un defensa do Vizoño propina 2 empurróns co balón parado a Esteban o capitán farto de que o xogador local levaba coa mesma actitude todo o partido cada vez que ó esférico estaba parado, cansouse, puideronlle os nervos e soltou o brazo que impacto no estómago do defensa local. O colexiado viu a acción e expulsou a Esteban pero non lle amosou cartón o defensa local.
Xa con 2 xogadores menos sobre o céspede chegou a sentencia do Vizoño B noutra contra na que Grobas volveu a bater a Andrés.
Con ese resultado chegouse o final do encontro onde os xogadores de Fer amosaron 2 caras. Na primeira metade moi mala e na segunda mellorouse ostensiblemente. Os erros defensivos e os nervos condenaron o equipo, de estes erros deberemos tomar nota para vindeiros partidos.

Saudos

FORZA C.A.S.X.


xoves, 5 de marzo de 2009

Nova xornada

Achégase unha nova e apaixoante xornada ligueira na que todas as categorías terán que desplazarse para afrontar os seus encontros. Estas serán os partidos:

-3ª Autonómica Senior Grupo IV: Vizoño "B" S.D. - C.A.S.X. Sábado 7 de marzo, 16:30 horas, Campo de O Pinar.
-2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Pastoriza - C.A.S.X. Sábado 7 de marzo, 16:30 horas.
Deporte Escolar Categoría Benxamín: E.D.M. Curtis "B" - C.A.S.X. Sábado 7 de marzo, 10:00 horas, Pavillón Municipal de Teixeiro.
Deporte Escolar Categoría Cadete: E.D.M. Curtis - C.A.S.X. Sábado 7 de marzo, 10:40 horas, Pavillón Municipal de Teixeiro.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

Mala xornada para o C.A.S.X.

1 empate e dúas derrotas foi o resultado co que se saldaron os partidos de este fin de semana para o Club Atlético Sobrado Xuventude.

Xuvenís: C.A.S.X. 2 - San Estevo de Abellá 2
O equipo de Muni puido recuperar un punto logo de poñerse 2 goles abaixo no marcador. Os 2 goles locais foron obra de Mario. Xa nos minutos finais o San Estevo foi obxeto de un claro penalti que o colexiado non viu e beneficiou os interes marelos.
Feminino: C.A.S.X. 2 - Brión F.C. 3
O Brión amosou no Pavillón Municipal de Sobrado ser un gran equipo e polo visto o sábado merecería estar máis arriba na clasificación.
Comezouse adiantando o equipo da comarca de Santiago pero axiña Patty establecería o empate a 1 gol no marcador. Ta ía adiantar ó noso equipo con un magnífico gol de cabeza xa na segunda metade. O Brión perdoounos a vida en diversas ocasións ata que mediada a segunda metade ía establecer o empate a 2 goles no electrónico. Faltando 2 minutos para o final do encontro nun contraataque de libro a súa xogadora máis peligrosa Miriam logrou un soberbio gol logo de regatear a Laura pisando o esférico.
Senior: C.A.S.X. 1 - Visantoña 3
O equipo de Fer tivo dúas caras completamente distintas no partido do pasado domingo. Na primeira metade o equipo marelo dou a cara fronte un dos mellores equipos da categoría e gozou de boas oportunidades (foille anulado un gol e Chino efectuou un disparo o longueiro). O Visantoña íase adiantar no partido grazas a unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro local.
David no minuto 39 ía establecer o empate no marcador logo de unha falta de entendemento entre un central visitante e o seu porteiro que acabaron chocando e caendo o chan algo que aproveitou David para mandar o esférico o fondo da rede no día no que o Atlético Sobrado voltaba a xogar no Municipal sobradés.
Logo do descanso a Makina Amarilla foi menos máquina e intentou facer un fútbol directo e sen sentido (o balón non pasaba polo medio campo) que foi determinante para o devir do encontro. Unha e outra vez os xogadores locais obcecáronse en mandar balóns longos cando iso é o que menos necesita o equipo pois hai moita xente de calidade para tocar o esférico. O Visantoña aproveitou a saida dun córner no que estiveron mal as marcas para adiantarse 1-2 por medio de Óscar con un lanzamento pegado o pao.
O equipo visitante mataría o encontro no minuto 27 da segunda metade con unha contra na que Christian gañou por velocidade a toda a defensa local, este cedeulle o balón a Pablo Vigo para que establecese o 1-3.
A pesares da mala segunda metade o Atlético Sobrado aínda tivo opcións pois un defensa visitante foi expulsado logo de cometer man dentro da área polo tanto penalti e expulsión pero Nacho que foi o encargado do lanzamento estrelou o balón no longueiro para que despois saise rebotado para afora.

Polo que respecta a canteira houbo algo de todo no desplazamento accidentado a Cabanas (vomitaron na viaxe 8 xogadores), estes foron os resultados:

Benxamín: 7-7
Alevín: 5-4
Infantil: 2-7
Cadete:2-3

Agardemos que a vindeira xornada sexa máis positiva.

Saudos


FORZA C.A.S.X.