
Moi boas, perdón pola tardanza en actualizar o blog pero problemas técnicos impedían a inserción do post. Arranxados éstes imos logo co que nos ocupa:
o equipo de
Fer acaba de enlazar 3 triunfos con goleadas incluidas os derradeiros clasificados da liga.
No partido anterior a Semana Santa, no desplazamento a Encrobas o C.A.S.X. colleitou un magnífico resultado facendolle un "set" o equipo local 2-6.
Xa o descanso os homes de
Fer gañaban por un claro 0-3. Inaugurou o marcador o capi
Esteban de un soberbio cabezazo, o segundo gol foi obra de
Javi Sánchez e
David de soberbio testarazo faría o 3º.
Na segunda metade o C.A.S.X. saiu un pouco máis relaxado e ía acurtar distancias o equipo local 1-3. Pero de novo
David abriría distancia no marcador marcando o seu segundo gol da tarde.
Nacho nunha excelente xogada persoal faría o 1-5 e
Chino logo de un excelente pase interior de
Luis faría o 1-6. O equipo local sería o encargado de marcar o último gol da tarde de un soberbio lanzamento de falta.
Esta xornada visitounos o Curtis, pechacancelas da liga e o resultado non puido ser máis esclarecedor: 5-1
Miguel Liboreiro os 20 segundos de partido marcaría dende medio campo o primeiro gol do encontro. Empataría Rivaldo para o Curtis con un bo gol de falta.
Javi Sánchez volvería a adiantar o C.A.S.X. de un excelente zurdazo que entrou pegado o pao e
David antes do descanso faría o 3-1.
Na segunda metade
Nacho faría o 4-1 con un bo lanzamento dende fora da área e
Chino pecharía a conta nun man a man co porteiro.
Esta semana o
C.A.S.X. visita o sábado a partires das 17 horas ó Vilamaior 5º clasificado, de gañar o noso equipo situaríase na 5ª praza en detrimento do equipo da terra de Ordes.
Polo que respecta o
equipo xuvenil no derbi fronte o Cire Melide perderon case todas as súas aspiracións de ascender a 1ª Autonómica logo de sair goleados 5-1 do feudo melidense.
O equipo de
Muni fixo unha boa primeira metade a pesares de ir o descanso perdendo 2-1 e logo de que o porteiro
Carlos Martínez detivese unha pena máxima. O gol do
C.A.S.X. marcouno
Mario Novo. Na segunda metade o equipo xuvenil non rendiu o mesmo nivel e encaixou 3 goles máis que serven para que se vexa xa moi de lexos as mínimas opcións de ascenso. Esta xornada visitarán o C.D. Larín a partires das 17 horas na tarde do sábado.
O equipo
feminino perdeu 5-2 fronte o
Xerfa F.S. na xornada anterior a Semana Santa, os goles das nosas xogadoras foron obra da pichichi
María e de
Lucia.A xornada pasada tiñan que enfrontarse como locais o Fame Negra F.S. pero este equipo retirouse da competición polo que houbo xornada de descanso.
Nada máis polo de agora, moito ánimo para afrontar a recta final da tempada.
FORZA C.A.S.X.