xoves, 26 de novembro de 2009

O Curtis - Atl. Sobrado xuvenil terá varios sancioados

Reunido o Subcomité de Competición de A Coruña deliberou que 1 xogador do Atlético Sobrado e 2 do C.C.D. Curtis non poderán ser da partida no partido que enfrontará ámbolos conxuntos o vindeiro sábado 28 a partires das 16.15 horas no Campo de Fútbol Municipal de Cabrui (Mesía).

Por parte do Atlético Sobrado Alejandro Márquez terá que cumplir un partido de sanción logo de ser expulsado fronte o C.D. Obrero na pasada xornada.

O subcomité castigou duramente o equipo de Curtis; así o seu xogador Óscar Martínez terá que cumplir 4 partidos de sanción, mentres que o seu compañeiro Alejandro Vilariño descansará 2 partidos. Ademáis tamén se multa o clube curtense con 60€ adiccionais logo de que un afeccioado agredise o colexiado do Arzúa - Curtis da semana pasada.

martes, 24 de novembro de 2009

Horarios da seguinte xornada

Estes son os horarios dos partidos do Club Atlético Sobrado Xuventude na vindeira xornada:

SÁBADO 28 DE NOVEMBRO

Xuvenil: C.C.D. Curtis - CLUB ATL. SOBRADO XUVENTUDE, 16.15 h, Campo Municipal de Cabrui (Mesía)

Feminino: CLUB ATL. SOBRADO XUVENTUDE - FEMIORDES F.S., 20.00 h, Pavillón Municipal de Sobrado

DOMINGO 29 DE NOVEMBRO

Senior: C.I.R.E. Melide C.F. - CLUB ATL. SOBRADO XUVENTUDE, 16.15 h, Campo Municipal de Melide.

Clasificación "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Senior:

1. David 8 goles
2. Chino 6 goles
3. Luis 4 goles
4. Nacho 2 goles
5. Esteban, Miguel Liboreiro, Pirulo, Roy 1 gol

Femenino:

1. María Seoane 4 goles
2. María Gómez 2 goles
3. Patricia, Sara 1 gol

Xuvenil:

1. Damián 2 goles
2. Alberto Márquez, Iván Cabado, Alejandro Márquez, Jorge 1 gol

Resultados das categorías inferiores


Os 3 equipos das categorías inferiores xogaron o pasado sábado no pavillón municipal de San Pantaleón das Viñas (Paderne) con estes resultados.

Benxamín: E.D.M. Paderne 2 - Club Atl. Sobrado Xuv. 2

Alevín: E.D.M. Paderne 1 - Club Atl. Sobrado Xuv. 9

Infantil: E.D.M. Paderne 5 - Club Atl. Sobrado Xuv. 3

luns, 23 de novembro de 2009

O que perdoa paga...

Decía o gran Bujadin Boskov que "Fútbol é Fútbol" e non lle faltaba razón. O deporte Rei a veces da alegrías e a veces sen sabores; onte o Atlético Sobrado viviu a cara amarga do fútbol o sufrir a segunda derrota da tempada en terreo propio.
O equipo de Fer perdooulle a vida o seu rival en varias ocasións e en fútbol o que perdoa paga, o equipo de Abellá fixo 4 lanzamentos a portería e marcou 3 goles, 75% de efectividade, moito máis non se pode pedir...
Comezou o Atlético Sobrado moi ben o partido, tendo a posesión do balón e axiña lle ía meter o medo no corpo o conxunto rival, Guille efectou un violento disparo dende uns 20 metros que foi bicar o pao longueiro da portería visitante para que seguidamente o esférico saise fora.
Chino tivo a opción de poñer o conxunto de Fer por diante na execución de unha falta ó borde da área, o lanzamento da falta foi milimetrado por riba da barreira e directo a escadra rival, cando os afeccioados locais xa cantaban o gol apareceu a manopla salvadora do gardaredes visitante Juan para enviar o balón a córner.
No propio lanzamento de córner (foto), efectuado por Luis, o dianteiro centro David anticípase de cabeza a zaga visitante e o seu remate é atallado de novo por Juan noutra excelente parada.
O Abellá sería máis efectivo e na primeira chegada que tivo marcou en contragolpe, o dianteiro Ribera (autor de un "hat-trick" na tarde de onte) recibe o balón nunha máis que dubidosa posición (de feito o colexiado no descanso admitiu que se equivocara e que Ribera estaba en fora de xogo), encara a Andrés escorado e marca gol por baixo. Xerro de auga fría para a parroquia local. Un resultado, o de 0-1 que non se correspondía co que se estaba a ver sobre o cespede do municipal, onde so había un equipo: o Club Atlético Sobrado Xuventude.
Este gol enrabietou os pupilos de Fer que seguiron insistindo no ataque, nunha boa xogada por banda esquerda entre Pichi e Nacho, este último centra raso e o balón pasease pola área pequena sen que apareza ningún xogador marelo para empurrar o fondo da rede.
Como o que a segue a consegue o empate ía chegar na seguinte acción de ataque da "Makina Amarilla", Luis encara por banda esquerda o seu marcador e logo de desfacerse del saca un preciso centro, alí aparece a cabeza de Roy para establecer o empate a 1 gol. A victoria visitante para nada estaba a ser xusta.
Pero o Sobrado iríase o descanso en vantaxe, Luis rouba o balón logo de un saque de banda visitante, o balón chega a David que marca raso ante a saida desesperada do porteiro visitante Juan. Por fin se facía xustiza polo visto nos primeiros 45 minutos.
Na segunda metade o Abellá saiu enchufado e o Sobrado agarrotado, o equipo verde fíxose co medio campo xogando en superioridade nesa parcela por ter máis homes alí acumulados, e o traballo de Quinto fíxose notar vindo a recuperar balóns e incorporándose en ataque repartindo xogo.
Os dous minutos da reanudación Ribera anda máis rápido que a zaga local chega no man a man fronte a Andrés e marca de novo raso o empate a 2 no electrónico.
O empate fixo espabilar o Atlético Sobrado pero aínda así o dono do medio campo e quen estaba a recuperar os balóns era o Abellá. O equipo visitante tivo varios achegamentos a área do Atlético Sobrado pero a defensa andivo viva para despexar o esférico.
Logo de unha saida de un córner Guille tivo nas súas botas o 3-2 xa que recolleu un balón escorado preto da área pequena do Abellá pero o seu lanzamento con perna zurda saiulle fóra por moi pouco.
Ribera pola súa banda seguía o seu e noutra contra, gáñalle as espaldas a defensa rival logo de unha pérdida de balón en medio campo que recolleu Quinto e mandou o balón en profundidade, o miudo dianteiro marcou escorado o 2-3 logo da precipitada saida de Andrés. De novo xerro de auga fría pero o Abellá estaba a impor o seu dominio na segunda metade.
Andres faría a parada da tarde logo de unha falta lanzada polo Abellá que remata o seu xogador número 11 de cabeza, o balón xa se coaba pola escadra local cando apareceu a man de Andrés salvando un gol cantado, envíando o esférico a córner e impactando co seu corpo sobre un pao da portería o gardaredes local tivo que ser atendido logo de este golpe pero continuou todo o partido sen problemas.
De novo Guille (que onte aportou moitísimo en ataque a pesares de ser un xogador de contención) tivo na súa cabeza o 3-3 nun saque de falta efectuado por Chino apareceu Guille libre de marca en plancha pero o seu remate de cabeza de novo foise fora cando xa se cantaba o gol local.
Houbo polémica na segunda metade logo de que un balón rexeitado dese na man do capitán visitante dentro da área, o equipo local pediu pena máxima pero o colexiado non estimou puñible a man.
Noutra xogada a balón parado Esteban entrando no segundo pao a piques estivo de establecer o empate, cando se dispoñía a meter o pe en volea para marcar un defensa desvía o esférico a córner.
Xa nos últimos minutos o Sobrado seguiu insistindo xa con balóns aéreos para intentar polo menos empatar, pero dous balóns mortos que andiveron pola área visitante non encontraron ningún xogador marelo para poder marcar o terceiro tanto local.
Así se chegou ó final do encontro no que o Atlético Sobrado mereceu algo máis pero a efectividade visitante declinou a balanza desta volta en contra dos nosos intereses. Con este resultado o Atlético Sobrado segue na 8ª praza con 20 puntos e para a vindeira xornada agarda un apaixoante derbi fronte o Cire Melide que está a loitar por unha praza para ascender a 2ª Autonómica.

Xuvenil: derrota con un resultado atípico

O equipo xuvenil perdeu 3-6 fronte o C.D. Obrero a pasado tarde de sábado no municipal de Sobrado. O equipo que adestra Ángel Parga "Pirri" dou por momentos a sensación de poder quitar algún punto pero cando o Obrero apretou esfumáronse as esperanzas marelas.
Os goleadores do equipo xuvenil foron Damián, Jorge Fernández e Alejandro Márquez.

Juan e Ferreiro campións!!!

Campións:Juan e Ferreiro, 500€ + trofeo
Subcampións: Chambón e Juan Ángel, 250€ + trofeo
Terceiros clasificados: Cibreiro e Cepo, 100€ + trofeo
Cuartos Clasificados: Manolo e Albino, 40€ + trofeo
Campións Repesca: Lisardo e Esteban, 150€
Subcampións Repesca: Redford e Varela, 80€

Juan e Ferreiro saliron campións no Campionato de Tute organizado polo Club Atlético Sobrado Xuventude o pasado venres 20 de novembro na Casa da Irmandade de Sobrado.

Dende o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos agradecer as 31 parellas participantes a súa boa vontade así como a todos aqueles que colaboraron desinteresadamente na realización deste campionato.

xoves, 19 de novembro de 2009

Pirulo e Juan sancionados

Os centrais habituais do once que dirixe o técnico de Melide Fernando Torreiro "Fer" non poderán ser da partida este domingo fronte o S.E. Abellá S.D.C. logo de que o Subcomité de Disciplina Deportiva da Delegación de A Coruña sanciara ámbolos defensas con un partido de suspensión. Juan viu cartón vermello directo e Pirulo dobre cartón marelo. Os dous centrais voltarán a convocatoria fronte o Cire Melide C.F. para a seguinte xornada.

mércores, 18 de novembro de 2009

Clasificación "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Esta semana so sumou goles o equipo feminino polo tanto a clasificación das tres categorías queda como segue:

SENIOR:

1. David 7 goles
2. Chino 6 goles
3. Luis 4 goles
4. Nacho 2 goles
5. Esteban, Miguel Liboreiro, Pirulo 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane 4 goles
2. María Gómez 2 goles
3. Patricia, Sara 1 gol

XUVENIL:

1. Alberto Márquez, Damián, Iván Cabado 1 gol

martes, 17 de novembro de 2009

Senior: derrota no derbi nun céspede impracticable

O Atlético Sobrado perdeu na tarde do domingo o derbi fronte o C.F. Toques nun céspede que estaba impracticable debido a chuvia caida ó longo da fin de semana e que evitaba que o esférico rodase máis aló de 3 metros, algo que polas características do equipo de Fer (un equipo que se basa no toque e no bo trato de balón), é concluinte no desenrolo do encontro. O equipo marelo intentou seguir fel a súa costumbre de non rifar o balón e intentar convinar pero o físico do Toques impúxose e os balóns en largo triunfaron nunha tarde tan chuviosa.
O Toques adiantaríase nos primeiros minutos de encontro por medio de Bareto logo de aproveitarse de un garrafal erro do equipo marelo. O porteiro local David convertiuse nun dos protagonistas do encontro logo de facer 4 paradas de gran mérito evitando así que o equipo de Fer trouxese algo positivo da visita a Toques. Xa preto do final de novo Bareto sentenciaría o encontro aproveitando outro erro defensivo. A nota negativa foron as expulsións de Pirulo e Juan na segunda parte do encontro. Pirulo por doble cartón marelo logo de protestarlle ó colexiado xa que o equipo marelo acusou o colexiado de ser "moi caseiro" nas súas decisións. Juan viu cartón vermello logo de agarrar a un rival pola espalda sendo o último home. Polo tanto Pirulo e Juan perderanse o seguinte encontro ligueiro.

A pesar de este traspés o equipo marelo segue nas posicións altas da taboa a 9 puntos dos líderes San Martiño e Queixas.

Importante victoria do equipo feminino en O Pino

O equipo de Liga Provincial adestrado por Hassan impuxose 0-2 na visita a casa de O Pino F.S. Xa no intermedio do encontro o equipo sobradés mandaba no electrónico 0-1. Na segunda metade ampliaría unha vantaxe que xa sería definitiva.
Os dous goles do Atlético Sobrado foron marcados pola capitana María, que lle serven para poñerse coma pichichi do cadro de goleadoras do noso equipo.

O equipo xuvenil cae derrotado en Arzúa pero segue a mellorar no seu xogo

O equipo adestrado por Pirri colleitou unha nova derrota no Campo de O Viso de Arzúa (foto) polo resultado de 1-0 fronte a un equipo que a pasada tempada militaba en 1ª Autonómica. A pesares da derrota o xove equipo xuvenil (recordemos que moitos dos xogadores é a primeira tempada que xogan a fútbol logo de pasar polo fútbol sala), segue a dar sintomas de mellora e de seguir así axiña han de chegar os ansiados puntos.

Moito ánimo para eles.

Resultados das categorías inferiores

Os 3 equipos do Club Atlético Sobrado Xuventude disputaron na mañá do sábado encontros oficiais correspondentes a Liga de Deporte Escolar. As diferentes categorías tiveron coma rival as Escolas Deportivas Municipais de Miño "A". Estes foron os resultados:

Benxamín: C.A.S.X. 9 - Miño A 1
Alevín: C.A.S.X. 0 - Miño A 5
Infantil: C.A.S.X. 3 - Miño A 7

xoves, 12 de novembro de 2009

Miguel Combo, 1 partido de sanción

Onte xuntouse coma cada semana o Subcomité de Competición de A Coruña e dictaminou que o xogador xuvenil Miguel Combo terá que cumprir 1 partido de sanción por facer observacións ó colexiado do encontro Atlético Sobrado - San Estevo de Abellá unha vez rematado o partido.

Con esta sanción Miguel Combo perderase o partido que disputará o equipo xuvenil fronte o C.S.D. Arzúa este sábado.

Datas e horarios da vindeira xornada

Ata 6 categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude disputan encontros oficiais nesta fin de semana, estes son as datas e os horarios dos confrontamentos.

SÁBADO 14 DE NOVEMBRO
*Categorías Inferiores (todos os partidos se disputarán no pavillón municipal de Sobrado)
Benxamín: Club Atl. Sobrado Xuventude - E.D.M. Miño "A" 10.00 horas
Alevín: Club Atl. Sobrado Xuventude - E.D.M. Miño "A" 10.45 horas
Infantil: Club Atlético Sobrado Xuventude - E.D.M. Miño "A" 11.30 horas
* XUVENIL, 2ª AUTONÓMICA GRUPO II
C.S.D. Arzúa - CLUB ATL. SOBRADO XUVENTUDE 16.15 horas, Campo Municipal de Arzúa
* FEMININO FÚTBOL SALA, LIGA PROVINCIAL
O Pino F.S. - CLUB ATL. SOBRADO XUVENTUDE 20.00 horas, pavillón municipal de O Pino
DOMINGO 15 DE NOVEMBRO
C.F. Toques - CLUB ATL. SOBRADO XUVENTUDE, 16.15 HORAS, campo municipal de Toques


mércores, 11 de novembro de 2009

Clasificación "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Logo dos resultados desta semana as clasificacións están como seguen nas 3 categorías:

SENIOR:

1. David, 7 goles
2. Chino, 6 goles
3. Luis, 4 goles
4. Nacho, 2 goles
5. Esteban 1 gol
Miguel Liboreiro 1 gol
Pirulo 1 gol

FEMININO:

1. María Gómez, 2 goles
María Seoane, 2 goles
2. Patricia, 1 gol
Sara, 1 gol

XUVENIL:

1. Alberto Márquez, 1 gol
Damián, 1 gol
Iván Cabado, 1 gol

Senior: máis preto da cabeza

Formación antes do partido: Atlético Sobrado - A.D. Vilamaior (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Fer (adestrador), Juan, Andrés, David, Esteban (c), Luis, Chino, Piru, Sete, Alex, Mario, Petete (utillero), Nacho, Cuadrado, Miguel Liboreiro, Pichi, Víctor Gómez, Iago, Roy.

O C.A.S.X. sumou 3 valiosos puntos ó pasado domingo fronte ó A.D. Vilamaior. O resultado de 3-2 semella curto logo de ver as ocasións de uns e outros. O partido axiña se lle puxo favorable ó equipo marelo logo de que no minuto 2 o porteiro visitante cometera un infantil penalti sobre David, un porteiro que non foi expulsado nunha xogada onde era claro meredor de irse as duchas por era ocasión manifesta de gol pero o trencilla da contenda decidiu deixar a acción en cartón marelo. O penalti lanzaríao o propio David pero a mala fortuna quixo que o esférico pegase no pao e saise fora polo que o empate proseguía no marcador.

O propio David desquitaríase do erro anterior no minuto 19, logo de un maxistral córner executado por Luis, David de soberbio testarazo marcando moi ben os tempos de remate facía o primeiro gol nunha fría tarde que poñía xustiza o que se estaba a ver sobre a herba do Municipal de Sobrado, con un C.A.S.X buscando o gol e o bo xogo e un Vilamaior que xogaba a conter e intentar impuñer o seu físico.


Logo de este gol o C.A.S.X tería varios oportunidades máis para golear pero o esférico negabase a entrar. Sería Chino aproveitando un infantil erro da defensa visitante o que poñería terra de por medio no marcador nun man a man co porteiro que solventou con moita serenidade. Na primeira metade a ocasión máis peligrosa do Vilamaior sería un lanzamento do seu centrocampista Manuel o pao da portería defendida por Andrés.

Na segunda metade o C.A.S.X proseguiu co seu dominio e creando ocasións de gol pero sen quitar os frutos desexados. Nacho primeiro e David despois (o seu espectacular remate impactou de xeito brusco co longueiro) tiveron as ocasións máis claras.

Sería David o encargado de facer o 3-0 logo de un gran disparo a portería, o partido parecía sentenciado. Quizais non lle sentou ben o equipo marelo ter tanta vantaxe pois relaxouse demasiado e perdeuse colocación e tensión defensiva.

O colexiado perdoou a segunda expulsión da tarde para o Vilamaior logo de que Luis lanzase un veloz contrataque e logo de chegar o último defensa, o lateral Lupe e sobrepasalo este olvídase do balón e derriba a Luis. A tarxeta era de clara cor vermella, incluso coa marela chegaría para que o bo lateral ordés se fose a ducha antes de tempo pois facía uns minutos que xa acumulaba outro cartón pero o colexiado non quixo ver nada máis que a falta e o Vilamaior continuou con 11 xogadores sobre o terreo de xogo. Precisamente sería Lupe quen acurtaría distancias para o Vilamaior no minuto 89 con un soberbio lanzamento dende fora da área que se colou pola escadra da portería defendida por Andrés.
O Vilamaior creeu nas súas posibilidades e logo de un erro defensivo, Figo faría o 3-2 no minuto 93.
Non daría para moito máis o partido e chegouse ó final do encontro con victoria local (xa suma 6), que segue ocapando o 7º posto na clasificación, con un partido menos ca maioría de rivais que van por riba pero que debido os resultados que se deron no resto de encontros permitelle reducir distancias.

No seguinte enlace pódese ver os resultados e a clasificación:

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=9171



Grupo de afeccioados marelos na primeira parte do partido nunha fría e oscura tarde.

Feminino: O Fisober impuxo a súa lei na segunda metade

Visitaba o Pavillón Municipal de Sobrado un dos mellores equipos da categoría, o Fisober de Vimianzo. O equipo de Hassan fixo un bo encontro a pesares das baixas que o están a acuciar nestes comezos de tempada e ó descanso chegouse co resultado inicial de 0-0.
Na segunda metade o Fisober estaría máis atinado de cara a portería e o resultado final sería de 1-3. Para o noso equipo marcou a capitana María Seoane.

Xuvenil: derrota no desconto

Formación antes do C.A.S.X. - San Estevo de Abellá (de izquierda a dereita e de arriba abaixo): Jorge Fernández, Luis López, Samuel Marquez, Cristian Quintela, David Vidal, Diego Amil, Iván Cabado, Miguel Combo, Christian Coego, Adrián, Patrón (delegado), Alberto Márquez, Anxo (c), Diego Fragío, Ismael, Damián, Samuel, Antonio, Cristian Teixeiro, Pirri (adestrador)

Un penalti no tempo engadido da segunda metade evitou que o conxunto que dirixe Pirri sumase o seu primeiro punto da tempada. O equipo xuvenil mellorou o xogo exhibido nos dous primeiros partidos e fíxolle fronte ó San Estevo de Abellá que sin embargo sería quen de poñerse por diante no marcador.
O empate do C.A.S.X. chegaría nunha confusa xogada xa que Iván Cabado devolve dende o seu campo o balón ó San Estevo o balón pega un bote, sobrepasa o porteiro rival e acaba no fondo da rede.
Xa no desconto Miguel Combo cometería un inocente penalti, o equipo do concello de Frades non perdoou dende os 11 metros e levouse a victoria.

Hai que extraer a parte positiva de esta derrota e é que o equipo vai mellorando semana a semana e seguro que non tardarán en chegar os puntos que animarán ó xove plantel xuvenil.

xoves, 5 de novembro de 2009

Horarios da vindeira fin de semana

Todas as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude terán a condición de local nesta fin de semana polo tanto achégase un fin de semana cheo de eventos deportivos no pobo sobradés.

Esta é a data, o horario e o lugar:

Fútbol Senior, 3ª Autonómica Grupo IV:

ATL.SOBRADO XUVENTUDE - A.D. Vilamaior, domingo 8 de novembro, 16.15 horas, Campo Municipal de Sobrado

Fútbol Sala Feminino, Liga Provincial:

ATL. SOBRADO XUVENTUDE - Fisober F.S., sábado 7 de novembro, 20.00 horas, Pavillón Municipal de Sobrado

Fútbol Xuvenil, 2ª Autonómica Grupo II:

ATL. SOBRADO XUVENTUDE - San Estevo de Abellá S.D.C., sábado 7 de novembro, 16.15 horas, Campo Municipal de Sobrado

CATEGORÍAS INFERIORES:

Todas as categorías inferiores xogarán o sábado 7 de novembro no Pavillón Municipal de Sobrado

Benxamín: ATL. SOBRADO XUVENTUDE - E.D.M. Curtis, 10.00 horas

Alevín: ATL. SOBRADO XUVENTUDE - E.D.M. Curtis, 10.45 horas

Infantil: ATL. SOBRADO XUVENTUDE - E.D.M. Curtis, 11.30 horas

martes, 3 de novembro de 2009

A polos 500€

Este é o cartel do campionato de tute que o Club Atlético Sobrado Xuventude organizará o venres 20 de novembro no Edificio Multiusos "Casa da Irmandade" de Sobrado. Animádevos a participar e vide a gañar 500 eurazos que vos virán de perlas para afrontar a época de Nadal.

Se queredes ver o cartel máis ampliado clickade enriba del.

Trofeo Bota de Ouro Club Atlético Sobrado Xuventude

Como cada tempada, o Club Atlético Sobrado Xuventude premiará o xogador e xogadora máximo goleador das categorías senior, feminino e xuvenil na cea de final de tempada.

Esta é a clasificación actualizada a día de hoxe:

FÚTBOL SENIOR:

* CHINO: 5 goles
* DAVID: 5 goles
* LUIS: 4 goles
* NACHO: 2 goles
* ESTEBAN: 1 gol
* MIGUEL LIBOREIRO: 1 gol
* PIRULO: 1 gol

-------------------------------------------------------------------------

FÚTBOL XUVENIL:

* ALBERTO MÁRQUEZ: 1 gol
* DAMIÁN: 1 gol

-------------------------------------------------------------------------

FUTBOL SALA FEMININO:

* MARÍA GÓMEZ: 2 goles
* PATRICIA: 1 gol
* SARA: 1 gol
* MARÍA: 1 gol

--------------------------------------------------------------------------

luns, 2 de novembro de 2009

Senior, 3ª Autonómica Grupo IV: C.C.D. Curtis 2 - Atl. Sobrado 4

Voltaron as victorias ó equipo senior, logo de un empate no derbi fronte o Boimorto e unha derrota inmerecida fronte o San Martiño a semana pasada.
A victoria de onte no partido disputado fronte o C.C.D. Curtis no campo de Cabrui (Mesía) adquire un valor engadido se temos en conta o estado no que se encontraba o terreo de xogo. Un terreo onde nunha parte importante del era imposible poder tocar o esférico pois este non rodaba e quedabase clavado.

Fer dispuxo un once con Cuadrado en portería, Pirulo, Iago, Juan e Mario en liña defensiva, Esteban, Chino e Javi Sánchez en medio campo e Luis, Nacho e David como tridente ofensivo. Agardando o seu turno no banquiño estiveron: Andrés, Roy, Alex e Víctor Gómez. Non puideron ser participes do encontro: Pichi, Miguel Liboreiro, Guille, Sete e Seijas.

O partido comezou co Sobrado intentando atacar e o Curtis xogando a replegarse para intentar coller algunha contra por medio dos seus homes máis veloces. David ía adiantar ó Atlético Sobrado aproveitando un rexeite do porteiro local no minuto 27 da primeira metade. O Curtis empataría no minuto 44 logo de que a defensa do Atlético Sobrado non acertase a despexar unha xogada a balón. Con empate a 1 goles chegouse o momento de lecer.

Na segunda metade o equipo de Fer saiu decidídamente a pola victoria e voltaríase a adiantar por mediación de Chino que enganchou unha volea o borde da área visitante, o esférico esbáralle das mans o porteiro local e o balón remata no fondo da rede.

Pero o Curtis non se dou por vencido e nun saque de falta efectuado por Rivaldo, o balón colle excesiva altura, Cuadrado mide mal no salto para atallar o balón, o esférico pégalle nas mans e entra mainamente en propia portería.

Pero a "Makina Amarilla" lonxe de virse abaixo seguiu insistindo no ataque, incluso se adicou a tocar o balón (nos poucos lugares onde o campo o permitía). Logo de varias oportunidades sería Nacho o que nun soberbio dereitazo dende fora da área poñería o 2-3 no marcador. Un lanzamento o que o porteiro local Lamas tan so puido seguir coa mirada e ver como o balón se aloxaba por terceira vez na súa rede.

Faltando un minuto para o final do encontro chegaría a mellor xogada da tarde trenzada entre varios xogadores marelos, o balón chegou en banda esquerda a Víctor Gómez que puxo un excelente centro para que aparecese o "killer" David (que co empate a 2 goles foi obxeto de un claro penalti que o colexiado non pitou) para rematar de primeiras facendo un soberbio gol e pechando definitivamente o encontro.

Con este resultado o equipo de Fer recurtoulle diferencia a equipos que están na parte alta da táboa como son o Cire Melide, o Poulo, o Mesía ou o S.E. Abellá e sitúase 7º na táboa clasificatoria a 7 puntos do posto de promoción de ascenso a 2ª Autonómica.


Xornada 11

08-11-2009


C.D. Queixas - S.D. Pontecarreira

C.D. Mesía - Laracha C.F. B

A.C.D. Poulo - Oza dos Ríos C.F. B

C.C.D. Cerceda B - C.F. Cire Melide

C.F. Visantoña - San Estevo Abellá S.D.C.

Encrobas C.F. - Toques C.F.

Atl. Sobrado Xuventude - A.D. Vilamaior

C.D. Larín B - C.C.D. Curtis

Boimorto C.F. - San Martiño S.D.

Descansa Vizoño S.D. "B"

CLASIFICACIÓN

Equipo Puntos PX PG PE PP GF GC

1. San Martiño S.D. 26 10 8 2 0 18 3

2. C.F. Cire Melide 25 9 8 1 0 19 7

3. C.D. Queixas 23 10 7 2 1 28 8

4. C.C.D. Cerceda "B" 20 10 6 2 2 23 10

5. C.D. Mesía 19 10 6 1 3 25 7

6. A.C.D. Poulo 19 10 5 4 1 22 11

7. ATL. SOBRADO XUV. 17 9 5 2 2 19 14

8. San Estevo Abellá S.D.C. 16 9 5 1 3 18 18

9. Oza dos Ríos C.F. B 12 9 3 3 3 13 18

10. C.C.D. Curtis 11 10 3 2 5 14 22

11. S.D. Pontecarreira 10 9 3 1 5 21 23

12. C.F. Visantoña 10 9 3 1 5 15 18

13. Boimorto C.F. 10 9 3 1 5 10 16

14. A.D. Vilamaior 10 10 3 1 6 16 29

15. Laracha C.F. B 9 9 3 0 6 13 17

16. Encrobas C.F. 7 9 1 4 4 14 19

17. Toques C.F. 7 10 1 4 5 10 17

18. Vizoño S.D. B 1 10 0 1 9 2 18

19. C.D. Larín B 1 9 0 1 8 4 29

Fútbol Sala Feminino, Liga Provincial: Sada F.S. 2 - Atl. Sobrado 5

Chegou a primeira victoria para as xogadoras de José Antonio Vázquez "Hassan" nun partido onde o equipo viaxou sen a súa porteira Laura polo que Sandra, (que tivo unha resaltable actuación con meritorias paradas), estivo baixo paos.
O partido chegou o descanso co resultado inicial de 0-0. O Sada sería o primeiro equipo en dar un golpe de autoridade e marcou en dúas ocasións poñendoselle o partido de cara co 2-0 pero as xogadoras sobradesas apelaron o orgullo e amosaron que esto non acaba máis que de comezar e con goles de María Gómez en dúas ocasións, Patricia, Sara e María deixaría o resultado final en 2-5 que supón os primeiros tres puntos para o equipo laranxa.

Xuvenil: Boimorto C.F. 4 - Atl. Sobrado 1

O equipo xuvenil foi a nova negativa desta xornada pois foi a única categoría que non acadou a victoria. O equipo adestrado por Pirri visitaba Boimorto pero pese o bo facer inicial, o equipo co paso dos minutos descompúxose completamente algo que fixo máis doada a victoria do equipo bermello.

O primeiro gol chegaría a balón parado, nunha falta executada maxistralmente polo lateral dereito local (na foto apreciase a barreira momentos antes de ser executada a falta que suporía o 1-0) que se colou por toda a escadra do gardamallas Samuel.
Antes do descanso chegaría o 2-0 e o 3-0 de penalti marcado polo ex-xogador marelo Jorge. Na segunda metade o Boimorto ía ampliar a vantaxe ata poñerse con un marcador favorable de 4-0.
Xa nas postrimerías do encontro Damián marcaría o gol da honra marelo en bonita xogada persoal.
Confiemos en que un equipo xuvenil moi renovado este ano vaia encontrando o seu lugar na competición en vindeiros confrontamentos.

Categoría Alevín: Atl. Sobrado 10 - E.D.M. Miño "B" 0

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Hassan, Adrián, Antón, Diego, Rubén, Álvaro, Simón, Manu, Brais e Sergio (faltan na foto Sabela e Ana Sánchez).

O equipo adestrado por Hassan non tivo piedade do equipo "b" do Miño nun encontro celebrado na mañá do sábado no Municipal de Sobrado e goleou sen paleativos nun partido sen moita historia que xa se solventou na primeira metade xa que o equipo marelo vencía ó descanso 6-0.

Os goleadores foron Alvaro (4), Sergio (3), Simón (2) e Manu.

Este ano confiamos no 22692 para o sorteo de Nadal

22692 é o número da Lotería de Nadal que xoga o Club Atlético Sobrado Xuventude neste ano 2009.
Dispoñemos de 30 series que vendemos en diversos negocios de Sobrado así coma tamén en man.
O prezo do décimo é de 23€ (20 + 3 de donativo) e o prezo da participación é de 5€ (4 + 1 de donativo). Non vos quededes sen ela. Nos últimos anos xa caeu unha pedrea e dúas terminacións, este ano vai a ser o noso e traeremos 90 millóns de euros para vos.

MERCADEO XA, NON VOS QUEDEDES SEN ÉL, RECORDADE, 22692 É O NÚMERO DA SORTE