venres, 30 de xaneiro de 2009

ULTIMA HORA: Suspensión da xornada por temporal


A Federación Galega de Fútbol acaba de quitar un comunicado polo que suspende todas as competicións ligueiras para este fin de semana agás 3ª Nacional e Preferente Autonómica por mor do temporal.
Este é o comunicado:
A la vista de las recomendaciones recibidas por parte de la Dirección Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia y tras realizar las correspondientes consultas con las distintas Direcciones Generales de Protección Civil y el servicio 112, así como las diversas informaciones publicadas a través de los distintos medios de comunicación, esta Federación Gallega de Fútbol ha tomado la decisión de suspender todas las competiciones previstas para los próximos días 31 de Enero y 1 de Febrero de ámbito territorial y nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de la Regional Preferente en sus dos grupos y la Tercera División Nacional, dejando a criterio de los colegiados designados y de los clubs contendientes la disputa de los mismos, conforme a las condiciones climatológicas existentes, recomendando por parte de esta Federación que se adopten las medidas oportunas para garantizar el normal desarrollo de estas competiciones. Asimismo comunicamos que la competición oficial de Primera Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte de esta Federación Gallega de Fútbol, las nuevas fechas para la disputa de las jornadas suspendidas.
Por la FEDERACIÓN GALLEGA DE FÚTBOL

martes, 27 de xaneiro de 2009

Victoria no derbi con un excelente fútbol


CF Toques 1 (Bareto) - Atlético Sobrado Xuventude 2 (Nacho, David)


Os homes de Fer deron un golpe de autoridade o domingo no derbi disputado no Municipal de Toques fronte a un equipo local que se presentaba como invicto no seu feudo.
O derbi estivo acompañado de saraiba e lóstregos na primeira metade (incluso trasncurridos tan so 5 minutos de partido o colexiado preguntoulle os dous capitáns se querían de detivera o encontro pois a saraiba caia con intensidade).
O Sobrado quixo ter en todo momento o control do esférico intentando facer xogadas apoiandose no falso 4-3-3 que Fer diseñou para a ocasión debido as pequenas dimensións do campo de Toques. A estratexia do míster de Melide non puido sair mellor pois os tres mediocentros Esteban, Guille e Chino fixeron un partido moi completo gañando sempre a partida os mediocentros locais o verse sempre en superioridade. Ademáis intelixentemente os xogadores marelos abrían rápido as bandas onde Luis e Nacho encaraban a portería do Toques co coitelo entre os dentes sempre co apoio de David que era o encargado de recibir de espaldas e acomodar o balón (incansable o traballo do xogador de Cidadela que vería premiado o seu esforzo co gol que dou os 3 puntos).
Pero o partido para nada foi sinxelo, pois o Toques sabe explotar moi ben as súas cualidades de equipo que xoga sempre o 100% e que ten as ideas moi claras con un omnipresente Bareto que é un pesadelo para calqueira defensa pois loita, recupera, chuta..., un excelente futbolista.
O Toques íase adiantar no marcador no minuto 15 logo de que un balón que caeu dentro da área do Sobrado debido a un charco que se ubicaba a uns 4 metros da liña de gol se quedase freado co noso porteiro Andrés superado e a boa colocación do "killer" Bareto fai que so teña que empurrar o balón a rede sen oposición. Sen lugar a dúbidas foi unha xogada de infortunio pero o fútbol ten estas cousas.
Lonxe de baixar os brazos, o C.A.S.X. viuse espoleado polo gol local e intentou facer o seu fútbol con máis intensidade se cabe. Luis e Nacho comezaron a recibir máis balóns as bandas cunha clara aposta de Fer polo fútbol ofensivo creando moito perigo e merecendo sen dúbida empatar.
Chino ía estar a punto no minuto 19, logo de unha falta centrada a uns 5 metros da área sufrida por Nacho o xogador marelo efectúa un colosal "free-kick" por riba da barreira toquense o balón da no longueiro e posteriormente na cabeza do porteiro David, o rexeite vaise directo a córner cos afeccioados e xogadores do Sobrado votandose as mans a cabeza logo da estupenda ocasión.
O asedio visitante seguiu con oportunidades de Luis, de Nacho e de Chino incluso os laterais Iago e Pichi doblaban banda para apoiar os seus compañeiros en ataque a ter superioridade en campo rival, so quedaban rezagados os centrais Pirulo e Juan moi seguros (como ben sendo habitual) toda a tarde pendentes dos dianteiros locais.
O empate ía chegar nunha xogada de Nacho de auténtico crack, recibe un pase curto de Guille a uns 3 metros da área do Toques, en vez de controlar de espaldas como sería o normal, Nacho dalle de "espuela" o esférico facendolle un sombreiro o central do Toques adentrándose na área, gánalle a partida o defensor, acomoda o balón coa perna dereita de chuta cruzado ante a salida do cancerbeiro David coa súa perna menos boa (a esquerda) o esférico entra pegado o pao, todos os xogadores marelos sairon disparados a polo pichichi marelo para celebrar o gol, os que estabamos por fora non nos podiamos crer o espectacular gol que acababa de marcar, un gol que firmarían moitos dianteiros de unha categoría superior.
O C.A.S.X. coa tranquilidade de haber logrado o empate que estaba a merecer foi a polo partido e seguiu atacando aínda que sen éxito nos primeiros 45 minutos.
No descanso Pichi ten que ser subtituido logo de sufrir un corte de dixestión e tendo que entrar Roy no lateral dereito que fixo unha gran laboura de contención e dando apoios en ataque a Luis.
A segunda metade foi un calco da primeira co Atlético Sobrado atacando e facendo un fútbol de toque con apertura as bandas e o Toques intentando enlazar algunha contar para pillar o equipo visitante. Chino voltou a lanzar fora por moi pouco, e David tivo duas oportunidades, unha que parou o porteiro David e outra que se foi fora, Luis tamén tería outra oportunidade que se foi fora. Pero sería David o que marcaría o gol da victoria logo de recibir o balón escorado en banda dereita, logo de regatear a un defensa lanza raso axustado o pao esquerdo acadando outro gran gol, os xogadores marelos celebraron o gol coma se se tratase dun título facendo unha gran piña enriba de David que alcanza con este o 6º gol na actual campaña.
O Toques tivo duas oportunidades que Andrés e a defensa solventaron con eficacia. Nun duro lanzamento de Carril o porteiro Andrés Miraz rexeitou co peito cara a banda e Iago concluiu a xogada mandando a saque de banda. Na outra xogada de ataque toquense, o balón frease dentro da área do Sobrado con dianteiros e defensas pugnando por gañar o balón, logo de un par de rexeites o balón chegou a Juan que de un forte pelotazo quitou o balón a campo rival.
Nacho mancado nun hombreiro foi sustituido polo xuvenil Souto que nos minutos que estivo no campo fixo un gran traballo de desgaste presionando a defensa rival. Aínda tería David unha derradeira oportunidade de sentenciar o encontro pero o esférico non entrou. O colexiado decretou o final nun partido que o resultado fixo xustiza o fútbol desplegado pola Makina Amarilla que se afianza nos postos altos da taboa, concretamente na 4ª posición logo de que o partido Visantoña-Encrobas non se disputase debido os efectos do temporal que arrasou Galiza na fin de semana.
Os pupilos de Fer recibirán o vindeiro domingo no Municipal de Vilasantar o líder da competición que viaxa invicto nesta campaña, o Oza dos Ríos CF a partires das 16:15 horas. Os xogadores e o corpo técnico conxuráronse para intentar ser o primeiro equipo en derrotar o gran equipo de Oza e seguir así coa súa boa xeira de resultados.

Xuvenís: C.D. Obrero 0 - Atlético Sobrado Xuventude 3

Os xogadores de Muni acadaron unha importante victoria no campo de O Condús de Oleiros fronte o Clube Deportivo Obrero polo contundente resultado de 0 goles a 3.
O equipo marelo desplegou un gran xogo e presentou a novidade de Fran Miraz na punta de ataque xunto o pichichi Pablo Naveira. Os dous dianteiros na tarde do sábado marcarían. Pablo Naveira sería o executor de dous goles e Fran Miraz faría o outro gol, esta victoria fai que o equipo xuvenil siga medrando na competición e para a vindeira xornada desplazarase o Campo Municipal de Curtis para disputar un apaixoante derbi fronte o C.C.D. Curtis.

Feminino: Furia Atlético 2 - Atlético Sobrado Xuventude 1 (María)

O equipo feminino tivo o sábado o que se pode denominar "o partido tonto da tempada". O infortunio aliouse coas xogadoras de Hassan para que os 3 puntos non voasen ata Sobrado.
Comezou marcando o C.A.S.X. por medio da súa pichichi María e posteriormente empataría o equipo local para chegar con empate a 1 gol o descanso.
O equipo de Sobrado tirou ata 4 veces o pao o longo do partido e cansouse de fallar contras de dous para un e tres para dous, está claro que cando o día se torce non hai nada que facer, isto quedou reflectido a dous minutos do final cando o equipo local marcou o 2-1 que sería o resultado final do partido para desesperación das nosas xogadoras que perderon un partido de xeito totalmente inxusto pero esta é a grandeza do deporte e non queda outra que repoñerse do que xa pasou e afrontar o vindeiro encontro con todas as gañas do mundo para desquitarse desta dolorosa derrota.


Nada máis polo de agora.

FORZA C.A.S.X.

xoves, 22 de xaneiro de 2009

Alberto Márquez convocado para un adestramento da Selección Galega Cadete

O xogador do Club Atlético Sobrado Xuventude Alberto Márquez foi convocado para o adestramento da Selección Galega Cadete de Fútbol Sala que terá lugar mañán a partires das 16:30 horas no Pavillón Municipal de Guitiriz.

O zurdo xogador do C.A.S.X. compaxina este ano actuacións no equipo cadete de fútbol sala co equipo xuvenil de fútbol.
Ademáis Alberto xa debutou coma titular esta tempada no primeiro equipo que adestra Fer, concretamente na victoria fronte o San Martiño con un resultado de 0-2.

Dende o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos darlle a noraboa a Alberto "o gemelo" polo seu bo facer que agora se ve recompensado en forma de convocatoria para a selección galega.

Partidos para a seguinte xornada


Esta fin de semana xogarán todas as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude e curiosamente todas o farán a domicilio.
Estes son os rivais e os horarios das diferentes categorías:
Categorías Inferiores de Fútbol Sala Deporte Escolar:
as categorías inferiores viaxarán ata Cabanas (Ferrolterra) para enfrontarse as Escolas Deportivas Municipais daquel municipio. Estes son os horarios:
sábado 24 de xaneiro de 2009
Benxamíns= 10:00 h
Alevíns= 10:40 h
Infantil= 11:20 h
Cadete= 12:00 h
Equipo xuvenil de Fútbol 2ª Autonómica Grupo II:
C.D. Obrero - C.A.S.X. sábado 24 de xaneiro, 16:00 h, Campo de O Condús
Equipo feminino de Fútbol Sala Liga Provincial:
Furia Atlético - C.A.S.X. sábado 24 de xaneiro, 18:00 h, Pavillón Municipal de Valga
Equipo senior de fútbol 3ª Aut. Grupo IV:
CF Toques - C.A.S.X. domingo 25 de xaneiro, 16:00 h, Campo Municipal de Toques.
FORZA C.A.S.X.

martes, 20 de xaneiro de 2009

Magníficos resultados para o noso clube


Nada que obxetar os resultados das 4 categorías que disputaron partidos nesta fin de semana. Sen lugar a dúbidas os equipos cumpliron con creces e voltan a amosar que está tempada está a ser magnífica para todas as seccións.
INFANTÍS:
en partido xogado na mañá do sábado no Pavillón Municipal de Sobrado, a categoría infantil (mixta) goleou as Escolas Deportivas de Vilasantar polo contundente resultado de 19-0.
XUVENÍS:
nun partido que o equipo de Muni afrontou coas importantes baixas do porteiro titular Carlos Martínez, o pichichi Pablo Naveira e o lateral Pedro convocados polo primeiro equipo para cubrir as numerosas baixas coas que contaban os seniors; os xogadores deron a cara e acadaron un importante empate a 3 goles fronte o C.D. Larín.
Con un improvisado porteiro (Ruchi) e con tan so 13 xogadores dispoñibles Muni presentou unha revolucionaria aliñación que dou os seus froitos.
Chegouse ó descanso con empate a 0 goles polo que para a segunda metade quedaron todos os goles (6) nun emocionante e intenso partido.
Adiantaríase o Larín nunha contra na que Ruchi nada puido facer. Non tardaría o C.A.S.X. en igualar o encontro nun magnífico zurdazo de Diego Fragío raso dende fora da área que entrou pegado o pao esquerdo da portería visitante.
No minuto 65 Diego Fragío (bigoleador na tarde do sábado) aproveitaría un rexeite o borde da área para conectar outro excelente zurdazo e anotar o 2-1, o Atlético Sobrado tomaba vantaxe nun encontro que se lle puñera costa arriba.
Pero no minuto 69 o Larín ía empatar o encontro a 2 goles nunha falta escorada executada con mestría de un fenomenal zapatazo o esférico entrou pegado o pao esquerdo da portería local no que Ruchi nada puido facer agás recoller o balón da rede.
Noutra contra xa no minuto 80 o Larín ía acadar o 2-3 polo que de novo o encontro se poñía costa arriba para o equipo de Muni pero ía ser Fran Miraz (capitán na tarde do sábado) de un maxistral "Free-Kick" por riba da barreira con efecto e pegado o pao quen establecería o 3-3 final no minuto 83. Con este empate o equipo xuvenil acada os 14 puntos e ten por xogar aínda un partido aprazado fronte o Cire Melide CF.
FEMININO:
o equipo de Hassan acadou un importante triunfo en Carral en partido aprazado fronte o Fame Negra F.S. que lle serve para colocarse na 2ª posición da taboa clasificatoria da Liga Provincial de Fútbol Sala.
As xogadoras laranxas golearon 2-7 nun partido onte o C.A.S.X. marcou os goles e tamén levou as patadas. As xogadoras locais emplearon métodos bruscos para intentar parar a calidade das nosas xogadoras pero esos intentos foron en vano pois a vista está o resultado.
O C.A.S.X. feminino xa sentenciou o encontro na primeira metade pois o electrónico reflexaba un claro 0-3 o remate dos primeiros 25 minutos.
As goleadoras na tarde do sábado foron Ta (2), Luci (2), María, Paty e Sara Montero.
Unha vez máis felicitar o equipo feminino que nos está facendo soñar a todos e a todas.
SENIOR:
o equipo de Fer segue a medrar conforme pasan as xornadas de Liga, non so en resultados senón en fútbol vistoso. A importante victoria acada o domingo en Mesía 1-2 súmase unha espectacular segunda parte na que a "Makina Amarilla" ofreceu un fútbol vistoso e combinativo do que lle gusta ver o espectador (non o típico patadón e todos para adiante que tan acostumados estamos a ver nestas categorías).
O equipo marelo comezou moi enchufado no partido fronte un difícil e forte rival que está nos postos medios altos da táboa clasificatoria. O C.A.S.X. presentábase en Mesía con importantes baixas: Roy (por sanción) ademáis de Luis e Guille (por lesión) e o porteiro Andrés (por motivos persoais). Por riba había varios xogadores "tocados", Iago aínda sofre fortes molestias no seu nocello dereito pola patada que lle propinou na xornada anterior o capitán do Boimorto polo que non pode golpear forte o balón, Juan non puido adestrar na tarde do venres por ter un intenso dolor nun xeonllo, Javi Souto pasou toda a fin de semana na cama para curar un forte catarro e tivo a xentileza de vir ó partido e aguantar coma un campeón todo o encontro ademáis de Javi Sánchez que arrastra molestias producidas por unha lesión que se fixo xogando a fútbol sala pero aínda así tamén se achegou a Mesía para vestirse de curto e alentar o equipo (Grazas Javi).
Destacar que debutou Álvaro no lateral dereito, o porteiro xuvenil Carlos Martínez foi titular, outro xuvenil Pablo Naveira foi clave no desenrolo do encontro pois anotou o gol da victoria e o tamén lateral xuvenil Pedro Penas tamén dispuxo de uns minutos.
Os primeiros minutos foron para o Atlético Sobrado que foi de cabeza polos tres puntos, e logo de un par de remates sen acerto de David e Nacho chegou a primeira ocasión clara na que Chino nunha excelente xogada remata o pao e no rexeite o esférico queda parado nun charco preto da liña de gol que aproveitou o porteiro local (un gran porteiro sen dúbida) para atallar.
O susto da tarde douno David que cando ía correndo comezou a ver borroso e tivo que parar uns minutos xa que presentaba síntomas de claro mareo. Logo de inxerir azúcar e preguntarlle se estaba para xogar o bravo dianteiro decidiu que seguía xogando.
Nunha boa xogada de ataque o Mesía íase adiantar, o xogador número 11 recibe de espaldas a portería baixa o esférico co peito para o que o xogador número 10 enganche un tiro elevado que se colaba na portería visitante.
Con 1-0 chégabase o descanso pero co Atlético Sobrado creando perigo e coa misión na segunda metade de materializar as oportunidades creadas.
No minuto 57 o capitán Esteban ía establecer as taboas no marcador. Chino executa un córner ó balón queda morto a altura do punto de penalti logo do despexe da defensa local que aproveita o "capi" para poñer o balón na escadra local e conseguir así o seu primeiro gol da tempada.
Este gol dou folgos a un C.A.S.X. que vía así reflectido (por fin) en resultado o seu bo fútbol de ataque.
De novo os paos evitarían outro gol marelo. Sería no minuto 61, nunha falta lateral de novo executada de xeito inmaculado por Chino o balón chega de novo a Esteban que remata, o porteiro local nunha acción "felina" despexa como pode o esférico que se vai o longueiro para sair a continuación a córner.
No minuto 69 xogada de libro: Esteban recupera o balón en medio campo, tira un caño a un xogador local facendo un autopase, cédelle o balón a Chino que tal como lle ben cambia o xogo a banda dereita por onde entra Pichi coma unha exhalación, o fino xogador pon de primeiras un medido centro o corazón da área onde aparece o pichichi da categoría Nacho para facer un espectacular remate en plancha que sae pegado o pao cando xa se cantaba o gol. Sen dúbida unha xogada digna de unha gran categoría.
Eran momentos onde o C.A.S.X. estaba a desnudar a defensa local con rápidas contras e este dominio faríase efectivo no minuto 79.
O xuvenil Pablo Naveira que actuou de interior dereito toda a segunda metade recupera o balón en 3/4 de cancha o intentar regatear a un rival sofre unha falta da que sae trompicado pero non chega a caer, o colexiado aplica ben a lei da vantaxe, o ex do Imperator antes de entrar na área regatea a dous rivais e chegando o punto de penalti aproveita que o porteiro local da un paso a dereita para cubrir o pao largo e Pablo mete o balón polo pao curto facendo un auténtico golazo de xogada persoal. Desbordouse a alegría no banquiño visitante sabedores de que a victoria estaba moi preto.
O Mesía tería unha derradeira oportunidade a balón parado faltando dous minutos para o remate nunha falta frontal a uns 3 metros da área do C.A.S.X. na que o executor fixo un forte lanzamento que pasou a escasos centímetros da portería de Carlos Martínez.
Chegouse o final do encontro con un C.A.S.X. que sae reforzado con 25 puntos na 5ª posición para afrontar o derbi fronte o Toques para a vindeira semana no Municipal toquense.
FELICIDADES A TODAS AS CATEGORÍAS.

martes, 13 de xaneiro de 2009

2 victorias e 2 derrotas nas categorías inferiores


Gañaron o equipo Benxamín 1-12 e o equipo Alevín 4-6 e perderon o equipo Infantil 8-6 e o equipo Cadete 8-5.
Todos os partidos foron disputados contra Irimón (a unificación dos Concellos de Irixoa e Monfero que este ano participan xuntos).

Victoria Feminina, Empate Masculino

O equipo feminino que adestra Hassan voltou a impoñer a súa Lei no Pavillón Municipal de Sobrado o golear ó Femiordes F.S. co marcador final de 9-4.
As xogadoras que adestra José Antonio Vázquez "Hassan" decidiron o encontro na segunda metade.
O descanso chegouse cunha mínima victoria local de 3-2 pero no reinicio o C.A.S.X. tería maior éxito na finalización ata chegar o marcador final.
As goleadoras na tarde do sábado foron: Paty (4), Tá (3), María e Luci.
Se o Atlético Sobrado gaña en Carral o vindeiro sábado nun partido que foi aprazado no seu momento o equipo feminino ubicaríase na 2ª posición da clasificación logo das derrotas esta fin de semana de Fisober F.S. e Boqueixón F.S. SINXELAMENTE SENSACIONAL A TEMPADA.
Polo seu bando o equipo masculino de fútbol empatou na tarde do domingo fronte o Boimorto C.F. a 1 gol.
Sendos goles foron de lanzamento dende o punto de penalti e por segunda semana consecutiva o Atl. Sobrado perdooulle a vida o seu rival errando moitas ocasións de gol e enviando un tiro o pao nun lanzamento de falta por parte de Chino no minuto 44.
O Boimorto adiantarase 2 minutos antes por medio do seu xogador Pablo Sandá dende os 11 metros.
Na segunda parte o asedio do C.A.S.X. foi total encerrando o Boimorto no seu campo. Incluso cando o noso equipo quedou con 10 homes no minuto 60 pola expulsión de Roy o equipo non baixou os brazos e seguiu o ataque. Logo de empatar por medio de un penalti sufrido por Chino no minuto 82 e transformado polo pichichi da categoría Nacho o equipo que adestra Fer non se amilanou e foi decididamente a polo partido chegando incluso momentos en que os xogadores visitantes lle pedían a hora o colexiado.
O Boimorto tivo a derradeira oportunidade do encontro nun erro de comunicación entre a defensa e porteiro local que rematou co balón no pao.
Non habería máis incidencias no partido e así rematou o encontro.

venres, 9 de xaneiro de 2009

Reforzo invernal


O C.A.S.X. ven de facer o primeiro reforzo invernal de esta tempada para o primeiro equipo, trátase de Álvaro que actualmente xoga no Disco 600 de fútbol sala na Liga de Salesianos de A Coruña.
Álvaro estivo unhas tempadas afastado dos terreos de xogo logo de sufrir dúas operacións con roturas de ligamentos en sendos xeonllos pero agora volta motivado e con gañas de traballar para facerse con un posto no 11 do equipo que adestra Fer.
O seu debut oficial poderíase producir o vindeiro domingo no encontro fronte o Boimorto C.F.
Saudos
FORZA C.A.S.X.

Iván Cabado operado con éxito


O xogador xuvenil Iván Cabado foi operado con éxito o pasado día 7 de xaneiro no Hospital San Rafael de A Coruña logo de romper o menisco por 5 lugares diferentes no partido da primeira xornada ligueira da 2ª Autonómica Xuvenil fronte o C.C.D. Curtis.
Ademáis Iván xa debutou esta tempada co 1º equipo do Atlético Sobrado Xuventude.
Aínda non está estimado o período de recuperación do bravo defensa marelo.
Agardemos que a recuperación sexa satisfactoria e volte axiña os terreos de xogo.
Con esta é a 2ª operación pola que pasa un xogador do noso clube esta tempada, recordemos que o xogador do 1º equipo Álex foi operado no mes de outro por rotura de ligamentos.
Desexamoslles unha pronta recuperación os dous futbolistas.

xoves, 8 de xaneiro de 2009

Novos encontros ligueiros


Na vindeira fin de semana xogarán todas as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude agás o equipo xuvenil de fútbol.
As categorías inferiores disputaráns os seus encontros na mañá do sábado fronte Irimón, ou o que é o mesmo, unha unificación dos Concellos de Irixoa e Monfero. Os partidos disputaranse no Pavillón Municipal de Irixoa. Estes son os horarios:
Benxamín: 10:00 horas
Alevín: 10:40 horas
Infantil: 11:20 horas
Cadete: 12:oo horas
Pola súa banda o equipo feminino de fútbol sala de Liga Provincial recibirá no Pavillón Municipal de Sobrado ó Femiordes F.S. a partires das 17:00 horas na tarde do sábado co fin de seguir loitando polos postos altos da taboa clasificatoria.
O equipo senior de fútbol disputará un apaixoante partido na tarde do domingo a partires das 16:00 horas no Campo Municipal de Vilasantar fronte ó Boimorto C.F., o equipo de Fer afronta este difícil partido con 5 baixas (Luis, David, Esteban, Muni e Pichi) coa intención de superar a 5ª posición da clasificación que ocupa na actualidade.
FORZA C.A.S.X

mércores, 7 de xaneiro de 2009

Imparable

O equipo senior do Club Atlético Sobrado Xuventude segue imparable a súa escalada cara os postos altos da clasificación.
Nestes días o equipo que adestra Fer disputou 2 encontros: fronte o Vilamaior e fronte o Encrobas na tarde de onte (este último fora aprazado no seu día debido a unha importante capa de neve que cubría unha das áreas do Municipal de Vilasantar).
No partido fronte o Vilamaior o resultado foi 0-0 un resultado que deixou mal sabor de boca no noso equipo pois o Atlético Sobrado foi o gran dominador do encontro e erramos clarísimas ocasións de gol, ata 6 veces se cantou o gol local pero este non chegaría. Ademáis o colexiado nun erro que puido cambiar o signo do partido anuloulle un gol legal a David tras pase do xuvenil Mario no que o colexiado mal posicionado decretou fora de xogo mentres o dianteiro marelo estaba ubicado por detrás do esférico. Pola súa parte o Vilamaior tivo un triple ocasión na primeira metade que detivo con gran acerto o cancerbeiro Andrés e outra na segunda metade onde o seu dianteiro Tacón errou un claro remate de cabeza.
Na tarde de onte o C.A.S.X. disputou o encontro aprazado fronte o Encrobas, o resultado foi 2-0 a prol do noso equipo con goles na segunda metade de Nacho que con este gol (o 6º da Liga) ubícase pichichi da categoría empatado co dianteiro do Vilamaior Tacón e de Chino logo de transformar un penalti que él mesmo sufriu.
A Makina Amarilla costoulle "abrir a lata" pois no primeiro tempo errou 2 claras oportunidades e os minutos pasaban pero o gol non chegaba. Sería mediada a segunda metade logo de un córner que sae rexeitado, o balón chégalle en banda dereita a Pirulo que pon un excelente centro, o balón chegalle a Nacho e o pichichi "a trancas e barrancas" acaba marcando o gol que adiantaba os marelos.
Xa no minuto 84 chegaría o gol da tranquilidade nun claro penalti que sufriu Chino que tras adentrarse na área o central visitante derribao con contundencia podendo incluso habelo mancado de gravidade. O penalti transformouno él mesmo e con este suma 2 goles nesta tempada, un xogador que está habituado a marcar máis goles pero que este ano está a facer un magnífico traballo en posicións máis retrasadas e o equipo estase a beneficiar notoriamente.
Dicir tamén que volvimos a sufrir o arbitraxe de Julián, o de este colexiado é tristísimo, voltounos a pitar 4 foras de xogo que él se inventou e a verdade é que xa estamos comezando a estar un pouco fartos de este tipo, unha vez vale, dúas tamén, pero sempre pitando a mala fé xa non fai gracia ningunha.

- Por outra banda reseñar tamén que o equipo xuvenil tiña partido este sábado fronte o Cire Melide pero o colexiado que estaba designado enfermou e mandou unha circular a Federación para avisar pero por unha neglixencia non se designou outro colexiado e o partido quedou sen disputar. Agora haberá que agardar a outra data para saber que día se xoga o encontro.