xoves, 26 de febreiro de 2009

Fogar, doce Fogar

A nova máis destacable desta semana é que por fin voltamos a casa!!!!! o Campo Municipal de Sobrado acollerá a partires do domingo todos os encontros que o Club Atlético Sobrado Xuventude na súa categoría senior dispute como local.
O domingo 1 de marzo os homes de Fer recibirán a partires das 16:30 horas o Visantoña C.F. no que será un bonito partido entre o 4º e 5º clasificado apurando as opcións de ascenso das que aínda dispoñen ambos conxuntos.
O sábado 28 de febreiro o equipo xuvenil e o femino de fútbol sala tamén disputarán os seus partidos como locais.
Polo que respecta o equipo xuvenil recibirá no Campo Municipal de Vilasantar a partires das 16:15 horas ó San Estevo de Abellá.
O equipo feminino de Liga Provincial de Fútbol Sala recibirá a partires das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Sobrado o F.C. Brión nun difícil enfrontamento no que as xogadoras de Hassan loitarán por seguir codo a codo co Drako Noantía a súa disputa polo ascenso.

Polo que respecta o resto das categorías inferiores desplazaranse na mañá do sábado 28 de febreiro a Ferrolterra, concretamente ó Concello de Cabanas para disputar os seus encontros contra as Escolas Deportivas Municipais do citado concello:

Estes son os horarios:

Benxamín: 10.30 h
Alevín: 11.15 h
Infantil:12.00 h
Cadete: 12.45 h

Saudos

FORZA C.A.S.X.


Os horarios

Xuvenís: Atlético Sobrado 3 - Cire Melide 4

O pasado martes de Entroido disputouse en horario matutino no Campo Municipal de Vilasantar o encontro de xuvenís C.A.S.X. - C.I.R.E. aprazado no seu momento por incomparecencia arbitral.
O derbi foi entretido, con alternancia no marcador e con moitos goles (7),
O C.A.S.X. comezaría dominando o encontro e o cuarto de hora xa gañaba 2-0 con goles de Javi Souto e Pablo Naveira ademáis o cadro marelo estaba a desplegar un gran fútbol neses momentos e marrou infinidade de oportunidades que ben poderían haber sentenciado o choque na primeira metade. Pero está claro que no deporte quen perdoa paga e así ocorreu; o Cire recurtou distancias e cando se estaba a piques de chegar o descanso empatou o partido a 2 goles.
Na segunda metade o C.A.S.X. acosou a expulsión de Alberto Márquez que tivo que sair do terreo de xogo logo de cometer un penalti.
O Cire púxose en vantaxe 2-4 e sería de novo Pablo Naveira o que poñería a incertidume no marcador co 3-4. Preto do final do encontro chegaría a polémica do partido pois o noso equipo sufriu un claro penalti que o colexiado non pitou (non estamos a ter ningunha sorte coas arbitraxes) e que os xogadores foron a protestar coa impotencia e inxustiza que da ver como unha clara pena máxima non é cobrada.
Chegouse así o final dun partido no que o C.A.S.X. desperdiciou a oportunidade de poñerse en postos de ascenso pero queda moita liga e seguiremos loitando.

FORZA C.A.S.X.

martes, 24 de febreiro de 2009

Xornada de agresións

O de esta xornada é sinxelamente indignante. Tanto cos equipos contra os que xogamos en categoría xuvenil e senior por fomentar a violencia e por riba tristemente envalentonarse por elo coma polos colexiados que permiten estas actitudes noxentas e pouco favorables para o deporte. Ogalla chegue algún día no que se sancionen como se merecen as agresións e as ameazas e se limpe o deporte de unha santa vez. Algúns directivos deben reflexionar e pensar que os primeiros que non deben fomentar a violencia (tanto física coma verbal) son eles e servir coma exemplo a plantel e afeccioados. Desgraciadamente nalgúns casos ocorre todo o contrario e parece ser que lles vai máis a vea "holligan" que a vea pacífica. Eles verán...

2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Oza dos Ríos 1 - C.A.S.X. 4

Goleada doada dos xogadores de Muni fronte un colista Oza dos Ríos o que seguramente se o equipo estivese federado a Kick Boxing estarían máis arriba na clasificación. Semana tras semana na federación non deixan de chegar sancións de este equipo por agresións a equipos rivais e colexiados. Esto ten que parar xa e pensar que "a coña" de todas as semanas un día vai a ser algo sería do que o mellor todos nos lamentamos. Toca reflexionar.

No partido do sábado sufrimos 2 agresións que o colexiado non quixo ver por "acojone" (disculpádeme a palabra) e non hai dereito a que ningún xogador traia marcas para a casa porque un par de dementes non saiba perder. Parte de culpa téñena os directivos que teñen que ser os primeiros en reprobar esta serie de actitudes e non fomentar a violencia. O Oza sufriu 2 expulsións pero puideron ser máis. O final do encontro o público queríalle pegar a Ruchi porque segundo eles: "dou moitas patadas no partido". En fin... para que comentar nada logo de 1-4, o marcador deixa ben as claras o que ocorreu no terreo de xogo. Menos mal que había algúns pais do noso equipo e puideron separar a gresca que se aveciñaba, aínda así o colexiado non reflectiu nada na acta arbitral.

Os goles foron marcados por Iván Cabado, Javi Souto, Fran Miraz e Diego Amil o gol dos locais foi marcado por Kevin Cabado. Con este resultado o C.A.S.X. segue a 1 punto dos postos de dan acceso directo o ascenso a 1ª Autonómica.

------------------------------------------------------------------------------------------------

Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Esteirana F.S. 1 - C.A.S.X. 5

O equipo de Hassan presentouse en Esteiro (Muros) sen a súa porteira Laura, aínda así a portería estivo ben salvagardada pois Sandra, agora bautizada como "Zubi" tan so encaixou un gol fronte o equipo colista da competición.

O C.A.S.X. xa pechou a victoria na primeria parte chegando o descanso con un claro 0-3. Os goles foron marcados por Ta que acadou un "hat trick" e María en duas ocasións. Con esta victoria o noso equipo segue 2º empatado co líder o Drako Noantía F.S. aínda que con dous partidos máis.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

3ª Autonómica Grupo IV, fútbol: A.D. Abellá 2 - C.A.S.X. 0

Chegou a 4ª derrota da tempada tres meses e medio despois. O equipo de Fer viaxaba a Abellá para intentar achegarse a 4 puntos o 2º clasificado pero non foi quen de acadalo.

A "Makina Amarilla" dominou na primeira metade e tivo máis e mellores ocasións que o seu rival pero non as transformou polo que se chegou co resultado inicial o descanso.

Na segunda metade, entre xogadores locais (que agrediron a Guille e Esteban coa condescendencia do colexiado que torcía a cara para non ver nada) e o público que insultaba (sabedores do moito que se xogaban) lideras polo seu presidente que se ofendeu porque despois de insultar os nosos afeccioados estes non lle quixeron mercar rifas e ameazou con votalos das instalacións; encargaronse de quentar o encontro para levalo o terreo que mellor saben o do fútbol rastrero e levarse o partido. O colexiado pitou un penalti máis que dubidoso a favor dos locais que Andrés Miraz parou. Pero logo outra "melé" iniciada polos xogadores locais chegou o primeiro gol do Abellá no minuto 70 obra de Cachopal. A partires de que lograron o primeiro gol os ánimos calmaronse pois xa tiñan o partido no seu terreo gracias a colaboración de un colexiado que non vía as agresións que sufriamos pero si que lle influian as nosas protestas que as saldaba con cartón marelo. Esteban sufriu un codazo no labio, acabou sangrando... e levandose o cartón por protestar, eso sí o agresor acabou o partido. O mesmo lle pasou a Guille que levou unha forte colleja propinada polo capitán local Sergio pero o colexiado torceu a cabeza para outro lado e dixo que non vira nada.

O segundo gol local xa chegou co tempo cumprido obra tamén de Cachopal que sentenciaría o choque e deixa o Atl. Sobrado a 10 puntos do 2º clasificado. Queda moita liga e loitaremos ata o final.

Estamos nun punto que o equipo que meta moitos afecciados no campo dispostos a caer moi baixo insultando o equipo rival e ameazando o colexiado e ademáis teña dentro do campo a dous ou tres xogadores capaces de agredir a un compañeiro de xogo (porque non olvidemos que os do equipo contrario son compañeiros de xogo) terá moito andado para gañar os partidos. Visto o visto, canto mellor tratas os colexiados e menos problemas lles creas peor te tratan a ti. Sinxelamente dende o Club Atlético Sobrado Xuventude condenamos unha vez máis a violencia e denunciarémolo unha e outra vez ata que xogadores, adestradores, directivos e afeccioados pensen que o fútbol é solo un xogo e non unha guerra nin unha batalla campal e que o máis bonito que hai no deporte non é gañar senón darlle a man a un rival unha vez finalizado o encontro.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

venres, 20 de febreiro de 2009

Facemos as Américas

Desta volta o Club Atlético Sobrado Xuventude chegou a Cuba, concretamente foi en Febreiro do ano pasado.
Eiquí vemos a Pazitos posando coa camisola "marela" acompañado" de unha amiga que fixo en Cuba e o primo da moza Antonio "Tony Aknipe" para os amigos.

Con loita, conseguirémolo!

O equipo senior afronta un partido crucial esta fin de semana que pode marcar o devir da Competición Ligueira neste curso 2008/2009.
Os homes de Fer visitan o domingo a partires das 16.15 horas o A.D. Abellá, 2º clasificado. O equipo de Frades lévanos 7 puntos de distancia, en caso de victoria medrarían considerablemente as opcións do Atlético Sobrado de disputar o posto de promoción de ascenso a 2ª Autonómica. A tarefa non vai ser doada pero a "Makina Amarilla" podeo conseguir. Destacar que o pichichi Nacho será baixa pola lesión que se produxo no partido da semana pasada fronte o San Estevo. O período de recuperación do goleador aínda está por determinar.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
O equipo xuvenil que está clasificado en 4º posición (recordemos que ascenden os 3 primeiros) visitará o Oza dos Ríos C.F. nun partido en que os discípulos de Muni quererán afianzar as súas opcións de ascenso.
------------------------------------------------------------------------------------------------
O equipo feminino viaxará ata Esteiro (Muros) para xogar fronte a Esteirana F.S., o equipo de Hassan afrontará o encontro co importante handicap que a porteira Laura non poderá ser partícipe deste encontro polo que Sandra "Zubi" será a súa sustituta. Sandra xa actuou noutro partido nesta campaña de porteira tendo unha destacada actuación.

FORZA C.A.S.X.

martes, 17 de febreiro de 2009

Chegamos a "London City"

O Atlético Sobrado, na súa intención de conquistar o mundo enteiro chegou hai algo máis de unha semana a Londres. Varias persoas de Sobrado, entre elas: Cris, Petete, Rose, Nishita e Malu foron a cidade inglesa de fin de semana e Cris, seguidora incondicional do C.A.S.X. tivo o detallazo de posar coa "marela" en pleno centro de Londres.

Grazas Cris pola foto. Bicos.

Chegamos ó Everest con "Polis", agora a Londres con este grupo de xente, onde será o vindeiro lugar?

C.A.S.X. 2008/2009 (conquistando o mundo)

2 victorias e 1 empate


Boa xornada en termos xerais para o Club Atlético Sobrado Xuventude aínda que soubo a pouco o empate colleitado no Municipal de Vilasantar fronte o San Estevo C.F. con tres erros clamorosos na mesma xogada do colexiado no gol do equipo de Frades.

2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Atl. Sobrado 5 - Once Caballeros 1

Non tivo problemas o equipo de Muni para facerse cos 3 puntos nun choque onde a boa nova foi o regreso os terreos de xogo de Iván Cabado logo da súa operación de menisco, ademáis o central voltou por todo o alto anotando 1 gol de penalti.
Os goles foron obra de Pablo Naveira (2), Mario, Fran e Iván Cabado (penalti).
Ademáis o conxunto marelo perdoou infinidade de ocasións que puideron determinar un resultado de auténtico escándalo. Con esta victoria o Atl. Sobrado colócase na 4ª posición con 20 puntos e con 3 partidos aprazados por disputar.

2 de estes partidos aprazados xa teñen data:

*Atl. Sobrado - Cire Melide C.F. martes 24 de febreiro (Martes de Entroido) ás 11:30 horas no Campo Municipal de Vilasantar.
*C.C.D. Curtis - Atl. Sobrado, xoves 19 de marzo (San Xosé) ás 12:15 horas no Campo Novo de Curtis.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Drako Noantía F.S. 3 - Atl. Sobrado 4

As xogadoras de Hassan infrinxíronlle a primeira derrota da tempada ó equipo líder na súa propia cancha a pesares de contar coas baixas de Ta e Sara Montero.
O descanso xa se chegou con victoria visitante por 1-2 e nada máis comezar a segunda metade o conxunto de Sobrado marcaría o 1-3.
Algunha xogadora coruñesa non encaixou moi ben a derrota e agrediu a Lucía logo de facerlle unha falta pero o colexiado non a viu ou non a quixo ver (o presidente da Federación Galega de Fútbol Sala é o presidente de este equipo, DE COÑA!). Curiosamente esta mesma xogadora xa foi expulsada en Sobrado no partido de ida e leva un total de 3 expulsións non que vai de campaña..., coincidencia????
Os goles do C.A.S.X. foron marcados por María, Patty, Lucía e Sara.
O Atlético Sobrado empata pois na táboa co equipo líder a puntos aínda que ten dous partidos máis disputados que as coruñesas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
3ª Autonómica Grupo IV: Atl. Sobrado 1 - San Estevo de Abellá 1

Indignación, esa é a palabra que resume a actitude do Atlético Sobrado co colexiado logo de validar o gol visitante. O enfado é enorme porque a actitude non é de recibo.

Comecemos polo principio:

Comezou dominando o San Estevo territorialmente os 10 minutos de encontro. No minuto 12 ía chegar a xogada que culminou nun cúmulo de desastres por parte do señor colexiado.
Andrés efectua un saque de portería, o balón recuperao en medio campo un medio centro dos visitantes axudándose dunha clara man (o colexiado non pita), o xogador do San Estevo intenta abrir o xogo a banda esquerda pero o pase saélle defectuoso e balón sal aproximademente medio metro (case da na valla de protección) por liña de banda, todos os nosos xogadores quedan parados xa que a fora é evidente, (pero non pita), o interior esquerdo do San Estevo nunha xogada de pillería dalle unha patada para adiante o balón e éste chega o seu dianteiro Pedro que se atopa nunha posición de polo menos 3 metros en fora de xogo (todos incredulos agardamos o pitido do colexiado), pero este non se produceu e dase unha situación de dous dianteiros en fora de xogo contra o noso porteiro, logo de regatealo, Pedro marca para os visitantes. O enfado era monumental, todos os xogadores foron a protestarlle ó colexiado e o abucheo do público era un clamor, logo de uns 20 segundos douse conta que acababa de meter a pata pero lonxe de rectificar resolveu a xogada con un "es que desde aquí no puedo ver la línea de banda". Se polo menos trotase vería a liña, a man e o fora de xogo, que o ve un neno de 3 anos.
3 erros graves nunha marxe de 10 segundos que aproximadamente durou a xogada (gustariame saber se fose grabado esto en video canto tempo metían a neveira ó arbitro porque o do domingo nesa xogada non é de recibo). É o gol máis escandaloso que nos teñen metido dende que estamos federados aló polo ano 1997.
Como se dou conta do seu fatal erro comezou a pitar faltiñas e foras de xogo ó noso favor sen ton nin son, para compensar, E ISO NON É DE RECIBO, SE SE EQUIVOCOU EN CONTRA NOSA, TOCA FASTIDIARSE PERO O EQUIPO RIVAL NON TEN CULPA DOS SEUS ERROS.
O dito, despois de unha serie de faltiñas en medio campo ó noso favor que non veñen a nada o encontro seguiu polos seus derroteiros.
David tivo a ocasión máis clara para o Sobrado na primeira metade con un remate de cabeza que cando xa entraba apareceu o lateral esquerdo do San Estevo en liña de gol para evitar o tanto.
Chegouse o descanso con 0-1 e con unha bronca monumental para o colexiado porque o do gol ninguén o olvidara.
No descanso o Sobrado intentou serenar os ánimos e o equipo conxurouse para remontar o partido a pesares do fatal erro do colexiado.
O Sobrado saiu a polo partido e no minuto 7 da reanudación Chino ía empatar o encontro con un soberbio zapatazo dende uns 20 metros que o porteiro visitante tan so puido seguir coa mirada. A remontada era posible... pero esta non chegou. O C.A.S.X. tivo 5 boas oportunidades para porse por diante sobretodo en dous man a man de Nacho nos que o porteiro do San Estevo lle salvou o partido o seu equipo e desviou a córner.
O San Estevo xogou agazapado toda a segunda metade agardando enganchar algunha contra e gañar así o partido, e así foi como tivo a súa oportunidade no minuto 89 na que Pedro logo de unha boa xogada persoal dalle o pase da morte o seu compañeiro de ataque pero o esférico pásalle por diante dos pes e non atina a conectar o chut.
A derradeira oportunidade do encontro sería para o Sobrado no minuto 92 cun lanzamento lonxano de Roy que saiu rozando o longueiro da portería visitante.
Chegouse ó final do encontro coa decepción da xogada do gol visitante, dous puntos que eran moi importantes para o equipo de Fer na súa meta por achegarse o 2º posto da táboa clasificatoria. O C.A.S.X. está agora mesmo a 7 puntos da praza de promoción de ascenso e para a vindeira semana visita o A.D. Abellá (2º clasificado) nun partido vital para as aspiracións marelas.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

xoves, 12 de febreiro de 2009

Importantísima xornada ligueira

Está semana os equipos feminino de fútbol sala e senior e xuvenil de fútbol afrontan unha importante xornada que pode determinar o desenlace de esta campaña 2008/2009.

Equipo xuvenil (2ª Autonómica Grupo II)

Club Atlético Sobrado Xuventude - Once Caballeros, sábado 14 de febreiro, Campo Municipal de Vilasantar 16.15 horas. O equipo de Muni afronta un importante encontro para achegarse máis aínda os postos que dan lugar o ascenso, o equipo xuvenil do C.A.S.X. está pendente dos 3 partidos aprazados que aínda ten e de gañalos as opcións de ascenso subirán coma a espuma.

Equipo feminino (Liga Provincial de Fútbo Sala)

Drako F.S. - Club Atlético Sobrado Xuventude, sábado 14 de febreiro, Pavillón de A Barcala- O Burgo (Culleredo) 19:00 horas. As xogadoras de Hassan afrontan o partido máis importante da tempada fronte o líder da Competición o Drako F.S. O noso equipo está clasificado en 2ª posición a 3 puntos do equipo líder aínda que con dous partidos máis. Para intentar acadar a primeira praza a victoria é fundamental. Todas as xogadoras están coas pilas cargadas para intentar conquistar o feudo do Drako F.S.

Equipo senior (3ª Autonómica Grupo IV)

Club Atlético Sobrado Xuventude - San Estevo de Abellá C.F., domingo 15 de febreiro, Campo Municipal de Vilasantar 16.15 horas. Partido vital para o equipo de Fer que a xornada pasada cumpriu a súa xornada de descanso e os resultados dos 4 equipos que o antecedente foron beneficiosos para a "Makina Amarilla". Esta semana visita o Municipal de Vilasantar o San Estevo de Abellá, un equipo que seguro que chegará coa moral a tope logo de ser o primeiro equipo en derrotar o Oza dos Ríos C.F., o líder da competición. Esta semana o A.D. Abellá descansará polo que unha victoria do equipo de Fer achegaría a 5 puntos da promoción de ascenso o equipo marelo e ademáis para a vindeira semana o noso equipo visita precisamente o 2º clasificado polo que as opción de loitar para o ascenso pasa por estes partidos. Ademáis nesta mesma xornada xógase o Oza-Visantoña, 1º fronte o 4º no que o C.A.S.X. en caso de gañar o seu partido fronte o San Estevo recurtarialle puntos mínimo a un dos dous equipos (en caso de empate recurtarialle os dous).

Polo tanto e como vedes son partidos de vital importancia, agora máis que nunca o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE NECESITA O APOIO DOS SEUS SIAREIROS PARA INTENTAR LOGRAR ACADAR O TRIUNFO NAS DIFERENTES CATEGORÍAS.

ACHEGÁDEVOS O MUNICIPAL DE VILASANTAR A ALENTAR O VOSO CLUBE ESTA FIN DE SEMANA.

VIDE A ALENTAR O C.A.S.X.


martes, 10 de febreiro de 2009

A neve de novo protagonista

Vista parcial do Campo de Fútbol de Vilasantar
Pódese apreciar que o lado da portería ques está preto dos vestiarios a neve abundaba

Plano xeral do Municipal de Vilasantar

De novo apareceu a neve na fin de semana e a xornada ligueira non puido seguir o curso normal, polo que o partido que os xuvenís tiñan que xogar fronte ó Atlético San Pedro foi aprazado e agora buscarase unha nova data. Con este é o 3º partido que a categoría xuvenil ten aprazado: Cire Melide (por inconparecencia do colexiado), Curtis (a Federación aprazou a xornada en vistas dun previsible temporal que logo non chegou) e Atl. San Pedro (por neve).
Tan so hai unha data fixada para estes partidos, será o xoves 19 de marzo (San Xosé) a partires das 12:15 horas no Campo Novo de Curtis fronte ó titular do terreo de xogo.
Tampouco o equipo alevín se puido desplazar a xogar o seu partido fronte as Escolas Deportivas de Coirós pois a estrada non estaba en condicións idoneas para afrontar ningún tipo de desprazamento a primeiras horas da mañán.
Nova e importante victoria do equipo Feminino: a única categoría que si disputou o seu partido foi o equipo feminino de Liga Provincial que gañou 1-0 ó C.D. Mabegondo con un golazo de María dende 15 metros no minuto 3 de encontro. O equipo de Hassan presentou numerosas baixas para este partido pois non puideron asistir por diversos motivos: Ta, Paty, Sandra, Sara Montero e Tamara Fandiño. Aínda así o equipo puxo moito empeño ó longo dos 50 minutos e acadou unha importante victoria que da moita moral para afrontar o vindeiro partido na Coruña fronte o líder Drako F.S.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

FOTOS XENTILEZA DO GRUPO RAMOS SEOANE S.L.




xoves, 5 de febreiro de 2009

Só 3 categorías xogarán esta fin de semana

Tan só 3 categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude disputarán partidos oficiais esta fin de semana. O resto de categorías descansan, estes son os enfrontamentos:

Alevíns: E.D.M. Coirós - C.A.S.X. sábado 7 de febreiro, 10.15 h; P.M. de Coirós

Xuvenís: C.A.S.X. - Atl. San Pedro, sábado 7 de febreiro, 16:15 h; Municipal de Vilasantar

Feminino: C.A.S.X. - C.D. Mabegondo, sábado 7 de febreiro, 20:00 h; Pavillón Municipal de Sobrado

FORZA C.A.S.X.