mércores, 22 de abril de 2009

O Betanzos "B" C.F. será o rival na Copa

Un rival de superior categoría (2ª Autonómica) foi o que lle tocou o C.A.S.X. senior en sorte no sorteo da nova Copa das Mariñas que se vai disputar este ano e que se celebrou na tarde noite do luns na biblioteca municipal González Garcés de A Coruña.
O equipo betanceiro, filial do conxunto de Preferente está agora mesmo na metade da táboa de 2ª Autonómica e visitarán o Municipal de Sobrado o Venres 1 de maio a partires das 17.30 horas.
Esta eliminatoria é a partido único.
Ademáis temos o handicap de que o día seguinte temos xornada ligueira pois desplazarémonos a Boimorto para enfrontarse o equipo local polo que o cansanzo pode facer mella pero o rival tamén o notara pois tocoulle en sorte nada máis e nada menos que todo un Laracha C.F. equipo de está loitando por ascender a 3ª División Naciona.

Agardemos que a Copa nos traia grandes alegrías.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

O equipo senior non para de golear

Moi boas, perdón pola tardanza en actualizar o blog pero problemas técnicos impedían a inserción do post. Arranxados éstes imos logo co que nos ocupa:

o equipo de Fer acaba de enlazar 3 triunfos con goleadas incluidas os derradeiros clasificados da liga.
No partido anterior a Semana Santa, no desplazamento a Encrobas o C.A.S.X. colleitou un magnífico resultado facendolle un "set" o equipo local 2-6.
Xa o descanso os homes de Fer gañaban por un claro 0-3. Inaugurou o marcador o capi Esteban de un soberbio cabezazo, o segundo gol foi obra de Javi Sánchez e David de soberbio testarazo faría o 3º.
Na segunda metade o C.A.S.X. saiu un pouco máis relaxado e ía acurtar distancias o equipo local 1-3. Pero de novo David abriría distancia no marcador marcando o seu segundo gol da tarde. Nacho nunha excelente xogada persoal faría o 1-5 e Chino logo de un excelente pase interior de Luis faría o 1-6. O equipo local sería o encargado de marcar o último gol da tarde de un soberbio lanzamento de falta.
Esta xornada visitounos o Curtis, pechacancelas da liga e o resultado non puido ser máis esclarecedor: 5-1
Miguel Liboreiro os 20 segundos de partido marcaría dende medio campo o primeiro gol do encontro. Empataría Rivaldo para o Curtis con un bo gol de falta. Javi Sánchez volvería a adiantar o C.A.S.X. de un excelente zurdazo que entrou pegado o pao e David antes do descanso faría o 3-1.
Na segunda metade Nacho faría o 4-1 con un bo lanzamento dende fora da área e Chino pecharía a conta nun man a man co porteiro.
Esta semana o C.A.S.X. visita o sábado a partires das 17 horas ó Vilamaior 5º clasificado, de gañar o noso equipo situaríase na 5ª praza en detrimento do equipo da terra de Ordes.

Polo que respecta o equipo xuvenil no derbi fronte o Cire Melide perderon case todas as súas aspiracións de ascender a 1ª Autonómica logo de sair goleados 5-1 do feudo melidense.
O equipo de Muni fixo unha boa primeira metade a pesares de ir o descanso perdendo 2-1 e logo de que o porteiro Carlos Martínez detivese unha pena máxima. O gol do C.A.S.X. marcouno Mario Novo. Na segunda metade o equipo xuvenil non rendiu o mesmo nivel e encaixou 3 goles máis que serven para que se vexa xa moi de lexos as mínimas opcións de ascenso. Esta xornada visitarán o C.D. Larín a partires das 17 horas na tarde do sábado.

O equipo feminino perdeu 5-2 fronte o Xerfa F.S. na xornada anterior a Semana Santa, os goles das nosas xogadoras foron obra da pichichi María e de Lucia.
A xornada pasada tiñan que enfrontarse como locais o Fame Negra F.S. pero este equipo retirouse da competición polo que houbo xornada de descanso.

Nada máis polo de agora, moito ánimo para afrontar a recta final da tempada.

FORZA C.A.S.X.

xoves, 2 de abril de 2009

Ultima xornada antes do parón de Semana Santa

Os equipos senior, xuvenil e feminino do Club Atlético Sobrado Xuventude disputarán esta fin de semana a ultima xornada de liga antes do parón das vacacións de Semana Santa.

Os tres partidos se disputarán na tarde do sábado 4 de abril. Estes son os horarios:

XUVENIL: C.I.R.E. Melide - C.A.S.X. 17.00h Municipal de Melide
O equipo de Muni afronta un trascendental partido na súa loita polo ascenso a 1ª Autonómica, ademáis o equipo melidense terá o importante handicap de que contará con moitos sancionados logo do último partido contra Oza dos Ríos C.F.
SENIOR: Encrobas C.F. - C.A.S.X. 17.00h As Tinajas
O equipo senior quere seguirse afirmando nos postos medios-altos da táboa clasificatoria. Fer recupera a David que volve logo de sanción e perde a Miguel Liboreiro por unha lesión no seu hombreiro dereito.
FEMININO: Xerfa F.S. - C.A.S.X. 20.00h Pavillón Municipal de Culleredo
As xogadoras de Hassan están conxuradas para quedar na 2ª praza da Liga Provincial a final de campaña e un triunfo o sábado sería de vital importancia para acadar este ambicioso obxetivo.

Saudos

FORZA C.A.S.X.