xoves, 17 de decembro de 2009

22692, último día á venda


Hoxe é o último día que o Club Atlético Sobrado Xuventude terá á venda o futuro "Gordo" de Nadal que será nada máis e nada menos que o 22692. Recórdovos que vendemos décimos e tamén participacións. Non vos quededes sen él se non queredes que vos pese toda a vida. Se desexades ter este número non tedes máis que poñervos en contacto con calqueira membro da directiva.
Saudos
Forza C.A.S.X.
O MARTES FACEMOS MILLONARIO A SOBRADO E OS SEUS ARREDORES

Última xornada antes das vacacións de Nadal

Todos os partidos das categorías senior, feminino e xuvenil disputarán os seus partidos o sábado 19 de decembro. Pola súa banda, as categorías inferiores non terán xornada ligueira.
Esta é a última xornada antes das merecidas vacacións de nadal para os nosos equipos.

Estes son os encontros, lugares e horarios:

SENIOR:

Club Atlético Sobrado Xuventude - SD Pontecarreira, 16.00 h, Campo Municipal de Sobrado

XUVENIL:

Vizoño SD - Club Atlético Sobrado Xuventude, 16.30 h, O Pinar (Vizoño-Abegondo)

FEMININO:

Club Atlético Sobrado Xuventude - A Salina Xuventude F.S.F. (Muros), 18.00 h Pavillón Municipal de Sobrado

Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Logo da xornada pasada así quedan as clasificacións en senior, feminino e xuvenil:

SENIOR:

1. David 8

2. Chino 7

3. Luis 4

4. Nacho, Miguel Liboreiro 2

5. Esteban, Pirulo, Roy 1

FEMININO:

1. María Seoane 6

2. María Gómez, Patricia Fuentes 2

3. Sara, Patricia Sánchez, Lucía 1

XUVENIL:

1. Damián 5

2. Miguel Combo, Iván 2

3. Alberto Márquez, Alejandro Márquez, Jorge, David Vidal, Diego Amil

martes, 15 de decembro de 2009

Senior: máis arbitraxes así non por favor

Inxusto empate o colleitado polos homes de Fer no céspede artificial do Laracha CF fronte ó seu filial. O equipo marelo xogou máis e mellor en prol da victoria pero outra vez a falta de acerto e como novidade as malas artes de un colexiado que perxudicou notablemente á Makina Amarilla fixeron que tan so puidese vir un punto para Sobrado.
Na primeira metade comezou o partido con dominio alterno pero as mellores ocasións terías ó Sobrado que non andivo atinado. O colexiado anularía ben un gol a Miguel Liboreiro na primeira metade logo de que Nacho que estaba en fora de xogo tocase o esférico. Co 0-0 chegaríase o descanso.
O pouco de comezar a segunda metade Chino daría vantaxe os visitantes con un soberbio golazo dende uns 18 metros (na foto vese como os xogadores felicitan ó goleador) que entrou pegado ó longueiro do Laracha B. O colexiado pouco a pouco foise erixindo coma o triste protagonista do encontro, na primeira metade o numero 11 local dalle unha patada na man a Cuadrado cando este xa tiña detido o esferico sen que nesa accion fose amonestado.
O numero 9 na segunda metade seria quen lle meteria a rodilla en todo o "costillamen" a Cuadrado logo de que este despexase de puños, o colexiado tampouco quitou a clara tarxeta. O partido foise quentando, discusions, insultos, o numero local quixo agredir a Chino porque este o pisou involuntariamente nunha xogada na que xa se ia por banda..., o numero 4 do Laracha agrediu a Nacho e logo escondeuse detras dos compañeiros sen que o colexiado o sancionase, con unha cara de pasividade que te fai enfadar ainda mais..., e asi chegou a xogada do gol visitante, DE AUTENTICA TRACA... Ivan despexa un balon de cabeza, o dianteiro local levanta a perna a altura da sua cabeza e o colexiado lonxe de pitar falta a favor do Atletico Sobrado pita en contra para sorpresa de todos, a falta e executada con celeridade polos locais o balon chega a banda dereita e o interior controla o balon nunha clara man, o colexiado non aprecia nada ante as protestas do noso equipo, adentrase na area lanza e o seu balon vate no longueiro, o balon recolleo outro dianteiro que a trompicons establece o empate ante a pasividade arbitral.
O partido seguiuse quentando e houbo discusions entre Esteban e dous xogadores locais, 3 afeccioados saltaron o terreo de xogo sen que aparecese reflectido en acta. Seguidamente "obsequiounos" pitandonos 2 foras de xogo onde os nosos dianteiros arrancaban en posicion correcta e para rematar non pitou un claro penalti de un dos centrais do Laracha B logo de que David tirase a porteria e o central puñese o brazo para que lle impactara o esferico. Un desastre de arbitraxe que unido o dos xuvenis desta mesma fin de semana, da gañas de mandar todo esto a freir esparragos. TODAS AS PERSOAS SE EQUIVOCAN, PERO AS COUSAS EVIDENTES HAI QUE PITALAS, E SE NON VALES TERALO QUE DEIXAR, HAI XENTE QUE A VOTAN DOS SEUS TRABALLOS POR ESO...

ANALIZAO...

Feminino: A Fervenza B 2 - C.A.S.X. 3

Gran resultado o colleitado o domingo pola mañá en Narón polas xogadoras adestradas por Hassan. Un partido que non é agradable de xogar pois trátase de un domingo a mañá, a 70 kilómetros de distancia polo que o madrugón é considerable.
O C.A.S.X. comezou perdendo pero sería Patricia Fuentes a encargada de establecer as táboas no marcador. Co empate a un gol chegaríase o descanso.
Na segunda metade A Fervenza B adiantaríase de novo pero Lucía de lonxano lanzamento voltaría a por a igualada no electrónico. O C.A.S.X. púxose por diante no partido cando realmente importa que é o final e sería a pichichi e capitana María Seoane a que daría o triunfo o equipo sobradés. Con este resultado o Atlético Sobrado instalase nos postos altos da táboa.

Categorías inferiores: moi superiores

Os equipos benxamín e infantil deron boa conta do Concello de Cabanas na mañá do sábado no Pavillón Municipal de Sobrado. Os rapaces adestrados por Hassan acadaron sendas victorias por abultados marcadores. Estes foron os resultados:

Benxamín: C.A.S.X. 10 - Concello de Cabanas 4
Infantil: C.A.S.X. 9 - Concello de Cabanas 5

Xuvenil: inxusto empate

Enfado coa arbitraxe e mal sabor de boca deixou nos integrantes do equipo xuvenil o empate a 2 goles colleitado na tarde do sábado fronte ó Atlético San Pedro (4º clasificado).
O C.A.S.X. foi mellor que o seu rival, en todo momento mereceu gañar o encontro e os graves erros do xove colexiado foron determinantes á hora de decidir o resultado.
Comezou o Atlético Sobrado moi ben prantado sobre o terreo de xogo, tratando ben o esférico e creando dúas ocasións de gol nas que non houbo acerto rematador.
Na terceira xogada de perigo a favor dos locais, o ataque amarelo atopou un oco entre a defensa do Atlético San Pedro e Diego Amil aproveitou o erro defensivo branco e vermello para anotar o primeiro gol da tarde, era o minuto 9 de encontro.
Pasados uns minutos ó porteiro visitante doulle por silbar (simulando o chiflo do colexiado) por dúas veces creando confusión entre os xogadores e incluso por un intre nunha xogada de ataque local todos os xogadores incluso se pararon. Os xogadores do Atlético Sobrado comentaronlle ó colexiado que era tarxeta marela pero o arbitro decía que non sabía quen emitía ese son.
O Atlético Sobrado seguiu atacando pero infructuosamente e co 1-0 chegaríase ó medio tempo.
Na segunda metade e o pouco de reanudarse o xogo o Atlético Sobrado ía tomar máis vantaxe logo de recuperar o balón en medio campo, o balón chega os pes de Damián, o porteiro visitante volve a silbar, Damián duda se parar pero lanza un zapatazo dende fora da área e o esférico entra por toda a escadra. Era a vinganza a unha actitude antideportiva do porteiro visitante. Os xogadores locais volveron a pedirlle ó colexiado que amosase cartón marelo pola acción pero este fixo caso omiso.
Seguiu atacando o C.A.S.X e chegou unha das xogadas máis incribles do que levo vendo de fútbol, xogada por banda esquerda do ataque marelo, centro, o porteiro do Atlético San Pedro sae polo balón pero non atina a despexalo axeitadamente, o balón volve os pes do interior esquerdo do Sobrado que volve a centrar e aparece un defensa visitante que despexa o balón ca man facendo unha palomita (penalti e expulsión clarísimo), o colexiado manda seguir e o Atlético San Pedro monta unha contra que case remata en gol visitante. Quedamos todos impresionados de que non pitase nada.
O Atlético San Pedro reduciría diferencias nunha xogada de estratexia onde un dianteiro visitante rematou a placer de cabeza dando o esférico en Samuel e entrando a continuación na rede local.
Os visitantes medraronse co gol e intentaron crear algo máis de perigo sobre a meta local sen moito éxito.
Outra xogada na que o colexiado se voltou a confundir foi logo de que un defensa lle cedese co pé o esférico o seu porteiro, este a collese na man dentro da área e non pitou cesión. A verdade é que a tarde do xove colexiado foi de todo menos afortunada. Pero ahí non queda a cousa, nunha contra marela, o porteiro volve a silbar e o colexiado seguiu na mesma actitude de non amosar cartón por decir que non sabía de onde viñan os silbidos. Fraco favor lle fai o porteiro xuvenil do Atlético San Pedro ó fútbol con esta acción (alguén lle debería decir algo...).
Para acabar con unha actuación lamentable o colexiado dou no minuto 93 por válido un gol os visitantes logo de dicir que o esférico rebasara a liña de gol nunha xogada na que Miguel Combo despexou. O colexiado sinalou o centro do campo, e os xogadores locais explotaron. Nesa xogada Miguel Combo acabou expulsado por protestas ó colexiado.
Así rematou un encontro no que o equipo xuvenil mereceu gañar con todas as da lei pero os graves erros arbitrias fixeron que tan só se puidese levar un punto. Agardemos que este xove colexiado faga exame de conciencia e pense que non ten porque intimidarse aínda que un señor maior en idade que él lle berre dende a banda. O colexiado é o xefe do partido e como tal así o ten que amosar. Ogallá teña un gran futuro.

luns, 14 de decembro de 2009

Gestán e o Club Atlético Sobrado Xuventude renovan o seu acordo por unha tempada máis

Por cuarta tempada consecutiva, Gestán, empresa de tratamento de residuos con sede na Canteira de As Pías e o Club Atlético Sobrado Xuventude renovaron o seu acordo para a tempada 2009/2010.

Dende que Gestán se instalou en terras sobradenses en ningún momento deixou de preocuparse polo deporte e a cultura do noso concello, axudando plenamente no bo funcionamento destas.
O acordo firmado entre ámbalas entidades a pasada semana serve para o que o Club Atletico Sobrado Xuventude coa axuda económica de Gestán poida desenrolar de xeito satisfactorio todas as súa actividades deportivas nas 6 categorías que ten federadas este ano. Recordemos que o Atlético Sobrado dispón de case 100 fichas federativas sumando fútbol e fútbol sala.

Pola súa parte o Club Atlético Sobrado Xuventude publicitará a Gestán no Campo de Fútbol, no Pavillón Polideportivo, neste blog así coma na web oficial do clube www.casx.tk (actualmente en obras).

venres, 11 de decembro de 2009

Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:

1. David, 8 goles
2. Chino, 6 goles
3. Luis, 4 goles
4. Nacho, Miguel Liboreiro, 2 goles
5. Esteban, Pirulo, Roy, 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane, 5 goles
2. María Gómez, 2 goles
3. Patricia Fuentes, Sara, Patricia Sánchez, 1 gol

XUVENIL:

1. Damián, 4 goles
2. Miguel Combo, Iván: 2 goles
3. Alberto Márquez, Alejandro Márquez, Jorge, David Vidal, 1 gol

Sancións: Pichi 3 partidos, Juan 1 partido, Iván 1 partido

Reunido na tarde de onte o subcomité de competición da Federación Galega de Fútbol, determinou que Pichi terá que cumplir 3 partidos de sanción pola expulsión sufrida a pasada semana fronte ó Oza dos Ríos "B". Polo seu lado Juan terá que cumplir un partido de sanción polo cartón vermello directo visto neste partido. O xuvenil Iván cumplirá o partido de sanción na tarde do sábado polo que será convocado para xogar co equipo senior o partido do domingo en Laracha.

xoves, 10 de decembro de 2009

Horarios dos encontros

5 categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude disputan partidos oficiais esta fin de semana. 3 encontros terán lugar o sábado (os 3 na casa) e 2 o domingo onde o equipo feminino e o senior terán que facer kilómetros para disputar os seus encontros.

SÁBADO 12 DE DECEMBRO

Cat. Benxamín: C. Atl. Sobrado Xuventude - Concello de Cabanas, 10.00 h Pavillón Polideportivo de Sobrado

Cat. Infantil: C. Atl. Sobrado Xuventude - Concello de Cabanas, 10.45 h Pavillón Polideportivo de Sobrado

XUVENIL: C. Atl. Sobrado Xuventude - Atl. San Pedro, 16.00 h Campo Municipal de Sobrado

DOMINGO 13 DE DECEMBRO

FEMININO: A Fervenza "B" F.S. - C. Atl. Sobrado Xuventude, 11.30 h Pavillón de As Lagoas (Narón)

SENIOR: Laracha "B" C.F. - C. Atl. Sobrado Xuventude, 16.00 h Municipal de A Laracha

SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS

Senior: o fútbol é así

Non puido ser..., o Atlético Sobrado voltou a caer derrotado por 4ª semana consecutiva, pero sen lugar a dúbidas sen merecelo. Con un plantel moi mermado, o equipo marelo só puido presentar 12 xogadores no partido do domingo.
Se algún equipo mereceu gañar ese foi sen lugar a dúbidas a Mákina Amarilla que dispuxo de bastantes ocasións a balón parado pero non foi quen de perforar a meta rival.
Na segunda metade máis do mesmo, maior presencia ofensiva do Atlético Sobrado que non daría os seus froitos. O Oza "B" tiraría de estratexia para levarse os 3 puntos e na saida de un córner un xogador visitante remata so no pico da área e o esférico introdúcese na meta de Cuadrado, un Cuadrado que por outra banda cuallou un excelente encontro.
Posteriormente chegou a expulsión de Juan logo de agarrar a un rival cando éste xa ía encarar a Cuadrado, o C.A.S.X. con 10 homes seguiu levando perigo a balón parado pero as "fadas" conxuráronse para que os 3 puntos voaran do municipal sobradés e o esférico seguiu sen ver rede.
Nun rifi-rafe logo de unha falta a favor do Sobrado, Pichi e un xogador visitante serían expulsados quedando 9 contra 10.
O Oza puido sentenciar o encontro nun roubo de balón logo de un saque de curruncho, de xogadores visitantes plantaronse sos con Cuadrado que estivo hábil, rouboulles o balón saindo da área a abortou así unha xogada de perigo extremo. O C.A.S.X. aínda tería 3 oportunidades máis, a primeira na cabeza do pichichi David que se foi fora e as dúas seguintes Luis. Na primeira Luis engancha unha volea segundo lle ven a uns 3 metros da área pequena e o balón sae rozando o pao cando xa se cantaba o gol na grada. A derradeira oportunidade do encontro foi no minuto 93, nunha falta excelentemente executada polo propio Luis pero o balón dou no longueiro e saiu a continuación. Chegouse ó final cunha agria derrota, pois o Sobrado mereceu máis pero os puntos viaxaron a Oza. Agardemos pasar o pesadelo deste mal mes e voltar a recuperar a senda dos bos resultados.

Xuvenís: o empate da deixadez

Cando fago as crónicas non me gusta ser duro con ningún equipo e menos evidentemente co noso pero o empate que colleitaron (ou máis ben regalaron) os nosos xuvenís é para mencionar e sentirse defraudado. De feito, a opinión xeral dos espectadores do encontro o final do partido era de enfado cos xogadores pola mala actitude mostrada, pola desgana, e por esa falta de ambición para lograr os tres primeiros puntos que tanto tardan.
Comezou moi ben o C.A.S.X. o encontro pois os 8 minutos Iván Cabado xa marcara o primeiro gol de cabeza do encontro. A este tanto seguírono dous máis de Damián que poñía nunha clara vantaxe de 3-0 o encontro (dicir que o Unión Campestre xogou con 10 homes todo o partido por non dispoñer de máis efectivos para afrontar o encontro).
Antes do descanso o Unión Campestre faría o 3-1 nun erro defensivo dos locais, con ese resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade a actitude dos homes de Pirri foi lamentable, reprochable e digna de ser mencionada. Eles soiños se deixaron 2 puntos no encontro, pois non é normal que se erren 5 man a man co porteiro, que haxa un contragolpe do equipo rival e 6 xogadores marelos baixen andando coma se non fora con eles a guerra deixando vendida a defensa e o porteiro e non unha nin dúas, senón ata 4 veces ocurriu esto a pesares das arengas do público que lles pedía que baixasen defender e axudar os compañeiros de zaga pero nin por esas... a feira non ía con eles e así foi ó final. O Unión Campestre fixo o 3-2, os 3 minutos Iván é expulsado por doble amonestación e cando faltaban 7 minutos para o final chegaba o 3-3 que estaba claro que sucedería pois andando non se lle gaña a ninguén, estes primeiros ou penúltimos clasificados. O Unión Campestre aínda tivo a opción de marcar o 3-4 pero o dianteiro visitante non estivo atinado. O final reparto de puntos, un punto que sabe a derrota, e ademáis das dolorosas pois de ter o partido gañado a empatalo a pesares de xogar 75 minutos con un home máis é para reflexionar. Agardo que os xogadores fagan exame de conciencia...

Dúas novas e importantes victorias para as categorías inferiores

Os conxuntos Benxamín e Infantil do Club Atlético Sobrado Xuventude acadaron a pasada fin de semana dúas importantes victorias no seu enfrontamento contra Irimón (Unificación dos concellos de Irixoa e Monfero).
O equipo benxamín goleu por un tanteo de 10-5 mentres que o resultado do equipo infantil foi máis axustado: 5-3.

Noraboa os dous conxuntos e a seguir nesta boa liña.

xoves, 3 de decembro de 2009

Sancións: Fer 2 semanas, Nacho 1 partido

Reunido o Subcomité de Competición de A Coruña na tarde de onte dictaminou estas sancións logo das expulsións sufridas no derbi do pasado domingo fronte ó Cire Melide.

O adestrador Fer estará inhabilitado dúas semanas para exercer as súas funcións con unha multa accesoria de 6€ por "dirixirse os árbitros, directivos ou autoridades deportivas con actitudes de menosprecio".
O atacante de Vilasantar Nacho pola súa banda terá que cumplir 1 partido de sanción e multa accesoria de 3€ pola mesma causa que o seu adestrador.

Polo tanto Fer volverá a poder sentarse nos banquiños fronte a S.D. Pontecarreira no derradeiro partido do ano 2009 mentres que Nacho xa poderá ser participe do encontro da vindeira xornada fronte ó Laracha C.F. "B" se o adestrador melidense así o estima oportuno.

Horarios da vindeira fin de semana


4 categorías disputan partidos oficiais nesta fin de semana, pola súa banda a categoría alevín e o equipo feminino terán xornada de descanso.
Os horarios son os seguintes:
SÁBADO 5 DE DECEMBRO
Categoría Benxamín: C. Atl. Sobrado Xuv - E.D.M. Monfero-Irixoa
10.00 h, Pavillón Polideportivo Municipal de Sobrado
Categoría Infantil: C. Atl. Sobrado Xuv - E.D.M. Monfero-Irixoa
10.45 h, Pavillón Polideportivo Municipal de Sobrado
Xuvenil: C. Atl. Sobrado Xuv - Unión Campestre
16.00 h, Campo de Fútbol Municipal de Sobrado
DOMINGO 6 DE DECEMBRO
Categoría Senior: C. Atl. Sobrado Xuv - Oza dos Ríos "B" C.F.
16.00 h, Campo de Fútbol Municipal de Sobrado

Galardón Bota de Ouro Club Atlético Sobrado Xuventude

Clasificación actualizada:

SENIOR:

1. David, 8 goles

2. Chino, 6 goles

3. Luis, 4 goles

4. Nacho, Miguel Liboreiro, 2 goles

5. Esteban, Pirulo, Roy, 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane, 5 goles

2. María Gómez, 2 goles

3. Patricia Fuentes, Sara, Patricia Sánchez, 1 gol

XUVENIL:

1. Damián, Miguel Combo, 2 goles

2. Alberto Márquez, Iván, Alejandro Márquez, Jorge, David Vidal.

mércores, 2 de decembro de 2009

Senior: o melindre de Melide, a torrixa de Sobrado

O derbi do pasado domingo poderíamolo metaforizar adxudicándolle un postre a cada equipo. O Cire "regaloulle" 6 Melindres o Atlético Sobrado que pola súa banda otorgoulle o seu rival unha "torrixa" nos segundos 45 minutos digna de ser mencioada.
Calqueira que vise o partido enteiro non se pode creer que era o mesmo equipo marelo o que saltou o terreo de xogo nos primeiros 45 minutos e nos 45 restantes, na primeira metade o equipo do adestrador melidense Fer estivo ben plantado sobre o terreo de xogo, sen erros nas marcas, creando ocasións e intentando xogar o balón a pesares do anegado que estaba o terreo artificial de Melide.
Un único despiste defensivo custoulle o primeiro gol da tarde o equipo marelo, nun balón rematado por Popitas de cabeza. O Cire na primeira metade so fixo este tiro entre os 3 paos e casualmente foi gol. O Atlético Sobrado pola súa banda intentaba tiros lonxanos xa que o Cire estaba moi pechado. A Makina Amarilla fixo bo fútbol na primeira metade e tivo máis ocasións que o seu rival. Na derradeira xogada da primeira metade chegou a parte "antideportiva" e repudiable do fútbol, nun córner a favor do Atlético Sobrado cando Miguel Liboreiro se dispoñía a rematar o xogador local Rafa, sen haber balón polo medio nin nada que se lle parecese soltalle un puñetazo ó noso xogador en todo o vientre e Miguel queda tendido no chan. O colexiado, Don Julio para máis señas (un clásico de terceira autonómica a pesares da súa idade) dixo que non vira nada (esto xa nos sona de hai uns anos no Mesón do Vento con este mesmo colexiado, tampouco viu nada a pesares de que un xogador vestido de rúa saltou o terreo de xogo e intentou agredir a Chany, montándose un "pifostio" que aínda hoxe é recordado, dende aquel día a este colexiado coñecémolo como "o do palillo na orella" pois arbitrou de esta guisa naquel lamentable partido en terras de Ordes) e decretou o descanso do encontro. De novo unha agresión dun rival era perdoada e o xogador melidense tíñase que haber ido á caseta antes do descanso. Un fraco favor para o fútbol.
A segunda metade nada tivo que ver coa primeira, con un Atlético Sobrado máis impreciso, erróneo nos pases, con erros defensivos clamorosos..., un desastre.
O segundo gol chegou a saida de un córner, Popitas remata so na área pequena, sen marca, sen a oposición do porteiro nin nada de nada, un gol de infantís.
O pouco chegou o terceiro, a defensa e o porteiro visitante enténdense mal nun saque de portería, o Cire recupera a posesión en zona perigosa, un xogador melidense lanza dende o borde da área un ténue disparo pero incomprensiblemente Andrés en vez de chapar o balón intenta despexar deixándolle nos pes a Jechu o esférico que facía o terceiro.
No cuarto gol máis do mesmo, Juan intenta facer un regate pero roubanlle o balón preto de área propia o balón chega a Jechu que aloxa o esférico na rede. As caras dos xogadores visitantes de impotencia dicíano todo.
Miguel Liboreiro apelando o orgullo ferido faría o 4-1 logo de un gran lanzamento dende uns 20 metros o que o porteiro local so puido seguir coa mirada. Peque faría o 5º gol nountro regalo defensivo e Pucha pecharía co 6-1 preto do final o festival goleador azul. Un conxunto o Cire, que sen desmerecer a súa gran laboura tanto en traballo táctico coma en desplegue físico atopouse con un regalo en forma de partido na segunda metade. Fer e Nacho foron expulsados por protestas ó colexiado, un trenciña ó que parece que as protestas si que lle doen, non así ver como Miguel Liboreiro é víctima de unha agresión que quedou impune. En fin..., menos mal que xa quedan poucos colexiados da "antiga escola", cando estes se xubilen todos os equipos respiraremos tranquilos pois as novas xeracións veñen con máis gañas a arbitrar, gústalles a súa vocación e non veñen só polos cartos.

Haberá que agardar...

Feminino: apagón... e victoria

O equipo feminino colleitou unha nova victoria no seu feudo fronte ó Femiordes F.S. polo tanteo de 2-0 equilibrando así a balanza (3 victorias e 3 derrotas).
O encontro tivo unha protagonista coa que ninguén contaba: a tronada; que cos seus "chispazos" fixo que ata 3 veces se tivese que deter o encontro logo de que se fora a luz do Pavillón Polideportivo Municipal de Sobrado. Debido a que os focos da pista tardan en cargar desde que se apagan houbo fases do partido que non se xogou con toda a luz a pleno rendemento pero si suficiente para que o partido seguira o seu curso de maneira axeitada.
Nunha primeira metade moi igualada, onde os equipos se amosaron respeto mutuo e onde cabe destacar dúas boas oportunidades do Atlético Sobrado que rexeitou a porteira de Femiordes e unha paradón de Laura nun man a man con unha xogadora visitante, chegouse o descanso co resultado inicial de 0-0.
Na segunda metade o partido seguiu a mesma tónica de moito respeto e os equipos ben colocados ata que Patricia Sánchez no minuto 4 da reanudación acertou a rematar un excelente pase de Sara que ante a saida da porteira visitante marcou por raso pegado ó pao dende o borde da área.
Sería a capitana María Seoane quen ampliaría diferencias faltando 8 minutos para o remate do encontro nunha xogada calcada a do primeiro gol, excelente pase de Lucía ó borde da área e a "número 10" local marcaba raso e pegado o pao deixando o partido case sentenciado.

Tivo algunha opción o Femiordes de recurtar diferencias pero unhas veces Laura e outras veces o pouco acerto visitante fixeron que o resultado non se movese e que o plantel dirixido por Hassan dese unha alegría a parroquia local en forma de victoria. Con este resultado o Atlético Sobrado afiánzase na zona media da táboa la Liga Provincial empatandolle a puntos precisamente o rival ó que se enfrontou na tarde do sábado, o Femiordes F.S.

Xuvenil: Derrota con bo sabor de boca

Hai derrotas e derrotas, e a que colleitou no equipo xuvenil na tarde do sábado honra ó plantel e o corpo técnico. O equipo xuvenil do Atlético Sobrado visitaba a casa do "megafavorito" para ascender de categoría, o C.C.D. Curtis, e o resultado final foi de 5-3 a favor dos locais. De todos modos o partido chegou a ir 3-3 e os pupilos de Ángel Parga "Pirri" van mellorando conforme avanza a competición ligueira. Seguro que axiña han de comezar a chegar os puntos que tanto ansía o xove plantel, plagado de xogadores que participan federados por primeira vez en competición de fútbol, pois a gran maioría proveñen do fútbol sala.
Os goleadores foron Miguel Combo en dúas ocasións e David Vidal en lanzamento de falta.