xoves, 28 de xaneiro de 2010

Esta xornada visítanos un ilustre




Estes son os partidos desta xornada que destaca pola visita de alguén "especial";trátase do adestrador do Cerceda "b" Manuel Mosquera Bastida ex-xogador do Deportivo, Extremadura, Compostela e Cerceda entre outros equipos e que actualmente compaxina a súa función de adestrador do filial de 3ª División coa de xogador do R.C. Deportivo de Fútbol Indoor compartindo vestiario cos Fran, José Ramón, Elduayen, Manjarín, Naybet, Songo´o, Djalminha, etc, e sendo uns dos pichichis do equipo. Dámoslle pois unha calurosa benvida a Manuel a Sobrado.





SÁBADO 30 DE XANEIRO


Xuvenil: Atl. Sobrado Xuventude - C.S.D. Arzúa. Campo Municipal de Sobrado 16.00h



Feminino: Mabegondo F.S. Atl. Sobrado Xuventude. Pavillón Municipal de Abegondo 20.00h



DOMINGO 31 DE XANEIRO



Senior: Atl. Sobrado Xuventude - C.C.C. Cerceda "B". Municipal de Sobrado 16.00h



martes, 26 de xaneiro de 2010

Xornada pouco productiva

A fin de semana saldouse con dúas derrotas nos dous únicos partidos que disputaban as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude. Na tarde do sábado o equipo xuvenil saiu goleado (4-1) da súa visita a Abellá. O gol da honra dos homes de Pirri marcouno Jorge que se sitúa con 3 tantos no cadro de honor dos goleadores xuvenís.
A cousa o domingo tampouco foi mellor e o equipo senior caeu derrotado pola mínima (1-0) na súa visita ó Poulo que debido ó mal estado do seu terreo de xogo cambiou o lugar do partido para o campo artificial de Vista Alegre en Ordes. O gol chegou na segunda metade nun partido apático dos homes de Fer e onde houbo que salientar outra mala nova: as lesións de Chino e Mario na primeira metade do encontro polo que tiveron que ser sustituidos. Chino sofre un forte esguince de nocello polo que será baixa mínimo dúas semanas, pola súa parte Mario ten un forte golpe na súa perna e será dúbida para o partido do domingo ata última hora.

Saúdos e ánimo os lesionados.

venres, 22 de xaneiro de 2010

Partido suspendido

O partido que se iba a xogar mañán no Pavillón Polideportivo de Sobrado a partires das 20.00 horas correspondente á Liga Provincial Femenina de Fútbol Sala entre o equipo local, o Atlético Sobrado e o Boqueixón F.S. foi suspendido. Cando se saiba a data exacta na que se disputará este encontró manteremos a todos os lectores debidamente informados.

Un saúdo

xoves, 21 de xaneiro de 2010

Encontros da vindeira xornada

As categorías inferiores do Club Atlético Sobrado Xuventude non terán enfrontamentos esta fin de semana, estes son o resto de encontros:

SÁBADO 23 DE XANEIRO

2ª Aut. Xuvenil Grupo II

S.E. Abellá S.D - C.A.S.X, campo de O Vedral, Abellá (Frades), 16.00 h

Liga Provincial Fútbol Sala Feminina

C.A.S.X. - Boqueixón F.S. pavillón municipal de Sobrado, 20.00 h

DOMINGO 24 DE XANEIRO

3ª Aut. Senior Grupo IV

A.C.D. Poulo - C.A.S.X., campo sintético de Vista Alegre (Ordes), 16.00 h

SORTE!!!


Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

CATEGORÍA "SENIOR"

1. David, Chino: 8 goles

2. Luis: 4 goles

3. Miguel Liboreiro 3 goles

4. Nacho, Pirulo: 2 goles

5. Esteban, Roy, Juan: 1 gol

---------------------------------------------

CATEGORÍA "FEMININA"

1. María Seoane: 6 goles

2. María Gómez, Patricia Fuentes: 2 goles

3. Sara, Patricia Sánchez, Lucía: 1 gol

------------------------------------------------

CATEGORÍA "XUVENIL"

1. Damián: 5 goles

2. Miguel Combo, Iván Combo, Jorge, Diego Amil: 2 goles

3. Alberto Márquez, Alejandro Márquez, David Vidal: 1 gol


Resultados das categorías inferiores

As 3 categorías das Escolas Deportivas do Club Atlético Sobrado Xuventude tiveron encontros esta fin de semana, estes foron os resultados:

- Benxamíns: E.D.M. Vilasantar 7 - C.A.S.X. 4

- Alevíns: Oza dos Ríos C.F. 2 - C.A.S.X. 7

- Infantís: Oza dos Ríos C.F. 1 - C.A.S.X 4

mércores, 20 de xaneiro de 2010

Seniors: Atlético Sobrado 3 - C.D. Mesía 1

Comezou a segunda volta do mellor xeito posible para os homes de Fer, logo de 8 xornadas consecutivas sen coñecer a victoria por fin chegaron os ansiados 3 puntos. Logo da revolución feita por Fer, o equipo inicial presentaba 3 xogadores xuvenís: Damián, Anxo e Alberto Márquez, que raiaron a un altísimo nivel levantando os "olés" do público en máis de unha xogada.
Na primeira metade o Atlético Sobrado aportou máis ó ataque ca o seu rival intentando por todos os medios adiantarse no marcador..., e co paso dos minutos así foi..., Nacho e Miguel Liboreiro (que cada vez que se asocian fan unha conexión letal) elaboraron a xogada que abriría a tarde goleadora. Nacho recupera en tres cuartos de campo o esférico, logo de tirarlle un caño a un centrocampista mesián levanta a cabeza e mira o desmarque do medio centro vigués-santiagués-sobradés, Miguel Liboreiro fai un control arientado o recibir o balón e ante a saida do porteiro culmina unha espectacular xogada con gol que fixo aplaudir a rabiar ó Municipal sobradés. Pasada a media hora o partido enmarrullaríase e Carreteras por parte visitante e Nacho por parte local foron expulsados na mesma xogada polo que ámbolos equipos afrontarían o resto do partido con 10 efectivos. O Sobrado foi con vantaxe mínima o descanso pero dando unha sensación moi boa a pesares de ter baixas coma Esteban, Roy, Luis, Guille, Víctor Gómez ou Javi Sánchez.
Na segunda metade o xogo volveuse bronco e o colexiado non soupo parar a tempo o xogo duro, unha vez máis castigou máis as protestas que as patadas de ahí que os pupilos de Fer visen 5 cartóns marelos (3 deles por protestar).
O Mesía empataría con soberbio golazo do seu número 9 que viu adiantado a Andrés Miraz e o seu lanzamento lonxano entrou por toda a escadra local.
Logo de este gol houbo uns minutos de respecto entre os dous rivais onde se viu pouco fútbol pero si moita entrega. O partido ía condenado ó empate a 1 final pero unha xogada a balón parado ía desequilibrar o encontro para o bando local. Córner a favor do Atlético Sobrado que executa Miguel Liboreiro, aparece Pirulo no punto de penalti sen marca e o seu remate de cabeza acaba no fondo da rede a pesares de que un defensa do Mesía incluso parou o balón coa man no seu intento de que non entrase o esférico. O Municipal berrou de xúbilo coa consecución do tanto de Pirulo que supón o segundo gol na súa conta particular desta tempada e que adicou a súa muller María que está en estado de boa esperanza facendo o xesto que fixo famoso Bebeto no Mundial de Futbol de 1994 en Estados Unidos, é dicir, "acunando" cos brazos.
Pero aínda quedaba por ver un espectacular gol do outro central do equipo, Juan saca o balón xogado dende a súa parcela defensiva e tras regatear a varios rivais súmase o ataque pero os defensores do Mesía incerceptan o esférico pero vólveno a perder rápidamente, o balón chega de novo a Juan, que arranca cara a portería, un defensa intenta paralo pero non da chegado, o porteiro visitante sal cara ó defensa do Atlético Sobrado para intentar desbaratar a ocasión pero Juan sorprende a propios e extranos mandándo unha impresionante vaselina que se convirte nun auténtico golazo. Os xogadores locais saltaron "a troppel" enriba de Juan celebrando o primeiro tanto nesta campaña do defensa de Vilariño-Foxado e sabedores de que a victoria xa non se escapaba pois era o minuto 88. Así se chegaba ó final do encontro onde cabe destacar que ó xogador número "2" do Mesía non lle sentou moi ben a derrota pois quixo montar tangana con Miguel Liboreiro e logo con varios xogadores máis, curiosamente este mesmo xogador o ano pasado e tras perder tamén 3-1 ó final do encontro quíxose enzarzar con Luis pois non lle sentou ben que o extremo marelo lle tirase un caño e o regatease..., en fin...

Noraboa os xogadores pola merecida victoria.

Saudos

Xuvenís: Atl. Sobrado 1 - Boimorto C.F. 1

Magnífico partido dos homes de Pirri que a pesares das numerosas e importantes baixas cuallou un bo encontro. O equipo xuvenil desplegou un bo xogo tanto na primeira coma na segunda metade e tan so a mala fortuna está a evitar que chegue a ansiada primeira victoria. Os tres últimos partidos xogando como local cóntanse por empates.
Diego Amil sería o encargado de abrir o marcador na primeira metade tras marcar de cabeza aproveitando o rexeite do porteiro vermello, pero esta non sería a única oportunidade do Sobrado pois Jorge con un lanzamento de longa distancia estivo a piques de marcar pero o cancerbeiro boimortés fixo unha excelente estirada para mandar o balón a córner. Pola súa banda a ocasión máis claro do Boimorto estivo nas botas do ex-xogador do C.A.S.X. Jorge Ares, pero no man a man o porteiro Samuel estivo colosal e quitoulle o balón cos pes.
O Atl. Sobrado foise os vestiarios con vantaxe no marcador.
A segunda metade foi un calco da primeira con dous equipos moi parellos e con algunhas oportunidades importantes para ambos bandos. O empate visitante chegaría logo de un saque de esquina, onde Miguel Combo e Samuel non se entenden, o central intenta despexar o esférico de chilena e o redondo elemento vai cara o pico da área, alí recolleo un xogador do Boimorto que vendo que Samuel aínda estaba volvendo a súa posición natural pica o balón que entra rozando o pao longueiro local.
A pesares do empate o Atlético Sobrado non se veu abaixo, todo o contrario, firmou varios contragolpes perigrosos que non encontraron rematador. O Boimorto tería o 2º gol nas botas de novo de Jorge Ares no minuto 87 que se encontrou outra vez nun man a man con Samuel, pero o cancerbeiro marelo tapou ben o oco e Jorge disparou fora da portería.
A última clara ocasión do encontro tería xa con tempo cumplido Diego Amil, corría o minuto 91 cando o dianteiro marelo encontrouse un balón a uns 30 metros da portería visitante, correu o pao do seu defensor pero éste non lle puido quitar o balón, nada máis pisar a área grande quedouse man a man co porteiro pero o seu lanzamento cando xa todos cantabamos gol, saiu rozando o pao para desesperación da parroquia local. Pouco despois o colexiado decretou o final do encontro. Un encontro onde os rapaces de Pirri saen moi reforzados polo gran partido que fixeron.

Seguro que axiña chegará a primeira victoria.

martes, 12 de xaneiro de 2010

Horarios dos partidos da vindeira fin de semana

Estes son os partidos do sábado 16 e domingo 17 de xaneiro do Club Atlético Sobrado Xuventude:

SÁBADO 16 DE XANEIRO

Benxamíns: 10.00 h E.D.M Vilasantar - C.A.S.X., Pavillón Polideportivo de Présaras

Alevíns: 11.30 h Oza dos Ríos C.F. - C.A.S.X., Pavillón Polideportivo de Oza

Infantís: 12.15 h Oza dos Ríos C.F. - C.A.S.X, Pavillón Polideportivo de Oza

XUVENÍS: Atl. Sobrado - Boimorto C.F., Municipal de Sobrado, 16.00 horas

DOMINGO 17 DE XANEIRO

SENIOR: Atl. Sobrado - C.D. Mesía, Municipal de Sobrado, 16.00 horas

O temporal de neve impediu a disputa dos encontros

O temporal de neve que afectou a gran parte de Galicia esta fin de semana fixo que as dúas categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude que tiñan enfrontamentos nesta fin de semana non puideran disputar os seus encontros.
O sábado o equipo xuvenil debíase desplazar a Brexo Lema (Cambre) pero visto o estado da estrada cuberta con xeo e neve tomouse a decisión de non viaxar dado o serío risco de accidente que se corría. A Federación Galega de Fútbol, o Colexio de Árbitros e o equipo rival foi avisado desta causa acordando volver a falar para poñerlle unha data ó partido.
O domingo o equipo senior xogaba coma local fronte ó Queixas pero ó chegar o Municipal Sobradés observamos que as dúas áreas non presentaban o mellor estado para a práctica do fútbol así coma a zona central do campo pois ambas zonas estaban cubertas de neve e habendo un serio risco de lesións. Logo de deliberar decidiuse non xogar... e menos mal pois 20 minutos logo da suspensión do encontro comezou a nevar sobre Sobrado copiosamente, algo que durou ó redor de 3 horas deixando un importante manto blanco sobre a capital sobradesa.
O partido fronte ó Queixas tampouco ten data ata o de agora, en vindeiros días informaremos sobre este particular.

xoves, 7 de xaneiro de 2010

Galardón Bota de Ouro "Club Atlético Sobrado Xuventude"

Chino co gol que lle marcou ó Vizoño B empatoulle a David na táboa de máximos goleadores na categoría senior. Pola súa banda, o xuvenil Jorge ubicase na segunda posición da súa categoría logo de marcar na última xornada do ano.

SENIOR:

1. David, Chino: 8 goles
2. Luis: 4 goles
3. Nacho, Miguel Liboreiro: 2 goles
4. Esteban, Pirulo, Roy: 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane: 6 goles
2. María Gómez, Patricia Fuentes: 2 goles
3. Sara, Patricia Sánchez, Lucía: 1 gol

XUVENIL:

1. Damián: 5 goles
2. Miguel Combo, Iván Cabado, Jorge: 2 goles
3. Alberto Márquez, Alejandro Márquez, David Vidal, Diego Amil: 1 gol

Derrota fronte ó Vizoño B


Non fixo un mal partido o Atlético Sobrado na primeira xornada do ano 2010, unha xornada que deparaba unha visita a Vizoño fronte a un rival que históricamente non se nos da ben no seu feudo e unha vez máis a maldición seguiu e non se puido traer nada positivo.
O partido comezou con ambos rivais amosandose respeto mutuo e con poucas oportunidades de gol. Sería Chino quen abriría o marcador con unha fermosa vaselina logo de aproveitar a falta de entendemento entre os dous centrais Vizoñistas.
Logo de un enorme golpe contra o muro de un dos fondos do campo o goleador David tivo que ser sustituido xa que sufriu unha rasgadura nunha orella e sangraba en abundancia.
O Vizoño ía aproveitar para marcar o empate logo de un erro garrafal da defensa e o porteiro sobradés xa que ninguén estivo atinado para despexar o esférico logo de andar a rondar pola área visitante, un dos dianteiros locais andivo máis listo e estableceu o empate.
As malas novas non ían máis que comezar pois o Vizoño aproveitou outra falta de entendemento da defensa marela e un dos seus xogadores plantouse man a man con Cuadrado, o atacante estivo atinado e mandou o balón ó fondo da rede.
Chegouse o descanso co 2-1.
Na segunda metade o Sobrado volcouse sobre a meta visitante e incrementou o dominio mentres o Vizoño agardaba para lanzar contras onde pillarlle a espalda o equipo marelo e finiquitar o partido. No partido foron incrementando as protestas e o colexiado cansouse de amosar cartóns, 2 de eles foron para Roy que foi expulsado.
A 10 minutos do final unha falta lanzada por Chino da no pao cando xa todos os afeccioados visitantes cantaban o gol..., o Sobrado seguiuno intentando. A derradeira ocasión do encontro tería Víctor Gómez no minuto 92 logo da saida de un córner o rexeite queda nos pes do dianteiro de Boimorto e o seu chut bate no longueiro da portería local para desesperación dos xogadores e siareiros visitantes. Intres despois o colexiado decretou o final do encontro.
Esta claro que o equipo non está ben pero a sorte tampouco o está a acompañar, se a racha fose outra este partido gañabase pero o "señor balón", que o fin e o cabo é quen decide as derrotas e as victorias, está de uñas co Atlético Sobrado, a pesares de que o noso equipo gusta do bo trato de esférico, agardemos que o "señor balón" se dé conta de que o noso equipo tratao ben e querelle e nolo recompense en goles.

Saúdos

Coa vista atrás

Rematou de mal xeito o ano 2009 para o Club Atlético Sobrado Xuventude colleitando 3 derrotas en outros tantos partidos disputados todos eles o último sábado de competición do ano.
O equipo senior caeu goleado 0-5 no seu encontro fronte a SD Pontecarreira. Nun partido "raro" e no que se chegou ó descanso con empate a 0 goles o equipo de Fer desfondouse na segunda metade e sufriu un duro varapao en forma de goles.
Pola súa banda o equipo xuvenil tampouco puido traer nada positivo de Vizoño e caeu 4-1 condicionado pola expulsión de Iván Cabado na primeira metade. O gol da honra dos marelos marcouno Jorge Fernández de un sensacional traiazo.
O equipo feminino caeu no Pavillón Municipal de Sobrado fronte A Salina "B" por 0 goles a 3. As nosas xogadoras non estiveron atinadas de cara a portería e de ahí o resultado final.

Confiemos en que o novo ano nos traiga ilusións renovadas e bos resultados.