mércores, 29 de decembro de 2010

Onte foi o Día dos Santos Inocentes

A directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude quixemos gastar unha pequena broma no día de onte xa que como ben sabedes era Día dos Santos Inocentes. A "mentira" consistiu en anunciar a bombo e platillo que unha importante empresa quería adquirir en propiedade o noso clube; nada máis lonxe da realidade.

Saúdos

martes, 28 de decembro de 2010

Unha importante empresa quérese facer dona do Atlético Sobrado

Chegan novas importantes a nivel económico para o Atlético Sobrado neste final de ano. Unha importante empresa que de momento non quere revelar o seu nome nin a súa actividade púxose en contacto coa directiva do Atlético Sobrado co agallo de presentar unha proposta para facerse en propiedade cos dereitos do clube. De este modo os empresarios pertencentes a esta empresa pasarían a sustituir a actual directiva de xeito que os destinos do clube estarían dirixidos por esta futura empresa inversora. A nivel económico a cifra é irrexeitable e seguro que as opcións dos diversos equipos de ascender varias categorías medrarán coma a espuma. Outra cousa é o aspecto afectivo pois seguro que o clube perdería moitas sinais de identidade entre elas ter xente da zona entre os seus membros. A directiva reunirase de urxencia para tratar este tema e votar sobre algo que marcaría un antes e un despois do clube nos seus 13 anos de historia.

Seguiremos informando...

domingo, 26 de decembro de 2010

En Reis tamén xogamos


Este é o número de lotería para o sorte de Reis no que o Club Atlético Sobrado Xuventude deposita a súa confianza.
Non te quedes sen ela!!!

xoves, 23 de decembro de 2010

Derrota no "derbi da montaña" dando unha gran imaxe

Tres categorías tiñan encontro oficial esta fin de semana e o saldo foi de dúas derrotas e unha victoria. No aspecto positivo resaltar (unha vez máis) a victoria das xogadoras que adestra Hassan logo de lograr unha importantísima e merecida victoria na pista do Manureva en Arteixo, un dos equipos que maior potencial presenta na competición.
As nosas xogadoras impuñéronse polo tanteo de 1-3, os goles foron logrados por María Seoane, Sara e Lucía.
Polo que respecta ó equipo xuvenil, acadou unha derrota na súa visita a Abellá, nun mal partido onde unha vez máis se volveron a notar a falta de efectivos por mor das sancións. O equipo de Pirri perdeu pola mínima, 1-0.

Unha vez resumido escuetamente o acontecido na tarde do sábado pasamos o domingo onde no derbi da montaña que enfrontou a Atl. Sobrado e Boimorto C.F. viuse un auténtico partidazo digno de outra categoría entre dous rivais que loitaron ata o final co agallo de acadar os 3 puntos en disputa.

Fer desta volta innovou un sistema para non deixar xogar o Boimorto, sabedor de que se os vermellos teñen espazos son mortais polo que optou por darlle de novo a Carlos a confianza en portería e para salvagardalo, unha defensa de 5 xogadores con Mario e Iván coma centrais e Pirulo como libre, deixando a banda enteira os carreleiros Souto e Iago. No medio co campo o adestrador melidense elaborou un trivote con Esteban, Miguel Liboreiro e Lofre quedando en punta David e Pablo Naveira.

Tan so puideron ser 3 os cambios dispoñibles para este encontro polo que Juan, Maikel e Nacho quedaron no banquiño a espera de minutos.

Saiu motivadísimo e enchufadísimo a Makina Amarilla no partido, sabía que calqueira erro contra o líder era dictar sentencia propia e parece que os xogadores así o entenderon facendo unha primeira media hora colosal.
A primeira oportunidade do encontro chegou no minuto 5 cando Iago executou unha falta desde o medio campo, o esférico non encontra rematador e sae fora por moi pouco.
No minuto seguinte de novo o CASX á carga, córner executado por Javi Lofre, o coiro roda pola área pequena sen que ningún dianteiro local atine a rematar despexando de maneira contundente a defensa boimordense.
Cantaríase o gol na grada no minuto 13 logo de un espectacular traiazo de Souto en tiro lonxano pero a deusa fortuna quixo que o esférico bicase o traveseiro da meta defendida por Andrés para a continuación sair fora.
O Boimorto víase sorprendido pola presión do Sobrado e foi no minuto 16 cando intentou o seu primeiro lanzamento a portería, un tiro que se iría moi desviado.
Pablo Naveira, moi activo todo o partido loitou o que non está escrito coa defensa vermella ganando infinidade de balóns. Nunha xogada en banda esquerda do ataque sobradés rouballe o esférico a Jalecho que o ten que agarrar e facer falta, o executor sería Miguel Liboreiro e o remate inapelable ó fondo da rede correría a cargo de Pirulo. Adiantábanse os locais no marcador merecidamente logo de fulgurante arranque de partido.
3 minutos despois chegaría o éxtase á parroquia local, o CASX disponse a efectuar unha falta en medio campo sufrida por Miguel Liboreiro, nun principio ía ser Iago quen poría o esférico en xogo pero logo de falar entre eles deciden que sexa Iván Cabado o que en vez de ir a rematar execute o lanzamento, a xogada non podía sair mellor, o balón na súa dirección a área en vez de ir directo os rematadores vai direccionado sobre o cancerbeiro visitante, o esférico bota a un metro do gardaredes e introdúcese na rede. Era o 2-0 e chegaba o delirio o Municipal sobradés ante a incredulidade dos afeccioados e xogadores visitantes que vían como o seu equipo perdía 2-0 en vinte minutos.
Pero está claro que os partidos duran 90 minutos máis o desconto e o Boimorto apelou o seu orgullo ferido para intentar remontar o partido.
Intentaríao o minuto seguinte o segundo gol sobradés con un lanzamento desviado raso.
De novo no minuto 28 Óscar lanzaría raso pero Carlos atallaría sen problemas.
No minuto 29 de novo ocasión para o noso equipo, saque de esquina que executa Lofre que encontra rematador en David pero o seu testarazo sae desviado.
O equipo visitante reduciría diferencias no minuto 31 logo de unha inocente falta de Mario a Julito, sería Óscar de cabeza tras unha bo centro o que poñería emoción ó encontro.
Aradas, dianteiro sobradense-coruñés que milita nas filas vermellas tivo unha boa oportunidade no minuto 35 pero Carlos que estivo moi seguro todo o partido desvarataría a ocasión.
De novo volvía a carga o Boimorto no minuto 37 que non quería chegar ó descanso por debaixo no marcador pero o remate de cabeza de Óscar de novo foise fora.
Unha xogada puido cambiar o desenrolo do encontro, produciuse no minuto 38, Pablo Naveira encarou a Andrés e cando parecía que ía marcar, un central visitante chega o esférico para mandalo a córner. Do que puido ser o 3-1 pasouse o 2-2 pois na xogada posterior o saque de curruncho o Boimorto engancha unha boa contra, o interior esquerdo dribla en liña de fondo a Iván que se tirou á desesperada, da o pase da morte e alí aparece Jalecho para establecer o empate no marcador. Con táboas chegouse o descanso.
A segunda metade volveríase un pouco máis sosa se a comparamos co vibrante que foi a primeira. As oportunidade foron menos polos dous bandos. A primeira da segunda metade tería o Boimorto ó minuto de restablecerse o encontro pero o lanzamento foise lonxano.
No minuto 57 Lofre intentaríao desde lonxe pero o seu tiro, o igual que o dos visitantes foise fora.
No minuto 67 veríase a parada da tarde, un traiazo de Óscar que Carlos chapou maxistralmente cas duas mans.
A Naveira, que polo visto xa en anteriores partidos, gústalle o 69, pois foi neste minuto cando tivo unha boa oportunidade pero o lanzamento non lle saiu de todo preciso polo que o esférico foise fora do marco defendido por Andrés.
Sería no minuto 73 cando o Boimorto marcou o gol da victoria, o interior esquerdo vermello andivo listo e pillou desubicada a nosa defensa, centrou, e Aradas meteu un soberbio cabezazo ó pao, o posterior rexeite resolveuno outro xogador boimordés para xubilo dos seguidores vermellos que o domingo visitaron o Municipal de Sobrado en masa a pesares do incisivo frío e a incómoda choiva.
A derradeira oportunidade do encontro tería Jalecho no minuto 87 pero lanzaría de nova lonxe dos 3 paos da meta defendida por Carlos.
Finalizou un encontro onde primou a deportividade a pesares do moito que se xogaban ambos conxuntos e destacar o xogo limpo tanto de xogadores e banquiños coma das duas afeccións que derón unha lección de como se pode afrontar un derbi sen que pase nada extradeportivo.

Parabéns o Boimorto C.F. que para o ano estará seguro en 2ª Autonómica e dar tamén as grazas o noso conxunto polo moito que nos fixo vibrar o domingo a pesares da derrota. Amosaron que se queren pódenlle facer fronte a calqueira equipo da competición.

Saudos e bo nadal.

luns, 20 de decembro de 2010

Este será o Gordo do sorteo de Nadal

A sorte está botada, no día de hoxe o Club Atlético Sobrado Xuventude retirou a lotería de nadal que xogou este ano co número 38036 que será o Gordo do sorteo que se celebrará pasado mañá 22 de decembro no Salón de Loterías e Apostas do Estado.

Ide enfríando o champán pois podemos confirmar que desta volta tócalle a mooooooooooooita xente.

Que comece a festa!!!

xoves, 16 de decembro de 2010

O "derbi da Montaña" acapara a interese da fin de semana



Un partido sobresae por enriba do resto na xornada da vindeira fin de semana, trátase do derbi da montaña que disputarán o domingo 19 de decembro a partires das 17.00 no Municipal de Sobrado o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE e o Boimorto C.F. O equipo visitante viaxa a Sobrado coma flamante líder do Grupo IV de 3ª Autonómica. O equipo de Fer intentará levarse o derbi e seguir así aspirando a facer algo grande este ano. O envite presentase complicado pero seguro que os xogadores marelos darán o mellor de sí para que os 3 puntos queden na casa. Ademáis de ser un derbi o partido terá o morbo engadido de ver no rectángulo de xogo a varios xogadores que nas últimas tempadas estiveron nos dous clubes. A emoción non vai faltar.
Pero non so hai competición o domingo, o sábado 18 haberá dous importantes enfrontamentos. Os xuvenís (unha vez máis moi mermados e con dificultades para ter once efectivos por mor das sancións) viaxan a Abellá (Frades) para enfrontarse o equipo local S.E. Abellá S.D.C. no Campo de O Vedral a partires das 16.00 horas.


Pola súa banda, e seguindo co sábado, o equipo feminino de fútbol sala tamén viaxa, nesta ocasión a Arteixo para enfrontarse o 4º clasificado, o Manureva Talleres Mundo F.S. que está 3 puntos por detrás na clasificación aínda que con un partido máis que o noso equipo. O coque disputarase no Pazo dos Deportes de Arteixo a partires das 19.00 horas.

* Estes serán os derradeiros enfrontamentos dos nosos equipos antes do parón de Nadal.

Sorte para todas as categorías

mércores, 15 de decembro de 2010

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Xornada pobre en goles no que a clasificación da "Bota de Ouro" do noso clube se refire. O equipo feminino aprazou o seu encontro mentres o equipo senior non foi quen de perforar a rede en Poulo; polo tanto tan so o equipo xuvenil fixo alteracións na táboa clasificatoria:

SENIOR:

1. Chino 9 goles

2. Pablo Naveira, David 6 goles

3. Alberto Gemelo, Esteban, Nacho 2 goles

4. Iván Cabado, Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Pirulo, Miguel Combo 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane 10 goles

2. Sara 9 goles

3. María Gómez 8 goles

4. Tamara 7 goles

5. Luci 5 goles

6. Patricia Fuentes 3 goles

7. Patty 2 goles

8. Sandra, Laura 1 gol

XUVENIL:

1. Marcos Combo, Maikel 3 goles

2. Miguel Combo, Caskete 2 goles

3. Barreiras, Diego Fragío, David Vidal 1 gol


Sabor agridoce

Boas sensacións e malos resultados nos troixo esta xornada para as categorías senior e xuvenil.

Comezamos coa canteira:

XUVENÍS: Atl. Sobrado 2 - Cire Melide C.F. 2

Bo e mal resultado do equipo xuvenil segundo se mire. Bo ou pódese dicir que moi bo se analizamos que Pirri tan so dispuxo de 10 xogadores dispoñibles para afrontar o derbi logo das numerosas sancións do partido anterior unindose a baixa de Barreiras de última hora. Polo tanto, o conxunto marelo comezou condicionado o encontro con un home menos. Aínda así foi quen de dar a cara o longo dos 90 minutos. Debía ser tal a superioridade do Atlético Sobrado que Alberto Gemelo tivo a ben intentar igualar o encontro polo que se expulsou logo de facerlle varias apreciacións ó colexiado do encontro para deixar o equipo con 9 xogadores. O C.A.S.X gañaba 2-1 faltando 2 minutos para o remate do encontro e cando a gran hazaña estaba a punto de chegar un golazo desde case medio campo do Cire Melide dou ó traste coa victoria sobradesa. Polo tanto ó final do encontro o marcador reflexaba un empate a 2 tantos. Os goles locais chegaron mediante sendos penalties que se encargaron de transformar Maikel e David Vidal.

SENIORS: A.C.D. Poulo 1 - Atl. Sobrado 0

Sabido é por todos os equipos que militan no Grupo IV de 3ª Autonómica que o desplazamento a Poulo é dos máis complicados que se afrontan en toda a Liga. As reducidísimas dimensións de "A Senra" unido o bo facer do Poulo no seu feudo fan do lugar un terreo case que inexpugnable.

Os pupilos de Fer sabían que se xogaban moito no envite e querían lavar a faciana tras a malísima imaxe dada a semana anterior en Curtis. A pesares de virse de vacío non se pode negar que o equipo vaciouse, pelexou, buscou a victoria pero desta volta a fortuna e un gran porteiro-adestrador local fixeron que os 3 puntos quedasen na terra de Ordes.

Non lle custou moito o equipo marelo adaptarse as dimensións do coqueto campo de A Senra, na primeira metade o equipo adestrado por Fer Torreiro presentouse con un 4-4-2 con Carlos en portería, os laterais para os xuvenís Diego Fragío e Alberto Gemelo, e coma centrais os habituais Pirulo e Juan, eso en liña defensiva. Polo que respecta o medio campo formaron Esteban e Lofre polo centro e nas bandas Souto e Naveira, como os dous homes máis avanzados quedaban Mario e David. Para cambios estarían Cuadrado (PS), Nacho e Miguel Liboreiro que volvía a unha convocatoria mes e medio despois.

Desde o inicio o Atlético Sobrado levou a manixa do encontro, para ver o primeiro lanzamento habería que agardar o minuto 5 cando Javi Lofre provou desde fora da área pero o esférico sairía fora. A resposta do Poulo chegaría xusto 5 minutos máis tarde nun tiro no que o esférico bicou os eucaliptos (a palabra con máis acepcións que oin na miña vida: "eucalitos", "arcolitos", "eucalistros", "alcolitos" -non sei se producen embriaguez-...) que rodean o campo de fútbol.

A segunda intentona marela tivo nome propio, Alberto Gemelo, pero parecia que no inicio de partido os xogadores querían que o balón se fixese amigo das árbores e obsequiaronos con varias imaxes para grabar na retina, non todos os días se pode ver como un lanzamento a portería sae fora e vate contra carballos, pinos, eucaliptos e demáis foresta.

No minuto 18 chegaría a xogada mellor trenzada do partido e que sen lugar a dúbidas mereceu o gol: Alberto Gemelo prolonga por banda esquerda a Pablo Naveira que busca a liña de fondo, busca o centro, David chega o primeiro pao e peina de cabeza para que Mario poida rematar pero o dianteiro de Teixeiro non chega por escasos centímetros.

O minuto seguinte o 7º de Cabaleiría de Fer Torreiro volvía a carga, e a ritmo de cornetín Souto nunha veloz xogada mete un centro raso para Mario que remata nunha gran estirada pero o esférico cando xa cantabamos o gol sae bicando o pao para afora. Nese intre de partido o Atlético Sobrado manexaba o encontro o seu antollo e parecía que o gol era cuestión de poucos minutos.

Carlos detivo o primeiro lanzamento do Poulo entre os tres paos (min.28) con solvencia, ata ese intre o equipo vermello apenas inquedara a meta da Makina Amarilla.

A ocasión máis clara do Poulo na primeira metade chegaría logo de un roubo no minuto 31 onde o equipo local tivo un 2 para 1 pero Carlos que andivo rápido indo ó chan desbaratou o que podía ser o gol local.

Antes de chegar o descanso o C.A.S.X. tería un par de boas oportunidade, primeiro sería Pablo Naveira que remataría raso e o porteiro local atallaría o lanzamento e despois sería Mario nunha volea memorable deixando ben as claras que de Poulo a Abellá chégase nunha patada, pois coa forza que lle dou o chut o esférico cambiou de concello nun abrir e pechar de ollos, pobre porteiro se lle chega a enganchar a cara...

Na reanudación do encontro non cambiou moito o esceario, o C.A.S.X. buscando con ahínco poñerse por diante no marcador e o Poulo xogando moi directo e intentando buscar ocos na defensa visitante.

Javi Souto faría a primeira intentona de lanzamento no minuto 46, o interior sobradés chutou desde o borde da área pero a fortuna quixo que cando se ía transformar nun lanzamento complicado para o gardamallas local o esférico impactase en David para posteriormente sair fora.

No minuto 52 oportunidade de novo para os marelos onde non puidemos facer outra cousa que votar as mans a cabeza: de novo Javi Souto engancha unha magnífica volea ó borde da área, o porteiro local non fai máis que rexeitar o lanzamento, Pablo Naveira que estaba pola área pequena andivo listo e anticipouse ó central rematando de cabeza co porteiro no chan pero o balón (que non quería entrar) pasou de novo rozando o pao para desesperación visitante.

O minuto seguinte puxo o Poulo o medo no corpo o Atlético Sobrado nunha falta en medio campo onde pillou a nosa barreira despistada, o chut lonxano case sorprende a Carlos.

De novo o Poulo avisou no minuto 61 logo de un indecisión do meta Carlos, Juan salva na liña de gol o primeiro tanto da tarde para os locais.

Miguel Liboreiro que saltara o terreo de xogo uns minutos antes tivo a súa oportunidade no minuto erótico (69) pero o lanzamento do vigués-santiagués-sobradés foise fora.

De novo o Poulo avisou no minuto 74 con un lanzamento onde máis de un hincha local cantou gol pero para fortuna do C.A.S.X. o lanzamento saiu fora do marco de Carlos.

Sería no minuto 77 cando chegaría o único gol da tarde e que a postre lle daría os tres puntos ó Poulo, un dianteiro ordense rouballe o esférico en velocidade a Juan que non atina a despexar e o remate escorado finalmente remata no fondo da rede.

Non quixo rendirse o C.A.S.X. pois tirou coma sempre de orgullo mais desta volta de pouco serviu a afrenta. Pablo Naveira intentouno pero parou o cancerbeiro sen problemas no minuto 80.

Pirulo quixo ter o seu minuto de gloria con un lanzamento coa zurda ó borde da área pero estaba visto que non era a nosa tarde e o esférico bicou territorio forestal.

Pablo Naveira non se quería ir de Poulo sen mollar (refirome a marcar goles) e intentouno por última vez no minuto 93 de volea pero esta saiu fora.

Na derradeira acción do partido no minuto 94 de novo Pirulo tivo unha boa opción de cabeza logo de un saque de curruncho pero o esférico foise de novo fora.

Logo do saque do porteiro local o sr. Castelo Barbosa decretou o final do encontro.

Mal resultado para os homes de Fer pero boas sensacións as vistas na tarde do domingo. Ese espíritu de superación e loita é o que gusta ver os afeccioados do Atlético Sobrado.

martes, 14 de decembro de 2010

Gestán Tratamiento de Residuos seguirá un ano máis axudando o noso clube


Directivos de Gestán Tratamiento de Residuos e Club Atlético Sobrado Xuventude veñen de firmar un convenio polo cal a empresa con sede en As Pías (Sobrado) axudará a que o noso clube poida desenvolver satisfactoriamente a súa actividade deportiva. Con este convenio máis de 100 deportistas masculinos e feminininos de Sobrado dos Monxes e arredores pertencentes o Club Atlético Sobrado Xuventude sairán beneficiados o poder ser posible a continuidade competitiva de todas a cada unha das categorías.

Ista será a 4ª tempada consecutiva que Gestán Tratamiento de Residuos da a súa man ó noso clube amosando así unha vez máis o seu compromiso co deporte sobradés. O convenio, terá unha validez de 1 ano, Gestán comprométese a aportar unha cantidade económica para o normal desenrolo das actividades deportivas, polo seu lado o Club Atlético Sobrado Xuventude terá publicidade da empresa relacionada co Medio Ambiente no Campo Municipal de Fútbol de Sobrado, no Pavillón Polideportivo Municipal así coma enlaces a web http://www.grupogestan.es/ neste blog e na páxina web do clube.

venres, 10 de decembro de 2010

Os xuvenís expulsados recollen os seus froitos

Sairon as sancións do Subcomité de Competición e como era de agardar veñen cargadas de bombo para os nosos 4 xogadores xuvenís expulsados no partido do pasado sábado fronte ó Once Caballeros C.F.
A ver se de unha vez por todas aprenden canto menos educación, non é ningunha valentía insultar a un colexiado, fagao ben ou mal, é unha persoa e erra como tamén nos erramos. Non é de recibo esta actitude. Por suposto agora toca cumplir as sancións federativas pertinentes. O peor de todo é que quen máis sufre esta actitude son os propios compañeiros de equipo que non teñen culpa e van afrontar os vindeiros compromisos mermados. Xa está ben de pensar egoístamente, a ver se de unha vez por todas varios dos integrantes do equipo xuvenil pensan no equipo.

Estes son os sancionados:

Miguel Combo: 6 partidos (polas seguintes accións: doble cartón marelo, ameazar ou coaccionar a árbitros e asistentes e dirixirse ós colexiados en actitude de menosprecio).
Jorge Fernández: 2 partidos (doble cartón marelo e dirixirse os árbitros con actitude de menosprecio).
Christian Coego: 2 partidos (doble amonestación e dirixirse os colexiados con actitude de menosprecio)
Samuel Márquez: 1 partido (por dirixirse ós árbitros con actitude de menosprecio unha vez rematado o partido)
*Ademáis o Club Atlético Sobrado Xuventude terá que pagar unha multa accesoria de 22€ por estas sancións)

XOGADORES XUVENÍS, TOCA MEDITAR!

xoves, 9 de decembro de 2010

Datos da vindeira xornada

4 equipos terán competición oficial a vindeira fin de semana, trátase dos benxamíns, alevíns, xuvenís e senior.
A xornada comeza ben cedo o sábado 11 de decembro, será as 10.00 horas cando os nosos benxamíns disputén no Pavillón Municipal de Teixeiro o seu encontro contra o Curtis B.
As 10.45 horas o equipo alevín xogará no mesmo pavillón e tamén fronte o Curtis B.
Xa pola tarde, un mermado equipo xuvenil disputará a partires das 16.00 horas o derbi fronte o Cire Melide no Municipal de Sobrado.
Para o domingo 12 de decembro queda o desplazamento que o equipo senior fará a terras de Ordes, concretamente a Poulo para enfrontarse o conxunto local a partires das 16.00 horas no campo de A Senra, un rectángulo de xogo de medidas moi pequenas.

* O equipo feminino aprazou o partido que lle correspondía xogar esta fin de semana no Pavillón Municipal de Sobrado fronte ó Fisober B de Vimianzo. A data na que se xogará este encontro será o sábado 15 de xaneiro de 2011 a partires das 16.00 horas.

martes, 7 de decembro de 2010

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:

1. Chino 9 goles

2. Pablo Naveira, David 6 goles

3. Alberto Gemelo, Esteban, Nacho 2 goles

4. Iván Cabado, Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Pirulo, Miguel Combo 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane 10 goles

2. Sara 9 goles

3. María Gómez 8 goles

4. Tamara 7 goles

5. Luci 5 goles

6. Patricia Fuentes 3 goles

7. Patty 2 goles

8. Sandra, Laura 1 gol

XUVENIL

1. Marcos Combo 3 goles

2. Maikel, Miguel Combo, Caskete 2 goles

3. Barreiras, Diego Fragío 1 gol


Boa xornada en fútbol sala e lamentable en fútbol

Tivo dúas caras esta xornada ligueira, comezamos pola boa, que de novo foi o equipo de fútbol sala feminino que logrou un novo e importante triunfo na cancha do Concello de Ponteceso F.S.
A victoria foi contundente: 2-5, unha victoria que semana tras semana afianza as xogadoras de Hassan na segunda praza da Liga Provincial.
As goleadoras foron Sara en dúas ocasións, María Seoane, María Gómez e Patricia Fuentes.

As malas novas viñeron por partida dobre no fútbol, o sábado en xuvenís e o domingo en senior.
O equipo xuvenil UNHA VEZ MÁIS fóiselle a pelota a amosaron ter un gran problema: non saben perder, cada vez que o fan, hai 3 ou 4 expulsados e iso É GRAVE, MOI GRAVE!
Gañaba o equipo de Pirri 2-3 no descanso pero o resultado final foi Once Caballero 6 - Atl. Sobrado 4. Os goleadores sobradeses foron Caskete (2) e Miguel Combo (2). Polo que respecta a lista de expulsados atinxe á Miguel Combo, Christian Coego, Portocabado e Samuel. Todos eles por faltarlle o respecto o árbitro: ASI NON IMOS A NINGÚN LADO, DÁDEVOS CONTA DE UNHA SANTA VEZ QUE LEVADES UN ESCUDO NO PEITO E REPRESENTADES A UNHA ENTIDADE E A UN POBO.

Polo que respecta o partido do equipo senior pouco que dicir, destacar a desgana coa que afrontaron o partido a gran maioría dos xogadores. Cando hai algún marathón de fútbol sala nun lugar cercano o rendemento do equipo baixa moito e na maioría das veces é sinónimo de derrota. Debemos analizar que nos interesa máis: se loitar por algo bonito, por algo que estás competindo todo o ano ou ben preferimos votar "unhas pachangas" a fútbol sala que nos van facer perder un fin de semana enteiro...
Das instruccións dadas antes de comezar o partido non se fixo nada do acordado, é máis, fíxose todo o que se falou que non se debería facer e o resultado foi claro: 4-2 a prol do Curtis.
Comentouse antes de comezar o encontro que non se podían facer faltas ó borde da área pois o Curtis ten un fenomenal lanzador como é Jairo, os 5 minutos xa estabamos a perder 1-0 logo de un lanzamento de falta de Jairo ó borde da área. Tamén se comentou que debido a gran cantidade de auga que tiña o campo artificial de Curtis nas bandas non podíamos regatear (sobretodo en liña defensiva) e que habería que xogar directo: caso omiso, regate tras regate e perda tras perda de balón provocando perigosas contras do Curtis que estivo a piques de costar varios disgustos. Unha primeira parte lamentable dos amarelos que non parecían nin unha sombra do equipo que son. Sen ganas, sen loita, sen nada...
O mellor da primeira metade foi chegar ó descanso perdendo 1-0.
No descanso houbo revolución e entraron Nacho, Alejandro e Miguel Combo por Souto, Iago e Juan. O equipo mellorou considerablemente e fixo uns primeiros 20 minutos da segunda metade bastante bos (os únicos minutos nos que competiu). Un erro na marca deixou no minuto 67 a Jairo so na frontal da área e enganchou unha fenomenal volea logo de un centro desde banda esquerda á que Carlos so se puido quedar co molde. 2-0 e puntuar en Curtis volvíase case misión imposible. Pero o Atl. Sobrado volveuse a meter no partido logo de unha falta lateral que executou un Chino totalmente desdibuxado e desganado e rematou David de cabeza establecendo o 2-1 no marcador.
De novo a esperanza da remontada como xa en outras veces sucedeu volvía a ver a luz pero esta idea axiña desapareceu logo de unha cesión de Pirulo a Carlos, o cancerbeiro despexou mal, deixoulle o esférico nos pes de Lagares que a portería vacía marcou o 3-1. De novo un erro na última liña volvía a condenar o Sobrado. Pero os marelos volveron a pegar: Pablo Naveira sufre un claro penalti que o colexiado sinala, o executor da pena máxima sería Nacho que marcaba por segunda semana consecutiva enganando o cancerbeiro. 3-2 faltando 8 minutos e de novo os marelos volvíanse a encher de esperanzas.
Pero de novo outro erro do porteiro Carlos, que foi sen decisión e sen forza a un balón dividido fora da área fixo posible que o dianteiro do Curtis Abel marcase o 4-2 que sería definitivo.
Mala imaxe do Atlético Sobrado nunha xornada que a vista dos resultados houbera sido increiblemente boa en caso de gañar pero andando non se lle gaña nin a un equipo benxamín.
Para a semana en Poulo se queremos aspirar a algo non se pode errar.

SAUDOS

FORZA C.A.S.X.

venres, 3 de decembro de 2010

Colexiados designados para a vindeira xornada (seniors e xuvenís)

Na mañá de hoxe a web da Federación Galega de Fútbol, www.futgal.es dou a coñecer os colexiados designados para os partidos CCD Curtis - Atl. Sobrado Xuventude en categoría senior e Once Caballeros CF - Atl. Sobrado Xuventude en categoría xuvenil.
Para o primeiro encontro, o encargado de dirixir a contenda será o Sr. José María Carro Moreira, será a segunda vez nesta tempada que o colexiado dirixa o equipo adestrado por Fer. O primeiro envite foi hai un mes no partido fronte ó CCD Cerceda B.
Polo que respecta o partido dos xuvenís o encargado de repartir xustiza será o Sr. José Luis Zas Vázquez.

SORTE PARA AMBOS COLEXIADOS

xoves, 2 de decembro de 2010

Horario dos partidos desta xornada

Nesta xornada as categorías inferiores das Escolas Deportivas non terán xornada ligueira. Estes serán o resto de partidos:

SÁBADO 4 DE DECEMBRO

Xuvenís

Once Caballeros C.F. - Atl. Sobrado Xuventude, Campo de Lendoiro (A Barcala - Cambre) 16.00 horas

Feminino

Ponteceso F.S.F. - Atl. Sobrado Xuventude, Pavillón Polideportivo de Ponteceso, 17.00 horas

DOMINGO 5 DE DECEMBRO

Senior

C.C.D. Curtis - Atl. Sobrado Xuventude, Campo Novo de Curtis, 16.00 horas

* Agardemos que as condicións climatolóxicas non intercedan na disputa dos encontros