
venres, 26 de febreiro de 2010
Nova de última hora: SUSPENDIDAS TODAS AS COMPETICIÓNS EN GALICIA O SÁBADO 27 DE FEBREIRO

xoves, 25 de febreiro de 2010
Nova xornada ligueira
A derradeira xornada ligueira do mes de febreiro traenos como novidade os inusuais horarios das seccións feminina e senior. Cabe destacar tamén que a Xunta de Galicia suspendeu a xornada do Deporte Escolar debido ó temporal que ameaza con visitarnos ó logon da fin de semana.Tampouco terá competición oficial o piloto de Enduro F. García logo de debutar a pasada fin de semana no Campionato Galego.
Estes son as datas e os horarios:
SÁBADO 27 DE FEBREIRO
Xuvenís: Atl. San Pedro - Atl. Sobrado 16.15 horas
DOMINGO 28 DE FEBREIRO
Senior: C.D. Larín "B" - Atl. Sobrado 12.00 horas
Feminino: Atl. Sobrado - Boqueixón F.S. 19.00 horas, pavillón municipal de Sobrado
martes, 23 de febreiro de 2010
Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR
1. DAVID 12 GOLES
2. CHINO 8 GOLES
3. LUIS 4 GOLES
4. MIGUEL LIBOREIRO 3 GOLES
5. NACHO, PIRULO, JUAN 2 GOLES
6. ESTEBAN, ROY, DIEGO FRAGÍO, MARIO 1 GOL
--------------------------------------------------------------------
FEMININO
1. MARÍA SEOANE 9 GOLES
2. PATRICIA FUENTES 4 GOLES
3. MARÍA GÓMEZ, LUCÍA 3 GOLES
4. SARA 2 GOLES
5. PATRICIA SÁNCHEZ 1 GOL
---------------------------------------------------------------------
XUVENIL
1. DAMIÁN 7 GOLES
2. DIEGO AMIL 4 GOLES
3. JORGE, ALEJANDRO MÁRQUEZ 3 GOLES
4. MIGUEL COMBO, IVÁN CABADO 2 GOLES
5. ALBERTO MÁRQUEZ, DAVID VIDAL 1 GOL
Enduro: Nando acada un meritorio 20º posto
Xuvenil: Unión Campestre 2 - Atl. Sobrado 3
Feminino: Atl. Sobrado 1 - O Pino F.S. 0
Resultados categorías inferiores

Dúas derrotas e unha victoria foi o colleitado polo Club Atlético Sobrado Xuventude na súa visita a cidade de Betanzos nos enfrontamentos que tivo o noso clube co Colexio Vales Villamarín de Betanzos. O equipo Benxamín caeu polo resultado de 3-2, mentres o equipo Infantil perdía nun partido de moitos goles, 9-6 foi o marcador final. A boa nova foi a contundente goleada do equipo Alevín que venceu nin máis nin menos que 0-9 en terreo alleo.
xoves, 18 de febreiro de 2010
Horarios da vindeira xornada
Esta fin de semana destaca por duas cousas no que respecta as actividades do noso clube:1. O equipo senior terá xornada de descanso.
2. Arrinca o Campionato Galego de Enduro co noso piloto F. Herrero a mans da súa KTM.
Estes son os horarios:
Benxamíns: Col. Vales Villamarín - C.A.S.X. 10.00 h, Pavillón Polideportivo Vales Villamarín (Betanzos)
Infantís: Col. Vales Villamarín - C.A.S.X. 10.50 h, Pavillón Polideportivo Vales Villamarín (Betanzos)
Alevíns: Col. Vales Villamarín - C.A.S.X. 11.40 h, Pavillón Polideportivo Vales Villamarín (Betanzos)
XUVENÍS: Unión Campestre - C.A.S.X. 16.15 h Campo de O Redondo Montrove - Oleiros
FEMININO: C.A.S.X. - O Pino F.S. 20.00 h Pavillón Polideportivo de Sobrado
DOMINGO 21 DE FEBREIRO
Enduro: a partires das 9.00 horas Fernando Herrero comeza a súa participación no Campionato Galego en Lalín (Pontevedra)
Xuvenil (partido aprazado): Brexo Lema "B" 2 - Atl. Sobrado 1
O equipo que adestra Pirri tivo nas súas mans puntuar no campo do líder da competición ata os intres finais pero faltoulle esa pizca de sorte para poder traer algo positiva para Sobrado.O equipo marelo adiantaríase por mediación de Diego Amil e chegaríase o descanso co marcador a prol do noso equipo 0-1.
Na segunda metade o equipo local empataría nunha máis que dubidosa posición moi protestada pola nosa expedición pero o colexiado entendeu que non había "outside" e o tanto subiu o marcador.
Xa nos intres finais o líder da competición aproveitaría un córner para establecer o definitivo 2-1.
mércores, 17 de febreiro de 2010
O Atlético Sobrado incorpora unha nova categoría: Enduro
O Atlético Sobrado terá desde xa unha nova categoría, será o Enduro da man do piloto sobradés Fernando García Herrero coñecido no seu círculo de amigos coma "Nando" que hoxe púxose de longo na presención que tivo lugar en dous enclaves onde o noso clube disputa os seus encontros: o Pavillón Polideportivo e o Campo de Fútbol Municipal. F. Herrero (como así pon na súa camiseta) disputará o Campionato Galego e 3 probas do Campionato de España co dorsal 36 as súas costas e con unha moto KTM 525 EXC. Este domingo terá lugar na Comarca do Deza, concretamente en Lalín a primeira proba do Campionato Galego onde o noso piloto afronta o inicio con moitas gañas. O piloto non quixo deixar pasar a oportunidade para agradecerlle publicamente a Gestán Tratamento de Residuos (que dispón unha planta en Sobrado) o importante apoio económico que lle brindou para que este proxecto puidese ir adiante. Recordamos que Gestán colabora tamén coas outras categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude, nunha clara mostra do apoio que está a brindar ó deporte sobrades. Así como tamén o piloto destaca o importante apoio amosado polo Concello de Sobrado, a empresa relacionada co mundo das motos 90 Motor Coruña, concesionario de KTM na cidade da Coruña e tamén a importante apoio loxístico desempeñado polo motoclube Movete Na Moto de Lalín.
Moita sorte para Nando, a partires de agora os seus resultados das probas que disputa poderédelas ver neste blog.
martes, 16 de febreiro de 2010
Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude
1. DAVID 12 GOLES
2. CHINO 8 GOLES
3. LUIS 4 GOLES
4. MIGUEL LIBOREIRO 3 GOLES
5. NACHO, PIRULO, JUAN 2 GOLES
6. ESTEBAN, ROY, DIEGO FRAGÍO, MARIO 1 GOL
-------------------------------------------------------------------------
FEMININO
1. MARÍA SEOANE 9 GOLES
2. PATRICIA FUENTES 4 GOLES
3. MARÍA GÓMEZ 3 GOLES
4. LUCÍA, SARA 2 GOLES
5. PATRICIA SÁNCHEZ 1 GOL
------------------------------------------------------------------------
XUVENIL
1. DAMIÁN 6 GOLES
2. JORGE 3 GOLES
3. MIGUEL COMBO, IVÁN CABADO, DIEGO AMIL, ALEJANDRO MÁRQUEZ 2 GOLES
4. ALBERTO MÁRQUEZ, DAVID VIDAL 1 GOL
Os xuvenís disputan hoxe o partido aprazado
O equipo xuvenil disputará na tarde de hoxe a partires das 16.30 horas en terreo alleo o partido correspondente a primeira xornada da segunda volta e que foi aprazado no seu día debido a que o equipo marelo non puido viaxar por mor do temporal de neve que afectou a Galicia. O rival será o líder da competición, o S.D. Brexo Lema "B".Senior: C.A.S.X. 3 - Encrobas 1

Feminino: Fisober F.S. 4 - C.A.S.X. 2
Non puido colleitar nada positivo o equipo feminino na visita a Dumbría na que enfrontaba o noso equipo co líder da categoría provincial, o Fisober F.S.O resultado final foi de 4-2 a prol do equipo local. Os goles das xogadoras adestradas por Hassan foron obra da pichichi do equipo María Seoane e de María Gómez.
Xuvenil: Atl. Sobrado 0 - Curtis 1

Resultados das categorías inferiores

xoves, 11 de febreiro de 2010
Partidos da vindeira xornada
Agás o equipo infantil que terá xornada de descanso todas as outras categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude terán enfrontamentos oficiais esta fin de semana.Estes son os encontros con horario e lugar:
Benxamín: Atl. Sobrado - Aranga/Curtis 10.30h Pavillón Polideportivo de Sobrado
Alevín: Atl. Sobrado - Aranga/Curtis 11.15h Pavillón Polideportivo de Sobrado
XUVENIL: Atl. Sobrado - C.C.D. Curtis 16.15h Campo Municipal de Sobrado
FEMININO: Fisober F.S. - Atl. Sobrado 19.00h Pavillón Municipal de Dumbría
DOMINGO 14 DE FEBREIRO
SENIOR: Atl. Sobrado - Encrobas C.F. 16.15h Campo Municipal de Sobrado
martes, 9 de febreiro de 2010
Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:
1. David 11 goles
2. Chino 8 goles
3. Luis 4 goles
4. Miguel Liboreiro 3 goles
5. Nacho, Pirulo 2 goles
6. Esteban, Roy, Juan, Diego Fragío 1 gol
-----------------------------------------------------
FEMININO:
1. María Seoane 8 goles
2. Patricia Fuentes 4 goles
3. María Gómez, Lucía, Sara 2 goles
4. Patricia Sánchez 1 gol
-------------------------------------------------------
XUVENIL:
1. Damián 6 goles
2. Jorge 3 goles
3. Miguel Combo, Iván Cabado, Diego Amil, Alejandro Márquez 2 goles
4. Alberto Márquez, David Vidal 1 gol
Senior: Visantoña 3 - Atl.Sobrado Xuventude 3
Partido de idas e vidas o disputado na tarde do domingo en O Vedral (Abellá-Frades) xa que o Visantoña CF esta a remodelar o seu campo, cambiando o céspede natural polo artificial. Fer dispuxo un once con 4 xuvenís no equipo inicial, tres de eles en liña de defensa Iván Cabado (lateral dereito), Miguel Combo (central) e Alberto Márquez (lateral esquerdo), por diante deles coma pivote defensivo tamén xogou Anxo.Nun partido onde calqueira resultado puido ser posible, o colexiado erixiuse sen querelo no protagonista desafortunado do encontro.
Comezou tendo o esférico o Visantoña nos primeiros minutos de encontro, ó C.A.S.X. costoulle desperezarse e ata pasados 7 minutos non se achegou con perigo a portería visitante, sería Luis con un rápido contragolpe pero o seu forte lanzamento saiu moi desviado.
Corría o minuto 21 de encontro e chegaría a primeira xogada polémica do partido, o colexiado do encontro anula un gol o equipo local por considerar fóra de xogo de un dos atacantes do Visantoña.
No minuto 28 ía chegar o 1-0 logo de que a balón parado un dos centrais locais marque na portería de Cuadrado.
O empate a 1 gol chegaría a balón parado, falta lateral sacada maxistralmente por Miguel Liboreiro ó corazón da área e alí aparece David para de cabeza establecer o empate a 1 no marcador.
Con este resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade os dous equipos tiveron varias oportunidades claras de adiantarse no electrónico pero non andiveron atinados ata que o colexiado se inventa un penalti para incredulidade de todos (incluido o público local que se ría a mandíbula aberta polo incrible penalti que acababa de decretar o colexiado). A escea foi a seguinte, un xogador local recibe o balón dentro da área, Esteban e Alberto Márquez estan a cubrilo perfectamente sen que o atacante do Visantoña teño opción de avanzar cara a portería de Andrés, ningún dos defensores marelos lle toca o xogador local, este ante a posibilidade de avanzar tírase de xeito clamoroso e o colexiado decreta penalti. Estupor e indignación na expedición visitante, o penalti sería lanzado e transformado por Marcos Martínez.
A partires de ese momento (faltaban 17 minutos) o Visantoña decidiu dormir o partido e intentar perder tempo, pero nunha contra do Atlético Sobrado e logo de unha serie de rexeites da defensa local David aproveitase de un deles para marcharse so a portería e marca escorado logo de dar o esférico no pao, era o minuto 89 e facíase xustiza tanto polo visto sobre o terreo de xogo coma polo penalti inxusto.
Pero o C.A.S.X viu a posibilidade de levarse os tres puntos, e no seguinte ataque ía quitar petroleo de un mal control do capitán local que mandou o esférico a córner. A estratexia de novo decisiva, outra xenialidade de Miguel Liboreiro e de novo David coa testa introduce o balón no fondo da rede, corría o minuto 92 de encontro. O dianteiro de Sandá-Cidadela acadou un hat-trick e situase en solitario coma pichichi do equipo con 11 goles.
Pero o partido aínda ía deparar unha sorpresa máis, de novo de xeito negativo por parte do colexiado e tamén do equipo rival. Ataque a prol do Atlético Sobrado, Luis logo de regatear a un rival recibe unha patada e queda no chan, o colexiado non decreta nin falta e manda continuar o xogo, o Visantoña, e a pesares de que o Atlético Sobrado tirou o esférico fóra ó longo do partido en 6 ocasións para atender a xogadores rivais non tira o balón fora e aproveita a deshubicación dos xogadores visitantes que están a protestar a clarísima falta recibida por Luis, e logo de dous lanzamentos detidos por Andrés, Jacobo Regueiro marca o empate a 3 que sería definitivo. O partido non dou máis de sí e o colexiado indicou o final do encontro. Eso sí o capitán local aínda tivo tempo cando nos dirixiamos os vestiarios para chamarnos a todos "tontos e gilipollas" sin que mediara insulto polos xogares visitantes, estivo moi ben o resto do equipo do Visantoña recriminandolle a actitude o seu capitán que debería ser exemplo para o resto pois aínda non sabemos que problema tiña para amosarse dese xeito. O colexiado fixo que apuntaba os insultos no papel pero na acta do partido non fai constar en ningún lado estes insultos. Moitas cousas ten que cambiar este xove colexiado se quere chegar lonxe...
En resumo, un partido apaixoante onde o hat-trick de David quedou ensombrecido pola actuación arbitral e replochable a actitude do capitán local nun partido onde o xogo limpio foi a nota predominante.
Feminino: Atl. Sobrado Xuventude 2 - Sada S.F.S. 4
As xogadoras de Hassan sufriron unha derrota en terreo propio, o noso equipo acusou de xeito notorio as numerosas baixas que lle fixeron perder opcións para sacar algo positivo do enfrontamento.O equipo de Sada chegou a ir 0-4 por riba no electrónico pero nunha mostra de pundonor e garra, o Atlético Sobrado conseguiu anotar ata en 2 veces na portería rival, as goleadoras locais foron Patricia Fuentes e María Seoane.
Xuvenís: C.D. Obrero 4 - Atl. Sobrado Xuventude 2
xoves, 4 de febreiro de 2010
Senior: Atl. Sobrado 1 - Cerceda B 2
Partido dos que fan afección ó vivido na tarde do domingo no Municipal sobradés. O equipo de Cerceda, un dos que mellor trata o balón da categoría visitaba Sobrado coa premisa de gañar para non perder comba dos postos de ascenso. A primeira metade foi para o cadro que adestra Manuel Mosquera, impoñendose en toque e velocidade ó Atlético Sobrado. O filial do equipo de 3ª división ten dous "puñais" por banda dereita, tanto o lateral dereito coma o seu capitán e interior dereito Suso, amosaron que a velocidade é un dos seus puntos fortes, por suposto esta gran potencia convinana a perfección con excelente toque de balón polo que calqueira dos dous pode chegar a xogar en categorías importantes do fútbol galego e quen sabe se nacional...O único gol da primeira metade ía chegar logo de que o dianteiro cercedés andivese máis rápido que a defensa e o porteiro local e aproveitou un balón morto escorado no pico da área pequena para mandalo ó fondo da rede.
Co 0-1 chegouse o tempo de lecer. Un descanso no que Fer faría 3 trocos a vez e entrarían Pichi, Luis e o xuvenil Diego Fragío, precisamente este último sería o autor do gol do empate logo de unha excelente xogada de Luis, que andivo pillo e rouboulle a carteira o lateral esquerdo visitante cando este protexía o esférico para que saise a saque de porta, o excelente centro de Luis foi rematado por cabeza polo xogador xuvenil que debutaba na tarde do domingo co primeiro equipo. O C.A.S.X. na segunda metade creou moitas e boas ocasións de perigo pero ningunha máis chegou o fondo da rede. O Cerceda B faría o 1-2 aproveitando unha veloz contra onde un dos seus dianteiros chegou a un balón dividido antes que Cuadrado e mandou o esférico ó fondo da rede. Non faltaría a polémica no partido, pois co 1-2 no marcador e faltando 20 minutos, o dianteiro sobradés David marcou un auténtico golazo de chilena pero o colexiado anulouno o interpretar que había xogo perigoso na acción. Dende a nosa posición na grada pareceunos que o colexiado equivocouse pois entre David e o defensa había máis de 1 metro de distancia..., o caso é que o tanto non subiu o electrónico.
O C.A.S.X. seguiuno intentando pero non puido ser e a pesares da derrota o partido deixou un bo sabor de boca entre a parroquia local polo gran espectáculo futbolístico que ofreceron ámbolos conxuntos. O Cerceda B se ten sorte merece subir pois a verdade é que o seu fútbol dignifica moito a nosa categoría.
Sorte!





