martes, 30 de marzo de 2010

A.D. Vilamaior 1 - Atl. Sobrado 1

O adestrador do Atlético Sobrado, Fernando Torreiro tivo que facer verdadeiras florituras o longo da semana para poder confeccionar a convocatoria do equipo senior logo das numerosas sancións e lesións que están a asolagar o equipo.
Para o partido de Vilamaior tan so 7 homes do primeiro equipo entraron na convocatoria polo que 6 xogadores do equipo xuvenil entraron nos plans do adestrador melidense.
Fer dispuxo un once con Cuadrado en portería, Iago como lateral dereito, o xuvenil Diego Fragío lateral esquerdo, e os tamén xuvenís Iván Cabado e Miguel Combo na parcela central da defensa; en medio campo o capitán Esteban xunto co tamén xuvenil Antonio, o interior esquerdo era a zona que ocupaba Nacho e o interior dereito era para outro xuvenil Damián, en ataque Chino e Mario. Para cambios quedaron Pirulo (que volvía a unha convocatoria 2 meses despois do nacemento da súa filla) e outro xuvenil Cristian Quintela.
O partido foi bastante vistoso con oportunidades para ambos bandos, o Sobrado creou 3 boas oportunidades na primeira metade, a máis clara tivoa Mario pero cando se quedaba man a man co porteiro logo de un bo pase de Chino o seu control fóiselle moi longo e acabou o esférico en saque de portería. Pola súa banda o Vilamaior intentaba tirar de oficio e mentres o Sobrado prefería xogar o esférico polo chan o equipo local xogaba balóns aéreos aproveitando o seu potencial nesta faceta.
O primeiro gol da tarde ía chegar os 35 minutos de encontro cando o goleador Tacón atopou un balón en posición dubidosa, a uns 7 metros da área visitante, encarou a Cuadrado e marcou por abaixo.
Con este resultado chegouse o descanso.
O Atlético Sobrado non se descompuxo e saiu na reanudación en prol de acadar un resultado positivo, o equipo de Fer fixo unha soberbia segunda metade con fases de moi bo xogo e poñendo contra as cordas o seu rival. O descaro e a calidade dos xogadores xuvenís danlle un plus a este equipo que nos fai albergar moitas esperanzas para que o Atlético Sobrado teña un gran equipo en poucos anos..., co compromiso e a implicación sempre se chega lonxe.
Rozou o gol o equipo marelo en varias oportunidades e os nervos comezaban a aflorar nos locais, Chino colleu a batuta do equipo en ataque na segunda metade e foi un quebradeiro de cabeza para a defensa ordense, logo de unha boa xogada en ataque do Atlético Sobrado Chino recibe un esférico dentro da área conecta un forte lanzamento pero o porteiro visitante fai unha excepcional parada estirándose, o rexeite caelle de novo a Chino que remata de cabeza non dando tempo ó cancerbeiro local a levantarse e acada o gol do empate. Faciase xustiza pois a C.A.S.X. estaba a levar o peso do encontro. O partido dirixiase cara o final con ocasións por ambos bandos, coa banda esquerda do Atlético Sobrado dándolle verdadeiros de cabeza ó Vilamaior, con Pirulo como lateral esquerdo e Diego Fragío ó que Fer lle adiantou a posición facendo boas xogadas combinativas, ademáis Chino caia tamén a esa banda e nos momentos do partido en que estes 3 xogadores se asociaron ó equipo local sufría o indecible para tapar os ataques visitantes.
O Sobrado non aproveitou as súas oportunidades e a derradeira sería para o equipo local, logo de unha falta en medio campo o Vilamaior colgou o balón na área sobradesa, ninguén atina a despexar e un xogador local manda o balón o pao, o rexeite caeu a pes da defensa marela que mandou o esférico moi lonxe da meta de Cuadrado e o colexiado decretou o final do encontro.
Bo sabor de boca deixou o Atlético Sobrado con unha media de idade baixísima. Para o vindeiro domingo o C.A.S.X. afronta un emocioante derbi fronte un Toques C.F. que está a facer unha gran segunda volta. Volven tras cumplir sanción Miguel Liboreiro, David e Roy e algunhas das ausencias de este domingo poden voltar a convocatoria. Non o olvidedes, o domingo 4 de abril a partires das 17.00 horas no Municipal de Sobrado tedes unha cita...

Xornada propicia para o fútbol sala base


Os equipos alevín e infantil do Club Atlético Sobrado Xuventude obtiveron resultados positivos nesta fin de semana. O equipo alevín daba boa conta do Oza dos Ríos impoñéndose 6-3 os xogadores da Comarca de Betanzos.
Pola súa banda o equipo infantil tamén gañaba, nesta ocasión 5-3, acadando así o cupo total de victorias na mañá do sábado.

venres, 26 de marzo de 2010

Vindeiros encontros

Coa liga feminina e xuvenil xa acabadas (agora comezan a competición de Copa). Tan so o equipo senior, os alevíns e os infantís terán encontros ligueiros esta fin de semana.

Estes son os horarios:
Sábado 27 de marzo
Alevín: C.A.S.X. - Oza dos Ríos 10.00h Pav. Munic. Sobrado
Infantil: C.A.S.X. - Oza dos Ríos 10.45h Pav. Munic. Sobrado
Domingo 28 de marzo
Senior:
A.D. Vilamaior - Atl. Sobrado Xuventude 16.30h Campo de Fútbol de Vilamaior (Ordes)

Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:

1. David 12 goles

2. Chino 11 goles

3. Luis, Miguel Liboreiro 4 goles

4. Diego Fragío, Nacho 3 goles

5. Pirulo, Juan, Roy 2 goles

6. Esteban, Mario 1 gol

-----------------------------------------------------------

FEMININO:

1. María Seoane 13 goles

2. Patricia Fuentes 7 goles

3. Lucía 6 goles

4. María Gómez 5 goles

5. Sara 3 goles

6. Patricia Sánchez 1 gol

----------------------------------------------

XUVENIL:

1. Damián 7 goles

2. Diego Amil 5 goles

3. Jorge, Alejandro Márquez 3 goles

4. Miguel Combo, Iván Cabado 2 goles

5. Alberto Márquez, David Vidal 1 gol

xoves, 25 de marzo de 2010

Atl. Sobrado 3 - CCD Curtis 1


Pésimo partido do equipo local que aínda así viuse compensado coa victoria. O equipo estivo desganado e cansado (quizais pesou ter que disputar o partido do Queixas venres e o partido do Curtis o domingo).
Houbo moitas imprecisións e erros nas marcas. Miguel Liboreiro sería o encargado de abrir a lata cando ía pouco máis de media hora de encontro, o fino medio centro sobradés enganchou un balón un pouco máis atrás do punto de penalti e golpeu con solvencia facendo que o porteiro visitante so puidera seguir o esférico coa mirada.
Un minuto máis tarde empataría o Curtis logo de unha imprecisión e mala colocación en defensa.
2 minutos antes de chegar o intermedio Chino sería obxeto de un claro penalti. Sería o propio Chino o encargado de efectuar o lanzamento, o porteiro curtense adiviña o lanzamento e fai unha gran parada pero e rexeite vólvelle a caer o xogador marelo e desta vez non perdoa e pon o 2-1 no marcador.
Na segunda metade máis do mesmo, mala imaxe, desgana e cansanzo. O colexiado non lle ía a zaga e fixo un partido lamentable en todos os aspectos: mal colocado, lento e errático nas apreciacións que levantaron as iras do público local. Miguel Liboreiro foi cosido a patadas todo o encontro sen que o trencilla amosase cartóns os rivais por esta actitude, xa mediada a segunda metade Miguel sufre unha dura falta, xa canso de tanta patada o medio centro repele a patada, o colexiado ahí si que estivo rápido e amosalle cartón vermello directo a Miguel pero deixa impune a patada ó xogador visitante..., de risa.
Chino preto do final sentenciaría o encontro nun balón que recolle a uns 9 metros da portería o seu forte lanzamento entrou rozando o longueiro.
Pero o colexiado voltaría a ter o seu minuto de gloria con outra expulsión; Roy chega tarde a un balón e fai falta a un rival, o colexiado, de novo rápido e precipitado para amosar vermellas manda a Roy as duchas para sorpresa de todos cando pensabamos que un cartón marelo sería máis que suficiente..., abucheos o colexiado, protestas e final do encontro. Un encontro pésimo en todos os sentidos no que perdemos a tres xogadores: os dous expulsados e David que viu o quinto cartón marelo polo que Fer terá que facer malabarismo para poder ter 5 xogadores senior no campo o vindeiro partido.
O único positivo foron os 3 puntos.

A Salina Xuventude 1 - Atl. Sobrado 4

Importante victoria das xogadoras de Hassan no seu desplazamento a Esteiro (Muros) na derradeira xornada de liga. Este resultado serve para que o noso equipo quede clasificado na 4ª posición da táboa. Sen lugar a dúbidas unha gran posición sobretodo se miramos todos os problemas cos que se encontrou o equipo ó longo da tempada.
Os goles estarían moi repartidos: María Seoane, Lucía, Patricia Fuentes e María Gómez serían as goleadoras.
Agora o equipo feminino comezará a disputa do campionato de Copa.

Atl. Sobrado 1 - Queixas 2

Sufriu o líder Queixas para gañar no Municipal de Sobrado no partido que fora aplazado no mes de xaneiro por mor das nevaradas que asolaran Galicia.
Nunha tarde de intenso vento e con afeccioados do Cire Melide nas gradas, o equipo de Fer plagado de xuvenís disputou un gran encontro fronte a un equipazo como é o Queixas. Na primeira metade os marelos xogaron co vento en contra, aínda así o primeiro gol do encontro marcaríao Nacho de lonxano disparo e onde ó porteiro visitante escapouselle o balón das mans que acabou no fondo da rede.
Antes de chegar ó descanso o Queixas empataría por mediación de Rubio nunha rápida contra.
Na segunda metade o Sobrado que tiña o vento a favor e apretou ó líder da competición ata que o Queixas comezou a mover o banquiño. Nunha contra o Queixas marcaría o 1-2 de novo por mediación de Rubio, os locais pediron fora de xogo pola dubidosa posición na que arrancaba o interior cercedés.
Faltando 8 minutos para o final chegaría outra xogada polémica, o colexiadoa anuloulle o empate a 2 goles ó Sobrado logo de un cabezazo de David que o trencilla considerou que no remate fixéralle falta ó porteiro quitandolle o balón das mans.
A pesares de estas dúas xogadas o colexiado foi do mellorciño que pasou polo Municipal, sen lugar a dúbidas que árbitros coma este merecen estar nunha categoría moi superior, e penso que non me vou equivocar se digo que chegará moi lonxe.
Así acabou o encontro onde o Atlético Sobrado deixou unha boa imaxe os afeccioados que asistiron o encontro.

Breve Resumo

Voltamos para actualizar este blog, o blog de todos os "marelos". A semana pasada troixo un pouco de todo no que a resultados se refire.

As categorías inferiores acadaron 1 victoria e dúas derrotas nos seus enfrontamentos contra o Curtis:

Benxamíns: Curtis 5 -C.A.S.X. 1
Infantís: Curtis 5 - C.A.S.X. 1
Alevíns: Curtis 1 - C.A.S.X. 2

Gran victoria do equipo feminino de fútbol sala fronte A Fervenza "B" de Narón polo resultado de 5-2. As goleadoras do equipo foron de esta volta María Seoane (2), Patricia Fuentes (2) e Lucía.

O equipo xuvenil sufriu unha dorosa goleada na derradeira xornada do campionato 9-1. O gol da honra para os xuvenís foi obra de Diego Amil.

O equipo senior fixo un auténtico partidazo na súa visita o San Martiño, o terceiro clasificado, e tan solo a mala sorte, os paos e un desconto de 8 minutos privaron o equipo de Fer de traer algo positivo para Sobrado. O resultado foi de 1-0, marcado o gol no minuto 97.

Pola súa banda, o piloto do Atlético Sobrado Fernando García Herrero, non puido acabar a segunda proba do Campionato Galego de Enduro celebrada en Tui por problemas físicos.

xoves, 11 de marzo de 2010

Todas as categorías con Competición Oficial:

Todas as categorías do Atlético Sobrado Xuventude terán competición na fin de semana que se aproxima, para algúns coma os xuvenís esta é a derradeira xornada de liga.

FÚTBOL SALA:
As Escolas Deportivas do Atlético Sobrado desplázanse o sábado 13 pola mañá ata o Pavillón Municipal de Curtis para xogar fronte o Curtis "A", estes son os horarios:
Benxamíns: 10.45 h
Alevíns: 11.30 h
Infantís: 12.15 h
O equipo feminino xoga o domingo 14 ás 12.00 horas fronte A Fervenza "B" F.S. de Narón no Pavillón Municipal de Sobrado
FÚTBOL:
O equipo xuvenil disputa o sábado 13 a derradeira xornada de liga, unha xornada que foi aprazada no seu día con motivo do temporal que azotou a Galicia hai un par de semanas. O partido será en terreo do Atl. San Pedro e o horario de comezo do encontro está previsto para as 16.30 horas en horario oficial.
Pola súa banda o equipo senior viaxa ó Concello de Cerceda concretamente ata a Silva para enfrontarse a un dos equipos favoritos para acadar o ascenso de categoría, o San Martiño C.F. na tarde do domingo 14 o encontro o igual que o dos xuvenís do día anterior disputarase en horario oficial, é dicir, 16.30 horas.
ENDURO:
O piloto do Atlético Sobrado Fernando García Herrero logo do meritorio 20º posto acadado na xornada inaugural, disputa a segunda proba do Campionato Galego de Enduro, desta volta o circuito será en Tui (Pontevedra).
Sorte a todas as categorías!!!
FORZA C.A.S.X.

martes, 9 de marzo de 2010

Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:
1. David 12 goles
2. Chino 9 goles
3. Luis 4 goles
4. Miguel Liboreiro, Diego Fragío 3 goles
5. Nacho, Pirulo, Juan, Roy 2 goles
6. Esteban, Mario 1 gol
------------------------------------------------------------
FEMININO:
1. María Seoane 10 goles
2. Patricia Fuentes, Lucía, María Gómez 4 goles
3. Sara 3 goles
4. Patricia Sánchez 1 gol
--------------------------------------------------------------------
XUVENIL:
1. Damián 7 goles
2. Diego Amil 4 goles
3. Jorge, Alejandro Márquez 3 goles
4. Miguel Combo, Iván Cabado 2 goles
5. Alberto Márquez, David Vidal 1 gol


Senior: Atl. Sobrado 2 - Boimorto C.F. 4

Pésima imaxe a dada polo Atl. Sobrado no derbi fronte o Boimorto. O equipo saiu frío o campo e fixo o peor partido da tempada con moita diferencia. Os 5 minutos xa perdía por 0-2 logo de dous erros monumentais da parcela defensiva. Con ese resultado chegouse o descanso.
Pero a torrixa seguiría na segunda metade ata chegar ó 0-4 con 4 tiros do Boimorto a portería e a pesares de que en ningún momento o equipo rival tivo a posesión do esférico pero os gravísimos erros dos marelos condenaron o partido.
Chino, que volvía logo de 2 meses lesionado estrelou unha potente volea no traveseiro e faltando 15 minutos para o final do encontro o xuvenil Diego Fragío recurtaría diferencias nun man a man fronte o porteiro visitante.
O Boimorto estivo a piques de marcar o 5º gol pero o lanzamento pegou no pao, na espalda de Cuadrado e de novo o pao para que finalmente Cuadrado agarrase o esférico.
O colexiado comeuse un claro penalti por man de un defensa visitante logo de un remate de Esteban que todo o mundo viu menos o colexiado. Xa no tempo de desconto, Nacho sufriría un penalti logo de que un defensa rival que fixese a zancadilla cando encaraba portería. O penalti tivo que ser lanzado 2 veces. Na primeira Chino lanzou e o porteiro visitante Carlos atallou o disparo pero o colexiado mandou repetir pois antes do lanzamento de Chino xa había 2 defensas do Boimorto preto do punto de penalti. Volveu a lanzar Chino e desta volta si que establecería o 2-4 final. Non houbo tempo para máis e o colexiado decretou o final do encontro.
Partido pésimo do Sobrado que agardemos que non se repita, sen lugar a dúbidas o peor encontro da tempada con moita diferencia.

Feminino: Femiordes F.S. 0 - Atl. Sobrado 2

Importantísima victoria do equipo de Hassan en terra de Ordes por 0-2 a pesares de non poder contar coa máxima goleadora do equipo, María Seoane.
Os dous goles do C.A.S.X. chegaron na segunda metade, o primeiro gol anotaríao María Gómez e o segundo sería obra de Sara logo de un lonxano lanzamento de falta.

Xuvenil: Atl. Sobrado 0 - Vizoño S.D. 1


Bo partido dos xogadores de Pirri a pesares de que o equipo xuvenil non puido acadar nada positivo do derradeiro partido da liga na casa.
O único gol do partido foi logrado polo equipo visitante na primeira metade aproveitando un despiste defensivo local.
A mellor ocasión do Atlético Sobrado tivoa Damián na segunda metade pero o seu lanzamento tocou a esquina esquerda do longueiro visitante.

xoves, 4 de marzo de 2010

Fin de semana apaixoante


Chega unha nova xornada ligueira que promete emocións fortes. O equipo xuvenil disputa na tarde do sábado o seu derradeiro partido coma locatario na tempada 2009/2010, de outro lado e tamén na tarde do sábado o equipo feminino desplazase a Ordes para afrontar un difícil encontro. Para a tarde do domingo agárdanos o prato forte, que será o partido do equipo senior que disputa no Municipal sobradés un importante derbi contra o Boimorto para afianzar os síntomas de recuperación que ven dando o equipo de Fer nos últimos partidos.
As categorías inferiores non terán liga esta fin de semana.

Estes son os partidos:

SÁBADO 6 DE MARZO
Xuvenís: Atl. Sobrado - Vizoño S.D. 16.30 horas Munic. de Sobrado
Feminino: Femiordes F.S. - Atl. Sobrado 17.00 horas Pavillón Castelao 2
DOMINGO 7 DE MARZO
Senior: Atl. Sobrado - Boimorto C.F. 16.30 horas Munic. de Sobrado

martes, 2 de marzo de 2010

Galardón "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:
1. David 12 goles
2. Chino 8 goles
3. Luis 4 goles
4. Miguel Liboreiro 3 goles
5. Nacho, Pirulo, Juan, Diego Fragío, Roy 2 goles
6. Esteban, Mario 1 gol
-----------------------------------------------------------------------
FEMININO:
1. María Seoane 10 goles
2. Patricia Fuentes, Lucía 4 goles
3. María Gómez 3 goles
4. Sara 2 goles
5. Patricia Sánchez 1 gol
-------------------------------------------------------------------------
XUVENIL:
1. Damián 7 goles
2. Diego Amil 4 goles
3. Jorge, Alejandro Márquez 3 goles
4. Miguel Combo, Iván Cabado 2 goles
5. Alberto Márquez, David Vidal 1 gol

luns, 1 de marzo de 2010

3ª Aut. Senior: Larín B 1 - Atl. Sobrado 2

Maravillosa victoria a conseguida polos homes que adestra Fer na mañá do domingo na visita que a "Makina Amarilla" lle rendiu ó Concello de Arteixo, concretamente a Larín. O equipo visitante chegou moi condicionado polas 8 baixas (Pichi, Chino, Miguel Liboreiro, Luis, Alex, Pirulo, Iván e Juan) coas que contaba polo que houbo que tirar de canteira e poñer de inicio 4 xogadores do equipo xuvenil que responderon as mil maravillas. Precisamente sería un xogador do filial, Diego Fragío o que faría o único gol da primeira metade, é o segundo gol que marca o xove zurdo co equipo senior nesta tempada.
Xa na segunda metade o equipo local seria quen de empatar o encontro pero sería Roy con un magnífico lanzamento de falta o que lle daría a victoria ó Atlético Sobrado que suma 3 puntos por segunda xornada consecutiva.

Provincial Feminina: Atl. Sobrado 2 - Boqueixón F.S. 3

O Atl. Sobrado feminino disputou na tarde de onte ó encontro que fora aplazado no seu momento por problemas no Pavillón Polideportivo fronte ó Boqueixón F.S.
As pupilas de Hassan deixaron unha boa imaxe fronte un dos mellores conxuntos do campionato a pesares de que non foron quen de puntuar nesta ocasión.
A arbitraxe do colexiado segue levantando ampoias unha vez pasadas 24 horas do choque pois desfavoreceu claramente ó equipo local en moitas das accións do encontro o que fixo que Atlético Sobrado se queixase amargamente da arbitraxe sufrida.
Os goles locais foron obra de María Seoane e de Lucía.