xoves, 28 de outubro de 2010

Partidos da vindeira xornada

Enfrontamentos:
Sábado 30 de outubro
Xuvenil:
Sporting Cambre - Atl. Sobrado Xuventude 16.30 h
Feminino:
Atl. Sobrado Xuventude - Espartanas F.S. 19.00 h Pav. Munic. de Sobrado
Domingo 31 de outubro
Senior:
Atl. Sobrado Xuventude - C.C.D. Cerceda "B" 17.00 h Campo Municipal de Sobrado

Designados os colexiados para a vindeira xornada

Xa se coñece o nome dos xuices que serán encargados de repartir xustiza nos enfrontamentos das categorías de fútbol do noso clube:

en categoría senior será o sr. José María Carro Moreira o que dirixirá a contenda entre Atl. Sobrado Xuventude e C.C.D. Cerceda "B".
Pola súa banda en categoría senior será o sr. David Brun Pintor quen arbitrará o Sp. Cambre - Atl. Sobrado Xuventude.

Sorte a ambos.

mércores, 27 de outubro de 2010

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Así queda a clasificación logo da pasada xornada:

Senior:

David 5 goles

Chino, Pablo Naveira 4 goles

Iván Cabado, Mario, Esteban, Miguel Liboreiro, Juan 1 gol

Xuvenil:

Marcos Combo, Barreiras, Maikel 1 gol

Feminino:

María Seoane, Sara 3 goles

Luci, Tamara 2 goles

Patricia Fuentes, Sandra 1 gol


martes, 26 de outubro de 2010

2 victorias e unha derrota

O equipo feminino e senior foron os encargados de dar de novo a alegría esta fin de semana, pola súa banda un equipo xuvenil moi mermado sucumbiu fronte ó Portazgo SD.

Xuvenil: Atl. Sobrado 0 - Portazgo SD 2

O equipo adestrado por Pirri tan so puido dispoñer de 11 xogadores para afrontar o encontro, aínda por riba, Jorge tivo que marchar os 30 minutos de encontro polo o equipo marelo xogou en inferioridade numérica 60 minutos.

Feminino: A Salina "B" FSF 0 - Atl. Sobrado 1

Importantísima e traballada victoria das pupilas de Hassan que grazas a un gol de Sara conseguiron levarse a victoria no seu desplazamento a Esteiro (Muros). Con esta victoria o Atlético Sobrado sitúase na 3ª posición da Liga Provincial.

Senior: CD Larín "B" 1 - Atl. Sobrado 2

Victoria con premio no sempre dificultoso campo de terra do Larín B. Premio pois os resultados de outros partidos fixeron que o noso equipo siga a ascender posicións e esta semana ubicouse en 5º lugar da táboa, posto que da acceso a Promoción de Ascenso a 2ª Autonómica. Sen lugar a dúbidas que esta tempada está a ser unha das ligas máis bonitas e disputadas dos ultimos anos.

O partido comezou sen un dominador claro, cos dous equipos intentando collerlle o "truco" o terreo de xogo que estaba encharcado, aínda así a práctica do fútbol non se viu mermada e o esférico rodaba con total solvencia. Fer dispuxo un 4-4-2 con Cuadrado en portería, Pichi e Iago nos laterais e Piru e Juan formando no centro da zaga, no medio centro Esteban e a sorpresa de Nacho que abandonou a súa posición natural na banda e fixo de parella de baile do capitán marelo, nas bandas o xuvenil Diego Fragío e Souto, como puntas de lanza Pablo Naveira e o pichichi do equipo David.

No primeiro tiro a portería do encontro (minuto 11) chegaría o gol local, falta en medio campo que o xogador local Barreiro executa con un tiro moi elevado, o balón vai collendo dirección a portería, Cuadrado calcula mal a traxectoria do esférico e o balón chovido do ceo remata no fondo da rede. Xerro de auga fría para a Makina Amarilla que lle tocaba remar contracorrente.

Parece que o gol espabilou os visitantes e no minuto seguinte o capitán Esteban, moi incisivo en ataque na tarde do domingo chuta a portería no borde da área pero o seu lanzamento é rexeitado por un defensa do Larín B en boca de gol.

De novo sería Esteban no minuto 20 quen dispuxo da segunda oportunidade para o C.A.S.X. pero o seu lanzamento iríase por riba da portería local.

O dominio do Atlético Sobrado en ataque comezaba a ser continuo e xusto na seguinte ocasión sería Nacho quen lanzaría a portería pero o seu tiro foise fora.

No minuto 22 chegou unha das máis claras oportunidades de gol para o noso equipo nos primeiros 45 minutos, Iago executa unha falta preto do medio campo e Pablo Naveira de espaldas a portería empala sen mirar, o seu lanzamento foise fora (unha pena pois o dianteiro non puido ver que estaba completamente so dentro da área).

O C.A.S.X. seguía na procura do empate sen sorte, de novo ó minuto seguinte (23) sería Souto quen engancha unha lonxana volea pero o porteiro do Larín B atalla en dous tempos.

O Larín B que desde o gol non volvera a tirar a portería fariao no minuto 27 nun lanzamento lonxano que non dou problemas a Cuadrado.

O gol do empate chegaría cando se cumplía o minuto 30 de encontro, logo de unha xogada levada por banda dereita, o esférico chega a David que se adentra na área, ve desmarcado a Pablo Naveira, dalle un excelente pase raso que o dianteiro de Teixeiro tan so lle ten que empurrar e enviala ó fondo da rede. 4º gol da tempada para Pablo.

No minuto 35 comezaría o particular idilio que tivo David na tarde do domingo cos paos... nunha rápida contra David supera en velocidade a defensa local adentrase na área chuta, o porteiro do Larín B quédase inmóvil pero o esférico vai ó pao.

De novo David no minuto 39 sería o protagonista, falta sacada por Iago, David salta máis que o seu defensor, remata de cabeza e manda o balón ó traveseiro, as fadas non estaban co pichichi do C.A.S.X.

A pesares destas duas grandes ocasións o partido seguía en táboas, no minuto 41 de novo Souto efectuaría un forte lanzamento pero este sairía desviado.

No minuto 42 unha falta de entendemento entre Esteban e Diego Fragío fixo que finalmente ningún dos dous rematase un excelente centro de Pablo Naveira que podía haber suposto o 1-2 no marcador.

Con empate a 1 gol chegouse o descanso do encontro.

Na segunda metade a primeira ocasión tería o filial do Larín con un remate desviado no minuto 51.

Esteban, que o domingo puido sumar algún que outro tanto no seu casilleiro particular tería unha excelente oportunidade nun remate de cabeza logo de un gran centro de Pirulo pero o seu remate saiu cerca do pao cando os seguidores marelos xa cantaban o gol.

No minuto 60 Cuadrado faría a parada da tarde nun forte chut do equipo local, o gardamallas metería a man e desviaría a córner un esférico que iba para a escadra, desquitándose así do erro no gol local.

Como non hai dous sen tres, David no minuto 62 logo da saida de un córner remataría de novo de cabeza ó traveseiro, o desquiciamento do dianteiro sobradés era entendible...

Tamén o porteiro do Larín tería o seu minuto de gloria, concretamente no 66 nun excelente lanzamento de Pablo Naveira que desviou a córner con certas dificultades.

Por fin no minuto 71 chegaría o 1-2, nunha falta executada por Pirulo, o balón chégalle a Esteban que arma a perna e fai un forte lanzamento, o porteiro local fai unha gran parada rexeitando o duro traiazo pero Juan que andivo moi listo estivo atento e recolleu o esférico para posteriormente mandalo o fondo da rede. Colocábase por diante o C.A.S.X. logo de moito sufrir tras ver unha e outra vez que a Deusa fortuna negaballe o gol o equipo adestrado por Fer.

A partires de este intre os minutos comezaron a pasar lentos para o noso equipo, o Larín tería tres oportunidades de empatar o encontro: unha no minuto 82 pero o tiro saiu fora, a segunda no minuto 87 nunha falta preto do borde da área pero o lanzamento do seu executor tamén se foi fora e por ultimo xa co tempo de desconto cumprido, un xogador local enganchou unha excelente chilena pero o tiro saiu fora por moi pouco da meta defendida por Carlos que 15 minutos antes sustituira a Cuadrado.

Con este resultado o Atlético Sobrado segue invicto tras 8 xornadas de liga: 5 victorias e 3 empates é o balance da Makina Amarilla que recibirá o domingo o CCD Cerceda B condicionado por un número considerable de baixas.

xoves, 21 de outubro de 2010

E chegaron as sancións...

Primeira vez na tempada que o Atlético Sobrado Xuventude ten xogadores sancionados e a decir verdade parece que viñeron todos de golpe:

No equipo senior, Iván Cabado cumplirá 1 partido de sanción polo doble cartón marelo visto no partido fronte o C.D.Mesía. Ademáis o subcomité de competición multou ó C.D. Mesía e Atlético Sobrado Xuventude con 20€ pola tangana montada xusto antes de que o trenciña do encontro dese por finalizado o mesmo.
Polo que respecta ó equipo xuvenil logo da súa vergonzosa "actuación" en Arzúa as sancións son as seguintes:
Miguel Combo, 2 partidos, 1 por doble amonestación e outro por menosprezo ó colexiado unha vez expulsado.
Samu e Maikel, 1 partido, por doble cartón marelo.

Polo tanto o equipo de Pirri estará en cadro para recibir esta semana ó Portazgo S.D.

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:

1. David 5 goles

2. Chino 4 goles

3. Pablo Naveira 3 goles

4. Iván Cabado, Mario, Esteban, Miguel Liboreiro 1 gol

XUVENIL:

1. Marcos Combo, Barreiras, Maikel 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane 3 goles

2. Luci, Sara, Tamara 2 goles

3. Patricia Fuentes, Sandra 1 gol


Designados os colexiados da vindeira xornada

Xa se coñecen os nomes dos encargados de dirixir os encontros nas categorías senior e xuvenil na vindeira fin de semana.

No C.D. Larín "B - Atl. Sobrado Xuventude de 3ª Autonómica Grupo IV o encargado de levar a bo porto a contenda será o sr. Emilio Rafael Galán Amor.
Pola súa banda no partido de xuvenís que enfrontará a Atl. Sobrado Xuventude e Portazgo S.D. o director do encontro será o sr. Alfonso Santiago Souto.

Sorte para ambos.

Previa da vindeira xornada

Apróximase unha nova xornada ligueira para os equipos xuvenil, feminino e senior do noso clube.

Estes son os enfrontamentos:

sábado 23 de outubro
Xuvenil: Atl. Sobrado Xuv. - Portazgo S.D. "Campo Munic. de Sobrado" 16.30h
Feminino: A Salina Xuventude F.S.F - Atl. Sobrado Xuv. "Pavillón Xosé Lago" Esteiro (Muros) 19.00h
domingo 24 de outubro
Senior: C.D. Larín "B" - Atl. Sobrado Xuv. "San Roque" Larín (Arteixo) 17.15h
*NOTA: desde o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos agradecer ó C.D. Larín as facilidades dadas para co noso clube logo de acceder a cambiar o horario deste encontro.


mércores, 20 de outubro de 2010

Miscelánea

Hoxe votamos a vista atrás para recordar o equipo da tempada 2003/2004 (2ª tempada onde o Atlético Sobrado tivo categoría federada de fútbol) que quedou 6º ó final da Liga.

A foto está feita no Campo Municipal de Melide nun partido ligueiro contra o equipo local, o resultado fora Cire Melide 0 - Atl. Sobrado 2 goles de Luis e Óscar Amil.



De esquerda a dereita:

de pe: Hassan, Borja, Ángel, Pazitos, Esteban, Marcos, Sete, Manu, Pirulo, Chany, Mingón, Li, Lato.

Agachados: Lago, Agus, Luis, Iago, Óscar Amil, Pichi, Rubio e Pedino.

* Para ver a foto ampliada picade nela unha vez.

martes, 19 de outubro de 2010

A xornada: algo de todo


Os resultados da fin de semana trouxéronnos algo de todo: victoria do equipo feminino, empate do equipo senior e derrota dos xuvenís (que eso é o que menos importa mentres sí que importa a imaxe barriobaixeira dada polos nosos xogadores, algún parece ser que aínda non ten moi claro o que representa cando viste o noso escudo, que se vaia dando conta se quere...)


Xuvenís: C.S.D. Arzúa 1 - Atl. Sobrado 0

Négome a facer calqueira tipo de crónica deste partido pois moitos dos xogadores xuvenís do noso clube non son dignos dela e ou moito cambian de actitude ou aquí non son benvidos...

Pedir disculpas o equipo rival e ó colexiado do encontro pola actitude de moitos dos nosos xogadores.

Feminino: Atl. Sobrado 7 - Femiordes F.S. 2

Goleada do equipo de Hassan no que por fin estivo o plantel o completo, está claro que dispoñendo de todas as xogadoras ó longo da tempada o equipo pode aspirar o que queira. O encontro decidiuse na segunda metade logo de chegar o Atlético Sobrado ó descanso en mínima vantaxe 2-1.

As goleadoras foron: María Seoane (3), Sara (2), Sandra e Tamara

Senior: Atl. Sobrado 0 - C.D. Mesía 0

Duro partido o visto no Municipal de Sobrado o pasado domingo. O C.A.S.X. estreaba horario (a partires de agora xogará coma local todos os partidos as 17.00 horas do domingo) e parece que non lle sentou ben no rexistro goleador pois foi a primeira vez na tempada que o equipo que dirixe Fer se quedou sen marcar.

O partido comezou co Mesía mellor posicionado no terreo de xogo ca os "marelos" tendo máis posesión de balón nos primeiros dez minutos de encontro. De todos modos nese tempo non inquedou a portería de Cuadrado agás un remate ténue de cabeza de un dianteiro mesián.

No minuto 11 de encontro chegaría a primeira clara ocasión do Atlético Sobrado, centro medido de Nacho desde banda dereita e o pichichi do equipo David empala o esférico sen deixar botar preto da área pequena, o seu lanzamento saiulle moi ó medio e o cancerbeiro visitante rexeitou o esférico cando xa se cantaba o gol.

Volvería á carga o Sobrado no minuto seguinte logo de unha falta sufrida por Pablo Naveira que foi obxeto de cento e unha faltas ó longo do encontro (como é habitual), o lanzamento efectuado por Miguel Liboreiro sairía por riba da portería.

No minuto 21 chegaría outra clarísima ocasión para o cadro local, Pablo Naveira encontrouse un gran balón dentro da área, logo de regatear ó seu par e no momento de poñerse a disparar o esférico bota mal a causa do estado do terreo de xogo e o seu disparo vaise fora cando de novo no público xa se volvía a celebrar gol.

Nacho sería o seguinte en ter unha ocasión, recolleu o balón en tres cuartos de campo e viu o porteiro adiantado pero o seu tiro saiulle floxo e o gardamallas atallou sen problema.

Nese mesmo minuto o Mesía faría o seu segundo lanzamento do partido pero o tiro foise fora.

A partires do minuto 25 a defensa do Sobrado viu un cartón marelo por cada falta que fixo, curiosamente, o colexiado na primeira metade non tivo o mesmo raseiro a hora de medir as tarxetas e mentres o Mesía foise con duas marelas o descanso o Sobrado acumulou 5. O capitán visitante tíñase que haber ido a rúa na primeira metade logo de que con unha amarilla fixese unha dura entrada a Pablo Naveira en medio campo, o colexiado evitou quitarlle o merecido segundo cartón. Sen embargo e cando agonizaba a primeira metade Iván Cabado comete penalti sobre un dianteiro visitante, o noso zagueiro facía 13 minutos que vira un cartón marelo e o colexiado non dubidou un instante e expulsou o bravo defensa. O Sobrado quedábase con 10 home a piques de chegar o descanso e con un penalti en contra.

O porteiro visitante sería o encargado do lanzamento, e ahí emerxeu a figura de Cuadrado que detivo o lanzamento, o posterior rexeite desviaríao Juan a córner. Ahí rematou a primeira metade, con un Atlético Sobrado que sufrira máis faltas que o seu rival pero estaba con un home menos no campo.

No descanso o equipo conxurouse para quitar o partido adiante a pesares de estar un menos, grandiosa a actitude dos xogadores locais, que nos fan sentir orgullosos de que estén baixo a nosa disciplina. Sabíamos que o Mesía coas faltas que estaba a facer non podía rematar o partido cos 11 homes sobre o terreo de xogo, sería inxusto.

O minuto de reanudarse o encontro, Souto que entrou no descanso polo xuvenil Maikel anda máis rápido que un defensa do Mesía, róuballe a carteira no borde da área por banda dereita, adéntrase e cando se dispoñía a dar o pase da morte a David o defensa visitante agarrao pola camiseta derribando. Claro penalti que decretou o colexiado e cartón marelo para o xogador branco.

O executor do penalti sería un especialista, Miguel Liboreiro, o axustado lanzamento foi ó traveseiro e o rexeite non puido ser aproveitado por ningún dos nosos xogadores para batir a rede visitante.

4 minutos despois o Mesía poñería a alma nun puño a parroquia local logo de que un dos seus dianteiros recollese un balón perdido a salida de un córner e estrelase o esférico en toda a cruceta.

Sería no minuto 56 cando de novo lle tocou dar ó Sobrado, de novo Miguel Liboreiro nunha excepcional xogada persoal por banda esquerda vería o porteiro adiantado e coa súa perna menos boa (se é que ten algunha), a esquerda lanza unha perfecta vaselina e de novo o esférico estrélase no traveseiro, non estaba a ter sorte o xogador vigués.

A anécdota do partido chegou no minuto 64, Souto foi a presionar un balón dividido o que o porteiro visitante chegou antes que o noso incisivo interior, cando Souto volvía a súa posición natural e pasar a altura do porteiro este último co balón na man, propinalle un codazo na fronte a Souto, todo o noso equipo protesta, o colexiado dase conta e cando pensamos que ía expulsar o porteiro quítalle cartón marelo???, pero eso non quedou ahí pois en vez de pitar libre indirecto á favor do Atlético Sobrado di que o balón lle pertence ó Mesía e que xa é o non vai máis: ATENCIÓN: o xogo reanudouse con saque de man por parte do porteiro!!!, ó final do encontro o colexiado pediunos disculpas por esta acción recoñecendo con palabras textuais: "ahí metí la gamba".

A partires de aquí o partido endureceríase moito e as protestas, os agarróns e a asistencia os xogadores foi patente, estivo máis tempo o balón parado que en xogo. A última ocasión clara do Mesía sería no minuto 76 cando Pirulo quitou case na liña de gol un lanzamento en vaselina que sobrepasou ó noso gardaredes Carlos, que debutaba en liga e sustituira a Cuadrado uns minutos antes.

No minuto 81 chegaría a expulsión de Carreteras por parte do Mesía, logo de un salto de cabeza na loita do esférico con David, o visitante soltou o codo a paseo, impactou en David, segunda amarilla para o central e "á rúa"..., algo que estaba cantado dende xa había moitos minutos.

A última oportunidade para o Sobrado foi nun remate de David de cabeza no minuto 80 que saiu fora. A partires de aquí continuas faltas, reñas, e como o colexiado non soubo na primeira parte cortar estas accións o partido acabou como tiña que acabar, en gresca entre ambos equipos con empurróns que grazas a Deus a cousa non chegou a maiores. O trenciña en vista da situación dou por finalizado o encontro no minuto 92, sen lugar a dúbidas que foi a acción máis acertada do encontro.

Os equipo retiráronse o vestiario sen máis incidentes e a outra cousa mariposa. O Mesía deixou claro en Sobrado que é un rival incómodo para xogar e que non é doado gañarlles, a ver se para o partido de volta hai máis sorte.

venres, 15 de outubro de 2010

Enduro: competición este domingo para o noso piloto

Fernando García Herrero, o piloto federado de Enduro do C.A.S.X. afronta esta fin de semana na vila lucense de Chantada unha nova proba valedeira para o Campionato Galego de Enduro. Recordemos que "Nando" compite por segundo ano en modalidade federada e esta a colleitar grandes clasificacións nas probas que polo de agora disputou (incluidas algunhas co Campionato de España).
Este é o cartel anunciador da proba en Chantada desta fin de semana. Ogallá Nando teña o maior dos éxitos.

Colexiados designados esta xornada para os equipos de fútbol

A Federación Galega de Fútbol dou a coñecer os colexiados designados para a vindeira xornada de liga que para os nosos equipos comezará mañá sábado con un apaixoante EDA Arzúa - Atl. Sobrado Xuventude en categoría xuvenil, o encargado de levar a bo porto o encontro será o Sr. José María Carro Moreira.
Pola súa banda será o Sr. Iván Guerra Domínguez quen imparta xustiza no partido do noso equipo senior fronte ó CD Mesía. En dito encontro o xogador visitante Manuel A. Veiras Gómez non poderá ser participe do encontro logo de ser sancionado polo Subcomité de Competición o ser expulsado no enfrontamento do seu equipo a semana pasada fronte ó CCD Curtis.

Qué Deus reparta sorte!

xoves, 14 de outubro de 2010

Enfrontamentos da fin de semana


Estes son os encontros que disputarán as nosas categorías nesta fin de semana:
sábado 16 de outubro
Xuvenil: E.D.A. Arzúa - Atl. Sobrado Xuventude 16.30h Campo Municipal de O Viso (Arzúa)
Feminino: Atl. Sobrado Xuventude - Femiordes F.S. 20.00h Pav. Munic. de Sobrado
domingo 17 de outubro
Senior: Atl. Sobrado Xuventude - C.D. Mesía 17.00h Municipal de Sobrado
NOTA IMPORTANTE: dende o vindeiro domingo o horario de comezo de todos os partidos coma locatario do equipo senior do Club Atlético Sobrado Xuventude será as 17.00 horas.

Recortes de periódicos

Deixamos por eiquí o recorte do DXT Campeón do martes 11 de outubro. Na táboa de goleadores vese como David logo do seu hat-trick fronte ó Vilamaior ponse na terceira posición con 5 goles. Chino que por segunda semana consecutiva segue co brazo escaiolado non puido xogar polo que segue con 4 goles. Na citada táboa hai un erro pois Pablo Naveira que leva 3 goles no seu haber non aparece reseñado.

Saudos.

mércores, 13 de outubro de 2010

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude


Con todas as categorías federadas (agás Deporte Escolar) xa en liza actualizamos a táboa de goleadores dos equipos senior e xuvenil de fútbol e feminino de fútbol sala:
SENIOR:
1. David 5 goles
2. Chino 4 goles
3. Pablo Naveira 3 goles
4. Iván Cabado, Mario, Esteban, Miguel Liboreiro 1 gol
XUVENIL:
1. Marcos Combo, Barreiras, Maikel 1 gol
FEMININO:
1. Luci 2 goles
2. Tamara, Patricia Fuentes 1 gol

Atlético Sobrado senior: segue a encarnizada loita

O equipo que adestra Fer segue a dar un rendimento extraordinario nestas primeiras xornadas de campionato. Logo da goleada a domicilio 0-4 fronte a A.D. Vilamaior subiu dous postos na clasificación xeral situándose no 7º posto. A bagaxe da "Makina Amarilla" son 4 partidos gañados, 2 empatados e 0 perdidos con 16 goles a favor e tan so 5 en contra.

Picade neste enlace para ver a clasificación actualizada a día de hoxe: http://www.siguetuliga.es/?s=league&id=37&opt=now

saudos

FORZA C.A.S.X.

luns, 11 de outubro de 2010

Mellor imposible


Fin de semana glorioso para os nosos tres equipos federados. Todos golearon e cabe reseñar que ningún encaixou nin un so tanto polo que amosa ben as claras que tanto o traballo ofensivo coma o defensivo estivo impecable.

2ª Autonómica Xuvenil: Atl. Sobrado 3 - Hércules S.D. 0

Bo comezo de liga para os pupilos de Pirri, que estrean a competición gañando con solvencia o Hércules SD.
Serían 3 xogadores que debutaban co C.A.S.X. en competición oficial os goleadores do encontro. O primeiro en marcar sería Marcos Combo, o cadete de primeiro ano "enchufou" o primeiro balón que tocou. O segundo gol sería obra de Barreiras e para poñer o broche de ouro o encontro sería Maikel xa no desconto o que pecharía unha gloriosa tarde.

Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Atl. Sobrado 3 - Mabegondo C.D. 0

Primeiro partido da actual liga diante da afección para as xogadoras que adestra Hassan e primeira victoria.
De novo Luci que xa marcara a xornada pasada foi quen abriu o marcador para o Atlético Sobrado. Co 1-0 chegaríase o intervalo.
Na segunda metade Tamara en espectacular vaselina faría o 2-0, Patricia Fuentes nun disparo lonxano aproveitando que o Mabegondo estaba xogando con porteira-xogadora marcaría o derradeiro gol do encontro que fai que o Atlético Sobrado se situe con 4 puntos na clasificación xeral logo de dúas xornadas disputadas.

3ª Autonómica senior: A.D. Vilamaior 0 - Atlético Sobrado 4

Visitaba o Atlético Sobrado a un equipo, o AD Vilamaior, que aínda non sabía o que era puntuar nas primeiras 5 xornadas de liga, polo que sabedores de que os locais estarían enrabietados na procura de puntos e de que dispoñen de algúns xogadores de calidade o partido presentabase moito máis compricado do que a priori podería parecer na clasificación polo que Fer incidiu moito ó longo de estes días na concentración e intensidade o longo dos 90 minutos.
Parece que os pupilos do adestrador melidense entenderon esto a perfección pois dende o inicio do encontro buscaron a portería rival con ansía.
Xa no primeiro minuto Pablo Naveira tería un man a man co porteiro local logo de un excelente pase de David pero o seu lanzamento foi detido con acerto polo cancerbeiro.
Tan so 30 segundos despois o equipo marelo volveu a carga, con un bo centro de Nacho que de novo Pablo Naveira rematou de cabeza e que saiu fora por pouco. Os marelos seguían a apretar e logo de unha boa xogada por banda dereita entre Geme e Pichi, este último chuta dende fora da área pero o seu tiro sae desvíado.
Sería no minuto 7 cando a "Makina Amarilla" abriría a lata: falta sufrida por Pablo Naveira que executa con mestría Iago e David con un excelente remate de cabeza marca un auténtico golazo entrando o esférico por toda a escadra.
O AD Vilamaior tería unha boa ocasión de empatar o encontro a continuación pero Cuadrado nunha colosal estirada desviou o balón a córner.
Puido golpear de novo o C.A.S.X. no minuto 25, de novo Iago, que ten un guante no pé, executa unha falta lateral, o esférico chégalle a Pablo Naveira, que remata en vaselina pero e pelota bate no longueiro e a continuación sae fora.
O dianteiro local Tacón era o que máis perigo creaba nos locais e así no minuto 27 rozou o gol noutra vaselina pero o seu tiro foise fora por pouco.
Iago tamén tivo a súa oportunidade, sería no minuto 32 logo de unha boa xogada de Geme por banda dereita, o onte lateral zurdo acompañou a xogada de ataque, recibeu o esférico e o seu tiro saiulle fora.
Pablo Naveira seguía a insistir no ataque marelo e logo de unha excelente xogada persoal creada en banda esquerda regatea ó seu marcador, adéntrase na área e golpea con forza pero o tiro saiulle desvíado.
Antes de chegar ó descanso o C.A.S.X. tería outra oportunidade clara nun forte saque de banda de Geme que David rematou axustado de cabeza e o porteiro local tivo que desviar a córner. Coa vantaxe mínima no marcado chegábase o descanso. Un resultado curto para o que se estaba a ver no terreo de xogo pero os xogadores marelos eran conscientes de que calqueira erro poderíalles costar a perda dos 3 puntos polo que afrontaron a segunda metade coa mentalización de marcar máis goles e pechar definitivamente o encontro.
Nada máis reanudarse o xogo os 30 segundos, de novo David marcaría un gol de killer, de dianteiro, de saber estar posicionado dentro da área rival, aproveitou que un esférico que en teoría non debía presentar problemas para ser atallado por parte do porteiro local convertiuse nun regalo logo de que se lle escapase das mans ó gardamallas, David aproveitou o envite e marcou coa súa perna menos boa, a zurda o 0-2 no marcador.
No minuto 3 da reanudación sería Pablo Naveira quen tería unha boa oportunidade logo de unha excelente falta botada por Pirulo, pero o incisivo dianteiro non puido facer o 0-3 no seu lanzamento.
O C.A.S.X. seguía intentando facer máis goles, Nacho mandou un remate fora logo de unha falta executada por Geme.
No minuto 60 Cuadrado faría unha espectacular parada logo de un remate de córner do equipo local.
De novo Cuadrado 3 minutos máis tarde sería protagonista logo de deter un taconazo do dianteiro local Tacón (valga a rebundancia) cando os afeccioados locais xa cantaban o gol.
Tería outra ocasión clara o Vilamaior no saque de outro córner pero Geme ben situado quitou o balón case na liña de gol.
No minuto 65 chegaría o gol de máis bela factura da tarde, sería obra de Miguel Liboreiro logo de marcar por toda a escadra unha falta esquinada a uns 5 metros fora da área de castigo.
5 minutos despois o C.A.S.X. pecharía o encontro do xeito que máis lle gusta facelo, en xogada de elaboración, logo de varios toques en medio campo, o balón chegalle a Diego Fragío que lle mete grandioso pase a Pablo Naveira, éste adentrase na área rival e dalle o pase da morte a David, que so tivo que empurrar o balón ó fondo da rede. Hat Trick para David, que suma 5 goles en dous partidos.
Marío tería o 0-5 na súa cabeza pero o esférico saiulle fora logo de un remate de cabeza enfrente do porteiro.
No minuto 83 veríase o derradeiro paradón da tarde: sería obra do porteiro xuvenil Samu, que sustituira a Cuadrado minutos antes, aguantou perfectamente o man a man co dianteiro local que disparou forte pero Samu quitou a relucir a súa fortaleza rexeitando o chut con unha man.
O partido non daría máis de sí e chegouse o final do encontro con 0-4 a prol dos nosos, mesmo resultado a favor que a semana pasada. O equipo de Fer suma 4 partidos gañados e 2 empatados nestas 6 primeiras xornadas ligueiras.

venres, 8 de outubro de 2010

Xa se coñecen os colexiados designados para esta xornada

Na web da Federación Galega de Fútbol www.futgal.es podense ver xa os colexiados designados para dirixir os encontros desta fin de semana.
O partido de 3ª Autonómica Senior do Grupo IV que enfrontará a A.D. Vilamaior e Atlético Sobrado Xuventude será dirixido polo Sr. Raúl Benito Martínez. No citado encontro o xogador local Marcos Martínez Candal non poderá ser da partida logo de que o Subcomité de Competicíón o sancionase con un partido tras ser expulsado o pasado domingo fronte ó C.C.D. Curtis.
Polo que respecta ó partido do equipo xuvenil en 2ª Autonómica Grupo II, un encontro que dará o pistoletazo de salida a liga e enfrontará no Campo Municipal de Sobrado ó noso clube fronte ó Hércules S.D. o colexiado designado para dirixir a contenda será o Sr. Alfredo Cruz García.

Sorte para os equipos implicados e os colexiados designados.

xoves, 7 de outubro de 2010

Todas as categorías federadas entran en competición

Logo de unha larga espera por fin comeza esta fin de semana a Liga para a categoría xuvenil masculina de fútbol que se unirá a senior masculina de fútbol, o equipo feminino de fútbol sala que comezou a semana pasada e o piloto de enduro Fernando García que xa leva varios meses de competición.


Estes son os partidos asignados para esta xornada:

sábado 9 de outubro

Xuvenil: Atl. Sobrado Xuventude - S.D. Hércules 16.30h Campo Municipal de S0brado

Feminino: Atl. Sobrado Xuventude - C.D. Mabegondo 20.00h Pav.Mun. de Sobrado

domingo 10 de outubro

Senior: A.D. Vilamaior - Atl. Sobrado Xuventude 16.30h Campo de Fútbol de Vilamaior (Ordes)


Recortes de periódicos

O diario DXT Campeón, da man de Víctor Castro (unha desas persoas as que o fútbol aficionado lle debe moito en Galicia) adica todos os martes unha páxina para resumir o que dou de sí a xornada ligueira. Ademáis inclue unha táboa cos partidos en liza, os goleadores destes partidos e tamén a clasificación total de goleadores actualizada. En dita taboa vese que Chino está ubicado na zona de cuartos máximos goleadores con 4 tantos e Pablo Naveira sitúase na 5ª posición con 3 goles. Ademáis e aínda que non sae na táboa David logo dos 2 goles marcados esta fin de semana estaría na 6ª posición empatado con varios xogadores de diferentes clubes.

martes, 5 de outubro de 2010

Clasificación 3ª Autonómica Grupo IV

A "Makina Amarilla" logo dos resultados de esta fin de semana e a pesares de non avanzar postos na clasificación situouse a tan so 2 puntos do trío que encabeza a Liga: S. Martiño, Curtis e S.E. Abella. O equipo de Fer colleita ata o de agora 3 victorias e 2 empates polo que xunto cos equipos citados son os únicos que quedan invictos na categoría.

Déixovos o enlace de Sigue tu Liga http://www.siguetuliga.es/?s=league&id=37&opt=now

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude


Un ano máis o Atlético Sobrado premiará na cea de final de tempada ó maximo goleador/a en cada categoría federada. O equipo xuvenil aínda non comezou a tempada polo que ata o de agora contabilizan o equipo senior de fútbol e o feminino de fútbol sala.
SENIOR FÚTBOL
1. Chino 4 goles
2. Pablo Naveira 3 goles
3. David 2 goles
4. Iván Cabado, Mario Novo, Esteban 1 gol
SENIOR FEMININO FÚTBOL SALA
1. Lucía 1 gol

luns, 4 de outubro de 2010

O Atlético Sobrado golea cómodamente


O equipo senior adestrado por Fer goleu de xeito cómodo ó Sporting Bergondo no Municipal de Sobrado. A escadra marela afrontou o envite con ata 10 baixas polo que houbo que tirar do equipo xuvenil para poder dispor de un par de cambios.
Quizais a fría e chuviosa tarde non invitou a que o noso equipo fixese o seu mellor fútbol, xogando moi descompensado entre liñas e abusando da conducción do balón en medio campo provocando numerosas perdas sobre todo nos primeiros 45 minutos. Aínda así, e a pesares dos goles que se fallaron o Sporting Bergondo non puido evitar a goleada: 4-0.
Sería Mario Novo quen abriría o marcador os 8 minutos nun disparo axustado o pao logo de unha gran deixada de tacón de David.
O 2-0 chegaría logo de unha gran xogada individual de Pablo Naveira que se adentra na área e sofre un claro penalti, o seu executor sería David, que logo de que o disparo inicial o rexeitara o porteiro visitante aproveitou que o balón lle volveu a súa parcela para de segundas poñer terra de por medio no marcador.
Con ese resultado se chegaría o descanso nunha primeira metade onde os verdadeiros protagonistas foron a choiva e o (por momentos) enrachado vento.
Na segunda metade e logo de perdoar a vida en varias oportunidades chegaría o 3-0, nunha falta lateral que lanza Iván, o capitán Esteban libre de marca remata de cabeza o fondo da rede.
De novo David sería o que pecharía a conta goleadora na tarde de onte, logo de unha excelente contra adentrase na área e bate o porteiro polo pao largo.
3 puntos máis para o Atlético Sobrado que logo dos resultados de este xornada ubícase con 11 puntos a 2 do "triunvirato" que encabeza a liga: San Martiño, Curtis e S.E. Abellá.
Para a vindeira xornada o equipo marelo viaxa ó Concello de Ordes para medirse ó A.D. Vilamaior e coa intención de seguir a boa xeira de resultados. Ata o de agora a "Makina Amarilla" é un dos únicos 4 equipos que segue invictos en competición: 3 victorias e 2 empates, estes últimos ante rivais de gran entidade coma S.E. Abellá e Toques C.F.
A seguir coa racha equipo!!!

Victoria do equipo xuvenil e empate a domicilio do equipo feminino

O equipo xuvenil que adestra Pirri acadou unha victoria no derradeiro partido amigable da pretempada en terreo alleo fronte o Cire Melide C.F. O partido resolveuse con victoria marela 1-2. Os dous goles do noso equipo foron marcados polo cadete de primeiro ano Marcos Combo que debutará na sección de fútbol nesta tempada logo de unha feliz andaina polas escolas deportivas do C.A.S.X.
-------------------------------------------------------------------------------------------
Pola súa parte o equipo feminino de fútbol sala que adestra Hassan acadou un empate a 1 gol no Pavillón Municipal de O Pino. O equipo feminino adiantouse a domicilio con gol obra de Luci pero non foi quen de dar agrandado a renda e o final pagouno encaixando un gol que serviría para deixar as táboas no marcador final. De todos os xeitos sempre é importante sumar puntos e máis se se fan a domicilio.

venres, 1 de outubro de 2010

Fútbol Sala Feminino: o balón comeza a rodar

Esta fin de semana comeza a Liga Provincial de Fútbol Sala feminina. O equipo que adestra José Antonio Vázquez "Hassan" comeza a súa andadura ligueira na tempada 2010/2011 a domicilio. Será este domingo 3 de outubro pola mañá cando viaxará ó Concello de O Pino para enfrontarse o equipo local, O Pino F.S. a partires das 12.30 horas.
Noutra orde de cousas, o equipo de fútbol xuvenil disputará o derradeiro amistoso da pretempada mañá sábado a partires das 12.30 horas no Campo Municipal de Melide fronte o Cire Melide C.F.

SORTE!!!