
luns, 29 de novembro de 2010
Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Xornada moi positiva para os nosos intereses
Boa xornada para os equipos xuvenil, feminino e senior nos partidos de sábado e domingo. Na tarde do sábado chegaron dúas victorias: xuvenís (3-1) e feminino (9-0). Na tarde de onte domingo, a "Makina Amarilla" tirou de épica para remontar un partido que perdía no minuto 86 por 0 goles a 2 tendo 2 xogadores menos no campo. O equipo de Fer finalmente solventaría o encontro con un empate a 2 goles fronte a un rival directo.
Xuvenís: Atl. Sobrado 3 - Cecebre 1
Solventou o equipo que dirixe Ángel Parga "Pirri" o encontro fronte ó colista da competición a pesares do gran inconvinte que supón ter que xogar todo o partido con 11 xogadores e sen cambios. Como a can flaco todo son pulgas, Jorge Fernández lesionouse quedando o equipo moi mermado na segunda metade. Os goles locais foron obra do pichichi Marcos Combo, Maikel e Diego Fragío.
Feminino: Atl. Sobrado 9 - F.C. Meigas "B" 0
De novo goleada sen contemplacións das xogadoras de "Hassan" que dominaron o encontro de principio a fin. O adestrador sobradés volveu a dar moitos minutos as menos habituais que responderon as mil maravillas da oportunidade dada polo míster amosando así que son xogadoras "top" para os momentos que sexan necerias.
O noso equipo finiquitou o partido na primeira metade chegando ó descanso cunha cómoda victoria (4-0), na segunda metade chegarían 5 goles máis para poñerlle o peche o encontro.
As goleadoras foron María Gómez e Sara en dúas ocasións, a pichichi María Seoane tamén faría o seu gol, Luci tampouco faltou a cita e obtivo o seu, Patricia Fuentes tamén marcaría, ademáis o Meigas "B" tivo a mala fortuna de marcar un "autogol"...,
* Mención especial a nosa Super Porteira Laura que tamén marcou nesta xornada logo da execución de maneira brillante de unha pena máxima na que Laura amosou que a pesares de que na portería é unha auténtica "number 1", se ten que xogar arriba tamén marca diferencias. Ahí queda eso!!!
O equipo feminino con esta nova victoria segue afianzándose na 2ª posición da táboa clasificatoria brindando o que vai de competición unha espectacular traxectoria.
Senior: Atl. Sobrado 2 - Oza dos Ríos 2
Épico partido o vivido onte no Municipal de Sobrado nunha tarde fría de temperatura pero caldeada de ánimos (algún ata lle sobrou a chaqueta para celebrar o gol do empate de Nacho...).
Xogábanse moito os dous equipos no envite onde o Oza loitaba por manterse na terceira posición da táboa e o Sobrado ansiaba a victoria para achegarse o seu rival e de paso ó resto de equipos que están nas 4 primeiras posicións da táboa.
De inicio Fer dispuxo a Cuadrado en portería, cos "xemelgos Derrick" Alejandro e Alberto nos laterais, a liña de centrais estivo composta por Juan e Pirulo. O capi Esteban unha vez máis xogou coma pivote defensivo, por diante del liña de 4 en medio campo con Chino e Lofre polo centro e Pablo Naveira e Diego Fragío xogando coma interiores a banda cambiada, coma referencia en punta o "killer" David. Para cambios quedaron o xuvenil Samuel coma porteiro suplente, ademáis de Iván Cabado, Mario, Iago e Nacho.
Comezou máis enchufado o Sobrado no encontro, con máis ansia de obter unha victoria que o encumbraría en prol de acadar "o soño". Os dous minutos primeiro aviso dos locais, Chino executa unha falta que sae moi pechada e o porteiro visitante (un gran porteiro por certo) despexa con moitos apuros a córner).
Dous minutos máis tarde chegaría o segundo aviso do Sobrado de novo a balón parado mesmo executor: Chino e Esteban remata de cabeza, o porteiro visitante atalla o lanzamento.
No minuto 10 chegaría unha oportunidade de ouro para o Atlético Sobrado, xogada a balón parado que de novo executa Chino e David é agarrado claramente dentro da área por un defensor (estos agarróns repetíronse unha e outra vez todo o encontro habendo incluso xogadas onde dous dos nosos xogadores acabaron polo chan), o colexiado, Raúl Benito, un dos mellores que pasou polo Municipal de Sobrado decretou penalti. Lanzaría Chino a esquerda do porteiro visitante pero o cancerbeiro e pesares de que o esférico ía esquinada detivo o lanzamento nunha gran estirada. Xerro de auga fría para os locais que viron como se esfumaba unha gran oportunidade de adiantarse no marcador.
O Oza crearía a súa primeira ocasión de perigo no minuto 14 nun lanzamento lateral que detivo de maneira incontestable Cuadrado.
Un minuto máis tarde sería David quen tería unha oportunidade para o Atlético Sobrado pero o seu tiro excesivamente pechado pegou no lateral da rede da portería visitante.
O 0-1 chegaría no minuto 22 logo de unha gran xogada do dianteiro "ocense" Diego Pérez, na que amagou con irse para un lado e quitou un excelente lanzamento desde fora da área que sorprendeu a Cuadrado.
O Sobrado avisaría de novo no minuto 25 con un lanzamento de falta do pichichi Chino pero a mala fortuna fixo que o esférico raso fose pegar no pao, no posterior rexeite os nosos dianteiros non puideron solventar a ocasión con gol.
No minuto 26 chegaría a primeira expulsión da tarde, o dianteiro do Oza Diego Pérez poñíase o borde da liña de banda cada vez que o Sobrado quitaba de banda para obstaculizar o lanzamento, logo de 4 saques de banda onde se repetiu este feito o noso equipo caeu na trampa e no lugar de pedir distancia ó colexiado para que amonestase ó rival o xemelgo Alberto propinoulle un balonazo na cara o dianteiro visitante cando executou o saque de banda polo que o dianteiro visitante caeu a plomo. O colexiado expulsou a Alberto pola agresión e desde ese intre os locais xogaron con 10 (curiosamente o Oza non volveu a poñer ningún xogador para obstaculizar o saque de banda en todo o partido desde ese momento).
Lonxe de baixar os brazos, parece que esta expulsión encoraxinou os pupilos de Fer que seguiron insistindo nos seus ataques, Pablo Naveira no minuto 31 rozaría o gol pero o seu lanzamento en xogada persoal foise fora por moi pouco, Pablo na xogada tirou escorado e non viu a David que estaba so no punto de penalti para rematar franco a gol.
No minuto 41 chegaría a entrada fea do partido, o xogador número 11 do Oza chega tarde, mal e arrastro a un balón que cortou o xemelgo Alejandro, o visitante agrediu literalmente o noso lateral impactando o codo de maneira violenta na boca do estómago do bravo xogador xuvenil, logo de estar arredor de un minuto no chan pois perdera parte da respiración Alejandro volveu a integrarse no partido pero no intermedio tería que ser sustituido pois tiña molestias o respirar e a zona danada presentaba un gran golpe de color vermello froito do codazo a destempo do xogador visitante. Alejandro sería sustituido por Iván Cabado.
O segundo tempo comezou como rematou o primeiro, con un Sobrado na procura do gol do empate e un Oza intentando conter as avanzadillas locais e intentando lanzar perigosos contragolpes. Pablo Naveira tería outra boa oportunidade de novo en xogada persoal pero ó xogador de Teixeiro non tivo onte o seu particular romance co gol e o seu lanzamento saiu fora por escasos centímetros de novo.
Un tiro do Oza que a piques estivo de costarlle o segundo gol os locais meteulle o medo no corpo á parroquia local no minuto 56, o lanzamento foi un auténtico drama no que tan so o "persoal" puido respirar tranquilo cando viu que o esférico saia fora.
Chegaría a segunda expulsión para o Atlético Sobrado no minuto 58 logo de que Iván Cabado cortase un avance visitante coa man pegado a banda, Iván vira facía uns minutos un cartón marelo xunto con un defensa visitante o intentar gañar a posición nunha xogada a balón parado do noso equipo.
As cousas se non estaban de todo torcidas poñíanse aínda máis costa arriba pois ademáis de estar por debaixo no marcador ter dous homes menos todo o que fose puntuar antollábase cando menos difícil.
Fer moveu ficha e meteu a Nacho no lugar de Lofre para intentar ir arriba a desesperada consciente de que a cousa podería sair mal pero xa non había nada que perder agás salvar o golaverage que pode ser determinante ó final do campionato ligueiro para dirimir as prazas de ascenso.
Como non hai dous sen tres o Oza, concretamente o seu dianteiro Julio que saiu na segunda metade establecería o 0-2 no minuto 70 logo de finalizar con éxito un man a man fronte a Cuadrado. Parecía que o Sobrado sufriría a primeira derrota da tempada na súa casa...
A partires de este momento o partido converteuse nun auténtico "toma e daca", onde o balón circulaba máis tempo polo aire que polo chan, con fútbol moi directo onde as defensas intentaban afastar o antes posible o perigo da súa área. Fer recurriu a Iago e a Mario en detrimento de Diego Fragío e David esgotados físicamente logo do gran traballo realizado. Era o minuto 82 e o adestrador de Melide queimaba as súas últimas naves. A operación non lle puido sair mellor: corría o minuto 86 pois e Iago recupera o esférico en liña defensiva, xoga directo con Mario que devolve atrás a Nacho que centra, o balón embarullase na área e sería finalmente o pichichi do equipo Chino quen resolvía e establecía o 1-2 que daba folgos os locais para concretar a "proeza" de remontar con dous xogadores menos.
O soño fíxose realidade no minuto 89, coma nas películas americanas onde o final de todo se fai xustiza polos méritos de uns e outros, Nacho, con un zapatazo que perdurará na nosa memoria por moito tempo desde uns 10 metros fora da área "enchufou" o esférico rozando o longueiro da portería visitante nun chut imparable que dou renda solta ó descontrol e alborozo nas gradas e no campo onde todos os xogadores se abalanzaron sobre Nacho para festexar o que acababa de conseguir: que ese mísil memorable dese un punto máis que merecido á unha Makina Amarilla que foi máis "máquina" que nunca e que afrontou o partido desde o minuto 26 con un xogador menos e desde o minuto 58 con dous xogadores menos.
No minuto 92,30 rematou un encontro de tolos onde o Atlético Sobrado puido sair moi damniificado pero que a pesares das dúas expulsións sae moi fortalecido e coa moral polas nubes.
Desde este humilde post non se pode poñer un video de reverencias xa que senón poñeríallo a todos os "gladiadores" que onte fixeron que nos deitasemos con un sorriso e con unha idea moi clara: se poñemos gañas e loitamos conseguiremos o que nos propoñamos.
PARABÉNS!!!
Resultados das categorías de Deporte Escolar

Non lle sentou ben a fría mañá do sábado á nosa canteira en terras de Curtis pois dos 4 partidos tan so se puido colleitar un empate en categoría cadete.
O equipo benxamín sufriu unha abultada derrota 15-1, pola súa banda o equipo alevín caía 7-5, o igual que tamén perderían os infantís 6-4. O empate do equipo cadete produciuse a 2 goles.
Ánimo para futuros compromisos
venres, 26 de novembro de 2010
Os colexiados da vindeira xornada
Unha xornada máis deixámosvos neste post os nomes dos colexiados que dirixirán os encontros das categorías de fútbol do noso clube.Para o Atl. Sobrado Xuventude - Oza dos Ríos C.F. de 3ª Autonómica senior e nun partido onde os dous equipos nos estamos xogando o ocupar prazas de ascenso a 2ª autonómica o encargado de dirixir a contenda será o Sr. Raúl Benito Martínez.
Pola súa banda, en categoría xuvenil o Atl. Sobrado Xuventude - Cecebres S.D. terá coma director ó Sr. Emilio Muñiz Seijas.
Sorte para ambos colexiados.
xoves, 25 de novembro de 2010
Xornada do 27 e 28 de novembro
A neve ameaza con facerse co protagonismo da xornada da fin de semana pois as previsións é que a cuota baixe considerablemente na nosa zona ameazando as diferentes competicións.Estes serán os horarios e lugares no caso de haber un normal transcurrir da xornada:
martes, 23 de novembro de 2010
Descubrimos o segredo mellor gardado
Desde este blog queremos dar hoxe unha primicia. Este é o segredo mellor gardado do "porqué" o Atlético Sobrado Xuventude senior está a facer unha gran campaña.O segredo reside na táctica que Fer lles esixe os seus xogadores, sen lugar a dúbidas ningún equipo descubriu aínda como facerlle fronte o esquema que vedes en pizarra.
Saudos
Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude
1. Chino: 8 goles
2. Pablo Naveira: 6 goles
3. David: 5 goles
4. Alberto Gemelo, Esteban: 2 goles
5. Iván Cabado, Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Pirulo, Miguel Combo: 1 gol
XUVENIL
1. Marcos Combo: 2 goles
2. Barreiras, Maikel: 1 gol
FEMININO
1. María Seoane: 8 goles
2. Tamara: 7 goles
3. Sara, María Gómez: 5 goles
4. Luci: 4 goles
5. Patty: 2 goles
6. Patricia Fuentes, Sandra: 1 gol
luns, 22 de novembro de 2010
3ª Autonómica Senior: o Atlético Sobrado segue medrando
Moi boas sensacións está a deixar a "Makina Amarilla" no primeiro tercio de competición. Onte dou un paso máis no obxetivo de ter cousas que decir neste campionato ligueiro. Coa victoria onte en Vizoño matáronse dous páxaros de un tiro: distanciar e acercarse a rivais directos e gañar por primeira vez na historia do clube nun campo maldito ata onte: O Pinar.
Fer afrontou o partido con sensibles baixas, David, Nacho, Pichi, Iván Cabado, Souto e Miguel Liboreiro xogadores habituais nas convocatorias non puideron ser participes do encontro.
O adestrador melidense tívo que inxeniar un once de garantias para poder facer fronte á difícil visita a Vizoño.
O once inicial tivo coma protagonistas a Carlos en portería, os laterais serían para Iago e Alberto Gemelo formando a parella de centrais Juan e Pirulo. Coma pivote defensivo actuou o capitán Esteban e por diante del unha liña de catro formada por Chino e Lofre polo centro deixando nas bandas a Pablo Naveira e Diego Fragío, como máxima referencia ofensiva estaría Mario.
No banquiño quedaron Cuadrado como porteiro suplente, Maikel e Miguel Combo.
O Sobrado, que xa coñecía os resultados que se deron na xornada o comezar o partido as 18.45 horas saiu a morder desde o principio e cuallou unha primeira media hora de encontro sinxelamente colosal, do mellor que se lle viu os marelos desde que comezou a liga.
O equipo de Fer moveu o esférico o seu antollo, dou mostras de potencia misturada con clase e ademáis con unha particularidade: unha excelente pegada cada vez que se achegaba a porta local.
Axiña ían chegar boas novas para os nosos, no minuto 7 Chino executa un excelente tiro libre directo o corazón da área, alí aparece Pirulo que so ten que poñer a cabeza para mandar o esférico o fondo da rede (unha vez máis a estratexia daba resultado marcando un gol moi parecido que o primeiro da semana pasada en Visantoña).
No minuto 11 de novo xogada de perigo a cargo do Atlético Sobrado pero o disparo de Diego Fragío chegaría maino as mans do meta local.
Dous minutos máis tarde, Mario que fixo unha primeira metade digna de destacar fai unha excelente xogada persoal, adéntrase na área, levanta a cabeza e ve a Chino libre de marca, o pichichi do Sobrado chega desde atrás e manda o balón o fondo da rede: 0-2.
No minuto 18 o CASX seguía co seu monólogo, desta volta foi Esteban quen tivo a oportunidade de marcar por segunda semana consecutiva pero o cancerbeiro local desbarataría a ocasión.
Para ver o primeiro tiro a porta do Vizoño B habería que agardar ó minuto 20 nun lanzamento que Carlos atallou sobriamente.
Dous minutos máis tarde, nunha rápida contra, Alberto Gemelo que foi dos destacados do partido, na miña humilde opinión o mellor dos xogadores que estiveron sobre o céspede, lanza un sprint, adéntrase na área e o defensa local non lle queda outra que derrubalo para evitar o terceiro. O colexiado pita penalti pero non expulsou o xogador local a pesares de que era o último home e era ocasión manifesta de gol. O encargado de transformar o penalti sería Chino marcando así o seu segundo gol da tarde-noite.
En 24 minutos o Sobrado gañaba 0-3 nun inicia verdadeiramente fulgurante.
O Vizoño tras este gol estirou liñas sabedor de que xa non tiña nada que perder e intentou a acumular lanzamentos que se ían fora dos 3 paos da meta defendida por Carlos. Destacar un tiro no minuto 36 que se foi fora por escasos centímetros.
Logo do descanso os xogadores visitantes quizais relaxados polo marcador sairon menos motivados na segunda metade. No minuto 47 o Vizoño B ía recurtar diferencias nun lanzamento de falta de Grobas, os focos deslumbraron a Carlos e tras pegarlle o esférico nun brazo este acabou entrando na portería.
Un gol que lle daba "vidilla" os locais, que na segunda metade tiveron máis posesión de balón pero sen crear excesivo perigo mentres o Sobrado xogaba de forma pausada sen necesidade de ter que ir a por máis goles.
Fer introduxo a Maikel por Chino, a Miguel Combo por Iago e a Cuadrado por Carlos nesta segunda metade. Sería o xuvenil Maikel no minuto 86 quen tras unha excelente xogada persoal acabaría mandando o balón ó largueiro.
O Vizoño B aínda quería ter algo que dicir e no minuto 92 de novo Grobas tras un desaxuste defensivo marcaría o 2-3 que poñía a incerteza no marcador. Pero un minuto máis tarde Miguel "Piqué" Combo marcaría logo da saida de un córner tras sair beneficiado de un rexeita da defensa local.
Con estos 3 puntos o Atlético Sobrado afiánzase na 5ª praza distanciando o seu máis inmediato perseguidor, o Cire Melide en 4 puntos e empatándolle a 25 puntos o San Martiño logo do empate entre os dous equipos citados.
Parabéns a todo o plantel.
domingo, 21 de novembro de 2010
Liga Provincial Feminina: victoria con licenza para soñar
Gran victoria a acadada na tarde-noite de onte polas xogadoras que adestra Hassan na difícil pista do Boqueixón F.S.O atípico resultado (0-1) recórdanos máis a un marcador de fútbol que de fútbol sala pero o que realmente importa e que os 3 puntos viñeron para Sobrado. Unha victoria que sabe especialmente ben pois o Boqueixón F.S. é un dos firmes candidatos a ascender de categoría nesta tempada. O partido segundo palabras do noso adestrador foi moi táctico onde as defensas se impuñeron os ataques e tan so a pichichi do equipo María Seoane sería capaz de "profanar" a portería rival.
Con este triunfo o Atlético Sobrado consolídase na segunda praza da clasificación sitúandose como forte alternativa ó líder da competición, o Sada F.S.
Noraboa equipo!
venres, 19 de novembro de 2010
O Subcomité de Competición desestima os recursos de Visantoña C.F. e Club Atlético Sobrado Xuventude
De nada valeu que tanto o Visantoña C.F. coma o Club Atlético Sobrado Xuventude presentasen as oportunas alegacións a ruinosa arbitraxe sufrida a fin de semana pasada no campo de As Brañas. Ambos conxuntos tiñan moi claro que o colexiado equivocouse na friolera de 4 das 5 expulsións que se viron no encontro. Pero nin así..., o Subcomité de Competición determinou que non existen probas concluintes para anular as expulsións (increible pero certo..., pois poucas veces dous clubes están de acordo en todo, o final o único que vale é o que escribe o colexiado aínda que falte a verdade como foi nesta ocasión...).Polo tanto David terá que cumplir un partido de sanción por doble cartón marelo o igual que Fer que tamén foi expulsado.
Pola lado do Visantoña o colexiado "cebouse" con Diego Seijas que terá que cumprir 4 partidos de sanción o escribir o colexiado que o empurrou 3 veces cando é totalmente mentira. Ademáis David Carrera tamén terá un partido de descanso logo de ser expulsado por doble amonestación (o último cartón inventouno -como non- o colexiado). O porteiro do Visantoña Javier Vázquez tamén estará sancionado un partido tras cometer o penalti coa conseguinte expulsión (aquí sí que acertou o trenciña) que a postre lle daría os 3 puntos ó noso equipo.
Ademáis de estas 5 expulsións o Subcomité de Competición multa ó Visantoña C.F. con 30€ por incidentes do público con caracter leve.
En fin, a fastidiarse toca...
xoves, 18 de novembro de 2010
A vindeira xornada
6 categorías do clube terán partidos oficiais esta fin de semana, tan so terá descanso o equipo xuvenil e o piloto Fernando García que ven de rematar a pasada fin de semana o Campionato Galego de Enduro.Estes son as datas, os horarios e os lugares dos partidos en liza:
Desta volta as nosas Escolas Deportivas reciben a visita no Pavillón Municipal de Sobrado de Irimón (os Concellos de Irixoa e Monfero xogan de forma conxunta nun so equipo).
Os partidos por categorías serán os seguintes:
Benxamíns: 10.00 horas
Alevíns: 10.45 horas
Infantís: 11.30 horas
Cadetes 12.15 horas
Pola súa banda o equipo feminino de fútbol sala de Liga Provincial que viaxa segundo na clasificación xeral afrontará un difícil desplazamento a cancha do Boqueixón F.S., o partido terá lugar as 20.00 horas no Pavillón Municipal de O Forte.
DOMINGO 21 DE NOVEMBRO
O equipo de Fer disputará o partido a unha hora pouco habitual, as 18.45 de un domingo, esto é motivado porque o campo artificial de O Pinar en Vizoño (Abegondo) ten actividade continua o longo de toda a fin de semana. O rival a batir será o Vizoño B.
Xa se coñece o nome do colexiado para o Vizoño B - Atl. Sobrado
martes, 16 de novembro de 2010
Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Boa xornada en termos xerais para o noso clube
A xornada da fin de semana tróuxonos 5 victorias, 2 derrotas e un 10ª posto do noso piloto de Enduro Fernando García na derradeira proba do Campionato Galego.Comezou a xornada o sábado pola mañá cos partidos das Escolas Deportivas, desta volta todas as nosas categorías desprazábanse ó Concello de Paderne.
O equipo benxamín perdeu 4-3 fronte os locais, esta sería a única derrota da mañá pois o resto foron todo amplas victorias. Así polo tanto, o equipo alevín gañou 2-8, o infantil 3-9 e o cadete 4-7.
Doado partido para as xogadoras que adestra Hassan que xa deixaron decidido o encontro na primeira metade chegando o tempo de lecer gañando 4-1 no electrónico. O preparador sobradés aproveitou o envite para darlle entrada as xogadoras que están ata o de agora a dispoñer de menos minutos.
As goleadoras locais foron Ta (5), María Seoane, María Gómez e Luci.
Polo que respecta a Enduro o noso piloto Fernando García Herrero acadou unha gran calificación na derradeira proba da tempada do Campionato Galego celebrado en Rois, "Nando" clasificouse no 10º posto sumando así 1 punto na Clasificación Xeral do Campionato Galego.
Partido tolo, raro, estrambólico e singular onde os haxa o disputado o domingo no Campo de As Brañas en Visantoña (Mesía).
xoves, 11 de novembro de 2010
Todos os nosos deportistas compiten esta fin de semana
Presentase unha fin de semana con pleno de actividade para os deportistas do Club Atlético Sobrado Xuventude, todas as categorías de fútbol e fútbol sala xunto co piloto de Enduro Fernando García terán competición.
Adxudicados os trenciñas da vindeira xornada
Os equipos senior e xuvenil xa coñecen os colexiados que dirixirán os seus encontros:En categoría senior os homes que adestra Fer desplazaranse á Visantoña (Mesía) logo de alterar a orde dos partidos por petición expresa do equipo branco a que o Atlético Sobrado Xuventude accedeu gustosamente. O encargado de repartir xustiza será o SR. ALBERTO CALVO PÉREZ.
Pola súa banda o equipo xuvenil que adestra Pirri viaxará a Montrove (Oleiros) para enfrontarse ó Unión Campestre. O colexiado designado para este encontro será o SR. JUAN ALBERTO BLANCO BRAVO.
Sorte para eles!!!
mércores, 10 de novembro de 2010
Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude"
Logo da xornada do 6 e 7 de novembro a clasificación de goleador@s queda do seguinte xeito:
1. David 5 goles
2. Chino, Pablo Naveira 4 goles
3. Alberto Gemelo 2 goles
4. Iván Cabado, Mario, Esteban, Miguel Liboreiro, Juan 1 gol
XUVENIL
1. Marcos Combo 2 goles
2. Barreiras, Maikel 1 gol
FEMININO
1. María Seoane 6 goles
2. Sara 5 goles
3. María Gómez 4 goles
4. Luci 3 goles
5. Tamara, Patty 2 goles
6. Patricia Fuentes, Sandra 1 gol
Senior e feminino sucumben, xuvenil gaña o derbi
Foi unha mala xornada en termos xerais para os equipos do Atlético Sobrado, dos 6 partidos en litixio 5 derrotas e unha victoria.Comezamos polas boas novas:
Xuvenil: Atl. Sobrado 1 (Marcos Combo) - Boimorto CF 0
Segunda victoria da tempada para o equipo que adestra Pirri que lle fai subir ata a 6ª posición da táboa clasificatoria. Un gol do Cadete de primeiro ano Marcos Combo no minuto 90 deixou os 3 puntos en Sobrado e fixo á Makina Amarilla junior vencedora do derbi. Os locais puideron definir antes o encontro pero un soberbio porteiro visitante evitou que a victoria fose máis abultada.
Feminino: Sada F.S. 6 - Atl. Sobrado 1 (Sara)
Perdeu o equipo que adestra Hassan contra o equipo líder da competición. O resultado antóllase abultado demáis pois o equipo local case fixo gol por tiro a portería aliándose en máis de unha ocasión para que os rexeites acabasen co esférico na rede visitante. Xa o descanso chegouse con 3-0 e sería Sara a que marcaría o gol da honra para o Atlético Sobrado.
Senior: San Martiño SD 5 - Atl. Sobrado 0
Unha man troixeron os home de Fer da visita que lle brindaron ó San Martiño SD. O equipo marelo fixo unha digna primeira metade a pesares de ir perdendo 1-0 ó descanso. Nada máis comezar a segunda metade unha polémica decisión do colexiado que pitou un penalti a favor do San Martiño nunha falta que Cuadrado fixo máis de 2 metros fora da área puido condicionar o encontro. Xa co 2-0 o Atlético Sobrado foise a queimar todas as naves á desesperada para poder volver con algo positivo pero esto fixo que quedasen moitos ocos que provocou o efecto contrario e pasouse a unha importante goleada.
Escolas deportivas:
Benxamíns: Atl. Sobrado 0 - Curtis B 12
Cadetes: Atl. Sobrado 0 - Troula F.S. 6
Alevíns: Atl. Sobrado 2 - Troula F.S. 3
venres, 5 de novembro de 2010
Os colexiados da vindeira xornada
A Federación Galega de Fútbol dou o nome dos xuices encargados de repartir xustiza unha semana máis nos partidos na disciplina de fútbol nas que participa o Club Atlético Sobrado Xuventude.O colexiado do San Martiño SD - Atl. Sobrado Xuventude será o Sr. Diego Castelo Pérez en categoría senior mentres que en categoría xuvenil o Atl. Sobrado Xuventude - Boimorto CF será dirixido polo Sr. Roberto Campos Candal.
Sorte os dous trenciñas.
xoves, 4 de novembro de 2010
Importantes enfrontamentos para as categorías federadas do Clube
Prevese unha xornada apaixoante no que as categorías senior masculina, feminina e xuvenil se refire.Os grandes enfrontamentos comezarán en categoría xuvenil o sábado 6 de novembro no Municipal de Sobrado a partires das 16.15 horas. A esa hora terá lugar o derbi Atlético Sobrado vs Boimorto C.F. no que os rapaces que adestra Pirri buscarán a segunda victoria da tempada.
Ese mesmo día o equipo feminino de fútbol sala disputará un partido na cumbre, enfróntase o equipo líder da competición, o Sada F.S. no Pavillón Municipal de Sada a partires das 20.00 horas. Primeiro contra segundo, de vencer, as xogadoras que adestra Hassan poñeríanse líderes da Liga Provincial. Visto o importantísimo enfrontamento desde a directiva do Clube queremos facer unha chamada os afeccioados do C.A.S.X. para que veñan alentar ó noso equipo na procura da victoria que nos auparía ó liderato aínda que o desplazamento sexa de uns 30 minutos en coche.
Para o domingo 7 de novembro agárdanos outro importante encontro, desta volta o do equipo senior de fútbol que visita o campo de O Outeiro na Silva (Cerceda) para enfrontarse ó equipo local, o San Martiño SD. Un duro e difícil rival que o igual que os homes que adestra Fer viaxa invicto logo de 9 xornadas de competición. Se o Atlético Sobrado acada a victoria en feudo alleo sobrepasaría ó San Martiño e colocaríase en prazas de ascenso directo á 2ª Autonómica. O encontro dará comezo as 16.15 horas.
SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS
FORZA C.A.S.X.
As Escolas Deportivas do Atlético Sobrado Xuventude comezan a súa andaina esta fin de semana
Logo de un merecido descanso as Escolas Deportivas do Club Atlético Sobrado Xuventude comezan a tempada 2010/2011 no que a Deporte Escolar se refire.Estes son os enfrontamentos:
mércores, 3 de novembro de 2010
Derradeira proba do Campionato Galego de Enduro en Rois
Deixovos algunhas fotos de Fernando García Herrero na citada proba. Ogallá Nando despida a tempada do mellor xeito posible. Sorte campión, estamos contigo!!!
martes, 2 de novembro de 2010
Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude
Logo da pasada xornada así queda a clasificación de goleadores e goleadoras do C.A.S.X.:1. David 5 goles
2. Chino, Pablo Naveira 4 goles
3. Alberto Gemelo 2 goles
4. Iván Cabado, Mario, Esteban, Miguel Liboreiro, Juan 1 gol
Xuvenil:
1. Marcos Combo, Barreiras, Maikel 1 gol
Feminino:
1. María Seoane 6 goles
2. Sara, María Gómez 4 goles
3. Luci 3 goles
4. Tamara, Patty 2 goles
5. Patricia Fuentes, Sandra 1 gol
Cocktail de resultados
Algo de todo nos deparou a xornada no que a resultados concerne: comezou mal coa derrota dos xuvenís na tarde do sábado, tornou a moito mellor coa goleada do equipo feminino. Xa metidos no domingo o Atlético Sobrado senior recuperou un punto in extremis xa no desconto.Xuvenil: Sp. Cambre 1 - Atl. Sobrado 0
Foron tan so 11 os xogadores dos que puido dispor Pirri para o desplazamento a Cambre. Aínda así estes 11 gladiadores deron a cara en todo o momento e tan so un máis que dubidoso penalti a 2 minutos do remate do encontro privou o equipo marelo de traerse algo positivo para Sobrado. Isa é a imaxe que queremos ver deste equipo que se xoga centrado está chamado a facer grandes cousas.
Feminino: Atl. Sobrado 11 - Espartanas F.S. 0
Goleada sen paliativos do equipo que prepara Hassan. A cadro sobradés foi moi superior o equipo herculino e as coruñesas sucumbiron cunha abultada goleada. O partido xa quedou decidio no primeiro tempo pois no descanso o electrónico rexistraba xa un 7-0.
As goleadoras locais foron: María Gómez (4), María Seoane (3), Patty (2), Sara e Luci.
Senior: Atl. Sobrado 2 - CCD Cerceda B 2
Afrontaba o Atlético Sobrado un difícil compromiso condicionado polas baixas dos seus dous mediocentros titulares, Esteban e Miguel Liboreiro así coma do pichichi do equipo David. A boa nova foi a recuperación de Chino logo de estar un mes afastado dos terreos de xogo por unha lesión nunha man.
Nunha tarde infernal de frío e vento foi o filial do Cerceda quen pegou primeiro, logo de un erro do gardamallas local, o balón quedaría nas botas de un dianteiro branco e vermello que tan so tería que empurrar o esférico ó fondo da rede. Con 0-1 chegouse ó descanso.
Sería Alberto Gemelo (un dos homes máis destacados do partido) o que faría o empate a 1 gol logo de unha excelente xogada en conxunto da Makina Amarilla. A mala sorte cebaríase cos locais no 1-2 pois unha falta executada desde medio campo bate no xuvenil Maikel e o balón entra na portería de Carlos, era o 1-2. Con este resultado presentouselle unha ocasión inmellorable o Atlético Sobrado, penalti a favor que executou o retornado Chino pero o seu lanzamento atallouno o porteiro visitante. Cando parecía que ía chegar a primeira derrota na tempada para os homes de Fer foi de novo o xuvenil Alberto Gemelo, quen no desconto, con unha excelente vaselina daría un punto o Atlético Sobrado que serve para defender con uñas e dentes esa quinta praza na táboa clasificatoria que da acceso á promoción de ascenso a 2ª Autonómica.



