venres, 28 de xaneiro de 2011

Colexiados designados para as categorías de fútbol

Unha semana máis repasamos o nome dos colexiados de dirixirán os encontros das categorías senior e xuvenil na disciplina de fútbol do noso clube.

Xuvenil: Atl. Sobrado - E.D.A. Arzúa, Sr. Domingo Álvarez Iglesias
Senior: Atl. Sobrado - Encrobas C.F., Sr. Luis Sobrado Carballeira

SORTE A AMBOS!

xoves, 27 de xaneiro de 2011

O Subcomité de Competición dalle a razón ó Atlético Sobrado

O Subcomité de Competición da Federación Galega de Fútbol ven de darlle a razón ó Atlético Sobrado pola súposta aliñación indebida do noso xogador Alberto Márquez no partido correspondente á 2ª Autonómica Xuvenil Atl. Sobrado - Vizoño SD.
O equipo de Abegondo reclamou o considerar que Alberto Márquez non cumplira os dous partidos de sanción impostos logo da súa expulsión no partido Atl. Sobrado - Cire Melide.
Desde o noso clube alegouse que Alberto Márquez SI cumplira os dous partidos de sanción: o primeiro no partido SE Abellá SDC de categoría xuvenil e o segundo no Atl. Sobrado - Boimorto CF en categoría senior xa que Alberto nesa data xa tiña disputado máis de 3 encontros co primeiro equipo marelo polo que cumple sanción indistintamente nas dúas categorías.
Agora o Subcomité de Competición o dar a razón a nosa institución manten os 3 puntos que os xogadores que dirixe Pirri gañaron de xeito legal no terreo de xogo.

A vindeira xornada

Un total de 4 categorías do noso clube terán partidos ligueiros esta fin de semana. O groso de equipos terán competición o sábado 29 mentres que para o domingo 30 queda o partido do equipo senior masculino.

Estes son os partidos:
SÁBADO 29 XANEIRO
ALEVÍNS: Atl. Sobrado - Concello de Aranga 10.00h Pav. Munic. Sobrado
XUVENÍS: Atl. Sobrado - E.D.A. Arzúa 16.00h Campo Munic. Sobrado
FEMININO: Mabegondo F.S. - Atl. Sobrado 20.00h Pav. San Marcos (Abegondo)
DOMINGO 30 XANEIRO
SENIOR: Atl. Sobrado - Encrobas C.F. 17.00h Campo Munic. Sobrado

luns, 24 de xaneiro de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR

1. Chino 14 goles

2. Pablo Naveira 8 goles

3. David 6 goles

4. Nacho 3 goles

5. Alberto Gemelo, Esteban, Pirulo, Iván Cabado 2 goles

6. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Alejandro Gemelo 1 gol

---------------------------------------------------------------------

FEMININO

1. María Seoane 13 goles

2. Sara 10 goles

3. Tamara 9 goles

4. María Gómez 8 goles

5. Luci 7 goles

6. Patricia Fuentes, Patty 3 goles

7. Sandra 2 goles

8. Laura, Patricia Sánchez 1 gol

-----------------------------------------------------------------

XUVENIL

1. Marcos Combo, Maikel, Miguel Combo 3 goles

2. Caskete, David Vidal 2 goles

3. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo 1 gol


O equipo senior reencontrase consigo mesmo

Agridoce xornada ligueira para os nosos intereses. As notas positivas foron a goleada do equipo senior e a victoria (unha máis) do equipo feminino. A mala nova chegou por parte do equipo xuvenil que non puido quitar nada positivo na súa visita a Oleiros.

Comezamos pola canteira falando da derrota 1-0 que sufriu o Atlético Sobrado Xuvenil. O equipo de Pirri visitaba ó Hércules SD e a mala sorte privoulle de traer algo positivo do "Anido". O único gol local, froito da mala sorte chegou nun lanzamento de falta que Samu tocou, o esférico pegou no pao e posteriormente na espalda do gardamallas introducíndose a pelota na rede.

O equipo feminino de Liga Provincial colleitou unha traballada victoria (4-2) no Pavillón Municipal de Sobrado fronte o sempre correoso O Pino F.S . As xogadoras de Hassan loitaron moito por conseguir o obxetivo que finalmente acadaron. As goleadoras foron Ta, Sandra (sí, a xogadora que alterna portería e dianteira desta volta marcou, e xa leva 2...), María Seoane de penalti e Patty.

O equipo senior por fin se reencontrou consigo mesmo e tamén coa victoria logo de 2 longos meses sen conseguilo. A anterior victoria databa do 21 de novembro fronte o Vizoño B e tras unha mala racha de 5 derrotas e 2 empates por fin os 3 puntos viñeron para Sobrado ademáis de un xeito arrollador, goleando 1-5 a SD Pontecarreira.
Antes de nada destacar a figura de unha G.R.A.N.D.E., como algúns xa sabedes non é outro que DAVID e poñoo en maiúsculas porque así o merece, non so por todo o que parou onte (que foi moito e bo) senón porque se prestou voluntario para xogar de gardaredes dado que onte o Atlético Sobrado non dispoñía de ningún cancerbeiro para afrontar o encontro. David abandoou o seu habitual posto de dianteiro para facer as veces de porteiro, e non é que cumplira, e que foi a figura do partido (sen restarlle mérito o resto de xogadores que onte estiveron realmente ben).
Fer tivo que tirar de imaxinación para facer o 11 pois foron numerosas as baixas para afrontar o choque. Tan so 12 efectivos dispoñibles e sen porteiro para viaxar a un campo dos "históricamente malditos para o C.A.S.X.), máis desta volta parece que os xogadores entraron moi enchufados e a SD Pontecarreira pagou os pratos rotos da goleada sufrida a semana pasada fronte ó Toques no derbi.
O once inicial estivo formado por David en portería, Alejandro Gemelo e Miguel Combo nos laterais, Pirulo e Mario de centrais, Esteban de libre, trivote en medio campo para Javi Lofre, Javi Souto e Fran e en punta Pablo Naveira e o pichichi do equipo Chino. Para cambios quedaba no banquiño Diego Fragío.
Comezaron os dous equipos tanteándose e non sería ata o minuto 7 cando se vería a primeira ocasión de perigo. Nunha boa internada de Miguel Combo e tras regatear o porteiro un defensa local quita case na liña de gol o tiro do espigado lateral xuvenil que a piques estivo de facer o primeiro gol para o Atlético Sobrado.
No minuto 12 David faría a primeira intervención de mérito logo de desviar a córner un forte disparo da SD Pontecarreira.
O minuto seguinte réplica do conxunto marelo a cargo de Pablo Naveira, o cancerbeiro local andivo atinado e repeliu o disparo do dianteiro de Teixeiro.
O partido tornábase nun "toma e daca", no minuto seguinte oportunidade para a Ponte, o remate de cabeza foise fora.
Chino tería a súa primeira oportunidade do partido no minuto 15 nun lanzamento de falta que despexou o porteiro local in extremis, corría o minuto 15.
No minuto 19 chegaría o primeiro gol do encontro logo de un fenomenal pase o oco de Chino para Pablo Naveira, o dianteiro regateu o cancerbeiro local e marcou a portería vacía.
Logo do 0-1 o partido entrou nunha fase na que as oportunidades brilaron pola súa ausencia ata o minuto 39 onde a Ponte estivo a piques de empatar pero David fixo un auténtico paradón nun tiro a bocaxarro.
De novo o intentaría Chino no minuto 42, o seu tiro logo de un saque de córner a cargo de Fran saiu fora. Esta sería a derradeira oportunidade do primeiro tempo onde o CASX chegou vencendo pola mínima o intervalo.
No descanso Fer tivo que facer o único cambio do que dispoñía obrigado pois Javi Souto sufriu 2 golpes no pé dereito, un a altura do tobillo e outro nun dedo logo de un plantillazo, Diego Fragío entraba no terreo de xogo con toda a segunda metade por diante.
Comezaron os dous equipos fríos o reinicio do encontro, pasarían 10 minutos para que se vise un lanzamento. Sería o lateral esquerdo local logo de regatear a varios xogadores marelos, o lanzamento desde fora da área saiu escorado.
No minuto 57 o xuvenil Miguel Combo a piques estivo de lograr o segundo da tarde logo de rematar un córner executado por Fran, o remate pegou nun defensa, e o balón foise estrelar ó traveseiro para sair posteriormente de novo a córner.
A SD Pontecarreira andaba buscando o empate que evitaría Esteban no minuto 61 logo de quitar un perigoso balón nun remate de cabeza a saida de un córner.
No minuto 63 tocáballe dar o CASX, sería Chino nun lanzamento de falta co aire a favor, o tiro saiu rozando o traveseiro da meta local.
Quizais a clave do encontro estivo no minuto 66, de novo David erixiuse en protagonista, nun lanzamento de un dianteiro local que o improvisado gardaredes repelía cando os seguidores locais cantaban o gol, o rexeite chegou as botas de outro xogador local que volveu a lanzar e cando parecía que sería gol de novo David repeliu o lanzamento que finalmente acabou despexando a defensa do Atlético Sobrado. Espectacular David baixo paos, rápido, ben de reflexos e moi seguro tanto por arriba coma por baixo. Fer viu que a SD Pontecarreira estaba a dominar o centro do campo polo que decidiu facer un cambio de posicións metendo a Esteban en medio campo, pasando Pirulo, Miguel Combo e Mario a formar a liña de centrais, con Alejandro Gemelo nunha banda e Diego Fragío na outra. Este cambio de fichas foi fundamental para o devir do partido por o capitán do equipo dou moita máis consistencia en medio campo e fartouse de recuperar balóns e repartir xogo nos 24 minutos que estivo nesa posición. A goleada visitante fomentouse desde ese momento.
O pichichi do equipo non faltou a súa cita co gol, sería no minuto 70 nun gol de pillería, o porteiro local quita en corto un saque de meta para o seu central, o defensa anda lento, Chino rouballe a carteira e marca coa perna esquerda a placer. Con este 0-2 parecía que o Atlético Sobrado pechaba o encontro.
A partires de esta xogada foise fomentando a goleada visitante, no minuto 74 boa xogada combinativa da Makina Amarilla, na que interveñen Javi Lofre e Fran en medio campo, fan apertura de xogo onde se incorpora Alejandro Gemelo, que mete un preciso centro no que de novo Chino anda listo e anticípase o porteiro para marcar o 0-3.
O xuvenil Alejandro Gemelo adqueriu maior protagonismo na segunda metade coas súas boas incorporacións por banda dereita e a piques estivo de encontrar o gol no minuto 77, nun gran pase de Chino, devolvéndolle o favor do gol anterior, o remate acrobático do lateral que chegou un pouco forzado o remate foise alto por pouco.
O fútbol as veces tamén é xusto e recoñece o traballo ben feito, desta volta sería xusto con Alejandro Gemelo no minuto 81, nunha nova internada moi ben acompañada por Pablo Naveira e Chino, Alejandro optou pola xogada persoal logo de regatear a un rival, o seu lanzamento con suspense pegou no pao e entrou convertindo o 0-4.
Pero aínda habería máis goles no partido, Pablo Naveira marcaría o seu segundo gol persoal e o quinto do Atlético Sobrado nunha falta lateral executada por Fran na que o rápido dianteiro rematou de cabeza no segundo pao.
Non puido deixar a portería a "0" o "meta" David para poder selar con broche de ouro o seu partidazo pois o goleador local Meixide non faltaría a súa cita co gol e batiría a David no minuto 87 nun remate de cabeza raro que acabou con David e o balón dentro da portería.
Non daría máis de sí o encontro que solventou o Atlético Sobrado con goleada e na que hai que destacar o gran traballo feito polos xogadores e o míster, nun partido que a priori non pintaba ben o ter numerosas baixas e non dispoñer de ningún porteiro. A cousa non puido ir mellor e todos rematamos o encontro con moi boas sensacións de ver que ante as adversidades é cando máis medramos.




venres, 21 de xaneiro de 2011

Colexiados da vindeira xornada


Deixo por eiquí os nomes dos colexiados que dirixirán os partidos das categorías senior e xuvenil do noso clube:
SENIOR: SD Pontecarreira - Atl. Sobrado Xuventude. Sr. Iván Guerra Dominguez
XUVENIL: Hércules SD - Atl. Sobrado Xuventude. Sr. José Fernández Liñares
Sorte a ambos

xoves, 20 de xaneiro de 2011

Todas as categorías en competición

Na vindeira xornada todas as categorías do Atlético Sobrado (agás Enduro) terán partidos ligueiros.

Estes son os enfrontamentos:

Sábado 22 de xaneiro

As Escolas Deportivas do Club Atlético Sobrado Xuventude viaxarán a Betanzos para enfrontarse as Escolas Deportivas do Colexio Vales Villamarín, os partidos disputaranse no Pavillón Polideportivo do citado colexio.

10.00 h BENXAMÍNS

10.45 h ÁLEVÍNS

11.30 h INFANTÍS

12.15 h CADETES

XUVENÍS:

Hércules SD - C. Atl. Sobrado Xuventude, 16.00 h "Campo de Fútbol de Anido" O Carballo - San Pedro de Nós - Oleiros

FEMININO:

C. Atl. Sobrado Xuventude - O Pino F.S., 20.00 h Pavillón Polideportivo de Sobrado

Domingo 23 de xaneiro

SENIOR:

SD Pontecarreira - C. Atl. Sobrado Xuventude, 16.00 h "A Chousa" Pontecarreira - Frades


martes, 18 de xaneiro de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude


SENIOR
1. Chino: 12 goles
2. Pablo Naveira, David: 6 goles
3. Nacho: 3 goles
4. Alberto Gemelo, Esteban, Pirulo, Iván Cabado: 2 goles
5. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo: 1 gol
------------------------------------------------------------
FEMININO
1. María Seoane: 12 goles
2. Sara: 10 goles
3. María Gómez, Tamara: 8 goles
4. Luci: 7 goles
5. Patricia Fuentes: 3 goles
6. Patty: 2 goles
7. Sandra, Laura, Patricia Sánchez: 1 gol
------------------------------------------------------------
XUVENIL
1. Marcos Combo, Maikel, Miguel Combo: 3 goles
2. Caskete, David Vidal: 2 goles
3. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo: 1 gol

luns, 17 de xaneiro de 2011

Gran victoria feminina, duras goleadas a senior e xuvenil

A boa nova da xornada tróuxonola unha vez máis o equipo feminino, que disputou o partido que tiña aprazado fronte ó Fisober "B" e no que non andivo con titubeos. As xogadoras de Hassan rabiosas logo de inxusta derrota da semana pasada deron un puñetazo enriba da mesa e endosáronlle unha "manciña" o equipo de Vimianzo. 5-0 foi o resultado final no marcador e no que tiveron protagonismo en forma de gol María Seoane (2), Sara, Luci e Patricia Sánchez.
O equipo xuvenil pola súa parte cuallou unha dolorosa goleada en Oleiros, 6-1 perdeu fronte o C.D. Obrero que viaxa 3º clasificado na táboa. O gol da honra marelo foi obra de Miguel Combo.
Polo que respecta ó equipo senior pouco ou nada positivo que decir e moito negativo. Caeu goleado 1-5 nun partido para olvidar no que o Toques C.F. nos dou unha lección de como se afronta un derbi, como se loitan os balón aínda gañando sobrados e como de fácil é o fútbol cando non se anda con tonterías sobre o céspede. Mención especial a Bareto que saiu do Municipal de Sobrado con 4 goles no seu haber..., un auténtico xogadorazo.
O C.A.S.X. afrontou o derbi coa baixa de homes clave no esquema de Fer como son o capitán Esteban, Alberto Gemelo ou Miguel Liboreiro, ademáis Carlos e Juan seguen lesionados e Pichi e Diego Fragío tampouco puideron ser da partida.
Unha vez máis o técnico melidense inclinouse por un 5-3-2 con Cuadrado en portería, liña de 5 en defensa para Alejandro Gemelo e Iago nos laterais, Iván Cabado e Mario de centrais e Pirulo de libre, por diante deles Javi Lofre, Fran e Chino, e en punta David e Nacho. Para cambios Souto, Pablo Naveira e os xuvenís Maikel e Miguel Combo.
Non houbo nada reseñable nos primeiros minutos de encontro onde houbo moito respeto entre ambos conxuntos e o mediocampismo foi o rei indiscutible desta primeira fase de encontro.
O primeiro intento de gol chegaría no minuto 13 e correría a cargo do Atlético Sobrado nun bo lanzamento de Nacho que non chegou a acadar a rosca precisa para ir á portería defendida por David polo que o tiro saiu fora.
No minuto 20 chegaría o primeiro lanzamento do partido entre os tres paos, sería o Toques apor medio de Carril, o lanzamento atallaríao de xeito satisfactorio Cuadrado.
A estrela do partido Bareto, tivo a súa primeira oportunidade de gol no minuto 23 pero o seu lanzamento logo da saida de un saque de curruncho foise fora.
Volvería á carga o Atlético Sobrado no minuto 31 con un lonxano tiro de Fran que se iría fora de novo.
Dous minutos despois Nacho a piques estivo de profanar a meta visitante pero o porteiro David desbaratou a súa ocasión.
De novo a Makina Amarilla e desta volta Lofre tería tamén a súa oportunidade nun lonxano testarazo que atallou unha vez máis o porteiro visitante.
No minuto 40 chegaría a xogada que quen sabe se puido marcar o devir do encontro, Bareto logo de irse de dous rivais encara a Iván, este entra en plancha e o colexiado decreta penalti. Polo apreciado desde o banquiño Iván dalle o balón e en ningún momento o xogador pero personalmente, e pola forma na que encontrou o central eu tamén houbese pitado penalti. Sería o propio Bareto o encargado da execución da pena máxima, o lanzamento moi centrado foi suficiente para facer o 1-0.
No minuto 43 o Toques puido facer o segundo pero o seu interior Penka, pecou de individualista, nunha contra de 3 dianteiros contra 1 defensor optou por lanzar escorado en vez de pasar o esférico a algún dos seus compañeiros que estaban en franca posición de remate, o lanzamento do veloz extremo foise fora.
Cando pasaba un minuto do tempo de desconto chegaría o 0-2 a prol do Toques, nun remate de cabeza de novo de Bareto que lle gañou a posición a Iván e pillou a Cuadrado excesivamente adiantado. Nada máis sacar de centro o equipo local o colexiado do encontro decretou o tempo de lecer. Un descanso onde o C.A.S.X. chegou anímicamente moi tocado logo de encaixar dous goles regalados en 5 minutos.
Fer fixo un cambio de esquema e quixo revolucionar o partido cambiando de esquema pasando a xogar un 4-3-3 xa que non había nada que perder, dou entrada a Pablo Naveira, Maikel e Souto por Nacho, Mario e Iago.
Nada máis comezar a segunda metade outro xerro de auga fría nun error garrafal de Cuadrado cando un esférico manso se lle escapa das mans e lle queda franco a Nacho para que faga o 0-3
Chino quixo liderar a remontada local e ferido no orgullo o pichichi marelo quixo deixar o seu selo de calidade nunha excelente xogada persoal para finalizar con un gran golpeo raso pegado o pao visitante que acabaría en gol. De novo a distancia era de -2.
No minuto 53 a piques estivo o Toques de ampliar distancia con un lonxano lanzamento desde medio campo logo de ver a Cuadrado adiantado pero o lanzamento iríase fora.
De novo Chino case marca no minuto 56 nun córner moi pechado que quitou a defensa visitante na liña de gol.
Intentaríao de novo un activo Fran que foi do mellor dos marelos na tarde de onte no minuto 58 con outro suave tiro que atallou David sen problemas.
A réplica daría Bareto no minuto 60 con un disparo que se foi fora.
4 minutos chegaría o 1-4, Bareto firmaba o seu hat-trick logo de gañar nunha poderosa carreira a Pirulo e seu chut sorprendeu de novo a Cuadrado.
Chino seguía insistindo e a pìques estivo de reducir de novo diferencia pero o seu lanzamento saiu lambendo o pao dereito da portería toquense.
No minuto 78 o Toques andivo cerca do gol con outro gran disparo que saiu preto da rede do Atlético Sobrado.
Miguel Combo que entrou coma recambio de Fran tivo tamén a súa oportunidade no minuto 85, o lanzamento unha vez máis saiu fora.
A última oportunidade do C.A.S.X. tería Chino nunha falta que saiu moi desviada. Nese mesmo minuto, o 86 chegaría o golazo da tarde, de novo Bareto firmaba un poker logo de executar unha gran vaselina que sorprendeu a un adiantado Cuadrado.
Con esta victoria o Toques presenta as súas credenciais para o ascenso de categoría, ogallá teñan sorte os nosos veciños. Polo que respecta a nos, unha vez máis non temos término medio, tanto lle presentamos batalla o líder Boimorto e empatamos os dous partidos co segundo clasificado o Abellá, como non nos presentamos -como aquel que di o outro- contra Cire e Toques. En fin, para a semana nova afronta fronte a SD Pontecarreira. Agardemos que o equipo lave a imaxe.

Saudos

Agora máis que nunca FORZA CASX!!!

venres, 14 de xaneiro de 2011

Colexiados de esta xornada

Xa se coñecen os nomes dos colexiados encargados de impoñer xustiza e paz nos partidos da nosas categorías senior masculino e xuvenil de fútbol.
O Gran Derbi Atl. Sobrado - Toques será arbitrado por un excelente colexiado, o señor José Antonio Díaz Miras.
Polo que respecta o partido C.D. Obrero - Atl. Sobrado de categoría xuvenil o director do encontro será o señor Borja Sánchez Lago que aínda non dirixiu en ningún encontro ó noso equipo.

Desexámoslles a maior das sortes os dous árbitros.

xoves, 13 de xaneiro de 2011

O Gran Derbi disputarase o domingo no Municipal as 17.00 horas

O "Gran Derbi" que enfrontará este domingo 16 de xaneiro a Atlético Sobrado Xuventude e Toques C.F. disputarase a partires das 17.00 horas no Municipal de Sobrado. Os dous equipos chegan separados por unha distancia de 5 puntos a favor do Toques e co golaverage empatado logo de que no partido de ida igualaran a 2 goles no Municipal de Toques. Polo tanto será un partido que pode decidir quen quedará a final de liga por riba na clasificación. O Toques está a un so punto do posto que da acceso a promoción de ascenso, pola súa banda o CASX está actualmente a 6 puntos deste quinto posto.

O resto de encontros da xornada serán os seguintes:

sábado, 15 de xaneiro
Benxamín: CASX - E.D. Miño, 10.00 h Pav. Munic. Sobrado
Infantil: CASX - E.D. Miño, 10.45 h Pav. Munic. Sobrado
Xuvenil: C.D. Obrero - CASX, 16.00 h "Eugenio Pardo Conchado"
Feminino: CASX - Fisober "B", 16.30 h Pav. Munic. Sobrado

luns, 10 de xaneiro de 2011

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR:

1. Chino: 11 goles

2. Pablo Naveira, David: 6 goles

3. Nacho: 3 goles

4. Alberto Gemelo, Esteban, Pirulo, Iván Cabado: 2 goles

5. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo: 1 gol

FEMININO:

1. María Seoane: 10 goles

2. Sara: 9 goles

3. María Gómez, Tamara: 8 goles

4. Luci: 6 goles

5. Patricia Fuentes: 3 goles

6. Patty: 2 goles

7. Sandra, Laura: 1 gol

XUVENÍS:

1. Marcos Combo, Maikel: 3 goles

2. Miguel Combo, Caskete, David Vidal: 2 goles

3. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo: 1 gol


Victoria xuvenil, empate senior e derrota feminina

3 partidos e 3 resultados con distinto sabor para os equipos xuvenil, feminino e senior nesta fin de semana.
Comezou o ano 2011 con boas novas para o equipo xuvenil que adestra Ángel Parga "Pirri" que saiu victorioso no seu enfrontamento fronte ó Vizoño S.D. nun disputado choque. O resultado final indica a emoción do encontro: 3-2 a prol do noso conxunto. Os goleadores marelos foron Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo e David Vidal.
A derrota chegou da man do equipo feminino que caeu no Pavillón Municipal de Sobrado 2-3 fronte ó Amarelle "B". As xogadoras de Hassan dispuxeron de moitas e claras oportunidades para levarse os 3 puntos en disputa pero a mala sorte e os paos privaron o gran equipo sobradés de acadar unha importante victoria fronte a un rival directo na loita pola segunda posición.
O equipo senior sumou un importante punto na súa visita a Abellá, nun feudo, O Vedral, onde tan so o San Martiño foi quen de roubar puntos. O equipo de Fer é a segunda escadra en acadalo. O C.A.S.X. afrontou o choque con numerosas baixas, dúas de última hora como foron o porteiro Carlos que se lesionou no adestramento do venres no seu ombreiro e Maikel que sufriu un forte golpe na espalda o sábado.
Polo tanto tan so 13 xogadores dispoñibles dos cales 3 eran xuvenís e que raiaron a un grandísimo nivel.

O equipo estivo formado por Cuadrado en portería, liña de 5 en defensa para Alejandro Gemelo e Iago nos laterais, Alberto Gemelo e Iván Cabado de centrais e Esteban de libre. Por diante trivote con Javi Lofre, Fran Miraz e Chino, en ataque Pablo Naveira e Nacho. Quedaron agardando a súa oportunidade no banquiño Miguel Combo e Mario.

Comezou con moito descaro o encontro o equipo marelo, sorprendendo a un rival que viaxa na segunda posición da táboa clasificatoria e que amósase coma un dos máis firmes candidatos a ascender de categoría.
No minuto 2 o C.A.S.X. estaría a piques de marcar o primeiro gol do encontro nun córner en corto executado por Javi Lofre que sorprende a defensa local para Chino e o lanzamento do pichichi marelo pasa rozando o pao esquerdo da meta de Juan.
Volvería á carga o equipo marelo de novo por medio de Chino pero o seu lanzamento maino e moi centrado é atallado por Juan sen problemas.
De novo no minuto 6 a Makina Amarilla volvía a facer méritos para adiantarse no marcador, nun pase da morte de Fran Miraz e na que o porteiro local desbarataría con sería dificultade poñendo o "ui" na grada.
Pero os grandes equipos pouco necesitan para crear perigo e nunha rápida contra Rivera a piques estivo de marcar para o S.E. Abellá nunha fermosa vaselina que se foi fora por moi pouco.
De novo o Abellá, unha vez superado o susto inicial volveu a merodear o gol nun pase da morte de Rivera no minuto 17 onde non apareceu ningún rematador local para poder levar o balón ó fondo da rede.
No minuto 21 nova ocasión do Atlético Sobrado, desta volta foi Nacho quen disparou alto logo de unha asistencia ó oco de Javi Lofre.
O dianteiro local Toni, faría boa a súa fama de goleador no minuto 24, aproveitando un bo centro desde banda esquerda, Iago non salta para obstaculizar o tiro de volea do ex do Visantoña e o remate entra botando e pegado o pao. 1-0 para os locais.
Nova ocasión para o C.A.S.X no minuto 29 que non se veu abaixo a pesares do inesperado gol, nun gran remate de Chino un defensa local saca na liña de gol o que estivo a piques de ser o empate a un gol.
Pero como a veces o fútbol tamén é xusto ó minuto seguinte conseguiu empatar o C.A.S.X., sería Chino no lanzamento de unha falta logo de que o tiro pegase nun xogador da barreira o que establecería o empate a 1 gol.
Hai un refrán que di que pouco dura a alegría na casa do pobre, e así se cumpliu tan so 1 minuto despois: falta en medio campo a favor do Atlético Sobrado, varios homes altos suben a rematar, o esférico é atallado sen consecuencias polo porteiro local e inicia a contra co seu lateral esquerdo, a rápida xogada pilla descolocado a defensa do noso equipo, que tiraron o fora de xogo (afeccioados que estaban na grada comentaron unha vez finalizado o encontro que o dianteiro arrancou en fora de xogo, desde a miña posición no banquiño non poido apreciar se é fora de xogo ou non), e non lle fixeron falta, o colexiado mandou seguir e o dianteiro local quedouse man a man con Cuadrado ó cal bateu por baixo; 2-1 e de novo o partido costa arriba.
O Abellá gozaría de outra oportunidade no minuto 36 pero o remate sairía fora.
Tivo de novo Chino unha boa oportunidade a balón parado no minuto 38 pero o chut desta volta sairía alto.
Puido cambiar o signo do encontro a favor do Abellá no minuto 42 nunha clara xogada onde o remate a portería vacía de un xogador local foise fora.
Con 2-1 a favor dos locais chegaríase o tempo de descanso.
O C.A.S.X. creeu nas súas posibilidades na segunda metade e saiu decidido a quitar algo positivo de un feudo case que inexpugnable. No minuto 51 Chino tivo nas súas botas o empate a dous goles nunha magnífica xogada de Pablo Naveira que lle sirveu en bandexa o tanto pero o remate do "9" sobradés saiu alto.
Como antes dixen, o que perdoa paga, e unha vez máis, esta máxima do fútbol volveuse a cumplir, 4 minutos máis tarde o Abellá lanza unha falta que lle bota diante a Cuadrado e o esférico entra na portería logo de pasarlle polo medio das pernas. Co 3-1 no marcador a proeza antollábase máis que complicada.
As veces dame a sensación de que o noso equipo vaille a marcha, e tan so se motiva cando os retos son moi difíciles ou case que imposibles. Nunha boa xogada trenzada, Pablo Naveira intérnase na área, intenta facerlle un sombreiro o capitán do Abellá e este derribao claramente. O colexiado pita penalti, de novo Chino sería o encargado de transformar a pena máxima. Corría o minuto 59 e de novo se axustaban as cousas...
Nos seguintes 10 minutos o encontro calmouse bastante e non houbo ocasións destacadas por ningún bando, moito centrocampismo e moitos imprecisións nos dous equipos.
No 71 o Abellá intentaría poñer terra de por medio pero o lanzamento saiu excesivamente desviado.
Estaría a pique de lograr o terceiro gol da tarde o C.A.S.X. no minuto 87 nunha rápida falta sacada por Chino para Javi Lofre que se encontraba so en banda dereita, o preciso centro do xogador de Teixeiro estivo a piques de contactar coa cabeza de Mario.
O Atlético Sobrado seguiu insistindo para acadar algo positivo, sería Alejandro Gemelo noutra gran xogada o que enganchou unha difícil volea pero o seu remate saiu fora.
No minuto 92 chegaría o premio á insistencia do noso equipo. Mario gaña a posición a 3 defensas locais dentro da área nun balón que chega botando a mesma, dous defensas "á limón" comenten un infantil penalti derribando a Mario para desesperación do banquiño local. Desta volta sería Nacho o que de xeito maxistral transformaría a pena máxima dando o empate a 3 goles.
Pero o encontro non acabaría ahí, pois aínda habería máis "chicha", corría o minuto 94 e nunha falta de entendemento entre Miguel Combo e Nacho en medio campo chega o esférico en clara posición para un dianteiro local, Esteban que estaba como último home non lle queda máis remedio que derribalo coa conseguinte repercusión de falta e expulsión. O lanzamento da mesma non tería consecuencias e logo de dous ataques máis locais rematou o encontro no minuto 98.
O C.A.S.X. empata no golaverage particular co S.E. Abellá, logo de que no partido da primeira xornada de liga houbera táboas a dous tantos no Municipal de Sobrado. Gran actitude dos homes de Fer que amosaron que cando queren fanlle fronte a calqueira equipo. Qué magoa dos puntos que se perderon por desgana...

venres, 7 de xaneiro de 2011

Partidos da fin de semana

O equipo senior desplazarase a Abellá (Frades) para disputar a primeira xornada da segunda volta. No partido de ida o resultado foi empate a 2 goles. O partido terá lugar o domingo 9 as 16.00 horas no campo de O Vedral. Salientar as baixas de Pirulo (1 partido) e o adestrador Fer (3 partidos) logo das expulsións sufridas fronte ó Cire Melide.



Pola súa parte o equipo xuvenil xogará mañá no Municipal de Sobrado tamén as 16.00 horas fronte o Vizoño SD. O equipo de Pirri recupera a Porto e Christian Coego.
Sorte!!!

mércores, 5 de xaneiro de 2011

O Derbi: gañou o que competiu

A día de hoxe aínda me dura o enfado, e non é por perder o derbi fronte o Cire senón da maneira en que se produxo. Mal comezan as cousas cando se queda a unha hora e varios (os de sempre) chegan cando lles parece. A partir de ahí todo ben encadenado xa que fai que o progreso pre-partido leva o conseguinte retraso (vestirse, charla, quecemento...)
Máis de un xogador debe mirarse o espello, meditar, e pensar que xoga nun equipo, non para él, se pensa esto último no Atlético Sobrado non é ben recibido e xa pode buscarse equipo. Moitos directivos curramos todo o ano con ilusión para poder ter todo o que hoxe temos: 7 categorías de fútbol e fútbol sala, e non vai vir ningún "mindundi" rebentar nada, o dito, o que se considere unha estrela e non queira xogar en equipo que arranque pero xa!

Con respecto ó partido pésima imaxe dada polo Atlético Sobrado onde moi poucos xogadores se libraron da queima, foi auténticamente desastrosa a imaxe dada no Municipal de Melide. Evidentemente o traballo do Cire tivo moito que ver pero en ningún momento xogamos a nada, nin houbo actitude, nin aptitude, nin esforzo, nin gañas, nin compañeirismo nin nada de nada. Doe moito estar a loitar por un esférico e ver como "outros" en teoría compañeiros en vez de correr, andan polo campo. A forma que teñen de agradecer "isto" é que cada vez que collan o balón non lla pasen a ninguén ata perdela..., lamentable.

Fer dispuxo un once con Carlos en portería, defensa de cinco con Souto e Alberto nos laterais, Mario e Maikel centrais e Pirulo como libre. No medio campo trivote con capi Esteban, Fran e Javi Lofre, en punta Pablo Naveira e David. Para cambios quedaron Alejandro, Iago e Chino.

Aínda non ía un minuto de encontro e o Cire xa estaba por riba no marcador, centro desde banda esquerda, Mulero libre de marca remata na área pequena de cabeza e o balón o fondo da rede. Mal a defensa e mal o porteiro.
O primeiro lanzamento a portería do CASX chegaría no minuto 6 a cargo de Fran que debutaba na súa segunda etapa coma xogador marelo, o tiro suave atraparíao sen problemas Perilla.
No minuto 12 Alberto lanzaría excesivamente desviado un tiro de falta situado a uns 6 metros da área do Cire Melide.
A deusa fortuna veu a visitar o noso equipo 2 minutos despois logo de que a madeira rexeitase un tiro do Cire.
No minuto 20 novo aviso do Cire, desta volta foi ó traveseiro o noso aliado para repelir outro lanzamento local.
Tal como ían as cousas estaba cantado que o segundo gol do Cire logo ía chegar e sería Ico nun lanzamento de falta ó pao de Carlos o que establecería o 2-0 no marcador no minuto 21.
No minuto 23 nova cabalgada do Cire, que entra en área, pase da morte e o remate do seu dianteiro na área pequena vaise fora. So existía un equipo no campo pois o Atlético Sobrado era unha mera comparsa que deambulaba polo Municipal melidense.
Unha das poucas chegadas visitantes sería a cargo de Souto no minuto 26 nunha volea que se foi fora.
3 minutos despois intentaríao Fran nun maino lanzamento que de novo Perilla atallou sen problemas.
A ocasión máis clara para o noso equipo sería un remate de Pablo Naveira no minuto 32 que Suso Pampín evitaría na liña de gol.
Tería David tamén a súa oportunidade de cabeza no minuto 42 pero o seu remate saiu desviado.
No descanso do encontro Fer utilizou dous cambios entrando Iago e Alejandro que sustituiron a Mario e Maikel.
Pouca historia tivo a segunda metade, o primeiro tiro do Cire chegou no minuto 56 nun lanzamento que saiu fora.
Estivo a piques David de marcar no minuto 58 pero o seu lanzamento raso saiu preto do pao esquerdo da meta melidá.
No minuto 65 o colexiado obviou un claro agarrón dentro da área a Pirulo, e mandou seguir a acción. Seguramente non influiría en nada e a pesares de que puidese supoñer o 2-1 tal como se estaba a desenrolar o encontro seguro que o Cire marcaría outro cando quixera.
E así foi, no minuto 67 o CASX enlaza un claro contragolpe onde hai 3 dianteiros dentro da área para recibir o centro, Alejandro leva o esférico en banda esquerda, pero en vez de centrar decide facer bicicletas ata que perde balón, o equipo local arma unha rápida contra que colle descolocado o equipo marelo e marca o Cire nun lanzamento pegado o pao desde fora da área onde Carlos se confiou e pensou que o tiro ía fora.
Pirulo sería expulsado no minuto 69 logo de protestarlle unha acción nun claro erro do colexiado, o libre xa tiña un cartón marelo polo que sumado a este segundo tívose que ir para o vestiario antes de tempo.
Peque estivo a piques de ampliar a renda do Cire no minuto 80 pero o seu lanzamento tamén se foi fora.
As dúas últimas oportunidades do CASX chegarían ambas no minuto 86 primeiro Souto e despois Alejandro pero ambos tiros sairon fora.

Pouco máis que dicir, so que con esta actitude o partido de Abellá preséntase moi complicado. Moito deben cambiar algúns se queren ter algo que decir neste equipo...

FORZA CASX