venres, 18 de febreiro de 2011

Colexiados para os equipos senior e xuvenil

Unha semana máis damos a coñecer os nomes dos colexiados que dirixirán os encontros das categorías xuvenil e senior nesta xornada.
O encontro do equipo xuvenil que terá lugar en Boimorto fronte o equipo vermello terá coma xuiz da contenda o Sr. José Bermúdez Veiga.
Pola súa banda, en categoría senior, o encontro de Mesía será pitado polo Sr. José María Carro Moreira.

SORTE ÓS DOUS ÁRBITROS!

xoves, 17 de febreiro de 2011

Partidos da fin de semana

SÁBADO 19 FEBREIRO
Alevín: Atl. Sobrado Xuventude - E.D.M. Vilasantar, Pav. Munic. Sobrado 11.00h
Xuvenil: Boimorto C.F. - Atl. Sobrado Xuventude, O Carballal (Boimorto) 16.15h
DOMINGO 20 FEBREIRO
Feminino: Espartanas F.S. - Atl. Sobrado Xuventude, Pav. Barrio das Flores (A Coruña) 12.00h
Senior: C.D. Mesía - Atl. Sobrado Xuventude, As Mariposas (Mesía) 16.15h

martes, 15 de febreiro de 2011

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR MASCULINO
1. Chino 18 goles
2. Pablo Naveira 9 goles
3. David 6 goles
4. Nacho, Alberto Gemelo 3 goles
5. Esteban, Pirulo, Iván Cabado 2
6. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Alejandro Gemelo, Fran, Javi Lofre 1
SENIOR FEMININO
1. María Seoane 19 goles
2. Sara, María Gómez 10 goles
3. Tamara 9 goles
4. Luci 8 goles
5. Patty 6 goles
6. Patricia Fuentes 3 goles
7. Sandra 2 goles
8. Laura, Patricia Sánchez 1 gol
XUVENÍS
1. Marcos Combo 4 goles
2. Maikel, Miguel Combo, David Vidal 3 goles
3. Caskete 2 goles
4. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo, Molina 1 gol


luns, 14 de febreiro de 2011

A xornada: o equipo feminino achégase o liderato

Liga Provincial Feminina

O equipo adestrado por Hassan dou un paso importante nesta xornada logo da victoria acadada fronte A Salina F.S. e que o equipo líder da competición, o Sada F.S. perdese fronte o Amarelle B. O equipo sobradés achégase pois a 5 puntos do sólido líder da Provincial Autonómica. A protagonista do partido foi a pichichi do equipo María Seoane que fixo nin máis nin menos que un "poker" de goles na tarde do sábado. O resultado final 4-0 deixou ben as claras quen se mereceu levar o triunfo no encontro.

2ª Autonómica Xuvenil

Importantísimo empate a 0 goles fronte o terceiro clasificado, o Sp. Cambre, e máis se temos en conta que o equipo de Pirri xogou condicionado pola tempra expulsión (iban 10 minutos de xogo) de Alejandro Gemelo. O noso equipo foi quen de salvagardar a portería de Samu o longo de todo o encontro e incluso tivo un par de boas oportunidades para poder levarse o encontro. Séguese a amosar un equipo moi forte o dos nosos xuvenís na casa que so cedeu unha derrota fronte ó Portazgo S.D.

3ª Autonomíca Senior

Duro varapao para o equipo de Fer logo da inmerecida derrota 0-1 na tarde de onte fronte ó Vilamaior. O partido de onte foi deses onde a pelota non quere entrar por máis que se intente. Destacar os dous porteiros visitantes que fixeron posible a victoria vermella con grandes intervencións.

Fer dispuxo un once moi condicionado pola falta de centrais (Juan e Iván lesionados, Pirulo sancionado e Miguel Combo causou baixa por motivos laborais) polo que tivo que variar a posición do capitán do equipo Esteban baixandoo e a xogar de libre, ademáis de ter que tirar do xuvenil Maikel nunha posición máis retrasada do habitual para él como é defensa central.

O once inicial estivo formado por Andrés en porteria, liña defensiva con Mario e Maikel de centrais, Esteban de libre, os laterais para os xuvenís Isma e Alejandro, liña de 3 en medio campo para Javi Lofre, Fran e Souto e en punta Pablo Naveira e outro xuvenil. Alberto Gemelo. Para cambios quedaron Chino, Javi Sánchez, Cristian Quintela, Diego Fragío e Iago.

O inicio do partido non facía presaxiar que o Atlético Sobrado encaixara unha dolorosa derrota, no minuto 5 Souto a piques estivo de perforar a portería visitante pero o gardamallas local nunha estirada colosal evitou o primeiro gol da tarde.

O deteriorado estado do céspede do Municipal non permitiu desenrolar o estilo de xogo ó que nos ten acostumbrados a Mákina Amarilla e iso tamén puido influir de que o equipo non tivera fluidez no toque como nos ten acostumbrados.

A primeira ocasión visitante chegaría no minuto 10 onde o cancerbeiro local Andrés andivo moi fino adiantandose e despexando de puños un perigoso centro desde banda dereita.

Intentouno de novo o Vilamaior no minuto 14 mais o lanzamento foise fora.

Rozou de novo o gol o Atlético Sobrado no minuto 25 nun gran lanzamento de falta de Alberto Gemelo pero de novo o cancerbeiro visitante desbaratou a boa ocasión de gol.

No minuto 29 o Vilamaior puxo o medo no corpo á parroquia local nun tiro de falta que pegou no longueiro da meta de Andrés, o posterior rexeite a piques estivo de cazalo un dianteiro visitante.

De novo Alberto Gemelo tivo o gol nas súas botas nunha internada por banda esquerda, o forte chut foi repelido polo porteiro visitante cando xa se cantaba o gol nas bancadas.

De seguido Pablo Naveira fixo saltar dos seus asentos o público do Municipal nunha excelente xogada persoal que culminou con perna esquerda, o efecto óptico fixo cantar o gol os afeccioados marelos pero o esférico saiu fora lambendo o pao.

Os seguintes minutos ata o descanso foi un cúmulo de imprecisións por parte de ambos bandos.

Na segunda metade Fer meteu a Chino e Diego Fragío por Isma e Maikel para dar máis mordente en ataque e lograr os 3 puntos pero abofé que onte non era o día do Atlético Sobrado.

Chino faría unha excelente xogada persoal no minuto 55, o chut man a man co porteiro foi repelido polo cancerbeiro que sustituiu o títular que se mancou na primeira metade.

De novo o CASX volveu a carga no minuto 61 con un gran centro de Fran que rematou Alberto Gemelo de cabeza pero o remate foise fora.

Cada vez os ataques do Atlético Sobrado eran máis continuos e sería Pablo Naveira no minuto seguinte quen tivo unha boa opción para desnivelar o marcador, pero no seu man a man co porteiro saiu perdedor pois o cancerbeiro rexeitou o chut do dianteiro de Teixeiro.

Hai unha máxima no fútbol que di que o que perdoa paga e unha vez máis cumpliuse, nunha contra o Vilamaior colle despistada a defensa local, o dianteiro visitante Manuel tíralle unha vaselina a Andrés que saiu para despexar o esférico, o balón bota antes de entrar e Mario no seu intento de despexe a córner introduce en propia meta o esférico, este gol sería o único que se vería no Municipal sobradés. Corría o minuto 73 e os nervos comezaron a aflorar.

Seguiu o Atlético Sobrado intentando lograr algún gol e intentou de todos os xeitos e todas as cores pero cando non eran centros imprecisos eran rexeites dos defensas visitantes, o caso é que non se conseguiu abrir a lata e o Vilamaior acadou o triunfo. Parabéns o equipo da terra de Ordes que soubo aproveitar mellor que o CASX as súas oportunidades.

Destacar a gran árbitraxe na tarde de onte. Perfecto a nivel físico e a nivel disciplinario, un colexiado moi dialogante e razonable. Así da gusto.

Tamén destacar a gran deportividade que amosaron ambos conxuntos onde a pesares das típicas loitas polo esférico onde cando o campo está mal coma onte fanse máis continuas o partido desenrolouse por un cauce normal, como ten que ser.

Nada máis polo de agora

FORZA CASX!


venres, 11 de febreiro de 2011

Fernando García participará no VI Enduro do Cocido esta fin de semana


O piloto de enduro Fernando García Herrero participará na VI Edición do "Enduro do Cocido" que se disputará este domingo 13 de febreiro en Vilatuxe (Lalín). A proba é puntuable para o Campionato Galego de Enduro.
SORTE Ó NOSO CAMPIÓN!

xoves, 10 de febreiro de 2011

Colexiados da vindeira xornada


Árbitros designados para a vindeira xornada nas categorías de fútbol. O encargado de dirixir o encontro Atl. Sobrado Xuventude - A.D. Vilamaior de 3ª Autonómica Senior será o sr. José María Carro Moreira.
Pola súa banda, o director de orquestra no partido xuvenil entre o Atl. Sobrado Xuventude - Sporting Cambre será o sr. José A. Espasandín Varela.
Sorte a ambos

Partidos da fin de semana

SÁBADO 12 FEBREIRO
-Deporte Escolar-
* Pavillón Municipal de Sobrado
Benxamíns: Atl. Sobrado - Curtis A 10.00h
Alevíns: Atl. Sobrado - Oza dos Ríos 10.45h
Infantís: Atl. Sobrado - Curtis A 11.30h
Cadetes: Atl. Sobrado - Curtis A 12.15h
-2ª Autonómica Xuvenil Grupo II-
* Campo de Fútbol Municipal de Sobrado
Atl. Sobrado - Sporting Cambre 16.15h
- Liga Provincial Feminina Fútbol Sala-
* Pavillón Municipal de Sobrado
Atl. Sobrado - A Salina Xuventude 19.00h
DOMINGO 13 FEBRERO
- 3ª Autonómica Grupo IV-
* Campo de Fútbol Municipal de Sobrado
Atl. Sobrado - A.D. Vilamaior 17.00h

martes, 8 de febreiro de 2011

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Logo dos partidos da pasada fin de semana a clasificación de goleador@s das categorías masculino, feminino e xuvenil queda do seguinte xeito.

SENIOR MASCULINO

1. Chino 18 goles

2. Pablo Naveira 9 goles

3. David 6 goles

4. Nacho, Alberto Gemelo 3 goles

5. Esteban, Pirulo, Iván Cabado 2 goles

6. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Alejandro Gemelo, Fran, Javi Lofre 1 gol

SENIOR FEMININO

1. María Seoane 15 goles

2. Sara, María Gómez 10 goles

3. Tamara 9 goles

4. Luci 8 goles

5. Patty 6 goles

6. Patricia Fuentes 3 goles

7. Sandra 2 goles

8. Laura, Patricia Sánchez 1 gol

XUVENIL

1. Marcos Combo 4 goles

2. Maikel, Miguel Combo, David Vidal 3 goles

3. Caskete 2 goles

4. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo, Molina 1 gol


Senior masculino e feminino golean, o equipo xuvenil cae con tan so 10 efectivos

2 victorias e 1 derrota nos encontros dos equipos senior e xuvenil. Comezaba mal a tarde do sábado coa derrota do equipo xuvenil fronte ó Portazgo SD. O domingo chegarían as boas novas, pola mañá victoria feminina en Ordes e pola tarde victoria masculina en Bergondo.

Xuvenil: Portazgo SD 4 - Atl. Sobrado 1
Unha vez máis lamentar a falta de efectivos no equipo que adestra Pirri pois tan so puido contar con 10 xogadores para o inicio do encontro. Desde aquí agradecer os futbolistas que estiveron presentes no encontro o seu compromiso co noso clube. É unha pena que por culpa de algúns paguen os outros que non teñen culpa, agardemos que se vai recuperando xente...
O partido estivo condicionado desde o primeiro minuto polo motivo antes comentado, comezar xa de inicio con un xogador menos é un handicap demasiado importante. Aínda así e a pesares da derrota o equipo de Pirri tivo as súas oportunidades. Destacar a Molina que habitualmente exerce como porteiro pero que o sábado tivo que facer labores máis ofensivas e que foi o autor do gol da honra visitante.
Senior Feminino: Femiordes F.S. 1 - Atl. Sobrado 5
O conxunto de Hassan segue con man firme na competición e aférrase con dentes e uñas ó segundo posto da clasificación na Liga Provincial. Desta volta o horario do partido (domingo as 12 da mañá) non era o máis idoneo para afrontalo con grandes expectativas pero as xogadoras apelaron o seu orgullo e a súa calidade para quitar adiante un partido fronte un difícil rival que no seu feudo faise aínda máis forte.
Na primeira metade o C.A.S.X. tan so foi quen de marcar un gol, ese tanto sería suficiente para chegar ó descanso con vantaxe mínima. Na reanudación o Atlético Sobrado estivo máis efectivo e así pouco a pouco foron chegando os goles ata poñer no electrónico o 1-5 final. As goleadoras foron Patty en duas ocasións, María Seoane, María Gómez e Luci. Destacar que Sandra volveu a portería en sustitución de Laura que non puido estar por motivos laborais. Sandra móvese coma troita na auga baixo paos, unha posición que sei que lle gusta e moito...
Senior Masculino: Sp. Bergondo 1 - Atl. Sobrado 5
Goleada do equipo de Fer que se fraguou na segunda metade no campo do colista. Un terreo de xogo no que é incómodo xogar debido os socavóns que ten o campo de área de O Xuncal, sumado a brisiña mariñeira que acompañaba na tarde do domingo (o campo está pegado á Ría de Betanzos); se a todo esto se lle suman uns balóns que non valen para practicar o deporte rei o resultado é que o encontro parece unha pachanga de solteiros contra casados.
O adestrado de Melide dispuxo un once con Andrés (que debutaba en competición oficial co C.A.S.X.) en portería, BENVIDO Á FAMILIA MARELA ANDRÉS!!!, defensa de 5 cos xa habituais xemelgos Derrick en bandas, como centrais Miguel Combo e Mario e coma defensa libre o capi Esteban, no medio trivote con Javi Lofre, Fran e Souto, en punta de ataque o pichichi Chino e David. Para cambios quedaban o xuvenil Isma, Javi Sánchez (BENVIDO LOGO DA LONGUÍSIMA LESIÓN), Pirulo e Pablo Naveira.
Comezou dominando o encontro o Atl. Sobrado, xa no primeiro minuto Chino remataría de cabeza logo de un centro de Fran que atallaría sen problemas o porteiro local.
A primeira intervención de Andrés como porteiro do Sobrado chegaría na seguinte xogada do partido, nun lanzamento suave do equipo local que o cancerbeiro ferrolán detería sen problemas.
Entre os xemelgos Derrick (Alberto e Alejandro) fabricarían no minuto 3 unha perigosa ocasión que a piques estivo de acabar en gol, executaría o saque de banda Alberto e remataría Alejandro.
De novo Chino no minuto 13 tería outra boa oportunidade pero no momento de executar o remate o esférico quedoulle atrás por mor do mal estado do terreo de xogo.
O minuto seguinte de novo Chino intentaríao pero o seu remate de cabeza saiu fora.
O pichichi Chino tería outra oportunidade no minuto 19 a balón parado nunha falta, o tiro saiulle centrado e o cancerbeiro bergondés detivo sen problemas.
O Bergondo estaba romo en ataque e o C.A.S.X. seguia intentando facer o primeiro gol da tarde pero sen acerto, a mellor ocasión da primeira metade sería de novo para Chino que rematou o pao nunha gran volea logo da saida de un córner no minuto 37.
David tivo unha boa oportunidade no minuto 42 nun remate de cabeza pero o trenciña do encontro decretou fora de xogo na acción.
Con 0-0 chegouse ó descanso.
Na segunda metade o Sobrado saiu conxurado para estar máis atinados de cara a portería a pesares de ter o aire en contra.
No minuto 47 unha vez máis Chino tiraría frouxo polo que o porteiro local detivo sen problemas.
Por fin chegaría o gol no minuto 48, eso sí, con intriga, nun excelente golpeo do pichichi Chino o esférico pega no pao antes de entrar violentamente na meta bergondesa. Por fin se abría a lata.
Pero o Sporting Bergondo meteuse de novo no partido no minuto 57, nun despexe de un dos seus centrocampistas en medio campo, o balón colleu dirección portería e axudado polo aire a favor colleu adiantado a Andrés que pouco puido facer para evitar o empate. Tocaba de novo marcar para sumar os tres puntos en litixio.
Pouco lle duraría a alegría ó colista pois Chino no minuto 59 resolvería con acerto un man a man co porteiro local marcando o seu segundo gol da tarde. Con este gol Chino suma 18 goles na Liga e é o terceiro máximo goleador da competición.
O propio Chino sufriu un pinchazo na parte posterior do muslo e foi sustituido por Pablo Naveira que se cansou de tirar bos desmarque e que o colexiado lle pitara inexistentes foras de xogo. Nun deses desmarques Pablo arrancou desde o noso campo e tras chegar a banda dereita dalle o pase da morte a Fran que acompañou excelentemente a xogada para marcar a pracer o 1-3.
Pablo Naveira fixo no minuto 70 unha excelente xogada persoal, logo de regatear a dous defensores conectou un expléndido disparo pero o esférico non quixo entrar e pasou lambendo na cruceta.
O Atlético Sobrado ampliaría vantaxe no minuto 72, sería Javi Lofre na execución de un libre directo logo de batir na barreira e despistar o porteiro.
De novo Pablo Naveira nunha das poucas opcións que o colexiado lle permitiu facer en ataque rozaría o gol no minuto 74, a vaselina foise fora de novo por escasos centímetros.
O premio á insistencia e o bo facer para Pablo Naveira chegaría no minuto 77 nunha grandiosa vaselina na que o porteiro visitante pouco lle puido facer agás quedarse co molde.
DENUNCIAR a permisividade do colexiado co xogo brusco (AGRESIÓNS INCLUIDAS) do Bergondo que non eran quen de parar ós nosos xogadores sen utilizar puños, codos ou patadas baixo a permisividade de un trenciña que debe poñer máis actitude (polo oido e leido de outros partidos que dirixiu non é a primeira nin a segunda nin a terceira vez que os equipos o acusan de esto). Ademáis él soiño privou o Atlético Sobrado de que a goleada fora máis ampla inventándose foras de xogo, 3 de eles sangrantes (2 saindo desde o noso propio terreo de xogo co balón xogado e outro nun pase atrás).
No minuto 80 o Bergondo tería a súa derradeira oportunidade nun lanzamento que se foi fora.
Pouco máis destacable no partido agás que o colexiado si que estivo áxil para expulsar a David no minuto 91 logo de dos cartóns marelos (o primeiro deles por chocar de xeito accidental co porteiro local e o segundo porque o noso dianteiro estando de espaldas lle rebotou un balón no saque de unha falta local).
CONCLUSIÓN: o de sempre, algúns colexiados (menos mal que son poucos) prefiren expulsar a un xogador por chiquilladas que por dar patadas e agredir. Fraco favor lle fan ó fútbol!!!
Polo resto noraboa os nosos equipos!

xoves, 3 de febreiro de 2011

Colexiados para os partidos das categorías de fútbol

Xa están designados os colexiados que dirixirán os partidos das categorías de fútbol do noso clube.
O partido Sporting Bergondo - Atl. Sobrado correspondente a xornada 22 do grupo IV de 3ª Autonómica estará dirixido polo Sr. Diego Israel Montes Montes.
Pola súa banda no partido de 2ª Autonómica Xuvenil Grupo II que enfrontará a Portazgo SD contra Atl. Sobrado o director da contenda será o Sr. Alexandre Mazaira Rodríguez.

SORTE A AMBOS!

Partidos da fin de semana

Un total de 6 categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude disputarán partidos esta fin de semana. As categorías benxamín, alevín e infantil faranno o sábado 5, pola súa banda os equipos senior masculino e feminino farano o domingo. Todos estes equipos terán a condición de visitante nos seus enfrontamentos.

SÁBADO 5 FEBREIRO

*PARTIDOS A DISPUTAR NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE MIÑO

Benxamín: E.D.M. Miño - C.A.S.X. 10.00h

Alevín: E.D.M. Miño - C.A.S.X. 10.45h

Infantil: E.D.M. Miño - C.A.S.X.11.30h

* PARTIDO A DISPUTAR NO CAMPO DE "A LAVANDEIRA" O BURGO - CULLEREDO

Xuvenil: Portazgo S.D. - C.A.S.X 16.00h

DOMINGO 6 FEBREIRO

* PARTIDO A DISPUTAR NO PAVILLÓN "PARAISO 2" DE ORDES

Senior Fem. Liga Provincial: Femiordes F.S. - C.A.S.X 12.00h

* PARTIDO A DISPUTAR NO CAMPO DE "O XUNCAL" BERGONDO

Senior Masc. 3ª Aut. Grupo IV: Sp. Bergondo - C.A.S.X. 16.15h


martes, 1 de febreiro de 2011

Premio "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Logo dos magníficos resultados da última xornada a taboa de goleador@s nas categorías senior masculino & feminino e xuvenil masculino queda do seguinte xeito.

SENIOR MASCULINO

1. Chino: 16 goles

2. Pablo Naveira: 8 goles

3. David: 6 goles

4. Nacho, Alberto Gemelo: 3 goles

5. Esteban, Pirulo, Iván Cabado: 2 goles

6. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Alejandro Gemelo: 1 gol

SENIOR FEMININO

1. María Seoane: 14 goles

2. Sara: 10 goles

3. Tamara, María Gómez: 9 goles

4. Luci: 7 goles

5. Patty: 4 goles

6. Patricia Fuentes: 3 goles

7. Sandra: 2 goles

8. Laura, Patrica Sánchez: 1 gol

XUVENIL MASCULINO

1. Marcos Combo: 4 goles

2. Maikel, Miguel Combo, David Vidal: 3 goles

3. Caskete: 2 goles

4. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo: 1 gol


Xornada Triunfal

Non lle puido sair mellor a xornada ó noso clube. As catro categorías que tiveron partidos oficiais saldaron os seus partidos con victorias; algunha delas de prestixio como foi a do equipo xuvenil que derrotou o ata o sábado líder da competición en 2ª Autonómica Grupo II, o EDA Arzúa.

Comezou exitosa a xornada na mañá do sábado co equipo alevín que dou boa conta do Concello de Aranga goleando por un abultado 13-3.
Sobresaintes os xuvenís no partido que comezaba as 16.00 horas no Municipal de Sobrado. A pesares de afrontar con tan so 11 xogadores o dificilísimo encontro contra o líder EDA Arzúa os rapaces de Pirri souberon sobrepoñerse as adversidades e venceron 2-1. O pichichi do equipo Marcos Combo faría o primeiro gol do encontro de cabeza o cuarto de hora do inicio, con ese resultado chegaríase o descanso.
Xa na segunda metade empataría o Arzúa por medio de Marquitos no minuto 60. Pero sería un golazo de David Vidal desde a frontal da área (min. 80) a que daría os 3 puntos os nosos xogadores.
O equipo feminino non quixo ser menos e gañou no seu desplazamento a Abegondo, impoñendose o Mabegondo FS 1-3. As goleadoras do equipo de Hassan foron a pichichi María Seoane, María Gómez e Patty.
Para o domingo quedou o encontro do equipo senior que adestra Fer. O noso equipo gañou 3-1 nun partido onde se adiantou de penalti o C.A.S.X. por medio do máximo goleador do equipo, que non é outro que Chino. Empataría o equipo da central de Meirama tamén de penalti. De novo o Atlético Sobrado adiantaríase no marcador por mediación de Alberto Gemelo e pecharía a conta goleadora de novo Chino. Salientar que no minuto 75 logo da expulsión de un dianteiro visitante formouse un tumulto e o colexiado decretou o final do encontro. Esto é o que non queremos ver nun terreo de xogo.

NORABOA A TODOS OS EQUIPOS POLAS SÚAS VICTORIAS, A SEGUIR ASÍ.