xoves, 31 de marzo de 2011

Partidos da vindeira xornada

LIGA PROVINCIAL FEMININA FÚTBOL SALA

Venres 1 de Abril: Fisober B - Atl. Sobrado Xuventude 22.00h Polideportivo Municipal de Vimianzo

2ª AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO II

Sábado 2 de Abril: Atl. Sobrado Xuventude - S.E. Abellá S.D.C. 17.00h Campo Municipal de Sobrado

3ª AUTONÓMICA SENIOR GRUPO IV

Domingo 3 de Abril: Oza dos Ríos C.F. - Atl. Sobrado Xuventude 17.00h Campo Municipal de O Loureiro

mércores, 30 de marzo de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Goles sumando Liga e Copa

SENIOR


1. Chino 21


2. Pablo Naveira 9


3. David 7


4. Alberto Gemelo 4


5. Nacho 3


6. Esteban, Pirulo, Ivi, Alejandro Gemelo, Javi Lofre 2


7. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Fran, Diego Fragío 1


-------------------------------------------------------------------


FEMININO


1. María Seoane 28


2. Tamara 17


3. Mery 13


4. Luci, Sara 12


5. Patty 10


6. Patricia Fuentes 4


7. Sandra 2


8. Laura, Patricia Sánchez 1


--------------------------------------------------------------------


XUVENIL


1. Maikel 7


2. Alejandro Gemelo, Marcos Combo 5


3. David Vidal 4


4. Miguel Combo 3


5. Caskete, Alberto Gemelo 2


6. Barreiras, Diego Fragío, Molina 1




Xornada victoriosa para o noso clube

Triplete de victorias para o noso clube no pasado fin de semana. Comezaba a boa xeira de resultados o sábado en categoría xuvenil, os pupilos de Pirri gañaron a domicilio 0-2 ó Cire Melide no derbi comarcal. Seguidamente as xogadoras de fútbol sala que adestra Hassan darían boa conta do Ponteceso F.S. endosándolle unha contundente goleada: 6-1. Xa no domingo o equipo senior que adestra Fer goleou sen piedade ó Vizoño B 4-1.
RESULTADOS E GOLEADORES:

Xuvenil: Cire Melide 0 - Atl. Sobrado 2 (Marcos Combo, Maikel)

Feminino: Atl. Sobrado 6 (María Seoane 3, Tamara 2, Mery) - Ponteceso F.S. 1

Senior: Atl. Sobrado 4 (Chino, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo, Javi Lofre) - Vizoño B 1

mércores, 23 de marzo de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR MASCULINO
* Sumando Liga e Copa

1. Chino 20 goles

2. Pablo Naveira 9 goles

3. David 7 goles

4. Nacho, Alberto Gemelo 3 goles

5. Esteban, Pirulo, Ivi 2 goles

6. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Alejandro Gemelo, Fran, Lofre, Diego Fragío 1 gol

------------------------------------------------------------------------------

SENIOR FEMININO

1. María Seoane 25 goles

2. Tamara 15 goles

3. Mery, Luci, Sara 12 goles

4. Patty 10 goles

5. Patricia Fuentes 4 goles

6. Sandra 2 goles

7. Laura, Patricia Sánchez 1 gol

-----------------------------------------------------------------------------------

XUVENÍS

1. Maikel 6 goles

2. Alejandro Gemelo 5 goles

3. Marcos Combo, David Vidal 4 goles

4. Miguel Combo 3 goles

5. Caskete, Alberto Gemelo 2 goles

6. Barreiras, Diego Fragío, Molina 1 gol


Resultados atrasados

Este post servirá para poñer o día os resultados atrasados das categorías Xuvenil, Feminino e Masculino do Atlético Sobrado Xuventude.

Semana do 5 e 6 de marzo
Xuvenís: DESCANSO
Feminino: A Fervenza "B" 4 - CASX 1 (Patti)
Masculino: Cerceda B 7 - CASX 0
Semana do 12 e 13 de marzo
Xuvenís: Cecebre 2 - CASX 5 (Maikel -2-, Alejandro Gemelo -2-, David Vidal)
Feminino: CASX 5 (Tamara -3-, Patricia Fuentes, Patti) - Boqueixón F.S. 2
Masculino: CASX 0 - San Martiño 3
Semana do 19 e 20 de marzo
Xuvenís: CASX 4 (Alejandro Gemelo -2-, Alberto Gemelo, Maikel) - Once Caballeros 0
Feminino: Meigas "B" 2 - CASX 5 (Tamara -2-, Sara, Patti, María Seoane)
Masculino: CASX 1 (Diego Fragío) - Visantoña CF 3

xoves, 10 de marzo de 2011

Copa: rozouse a fazaña


Atl. Sobrado 3 - Sp. Sada 4

Espectacular e vibrante encontro o visto onte no Municipal de Sobrado con moito ambiente na grada e con xente de outros equipos entre os espectadores aproveitando a estupenda tarde de Martes de Entroido.
Comezaríase adiantando o Sobrado con un gol en propia porta logo de unha falta de entendemento entre o central e o porteiro visitante. O equipo de Fer estivo serio e moi ben posicionado toda a primeira metade. Con vantaxe pola mínima chegaríase ó descanso.
O adestrador do Sada nada máis comezar a segunda metade comezou a mover o banquiño metendo a homes con máis mordente en ataque. No minuto 62 o Sobrado faría o 2-0 logo de unha boa deixada de cabeza de Pablo Naveira que aproveitou David para mandar tamén de cabeza o esférico o fondo da rede. Recurtaria diferencias o Sada 3 minutos máis tarde e no minuto 71 empataría o encontro. Pero de novo o Sobrado medrouse e logo de unha man dentro da área de un central sadense o colexiado decretou penalti. Chino sería o encargado de transformalo facendo o 3-2. O Sada vía como se lle iba a eliminatoria e tirou de orgullo e calidade para empatar no minuto 81. O Sobrado so lle quedaba encerrarse e aguantar os minutos finais para poder ir a lotería dos penaltis pero non puido ser..., no minuto 92 un longuísimo saque do porteiro visitante sorprende a defensa marela, o balón recolleo un dos seus dianteiros que establece o 3-4 final.

Sen lugar a dúbidas un fermoso encontro para o espectador onde a piques estivemos de eliminar o 2º clasificado de 1ª Autonómica.

Parabéns ó Sada e desexarlle sorte na competición.

venres, 4 de marzo de 2011

Sandra convocada para o partido de mañá

Logo de ser dúbida ata última hora, Sandra, a porteira-xogadora poderá ser da partida mañá no partido de Narón.

Na foto vemos como a xogadora amosa na noite do xoves a segunda equipación que estreará o equipo feminino en breve.

xoves, 3 de marzo de 2011

Encontros da fin de semana


SÁBADO 5 DE MARZO
Infantís: Oza dos Ríos C.F. - Atl. Sobrado Xuventude, 10.30h Pav. Munic. Oza.
Cadetes: Troula F.S. - Atl. Sobrado Xuventude, 12.00h Pav. Munic. Betanzos
Provincial Feminino: A Fervenza "B" - Atl. Sobrado Xuventude, 18.00h Pav. As Lagoas - Narón
3ª Autonómica Senior: C.C.D. Cerceda "B" - Atl. Sobrado Xuventude, 18.30h "O Roxo" - Cerceda
DOMINGO 6 MARZO
Enduro: Fernando García competirá no Circuito de Rois, a proba é valedeira para o Campionato Galego de Enduro.

martes, 1 de marzo de 2011

O equipo feminino é de OURO


Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Atl. Sobrado 4 - Sada F.S.F. 2

Grandiosa victoria a acadada polo equipo Feminino de Fútbol Sala na mañá do domingo fronte o líder da Liga Provincial, o Sada F.S.F.
As xogadoras que adestra Hassan amosaron unha vez máis o gran equipo que son e doblegaron a un rival que ten moitas papeletas para ascender de categoría. O equipo de Sada chegaba con tan so unha derrota no seu haber pero o Atlético Sobrado fixoo claudicar. Desta volta a carne da ternera gallega puido máis que o peixe...
Comezou costa arriba o partido para os nosos intereses logo de que o Sada profanara por duas veces a portería de Laura. Con 0-2 no electrónico o Atlético Sobrado decidiuse a ir a polo encontro e así axiña lograría empatar o partido a 2 goles antes de irse o descanso.
Xa na segunda metade as xogadoras de Hassan deron unha clase de como se defende e se gaña un partido a contra (mantendo a deportividade e as boas artes non coma un par de xogadoras visitantes).
O resultado final 4-2 dicta que o noso equipo ponse a tan so dous puntos do Sada F.S.F. e aínda que gañar o campionato (que traería consigo o ascenso) está complicado seguro que loitará con todas as súas forzas para dar o que sería o alegrón máis importante na curta historia do noso clube.
As goleadoras foron: Patty, Tamara, Luci e Sara.


2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Atl. Sobrado 0 - Unión Campestre 6


Pouco que contar no partido do equipo xuvenil, tan so destacar e agradecerlle o compromiso co equipo os dez valentes que se presentaron a xogar o sábado. Mención especial a Tuly que fixo de improvisado porteiro xa que Samuel estaba expulsado. De novo grazas por pensar no equipo.


3ª Autonómica Senior Grupo IV: Atl. Sobrado 1 - Larín "B" 0

Victoria pola mínima de un Sobrado que non creou tantas ocasións de gol coma noutros partidos. Moita de culpa tena o bo plantexamento do filial do Larín que fixo un partido moi serio e amosou que este equipo con outra tempada de rodadura estará moito máis arriba na táboa. Destacar a deportividade coa que se disputou o encontro sendo un partido moi doado de pitar para o colexiado sen apenas faltas nin entradas a destempo.
Unha vez máis Fer tivo que tirar de equipo xuvenil para poder ter un equipo de garantías. Na portería Andrés, liña defensiva cos xemelgos Derrick de carrileiros, Mario (que se levou un balón tatuado para a casa), Miguel Combo e Maikel de centrais. Liña de 3 no medio para Chino, Souto e Fran (partidazo) e arriba David (esforzo titánico todo o encontro) e Nacho.
Para cambios Pirulo, Javi, Lofre e Lucas (o cadete debutaba nunha convocatoria).
A primeira ocasión clara chegou para o Atl. Sobrado no minuto 6, Miguel Combo recolleu un mal despexe do porteiro visitante pero o seu precipitado tiro saiu fora por pouco.
O primeiro tiro do Larín B chegou no minuto 10 nun desviado lanzamento.
Volveron os visitantes a carga 6 minutos despois pero de novo o esférico non encontrou portería.
A mellor xogada da primeira metade chegaría no minuto 20, excelente pase interior de Chino a Souto que nunha cabalgada descomunal por banda dereita adréntase na área, cedelle o esférico a David que remata pero o porteiro visitante ten unha feliz intervención.
De novo no minuto 30 Souto sería protagonista nun lanzamento raso que un defensa desviou a córner.
Nacho tivo a súa oportunidade no minuto 37 nunha volea a media volta que saiu fora.
Chino levaría a derradeira ocasión de perigo na primeira metade nun lanzamento de falta que se Co resultado inicial chegouse ó descanso.
Os primeiros 25 minutos da segunda metade foron para olvidar por parte dos dous equipos con moito centrocampismo e sen ningunha ocasión que levar á boca.
No minuto 70 Fer decídese a ir polo partido e cambia o sistema de xogo pasando a un 4-4-2. Non tardaría en dar os seus froitos xa que 3 minutos despois nunha xogada que iniciou Souto en banda dereita para Alejandro que fixo un excepcional centro remataría Chino de volea ó fondo da rede o que sería o único gol da tarde.
Marcado xa o primeiro gol o partido abriuse e chegaron as oportunidades máis claras para o Sobrado, o pichichi Chino tivo a sentencia no minuto 76 pero fallaría no seu man a man co porteiro.
De novo Chino tería unha clara ocasión desta volta de cabeza pero o remate foise fora cando desde o banquillo xa se cantou o gol.
A última xogada destacada do partido sería no minuto 81 nun centro-chut de Alberto que se envelenou e o porteiro desviou con serios atrancos.
Nada máis reseñable, 3 puntos máis para o Atlético Sobrado que suma 40 na clasificación xeral.

Rival potente no sorteo da Copa das Mariñas

O Atlético Sobrado Xuventude terá un difícil rival no emparellamento da Rolda Previa da Copa das Mariñas. Trátase do Sporting Sada, conxunto de 1ª Autonómica que o ano pasado descendeu do Grupo Norte de Preferente Autonómica e que este ano está loitando por recuperar a categoría.
A empresa de clasificarse antóllase difícil pero non imposible. Seguro que o equipo terá un plus de motivación por tratarse de un gran rival e o plantel quererá dar a talla.
A rolda será a partido único, disputarase o Martes 8 de marzo (martes de entroido) a partires das 17.00 horas no Campo Municipal de Sobrado. No caso de que se chegase con empate ó final dos 90 minutos pasaríase a disputar unha tanda de penaltis para decidir o equipo clasificado.

MOITO ÁNIMO, FORZA CASX

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

Datos actualizados a 01 de marzo de 2011

SENIOR MASCULINO
1. Chino 19 goles
2. Pablo Naveira 9 goles
3. David 6 goles
4. Nacho, Alberto Gemelo 3 goles
5. Esteban, Pirulo, Iván Cabado 2
6. Mario, Miguel Liboreiro, Juan, Miguel Combo, Alejandro Gemelo, Fran, Javi Lofre 1
SENIOR FEMININO
1. María Seoane 24 goles
2. Mery, Luci 12 goles
3. Sara 11 goles
4. Tamara 10 goles
5. Patty 7 goles
6. Patricia Fuentes 3 goles
7. Sandra 2 goles
8. Laura, Patricia Sánchez 1 gol
XUVENÍS
1. Marcos Combo 4 goles
2. Maikel, Miguel Combo, David Vidal 3 goles
3. Caskete 2 goles
4. Barreiras, Diego Fragío, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo, Molina 1 gol





A xornada atrasada

Antes de nada pedir disculpas por non poder actualizar o blog a semana pasada.

Resumiremos brevemente o acontecido na xornada disputada os días 19 e 20 de febreiro.

Xuvenís: Boimorto CF 3 - Atl. Sobrado 0

Non puido traer nada positivo da viaxe a Boimorto o equipo de Pirri. O equipo sigue acusando os poucos efectivos dos que dispón. Ademáis encontrouse coa expulsión do porteiro Samuel co cal o partido aínda se puxo máis costa arriba.

Feminino: Espartanas F.S. 1 - Atl. Sobrado 11

Dou boa conta o equipo que adestra Hassan das colistas da competición. O desplazamento a Coruña saldouse con unha ampla goleada que deixa ben as claras o potencial do noso equipo feminino. María Seoane (5), Luci (3) e Mery (2) foron as goleadoras, o outro gol anotouno unha xogadora local en propia porta.

Senior: C.D. Mesía 0 - Atl. Sobrado 0

Repetiu o mesmo resultado do partido de ida o equipo adestrado por Fer. O Atl. Sobrado rescatou un punto nun desplazamento complicado e no que os locais perdoaron a vida con 3 claras ocasións de gol que non souberon aproveitar.