mércores, 31 de agosto de 2011

O Curtis vai en serio

Espectacular o equipazo que está a facer o CCD Curtis para a tempada 2011/2012 con un equipo moi reforzado e repleto de xogadores que xa participaron en categorías superiores. Comezando polo seu adestrador que este ano será Sergio Espiñeira, que proven do Betanzos B e foi o adestrador que conseguiu lograr o último ascenso a 2ª Autonómica co Oza dos Ríos C.F. Ademáis trouxo xogadores da súa man como Moisés, Gallego, Pablito ou Casti (xogadores que pertenceron ata o ano pasado a San Tirso, Betanzos B ou Visantoña CF. Para incrementar o potencial de este plantel engadeuse un porteiro de garantía: Ángel que proven do C.S.D. Arzúa, todo elo sumado os Jairo, Figurín, Óscar ou Rivaldo... un equipo que é serio candidato xunto co Visantoña C.F. que tamén se reforzou moito e ben para gañar a liga e acadar o ascenso a segunda autonómica.
O Atl. Sobrado sufriu o domingo a calidade do CCD Curtis nas súas carnes caendo por un contundente 5-1. Compre decir que o equipo marelo volveu a ter moitas e importantes baixas como Esteban, Chino, Souto, Nacho, Javi Sánchez, Javi Lofre, Diego Fragío ou Jacobo Penas e que os primeiros 25 minutos da Mákina Amarilla foron sensacionais con unha abafante presión en ataque, incomodando ó Curtis e non deixandolle quitar o balón o seu entollo. Incluso o Atlético Sobrado se puxo por diante no marcador logo de que Alejandro Márquez estivera atento nun rexeite do gardamallas local para poñer o primeiro gol da tarde no Campo Novo de Curtis. Os locais reaccionaron e aproveitaron 2 erros defensivos para irse con vantaxe mínima no marcador o descanso.
Na segunda metade o Atlético Sobrado perdeu intensidade competitiva e unido a erros infantís na liña de meta fixo que o resultado final fose unha goleada 5-1.
De novo se volven a sacar moitos aspectos positivos de esta abultada derrota fronte un rival que tranquilamente pode competir en Segunda Autonómica. Quedan 3 semanas para o comezo da competición e hai marxe de mellora, ademáis co plantel o completo seguramente os marelos terán moitas cousas que decir na vindeira tempada.


martes, 16 de agosto de 2011

Táboas en Toques con un equipo de circunstancias

O terceiro amigable desta tempada do Atlético Sobrado resolveuse con un empate a 0 goles na visita do noso equipo a terras de Toques.
Hassan tivo que facer verdadeiro encaixe de bolillos para poder confeccionar un 11 pois na expedición non se encontraba ningún central (Esteban, Pirulo, Iván e Miguel Combo foron baixa), ademáis tampouco puideron ser convocados Diego Fragío, Fran, Mario, Anxo, Cristian e Isma.
Polo tanto o equipo chegou a Toques con 13 xogadores (con 3 porteiros, un deles Adrián do equipo xuvenil).
Como as desgrazas xamáis veñen solas a plaga de lesións veu a visitarnos, primeiro foi Nacho que se golpeou o seu xeonllo dereito contra o balado do campo de fútbol de Toques e despois sería Souto quen nun mal xesto tamén vería afectado o seu xeonllo esquerdo, transcorrían os primeiros minutos de partido e ámbolos xogadores tiveronse que ir para a ducha. Os dous foron revisados en hospitais de Santiago e A Coruña e haberá que agardar a evolución nas vindeiras horas para dictaminar o alcance das lesións.
Polo tanto e ata que non chegou Pichi xa transcurrido o minuto 35 da primeira metade o Atlético Sobrado estivo sobre o terreo de xogo con 10 xogadores, co dianteiro cadete Marcos Combo xogando de lateral dereito e con Moli, o porteiro do equipo xuvenil de improvisado interior zurdo.
Aínda así o Atlético Sobrado presentoulle cara ó Toques na primeira metade gozando de un par de boas ocasións. No descanso e xa de novo con 11 o equipo de Hassan asentouse no terreo de xogo e foi moito mellor que o seu rival, gozando de un gran lanzamento ó longueiro de Alejandro Márquez e marrando 3 claras ocasións de gol. Soberbio Javi Sánchez no seu novo posto de central zurdo, perfecto ó corte e excelente de cabeza sen complicacións, moi ben Chino na distribución do xogo e recuperación de balóns coma medio centro defensivo, David coma sempre traballador na súa loita cos defensas (é un auténtico portento), Alejandro Márquez cumpriu moi ben na súa singular parcela de central o igual que o seu xemelgo Alberto percorrendo a banda esquerda, Pichi, Lofre e Jacobo Penas déronlle sentido ó fútbol de ataque dos marelos, Marcos Combo cumpliu con creces na parcela defensiva o igual que Molina na ofensiva. Destacar tamén a ambos porteiros Samu e Cuadrado que se amosaron moi seguros ó longo dos 90 minutos. Destacar que Souto e Nacho intentaron crear perigo o tempo que estiveron no rectangulo de xogo ata que a mala fortuna das lesións os veu a visitar.

Desde eiquí darlles moito ánimo a ambos e desexarlles que as lesións tan só se queden nun susto e os xeonllos estén en perfecto estado para dar comezo á tempada.


venres, 12 de agosto de 2011

Ampla derrota en Arzúa

O Atlético Sobrado caeu de xeito estrepitoso no segundo amigable da tempada fronte ó C.S.D. Arzúa no Campo de O Viso. O equipo local que amosou estar moito máis rodado xa que está a 2 semanas de comezar a competición en 2ª Autonómica, xa deixa ver a man do seu novo adestrador Francis Sixto, físicamente moi fortes e veloces ademáis de facer gala de unha gran concentración e fame de gol ó longo dos 90 minutos a pesares de ir gañando amplamente.
O resultado o descanso xa presentable un abultado 3-0 onde o Atlético Sobrado regalou os primeiros 20 minutos de encontro e tan so nos 25 restantes da primeira metade presentou batalla os branco e azuis. O porteiro local Alex (que estivo a piques de ser xogador marelo esta tempada) evitou dous goles do Sobrado con duas soberbias paradas. O resultado final non deixa lugar a dúbida: 8-0 onde o Arzúa presentou as súas credenciais para estar nos postos altos da táboa pois é un gran bloque e seguro que co paso dos días irá perfeccionando "cousiñas".
Pola súa banda este duro resultado sérvelle o Atlético Sobrado para aprender dos moitos erros que houbo na noite de onte, onde se puido ver algunha cousa positiva pero onde sobretodo se viu que a preparación física, a concentración no que un está a facer e a mentalización é sinxelamente fundamental.



venres, 5 de agosto de 2011

O Atl.Sobrado comezará a tempada fronte ó Encrobas C.F. no Municipal



A Federación Galega de Fútbol dou a coñecer o calendario de Competición Ligueira 2011/2012 e a sorte deparou que o primeiro rival no novo Grupo III de 3ª Autonómica que imos estrear esta tempada sexa o Encrobas C.F. no Municipal de Sobrado. Curiosamente será nunha data moi especial para todos os sobradeses, o 18 de setembro, domingo das Festas Grandes do pobo na honra a Virxe dos Dolores.

O grupo compoñerano finalmente 16 equipos (se non hai baixas de ultima hora) e serán os seguintes: C.C.D. Cerceda "B", Vizoño S.D. "B", S.E. Abellá S.D.C. "B", C.D. Mesía, C.C.D. Curtis, S.D. Ponte Carreira, Sporting Bergondo, Toques C.F., C.D. Larín "B", A.D. Vilamaior, C.F. Visantoña, Encrobas C.F., Oza de los Ríos C.F., S.D. Brexo Lema "B", A.C.D. Poulo e CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE.

Destacar tamén que logo de varias tempadas sen producirse descansaranse dúas semanas na época de Nadal así coma unha en Semana Santa. Ademáis a Liga non chegará ó mes de maio pois rematará o ultimo domingo de abril. No caso do Atlético Sobrado o derradeiro partido ligueiro será tamén no Municipal e desta volta o rival será o A.D. Vilamaior.

Datas especiais pola proximidade con outros equipos serán o 4 de decembro de 2011 (como local) e o 1 de abril de 2012 (como visitante) fronte ó C.C.D. Curtis, que a priori é logo dos numerosos reforzos feitos este ano parte coma favorito para o ascenso de categoría e 18 de decembro de 2011 (como local) e 22 de abril de 2012 (como visitante) fronte ó Toques C.F.


Conforme pasen os días iremos adiantando novidades ó respecto do calendario e outros asuntos relacionados coa competición.

xoves, 4 de agosto de 2011

Anxo Sánchez fichado

Desde o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos presentarvos en sociedade a segunda fichaxe da tempada. Trátase de Anxo Sánchez que logo de actuar a tempada anterior no equipo xuvenil do C.C.D. Curtis retorna á casa.
Anxo Sánchez é un pivote defensivo polivalente que tamén pode actuar de central e incluso de lateral. Coa súa incorporación o equipo vese fortalecido na parcela defensiva e a hora de repartir xogo con moito criterio.
Desexámoslle moita sorte a Anxo no seu regreso á gran familia marela e animámolo a que siga coa espectacular progresión que está a amosar neste inicio de pretempada.

DATOS PERSOAIS



Nome: Anxo Sánchez (destro)




Lugar de Nacemento: As Cruces - Sobrado




Talla/Peso: 1,74m/70kg




Demarcacións: Pivote defensivo, central ou lateral




Equipos anteriores:




Escolas Deportivas do Club Atlético Sobrado Xuventude




Equipo Xuvenil do Club Atlético Sobrado Xuventude (2ª Autonómica)




Equipo Xuvenil do C.C.D. Curtis (1ª Autonómica)




luns, 1 de agosto de 2011

AMIGABLE: S.E. Abellá S.D.C. 1 - Atl. Sobrado Xuventude 2

Non puido comezar de mellor xeito ó Atlético Sobrado Xuventude de José Antonio Vázquez "HASSAN" no primeiro amigable da pretempada. O equipo marelo pese as notables baixas de Esteban, Chino, Pichi, Maikel ou Jacobo Penas entre outros venceu a domicilio a un combinado do S.E. de Abellá S.D.C. composto por xogadores dos equipos de 2ª e 3ª Autonómica do citado clube.
A pesares de levar tan so 3 sesións preparatorias o novo equipo de Hassan obsequiou a hinchada marela desplazada ata Frades con unha meritoria primeira metade. O Atlético Sobrado chegou a estar gañando 0-2 con sendos golazos de DIEGO FRAGÍO e DAVID. Na segunda metade o equipo acusou aínda a longa inactividade e baixou o rendimento con respecto os primeiros 45 minutos. A bo seguro que segundo se vaian sumando adestramentos o rendemento do equipo irá "increscendo".

GOLEADORES DA PRETEMPADA:

Diego Fragío: 1 gol
David: 1 gol