venres, 5 de agosto de 2011

O Atl.Sobrado comezará a tempada fronte ó Encrobas C.F. no Municipal



A Federación Galega de Fútbol dou a coñecer o calendario de Competición Ligueira 2011/2012 e a sorte deparou que o primeiro rival no novo Grupo III de 3ª Autonómica que imos estrear esta tempada sexa o Encrobas C.F. no Municipal de Sobrado. Curiosamente será nunha data moi especial para todos os sobradeses, o 18 de setembro, domingo das Festas Grandes do pobo na honra a Virxe dos Dolores.

O grupo compoñerano finalmente 16 equipos (se non hai baixas de ultima hora) e serán os seguintes: C.C.D. Cerceda "B", Vizoño S.D. "B", S.E. Abellá S.D.C. "B", C.D. Mesía, C.C.D. Curtis, S.D. Ponte Carreira, Sporting Bergondo, Toques C.F., C.D. Larín "B", A.D. Vilamaior, C.F. Visantoña, Encrobas C.F., Oza de los Ríos C.F., S.D. Brexo Lema "B", A.C.D. Poulo e CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE.

Destacar tamén que logo de varias tempadas sen producirse descansaranse dúas semanas na época de Nadal así coma unha en Semana Santa. Ademáis a Liga non chegará ó mes de maio pois rematará o ultimo domingo de abril. No caso do Atlético Sobrado o derradeiro partido ligueiro será tamén no Municipal e desta volta o rival será o A.D. Vilamaior.

Datas especiais pola proximidade con outros equipos serán o 4 de decembro de 2011 (como local) e o 1 de abril de 2012 (como visitante) fronte ó C.C.D. Curtis, que a priori é logo dos numerosos reforzos feitos este ano parte coma favorito para o ascenso de categoría e 18 de decembro de 2011 (como local) e 22 de abril de 2012 (como visitante) fronte ó Toques C.F.


Conforme pasen os días iremos adiantando novidades ó respecto do calendario e outros asuntos relacionados coa competición.

2 comentarios:

San Sixto II dixo...

Un gran día para comenzar la liga: Santa Sofía, la Santa Sabiduría divina exhibida y glorificada en nombre de mujer. Un día que tenéis el deber de que el partido a disputar no esté en contradicción con este nombre, y para ello contáis con la fuerza y la virtud de ésta, que es de las más grandes, a la que tenéis que sumar la energía de la que os veréis impregnados de Nuestra Sra. de los Dolores.
Un buen día para contar con los primeros tres puntos, y, por mucho refuerzo que haya por ahí, que sean los demás los que tengan que leer la publi de panadería Vázquez.

Unknown dixo...

Ja, ja, ja, pffff.