luns, 31 de outubro de 2011

Larín B 1 - Atl. Sobrado 5

Gran partido do equipo de Hassan na tarde noite do sábado no campo de herba sintética de Freán. O equipo marelo non deixou escapar a oportunidade de sumar 3 valiosos puntos fronte o colista da categoría sabedor de que o domingo se disputaba o derbi Visantoña - Mesía polo que de gañar era seguro que se recortaría puntos a algún dos dous conxuntos situados na primeira e segunda posición da táboa.
Un Atlético Sobrado moi serio e ben plantado desde o principio do encontro non deixou lugar á dúbida para acadar a victoria e axiña se ía adiantar, transcurría o minuto 19 cando unha gran xogada por banda dereita de Mario Novo (o mellor do encontro o pasado sábado) fixo que Nacho logo do seu pase da morte convertise o primeiro gol da tarde. Axiña ía chegar o segundo gol marelo no que se intertiron os papeis e foi Mario Novo quen a estupendo pase de Nacho vatiu por segunda vez o porteiro local.
O 0-3 chegaría no minuto 45 xusto antes de irse o descanso logo de unha excelente execución de saque de curruncho a cargo de Fran Miraz e que Iván Cabado rematou de cabeza ó fondo da rede.
Xa na segunda metade chegaría o 0-4 nunha xogada na que Pablo Naveira andivo hábil logo de sufrir unha falta e sacou rápidamente para Mario Novo sorprendendo e collendo a defensa local descolocada, o porteiro local intentou despexar o ataque saindo o chan pero o rexeite pegou nun central do seu equipo e tivo a mala fortuna de que o esférico acabou no fondo.
A conta marela pechouna Pablo Naveira logo de solventar con acerto unha serie de rexeites dentro da área.
Xa no tempo de engadido chegou o gol local logo de unha confusa xogada onde se lle solicitou o dianteiro local que tirase o esférico fora pois había un xogador tirado no terreo de xogo pero o dianteiro non se percatou da acción (estou seguro que non oiu) e seguiu cara a portería con todo o equipo marelo parado, a xogada rematouna a gol e a pesares de que foi increpado por xogadores do noso equipo xa que non entendían a acción do dianteiro este disculpouse así como o resto do equipo e estas disculpas foron aceptadas nun partido completamente limpo onde non houbo nin unha soa tarxeta nin apenas faltas.

ONCE INICIAL: Cuadrado, Lofre, Piru, Esteban, Iván Cabado, Anxo, Fran Miraz, Pablo Naveira, Nacho, Jacobo Penas, Mario Novo.
BANQUIÑO: Javi Sánchez, Antonio, Miguel Combo, Dami.
FORA DE CONVOCATORIA: Pichi, Chino, Maikel, Samu, Mario Varela, Diego Fragío, Souto.


XUVENIL: ATL.SOBRADO 2 - Sp.CAMBRE B 1

Primeira victoria da tempada para os valentes xogadores de Chino que a pesares de seguir en cadro e ser un equipo completamente novo gañou un encontro facendo un gran fútbol que agradou moito o respetable.
Os goles locais foron obra de Marcos Combo e o cadete debutante Miguel Folgoso.






Noraboa a ambas escadras!

venres, 28 de outubro de 2011

C.D. Larín B - Atl. Sobrado Xuventude




A escadra de Hassan disputa na tarde de mañá a 7ª xornada ligueira do curso 2011/2012. O equipo marelo desplazarase o campo de "Freán" en Uxes -Arteixo- (herba sintética) para enfrontarse o equipo local o C.D. Larín B a partires das 19.00 horas.


No Atlético Sobrado son baixas seguras Samu, Chino e Mario Varela por lesión polo que o 11 inicial da semana pasada sufrirá cambios.


O equipo rival está ubicado como colista na clasificación e aínda non sabe o que é puntuar nesta campaña.


O encontro será dirixido polo señor Jorge Fernández Iglesias.




----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


O equipo xuvenil que adestra Chino recibirá no Municipal de Sobrado o Sporting Cambre B a partires das 17.00 horas tamén na tarde de mañá. É baixa segura Isma suspendido con un partido polo Comité de Competición logo da expulsión por doble cartón marelo no encontro da xornada pasada fronte o Hércules S.D.


Dirixirá o encontro o señor Roberto Campos Candal.

luns, 24 de outubro de 2011

Atl. Sobrado 0 - Sp. Bergondo 2

" Intentouse pero non puido ser", esa sería unha frase que lle viría ó pelo para resumir "a groso modo" o partido de onte. Nunha fin de semana para olvidar onde parece que os astros se aliñaron en contra dos intereses do noso clube. O venres recibiamos a triste noticia de que Mario Varela terá que estar afastado dos terreos de xogo un longo periodo de tempo. DESDE AQUÍ TODOS OS ÁNIMOS PARA QUE TE RECUPERES O ANTES POSIBLE MARIO, AGARDAMOSTE COS BRAZOS ABERTOS. O domingo a cousa non foi a mellor e a última hora causaron baixa Pirulo e Maikel o que fixo que houbera que retocar a idea inicial do equipo. Se a esto lle sumamos unha desapacible tarde de choiva e forte vento,l a lesión de Samu logo de sufrir unha forte plancha de un diateiro visitante na primeira metade polo que Iván Cabado tivo que facer de improvisado porteiro, unido a que os nosos xogadores non tiveron o seu mellor día a pesar de que o intentaron por activa e por pasiva o resultado non pode ser outro que unha derrota.
O Sporting Bergondo nada ten que ver co equipo do ano pasado, so se parece no nome pois o plantel é completamente diferente (tan so quedan 2 xogadores do ano pasado e ambos ocuparon sitio no banquiño). O equipo blanco e vermello dispón de varios futbolista de un nivel moi alto para a categoría de 3ª autonómica comezando polo seu buque insignia Javi Calvo, un pedazo central que onte cuallou un partido sensacional, outro xogador, o número 10, moi dinámico e perigoso que se desenvolve as mil maravillas de medio campo para adiante e un porteiro veterano, corpulento e seguro que nesta categoría tan primordial é.
O primeiro gol do encontro chegaría no minuto 35 da primeira metade logo de que Samu rexeitara un forte lanzamento do equipo rival o balón quedou na área pequena e o dianteiro bergondés andivo máis rápido que a defensa marela para levar o esférico o fondo da rede. Na segunda metade o C.A.S.X. a pesar de non facer un bo encontro tivo ocasións de abondo para levarse o partido pero onte non era o día e cando non era o porteiro eran os disparos mal dirixidos o que impediron que o noso equipo puidese festexar a felicidade que da conseguir gol. Incluso o colexiado anulou un gol a Pablo Naveira por fora de xogo que supoñía o empate a 1 gol (desde a miña posición dame a impresión de que o trenciña acerta pero tampouco podo garantizalo).
Xa no desconto o Bergondo pecharía o encontro con un Atlético Sobrado volcado en ataque, logo de que Iván resbalase no límite da área grande e o esférico quedase a pes de un dianteiro bergondés que tan so tivo que empurrar o esférico a portería vacia.
Varapao pois para as nosas aspiracións na clasificación mentres pola contra o Bergondo métese de cheo pola loita nos postos de promoción. Pola sensación deixada onte no Municipal está claro que vai ser un dos equipos a ter en conta ata final de tempada. Para sábado o Atlético Sobrado visita o colista Larín B e ahí si que non se pode errar.

ONCE INICIAL: Samu, Lofre, Fragío, Javi Sánchez, Esteban, Chino, Fran, Pablo Naveira, Jacobo Penas, Dami, Nacho.
BANQUIÑO: Anxo, Iván Cabado, Mario Novo.

Fora de convocatoria: Pirulo, Maikel, Pichi, Mario Varela, Miguel Combo, Souto, Antonio.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
XUVENÍS: Hercules SD 1 - Atl. Sobrado 0

Meritorio partido do equipo que adestra Chino a pesares de que non puido traer nada positivo do Concello de Oleiros. O adestrador sobradés tan so puido dispoñer de 11 efectivos para afrontar o choque (2 de eles porteiros), aínda así o equipo marelo (o sábado vermello e azul) tivo ocasións para poder traer un empate ou incluso a victoria.

xoves, 20 de outubro de 2011

Atl. Sobrado - Sp. Bergondo

Faltan 3 días para que os pupilos de Hassan afronten a 6ª xornada ligueira do curso 2011/2012. Desta volta a Makina Amarilla xogará como local no seu horario habitual, as 17.00 horas fronte a un moi renovado Sporting Bergondo que logo das novas incorporacións chega con ansia de facer unha boa campaña.
O Atlético Sobrado chega reforzado a este encontro logo da magnífica victoria da pasada xornada no terreo do A.C.D. Poulo. O míster sobradés non quere que os seus pupilos se deixen levar pola euforia deste magnifico comezo de tempada (o C.A.S.X. ocupa o 3º posto) e busca inculcarlle os seus xogadores o equilibrio entre o bo xogo e os resultados.
O encontro será dirixido polo señor colexiado José Antonio Díaz Miras. Toda a sorte do mundo para o trenciña.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Resaltar tamén que o equipo xuvenil afronta este sábado en horario oficial do mes de outubro, as 16.30 horas, o primeiro desplazamento da tempada que terá como destino o Concello de Oleiros, concramente en O Carballo na parroquia de San Pedro de Nós. O terreo de xogo será o "Anido" e o rival o Hercules S.D.

martes, 18 de outubro de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

3ª AUTONÓMICA SENIOR

1. Pablo Naveira, Mario Varela, Chino (Foto): 2 goles


2. Alberto, Mario Novo, Fran Miraz, Maikel: 1 gol


2ª AUTONÓMICA XUVENIL


1. Alberto: 1 gol




luns, 17 de outubro de 2011

Poulo 0 - Atl. Sobrado 2

Facía 8 tempadas (concretamente desde a 2003/2004) que o Atlético Sobrado non gañaba como visitante o A.C.D. Poulo. Tivo que ser na tarde de onte e nun magnífico encontro desplegado polos homes de Hassan, que amosaron que a pesares de ter que xogar nun minúsculo terreo de xogo sí se pode agasallar ó público con un gran fútbol e toque de balón.
O equipo visitante tivo que viaxar coa condicionante da baixa de última hora de Mario Varela por motivos persoais o que fixo que non se puidese avisar outro xogador para completar a lista de 16 homes polo que tan so 15 futbolistas se vestiron de curto.

Comezou mellor posicionado o Poulo o encontro sabedor da súa condición de local e coñecedor a perfección das dimensións do terreo de xogo.

Pasados 10 minutos o C.A.S.X. principia a estirar liñas e a querer o esférico comezando a crear ocasións de perigo na meta local que contou con un acertadísimo cancerbeiro, sen lugar a dúbidas o mellor xogador do cadro vermello na tarde de onte e que entre él e os paos evitaron unha goleada de auténtico escándalo.

O primeiro gol ía chegar no minuto 29 logo de que Chino transformase un clarísimo penalti sufrido por Jacobo Penas (Foto). 1-0 foi o resultado ó que se chegou no descanso. Onde entre outras ocasións máis houbo un lanzamento o pao nunha falta lateral de Chino así coma un man a man de Pablo Naveira co porteiro que este último solventou felizmente.

Na segunda metade o C.A.S.X. desplegou aínda mellor xogo que nos primeiros 45 minutos con un equipo volcado en ataque e unha liña defensiva infranqueable con Pichi, Diego Fragío, Javi Sánchez e Pirulo exercendo de muro de contención.

Hassan dou entrada a Maikel por Mario Novo en punta de ataque chegada a hora de partido e non lle puido sair mellor a xogada ó técnico sobradés pois precisamente foi Maikel o que sentenciou o encontro no minuto 79 solventando con acerto un xenial pase o oco de Pablo Naveira, o esférico acabou entrando logo do rexeite do porteiro. O propio Maikel puido incrementar a súa conta goleadora en varias ocasións pero unhas veces o longueiro e outras o porteiro evitaron que o dianteiro de Toques se puidese ir para a casa con un bo saco de goles no seu haber. Mencionar que de novo noutro saque de falta Chino volveu a estrelarse co longueiro logo de que o cancerbeiro local rexeitase o axustado disparo do pichichi marelo das dúas últimas tempadas.

Con este 0-2 o Atlético Sobrado recupera a 3ª posición logo da derrota do Brexo Lema B.



ONCE INICIAL: Samu, Pichi, Diego Fragío, Pirulo, Javi Sánchez, Chino, Fran Miraz, Pablo Naveira, Jacobo Penas, Javi Lofre, Mario Novo.

SUPLENTES: Anxo, Maikel, Dami, Alberto.

Fora de convocatoria: Mario Varela, Esteban, Miguel Combo, Iván Cabado, Nacho, Souto, Antonio, Cuadrado.

-------------------------------------------------------------------------------------------------



CATEGORÍAS INFERIORES:



O equipo xuvenil comezou a Liga con unha previsible derrota fronte a un magnífico equipo como é o Curtis, recén descendido de 1ª Autonómica e claro favorito a recuperar a categoría.

O cadro marelo comezou gañando o encontro con un gol de Alberto, aínda que finalmente sucumbiría 1-2. Destacar que o cadro que adestra Chino fixo un magnífico encontro e a pesares de so poder presentar 13 xogadores nesta primeira xornada deron a cara en todo momento.

venres, 14 de outubro de 2011

A.C.D. Poulo - Atl. Sobrado

Apróximase a 5ª xornada ligueira que de novo traerá desprazamento para os homes adestrados por Hassan. Desta volta a Makina Amarilla visita o concello de Ordes, concretamente ó lugar de Poulo para enfrontarse o equipo local no diminuto campo de A Senra. O día será o domingo 16 e o horario de comezo serán as 16.30 horas (horario oficial). O encontro será dirixido polo Sr. Óscar Naya Fariña, a quen desde eiquí lle desexamos a mellor das sortes.

Noutra orde de cousas comentar tamén que mañá sábado vota a andar a tempada 2011/2012 para o equipo xuvenil que dirixe Pirri. O equipo marelo xogará no Municipal de Sobrado fronte a un descendido e máximo aspirante ó ascenso como é o C.C.D. Curtis. As novas incorporacións da canteira do Atlético Sobrado poderán debutar coa zamarra do escudo do león xogando baixo o cobixo da súa afección.

luns, 10 de outubro de 2011

C.D. Mesía 2 - Atl. Sobrado 0

Chegou a primeira derrota da tempada para o equipo marelo no difícil feudo do C.D. Mesía. Un equipo, o local que acumula os seus 4 partidos por victoria con idéntico marcado (2-0) e que con este resultado se sitúa líder da táboa empatado a puntos co seu veciño e rival Visantoña C.F.
O equipo de Hassan quixo e tivo esférico ó longo dos 90 minutos con unha posesión abrumadora pero os intentos de ataque foron anulados unha e outra vez por unha férrea defensa local.
O primeiro gol do Mesía chegaría no minuto 25 a saída de un córner onde un erro na marca propiciou que o capitán local rematase de cabeza a pracer na área pequena poñendo o 1-0 no marcador.
Con este resultado chegouse ó descanso. Na segunda metade no minuto 60 chegaría a xogada polémica do encontro: un defensa local rexeita un centro do Atlético Sobrado apoiandose co brazo, o colexiado non apreciou pena máxima que en caso de ser pitada ben puido cambiar o signo do encontro. A sentencia do partido chegaría xa nos minutos finais 86, con un C.A.S.X volcado en ataque en prol do empate. O dianteiro centro Héctor, nunha boa xogada persoal e logo de un par de quiebros, remataría desde a frontal da área, o balón non puido ser atallado por Samu e acabou no fondo da rede. A pesares da derrota sufrida hai que salientar a boa imaxe dada pola Makina Amarilla, intentando darlle bo trato o balón e abrindo o xogo a bandas para que os seus extremos fixesen dano. Non puido ser pero para o domingo no difícil campo do A.C.D. Poulo compre correxir este resultado e volver a ter un resultado positivo.
Destacar así tamén que algúns dos múltiples lesionados do equipo xa se deixaron ver na sesión preparatoria do venres polo que é probable que en poucas datas xa poidan formar parte das convocatorias de Hassan incrementando así o potencial do equipo.

ONCE INICIAL: Samu, Pichi, Alberto, Piru, Javi Sánchez, Chino, Mario Varela, Fran Miraz, Jacobo Penas, Dami, Pablo Naveira.
BANQUIÑO: Mario Novo, Cuadrado, Maikel, Miguel Combo, Anxo.
FORA DE CONVOCATORIA: Esteban, Diego Fragío, Iván Cabado, Souto, Nacho, Javi Lofre e Antonio.

sábado, 8 de outubro de 2011

Xornada 4: C.D. Mesía - Atl. Sobrado

Mañá domingo 9 de outubro celebrarase a 4ª xornada correspondente a Liga 2011/2012 do Grupo III da 3ª Autonómica Galega. O Atlético Sobrado xogará coma visitante no campo de As Mariposas fronte o equipo dono do terreo de xogo: o C.D. Mesía, a partires das 16.30 horas. O Mesía - Atl. Sobrado é sen lugar a dúbidas o partido da xornada xa que os locais ocupan o segundo posto na taboa mentres que o noso equipo está ubicado na 3ª praza.
O encontro será dirixido polo colexiado David Brun Pintor.

martes, 4 de outubro de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

GOLEADORES
Pablo Naveira 2 goles
Mario Varela 2 goles
Alberto 1 gol
Chino 1 gol
Mario Novo 1 gol
Fran Miraz 1 gol

luns, 3 de outubro de 2011

Atl. Sobrado 3 - Vizoño B 1

Nova e importante victoria do Atlético Sobrado que suma e segue a pesares de que onte non foi quen de desplegar o seu mellor fútbol fronte a un bo rival.
Os pupilos de Hassan souberon aproveitar os erros visitantes para acadar un importante triunfo que ubica os marelos na terceira posición da táboa clasificatoria empatados a puntos co Oza dos Ríos C.F. e a tan so dous do primeiro e segundo clasificado: Visantoña CF e CD Mesía.
O primeiro gol tería como autor a Fran Miraz logo de unha boa combinación na liña dianteira na qu Pablo Naveira tirou un excelente desmarque para levarse con él a un defensor a abrirlle o camiño do gol ó medio centro de Teixeiro que definiu con unha calidade exquisita.
Empataría o Vizoño B nun clarísimo fora de xogo que o colexiado da contenda non apreciou e que supoñía un xerro de auga fría nas aspiracións de victoria dos locais. Coas tablas chegaríase ó descanso.
Na segunda metade o C.A.S.X. desperezouse e comezou a dar pinceladas do fútbol que sabe facer, con un equipo moito máis volcado en ataque.
Sería Pablo Naveira, con un gol de pillo, de dianteiro listo o que establecería o 2-1 no marcador. O igual que fixo Lionel Messi fronte o Bate Borisov en Champions League o pasado mércores, Pablo aproveitou que o porteiro visitante votou o balón e escapóuselle das mans para rematar de cabeza e mandar o esférico o fondo da rede.
O partido puido ter unha cor distinta logo de que Samu cometese penalti a un dianteiro visitante. O lanzamento desde os 11 metros foise directamente fora.
Esta claro que en fútbol o que perdoa paga e unha vez máis cumpliuse esta máxima..., Mario Varela loitou co porteiro un esférico de cabeza fóra da área pequena, o esférico saiu rexeitado, o medio centro de Boimorto foi con fé e case sen ángulo chutou para que o balón suavemente acabase entrando na portería visitante. Era a sentencia e supoñía o 2º gol de Mario Varela en 2 encontros no Municipal de Sobrado.

A lista de convocados por Hassan foi:

TITULARES: Samu,Pichi, Alberto, Piru, Javi Sánchez, Anxo, Jacobo Penas, Chino, Fran Miraz, Mario Varela, Pablo Naveira.
SUPLENTES: Cuadrado, Mario Novo, Dami, Maikel, Miguel Combo,
FORA DE CONVOCATORIA: Esteban, Javi Lofre, Iván Cabado, Souto, Nacho, Diego Fragío e Antonio.