mércores, 21 de decembro de 2011

Bo Nadal

A Directiva, Corpo Técnico e Xogadores do Club Atlético Sobrado Xuventude quérenvos desexar Bo Nadal e próspero Aninovo. Que estas festas sexan todo o felices que desexedes e que o 2012 colme as vosas espectativas.

Agardemos que mañá a sorte se acorde de nós dándonos o Gordo de Nadal, recordade 58577 é o número!!!

BOAS FESTAS!

martes, 20 de decembro de 2011

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude


3ª AUTONÓMICA SENIOR


1. CHINO / PABLO NAVEIRA 6 goles

2. MARIO VARELA / MARIO NOVO / NACHO 2 goles

3. ALBERTO / FRAN MIRAZ / MAIKEL / IVÁN CABADO 1 gol


2ª AUTONÓMICA XUVENIL


1. ALEJANDRO / MARCOS COMBO 4 goles

2. SERGIO / MIGUEL FOLGOSO 3 goles

3. DAVID VIDAL 2 goles

4. ALBERTO 1 gol





luns, 19 de decembro de 2011

Atl. Sobrado 3 - Toques CF 2

Importante victoria do conxunto marelo nun derbi que dominou plácidamente no marcador ata os últimos minutos de partido onde por non saber finiquitar o encontro o Toques a piques estivo de non irse de valeiro do encontro.
A Makina Amarilla amosou 2 caras na tarde de onte: na primeira parte tivo o punto de mira moi acertado e as 3 primeiras chegadas a portería remataron en gol. Chino en dúas ocasións e Pablo Naveira serían os executores dos goles. O equipo de Hassan púidose ir o descanso con máis vantaxe pero perdoou 2 claras ocasións de gol polo que o resultado o descanso dictaba un claro 3-0 para o noso conxunto.
Na segunda metade o equipo, quizais confiado pola vantaxe amosouse apático e tan so en algunha xogada puntual dou sensación de poder marcar máis goles (duas xogadas con pase da morte que pasou por diante da portería visitante sen encontrar rematador e un man a man de Chino fronte a Cabado que o dianteiro perdoou o tirar unha vaselina que puido supoñer o seu hat-trick particular para o máximo goleador marelo da tempada pasada.
O Toques marcou o 3-1 no minuto 68 e isto fixo que os visitantes apretasen máis en campo contrario, faltando 8 minutos para o final do encontro chegaría o 3-2 nun partido que a priori do visto na primeira parte parecía plácido. Pero os derbis xa se sabe como son e o Toques nun par de chegadas a desesperada perdoou o empate primeiro con unha boa intervención de Cuadrado e despois con un lanzamento que se foi desviado por pouco.
3 importantes puntos pois para o cadro de Hassan que suma 18 e que agora afronta o parón de Nadal con unha mentalidade moito máis positiva e sabedor que cando este equipo xoga enchufado é moi difícil de doblegar aínda que se cada un de nós non dan o 100% somos un equipo vulnerable en todas as liñas.

ONCE INICIAL: Cuadrado, Pichi, Alberto, Piru, Javi Sánchez, Esteban, Lofre, Fran Miraz, Nacho, Pablo Naveira, Chino.
BANQUIÑO: Anxo, Maikel, Diego Fragío.
BAIXAS: Mario Varela, Jacobo Penas, Iván Cabado, Miguel Combo, Samu, Souto, Mario Novo, Dami, Antonio.

XUVENÍS: Atl.Sobrado 2 - Portazgo SD 2


A escadra de Chino deixou escapar dous puntos do Municipal logo de chegar a ir gañando 2-0 goles de Miguel Folgoso e Sergio. Aínda así compre felicitar o conxunto pois tan so dispuxeron de 11 xogadores para afrontar o encontro fronte a un difícil rival.

venres, 16 de decembro de 2011

O DERBI: Atl. Sobrado vs Toques C.F.



Domingo a partires das 17.00 horas no Municipal de Sobrado disputase o apaixoante derbi entre o Atl.Sobrado e o Toques C.F. Nos marelos son baixas seguras Iván Cabado sancionado así como Mario Varela e Jacobo Penas lesionados. Dirixirá este apaixoante encontro o señor Óscar Naya Fariña.

Mañá os xuvenís disputarán o derradeiro partido do ano fronte ó Portazgo S.D. a partires das 17.00 horas tamén no Municipal de Sobrado. O colexiado do encontro será Jacobo Gesto Lago.

xoves, 15 de decembro de 2011

58577 últimos días para mercar O Gordo de Nadal

O Club Atlético Sobrado Xuventude recorda que tod@s aquel@s que ainda non mercaran o décimo ou a participación do número da Lotería de Nadal que resultará premiado co premio Gordo, o 58577 que non se despisten pois o domingo 18 será retirada toda a lotería sobrante.

Non vos quededes sen él porque o xoves imos celebrar o Gordo máis grande da historia.

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

3ª AUT. SENIOR

1. Pablo Naveira 5 goles


2. Chino 4 goles


3. Mario Varela, Mario Novo, Nacho 2 goles


4. Alberto, Fran Miraz, Maikel, Iván Cabado 1 gol


2ª AUT. XUVENIL


1. Alejandro, Marcos Combo 4 goles


2. Sergio, David Vidal, Miguel Folgoso 2 goles


3. Alberto 1 gol





SD Pontecarreira 2 - Atl.Sobrado 2

O Atlético Sobrado deixouse 2 puntos na súa visita na tarde do sábado a Pontecarreira (Frades). O equipo de Hassan adiantouse no marcador por mediación de Pablo Naveira, antes do descanso empataría o equipo local. O conxunto marelo cansouse de errar claras ocasións de gol e unha vez máis o que perdona o final paga. Adiantaríase de novo o C.A.S.X. no minuto 84 por medio de Chino pero xa no desconto os locais empataría de maneira inxusta o encontro.


2ª Aut. Grupo II Xuvenil


Atl. Perillo 7 - Atl. Sobrado 2


Abultada goleada a sufrida polo equipo xuvenil nun partido sen historia. Miguel Folgoso marcaría un gol e o outro sería en propia porta.


Resultados atrasados da fin de semana do 3 e 4 de decembro



3ª Aut. Grupo III Senior


Atl.Sobrado 0 - Curtis 0


Bo encontro dos homes de Hassan fronte a un dos máximos favoritos para acadar o ascenso de categoría. O equipo marelo fixo un encontro moi serio pero non andivo atinado de cara a portería perdoando 3 claros man a man co porteiro visitante. Xa no desconto o Curtis encontrouse con un tiro o pao na xogada máis perigosa dos visitantes en todo o partido.


2ª Aut. Grupo II Xuvenil


Atl.Sobrado 1 - San Tirso 3


Comezou con bo pe o encontro o equipo de Chino logo de que os dous minutos de encontro Marcos Combo adiantase os locais. Na segunda metade o equipo marelo veuse abaixo. A xogada polémica do encontro chegou con 1-2 no marcador cando David Vidal se adentrou na área e cando se dispoñía a chutar a porta en clara vantaxe é derribado claramente por un xogador rival mais o colexiado non apreciou pena máxima.


venres, 2 de decembro de 2011

Atl.Sobrado Xuventude - C.C.D. Curtis

Rival de entidade o que nos visita esta fin de semana no Municipal de Sobrado. Sen lugar a dúbidas o CCD Curtis é un dos máis claros candidatos a conseguir o ascenso de categoría polo gran e amplo plantel que posee.
O partido será coma sempre as 17.00 horas do domingo e será dirixido polo señor Juan M. Rojo Prieto. No Atlético Sobrado serán baixas seguras Mario Varela e Souto por lesión así como Iván Cabado sancionado con 4 partidos polo Subcomité de Competición.

No tocante o equipo xuvenil destacar que tamén actuarán como locais na tarde de mañá sábado a partires das 17.00 horas fronte o San Tirso S.D., que está ubicado na antepenultima posición. O colexiado do encontro será o señor Bernardo Domínguez Manteiga.No equipo de Chino é baixa por sanción Alberto logo de ser expulsado o pasado sábado en Carballo por doble cartón marelo.