xoves, 30 de xuño de 2011

O Atlético Sobrado organiza "Xornadas de Sendeirismo en Sobrado"




O Atlético Sobrado Xuventude en colaboración co Concello de Sobrado organiza unhas "Xornadas con Rutas de Sendeirismo" para coñecer mellor Sobrado e o seu territorio. A primeira cita terá lugar este sábado 2 de xullo na Praza do Concello a partires das 10.30 horas. A ruta ten unha distancia de 11,7 kilómetros e unha duración aproximada de 2 horas. Recoméndase levar calzado cómodo e roupa lixeira. A actividade é totalmente gratuita e pode participar todo aquel que o desexe poñéndose en contacto con algún membro da Directiva ou ben chamando o teléfono do Concello de Sobrado 981 787 508


Hassan novo adestrador do 1º equipo



José Antonio Vázquez "Hassan" toma as rendas do plantel do primeiro equipo como adestrador. Hassan (Barakaldo 1977) foi xogador xuvenil do Sestao River e do Atlético Sobrado Xuventude así seleccionador de fútbol sala da Comarca Lambre-Mandeo. Ata a tempada pasada adestrou o equipo feminino do noso clube.

Víctor Cabanas "Lato" (Sobrado 1978) ocupará o posto de 2º adestrador.

martes, 28 de xuño de 2011

Cafetería Ramiro e Panadería Vázquez novos patrocinadores

A xerencia de CAFETERÍA RAMIRO e PANADERÍA VÁZQUEZ chegaron a un acordo coa Xunta Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude para ser os patrocinadores da equipación do 1º equipo na vindeira tempada. Na vestimenta tamén aparecerá o patrocinio do Concello de Sobrado dos Monxes.

Desde o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE queremos darlle as GRAZAS os patrocinadores por apostar forte polo noso clube e apoiar o fomento do deporte e a formación dos nosos xogadores.


Joma vestirá o 1º equipo a vindeira tempada

O 1º equipo do Atlético Sobrado Xuventude vestirá a firma deportiva Joma na tempada 2011/2012. Joma Sport ven de firmar un contrato por 5 tempadas co Valencia C.F., ademáis de vestir a equipos la Liga BBVA como o Sevilla C.F. ou o Getafe C.F.
A novidade máis importante na nova equipación sera que a Makina Amarilla vestirá completamente de marelo (camiseta, pantalón e medias), dándolle un novo aire a imaxe do equipo.


venres, 24 de xuño de 2011

Planificación da tempada 2011/12


O Club Atlético Sobrado Xuventude comezou a planificar tódolos equipos das disciplinas nas que participa de cara a vindeira tempada 2011/12.

Nos vindeiros días iremos adiantando ás novas fichaxes e novidades dos planteis que conforman a estrutura do Clube.

xoves, 23 de xuño de 2011

Grazas Fer

O Club Atlético Sobrado Xuventude quere darlle as grazas a Fernando Torreiro "Fer" polo seu gran traballo e esforzo realizado ó longo das 3 tempadas que estivo á fronte do primeiro equipo e deséxalle a maior das sortes tanto a nivel deportivo coma persoal.

En futuros días iremos avanzado ó nome das novas fichaxes para o proxecto da tempada 2011/2012

FORZA C.A.S.X.