Espectacular o equipazo que está a facer o CCD Curtis para a tempada 2011/2012 con un equipo moi reforzado e repleto de xogadores que xa participaron en categorías superiores. Comezando polo seu adestrador que este ano será Sergio Espiñeira, que proven do Betanzos B e foi o adestrador que conseguiu lograr o último ascenso a 2ª Autonómica co Oza dos Ríos C.F. Ademáis trouxo xogadores da súa man como Moisés, Gallego, Pablito ou Casti (xogadores que pertenceron ata o ano pasado a San Tirso, Betanzos B ou Visantoña CF. Para incrementar o potencial de este plantel engadeuse un porteiro de garantía: Ángel que proven do C.S.D. Arzúa, todo elo sumado os Jairo, Figurín, Óscar ou Rivaldo... un equipo que é serio candidato xunto co Visantoña C.F. que tamén se reforzou moito e ben para gañar a liga e acadar o ascenso a segunda autonómica.
O Atl. Sobrado sufriu o domingo a calidade do CCD Curtis nas súas carnes caendo por un contundente 5-1. Compre decir que o equipo marelo volveu a ter moitas e importantes baixas como Esteban, Chino, Souto, Nacho, Javi Sánchez, Javi Lofre, Diego Fragío ou Jacobo Penas e que os primeiros 25 minutos da Mákina Amarilla foron sensacionais con unha abafante presión en ataque, incomodando ó Curtis e non deixandolle quitar o balón o seu entollo. Incluso o Atlético Sobrado se puxo por diante no marcador logo de que Alejandro Márquez estivera atento nun rexeite do gardamallas local para poñer o primeiro gol da tarde no Campo Novo de Curtis. Os locais reaccionaron e aproveitaron 2 erros defensivos para irse con vantaxe mínima no marcador o descanso.
Na segunda metade o Atlético Sobrado perdeu intensidade competitiva e unido a erros infantís na liña de meta fixo que o resultado final fose unha goleada 5-1.
De novo se volven a sacar moitos aspectos positivos de esta abultada derrota fronte un rival que tranquilamente pode competir en Segunda Autonómica. Quedan 3 semanas para o comezo da competición e hai marxe de mellora, ademáis co plantel o completo seguramente os marelos terán moitas cousas que decir na vindeira tempada.


