martes, 31 de xaneiro de 2012

Xuvenís gañan, seniors perden

Vizoño B 2 - Atl. Sobrado 1 (Fran Miraz)



Segue a pagar moi caro o Atlético Sobradoa súa falta de puntería de cara a portería rival. Un domingo máis a escea repetiuse, o equipo de Hassan non se cansou de atacar e de crear claras oportunidades de gol máis o coiro segue a non querernos e négase rotundamente a entrar na rede rival.
O pasado domingo (como non podía ser de outra maneira) unha vez máis o Atlético Sobrado volveu a darse cos paos, desta volta foi un tiro de Dami (gustaríame ver unha estadística dos tiros o pao no que vai de tempada en todos os equipos, estou completamente seguro de que imos primeiros nesta clasificación).
Comezaría adiantándose o Vizoño B, e antes do descanso empataría Fran Miraz. Xa co tempo engadido o equipo local recuperaría un balón en medio campo, o xogador encarou a Samu, e o seu tiro foi o pao pero o revés que os nosos lanzamentos, os dos rivais tras dar no pao vanse para adentro e así foi como chegou o 2-1 e unha nova derrota marela.





Xuvenís: Sp. Cambre B 1- Atl. Sobrado 2 (Marcos Combo 2)



O equipo de Chino segue a cuallar unha excelente tempada a pesares das moitas caras novas que presenta o equipo este ano e de estar escaso de efectivos. Na tarde do sábado trouxo 3 valiosos puntos da súa visita ó Dani Mallo. A estrela do partido foi Marcos Combo que co seu doblete fixo que os puntos viñesen para Sobrado

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Encontros do 28 e 29 de xaneiro

A xornada para as categorías de fútbol do Club Atlético Sobrado Xuventude comeza, como é habitual, na tarde do sábado para a categoría xuvenil que se desplazarán ata o Dani Mallo de Cambre para enfrontarse a partires das 18.30h o Sporting Cambre B. O encontro será dirixido polo sr. Roberto Campos Candal.

Polo que respecta o equipo senior tamén viaxará, será o domingo cando os homes de Hassan visiten O Pinar a partires das 17.00h para enfrontarse o Vizoño B. O director da contenda será o sr. Daniel González Seoane.

martes, 24 de xaneiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude




CATEGORÍA SENIOR:



1. CHINO / PABLO NAVEIRA 6



2. MARIO VARELA / MARIO NOVO / NACHO / MAIKEL 2



3. ALBERTO / FRAN MIRAZ / IVÁN CABADO / ESTEBAN / JACOBO PENAS 1



CATEGORÍA XUVENIL:


1. SERGIO / ALEJANDRO 6



2. MARCOS COMBO 5



3. MIGUEL FOLGOSO / DAVID VIDAL 3



4. ALBERTO 2

luns, 23 de xaneiro de 2012

Máis do mesmo

Unha semana máis e xa van... toca volver a caer nos tópicos a hora de resumir o partido: "mala sorte", as lesións estannos a lastrar máis que ningún ano desde que nos federamos, negados cos tiros os paos, erro que temos é gol, para marcar unha temos que facer 15 claras...
Parece a trama de unha película de terror pero é o que hai e entre todos, daremoslle a volta a todo isto. Non se pode ter tan mala sorte (e non falo só por onte) senón o que ven acontecendo nos ultimos 2 meses de competición. Onte con 0-0 Chino estrelou un tiro de falta na cruceta e outro o pao co porteiro totalmente batido. O propio Chino nunha magnífica xogada persoal logo de irse de 3 rivais encarou o porteiro visitante, o tiro tocao un pouco o porteiro pero sobrepasao polo medio das pernas e cando o esférico xa ía entrar apareceu un central na liña de gol para evitalo.
Non houbo noticias do Brexo Lema B na área sobradesa ata o minuto 21, a primeira vez que chegaron nunha contra, nunha mala decisión da defensa foi gol.
O 0-2 chegaría da maneira que máis doe, sen merecelo, nunha falta moi lonxana, o lanzamento aparentemente fácil para Cuadrado dóblalle a man e o esférico remata no fondo da rede.
Antes do descanso Pablo Naveira tivo un claro man a man co porteiro visitante pero o seu disparo foi "ó boneco".
Na segunda metade o Atl. Sobrado saiu na procura de reducir o inxusto marcador pero seguiuse batendo de fronte coa mala sorte que acompaña ó equipo nesta tempada (por xogo e ocasións non é). Miguel Combo tivo unha ocasión clarísima pero o esférico saiu bicando o pao e Diego Fragío tivo unha boa oportunidade nun lanzamento raso que lle saiu bastante centrado e atallou o gardaredes.
A ocasión máis clara do Brexo Lema B sería un lanzamento o longueiro da portería que na segunda metade defendeu Samu.
Por último destacar tamén como nota negativa a lesión de Maikel que fixo que o Atl. Sobrado tivera que xogar os últimos minutos con 10 homes. Agardaremos para saber o resultado das probas que lle farán no Hospital Santa Teresa de A Coruña.
Para a semana o conxunto marelo visita ó filial do Vizoño SD na tarde do domingo a partires das 17.00 horas.

ONCE INICIAL: Cuadrado, Mario Novo, Pirulo, Javi Sánchez, Anxo, Iago, Nacho, Fran Miraz, Pablo Naveira, Chino, Maikel.
SUPLENTES: Miguel Combo, Samu, Diego Fragío.
LESIONADOS: Esteban, Mario Varela, Jacobo Penas, Alberto.
OUTROS MOTIVOS: Iván Cabado, Pichi, Dami, Antonio, Lofre.

XUVENÍS: Atl. Sobrado 4 - S.D. Hércules 1

Excelente partido dos homes de Chino nunha segunda metade colosal onde o Sobrado afrontou o encontro con tan só 11 xogadores e que comezou perdendo. Na segunda metade o adestrador sobradés xogouse o todo polo todo poñendo defensa de 3 e non so conseguiu remontar o encontro senón que goleou o seu rival.
Os goleadores foron: Alejandro (2), Sergio e Marcos Combo.

xoves, 19 de xaneiro de 2012

Os encontros da fin de semana

Está xa a volta da esquina os enfrontamentos das nosas categorías de fútbol para a vindeira fin de semana.
A xornada comezará o sábado a partires das 17.00 horas onde o equipo xuvenil enfrontarase o Hercules S.D. O encontro será dirixido polo señor Raúl Benito Martínez.
Queda para o domingo o partido do equipo senior fronte a un forte Brexo Lema B tamén a partires das 17.00 horas. Dirixirá o encontro o señor José Antonio Diaz Miras.

Ambos encontros disputaranse no Campo Municipal de Sobrado.

martes, 17 de xaneiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude






CATEGORÍA SENIOR:



1. CHINO / PABLO NAVEIRA 6



2. MARIO VARELA / MARIO NOVO / NACHO / MAIKEL 2



3. ALBERTO / FRAN MIRAZ / IVÁN CABADO / ESTEBAN / JACOBO PENAS 1



CATEGORÍA XUVENIL:


1. SERGIO 5



2. ALEJANDRO / MARCOS COMBO 4



3. MIGUEL FOLGOSO / DAVID VIDAL 3



4. ALBERTO 2

luns, 16 de xaneiro de 2012

Encrobas 3 - Atl. Sobrado 2

Non está a ter fortuna o conxunto marelo neste inicio de 2012. Nas xogadas puntuais onde se están a decidir os encontros parece como se ó equipo de Hassan o mirase un torto. O sábado perdeu 3-2 fronte ó Encrobas un partido no que os goles locais foron do seguinte xeito: 2 goles desde medio campo e o 3-2 definitivo gol en propio porta de Pirulo preto do final do encontro. Fronte tales infortunios non hai máis explicación que buscarlle solo pensar que a sorte cedo ou tarde trocará pois logo de analizar como se produxeron as dúas últimas derrotas máis parece un mal soño que a verdadeira realidade. Os goles marelos foron marcados por Jacobo Penas e Maikel.

XUVENÍS: Curtis 5 - Atl. Sobrado 0

O Curtis, un dos favoritos para acadar o ascenso tirou de potencial e impúxose sen problemas ó cadro marelo que visitaba o Campo Novo do citado pobo.

xoves, 12 de xaneiro de 2012

A xornada desenrólase o sábado

Os equipos senior e xuvenil da sección de fútbol disputarán os seus partidos na tarde do sábado. O equipo que adestra Hassan desplázase ó campo de As Tinajas en As Encrobas Cerceda para enfrontarse o equipo local a partires das 16.00 horas. A esa misma hora o equipo xuvenil adestrado por Chino disputará o seu encontro como visitante no Campo Novo fronte o C.C.D. Curtis.

Estes partidos supoñen o primeiro da segunda volta para ámbalas categorías.

luns, 9 de xaneiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude




CATEGORÍA SENIOR:




1. CHINO / PABLO NAVEIRA 6


2. MARIO VARELA / MARIO NOVO / NACHO 2


3. ALBERTO / FRAN MIRAZ / MAIKEL / IVÁN CABADO / ESTEBAN 1




CATEGORÍA XUVENIL:




1. SERGIO 5


2. ALEJANDRO / MARCOS COMBO 4


3. MIGUEL FOLGOSO / DAVID VIDAL 3


4. ALBERTO 2


Información relativa á Lotería de Reis

O Club Atlético Sobrado Xuventude ten o gusto de informar que o número que xogou este clube na Lotería de Reis 2012, o 38117 obtivo un premio de 20€ ó décimo polo tanto tod@s aquel@s que mercaron a nosa lotería xa poden cobralo nos despachos de lotería correspondentes.

Grazas pola colaboración co Club Atlético Sobrado Xuventude


A.D. Vilamaior 2 - Atl. Sobrado 1

Desolación na expedición do C.A.S.X. que viaxou na tarde de onte a Vilamaior (Ordes) logo do inesperado tropezo nun partido que o conxunto marelo xamáis debeu perder nin empatar pero as miserias do fútbol van por barrios e onte ó cadro que adestra Hassan tocoulle pagar "o pato" por falta de acerto no remate.

Unha mala segunda metade anulou a boa imaxe dada polos marelos nos primeiros 45 minutos onde levarón moito perigo e tiveron ocasións de abondo para sentenciar pero unha vez máis e xa van unhas cantas esta tempada volveuse a cumplir a máxima de que o que perdoa paga. Sobre o terreo de xogo houbo dous equipos, un o Atlético Sobrado que quería o balón e levaba perigo por bandas e co xogo interior de Chino e Naveira e outro o Vilamaior que nin quería ver nin por asomo o esférico preto da súa área polo que se adicaba a despexar balóns unha e outra vez xogando continuamente directo e intentando parar o xogo marelo con continuas faltas. O número 6 local ben puido ser expulsado xa na primeira metade pois del foron 6 faltas (unha delas unha agresión sen balón a Chino na que soltou o codo a paseo pero o colexiado que estivo bastante atinado non viu a acción que lle costaría irse as duchas antes do descanso).



Adiantaríase o Atlético Sobrado con un zapatazo de Esteban de falta desde uns 25 metros que limpou as telarañas da escadra rival. Fran Miraz tivo o 0-2 nunha gran acción persoal na que se plantou man a man co porteiro local pero o seu lanzamento saiu rozando o pao dereito da meta do Vilamaior. Diego Fragío estrelou o esférico no longueiro logo de un centro pechado e Pablo Naveira tería un claro man a man co porteiro antes do descanso pero o disparo saiulle floxo e o gardaredes local acabou interceptando. Con 0-1 chegaríase ó descanso.



A segunda metade comezou con malas novas para os nosos interés pois os dous minutos de partido Chino sufriu un pinchazo nun intento de lanzamento a porta e tivo que ser sustituido. Aínda non se sabe o período de baixa do pichichi das dúas últimas tempadas.



Cuadrado tivo un par de magníficas intervencións logo do intermedio salvando ó Atlético Sobrado de dous goles cantados, unha delas na liña de gol chegando inextremis a tapar o lanzamento local e noutra nunha magnífica palomita o saque de unha falta do Vilamaior.


Maikel tamén tería o 0-2 nas súas botas nunha rápida contra onde o porteiro quedou fora da portería o seu lanzamento á portería foi despexado sen querer por un defensa que estaba de espaldas a xogada, desafortunadamente o esférico pegoulle na cabeza.



Empataría o Vilamaior no minuto 65 logo de que Miguel, o hábil dianteiro local ex do Abellá se fora de Pirulo o cal o deslumbrou o intenso sol que na segunda metade o C.A.S.X. tiña de frente e encarou a Cuadrado. Miguel solventou o man a man con calidade e estableceu as táboas no marcador.



No minuto 80 chegaría a xogada desgraciada do encontro: un lonxano lanzamento elevado cara a meta de Cuadrado íase fóra pegado o pao, Cuadrado para asegurarse de que o tiro non entraba intentou despexar e o seu rexeite pegou no pao quedando o esférico na liña de gol, alí apareceu un dianteiro local para que libre de marca empurrase o esférico ó fondo da rede.



Os minutos restantes o equipo marelo volcouse en prol do empate pero o único destacado tamén foi negativo pois Mario Novo tivo que ser sustituido logo de sufrir fortes dores por calambres.



Rematou o partido con 2-1 nunha destas tardes que marchas con un amargo sabor de boca para a casa sabedor de que puxeche o fútbol, as ocasións pero non pechache o encontro e finalmente iso pasa factura en forma de tres puntos que nos houberan vido moi ben para meterse na pomada da loita polos postos que dan acceso a promoción de ascenso.






Agora toca recuperar o terreo perdido desde o primeiro partido da segunda volta, o primeiro envite este sábado as 16.00 horas no campo de As Tinajas en As Encrobas (Cerceda)






ONCE INICIAL: Cuadrado, Pichi, Fragío, Piru, Mario Novo, Esteban, Lofre, Fran Miraz, Dami, Naveira, Chino.



BANQUIÑO: Iago, Samu (PS), Maikel, Javi Sánchez, Anxo.






FORA DE CONVOCATORIA: Mario Novo, Jacobo Penas, Nacho, Iván Cabado, Alberto, Miguel Combo, Antonio.




XUVENÍS: Once Caballeros 3 - Atl. Sobrado 4




Magnífica victoria a domicilio a conseguida polos homes de Chino no campo de Lendoiro. O conxunto marelo dou unha clase de como se executan os libres directos conseguindo 2 no partido. Un deles foi obra de Alberto e o outro obra de David Vidal. Sergio anotou os outros dous goles que supuxeron a victoria do C.A.S.X.



martes, 3 de xaneiro de 2012

A.D. Vilamaior - Atl. Sobrado




Logo de 2 semanas de parón pola festividade do Nadal volve a competición ó grupo III de 3ª Autonómica. O domingo o noso equipo renderalle visita ó A.D. Vilamaior no que é o último partido ligueira da primeira volta. É baixa segura Mario Varela lesionado e Iván Cabado sancionado. Ademáis é seria dúbida Jacobo Penas que aínda non está recuperado da doenza que padece e a súa participación no encontro preséntase complicada. O partido comezará ás 16.00 horas.




Pola súa banda o equipo xuvenil visitará na tarde do sábado o feudo do Once Caballeros C.F. buscando reducir os 8 puntos de diferencia que separan os dous equipos na táboa clasificatoria.