mércores, 29 de febreiro de 2012

COMUNICADO

O Atlético Sobrado Xuventude púxose en contacto na tarde de hoxe coa redacción de Deportes do xornal La Voz de Galicia para puntualizar sobre a nova que aparece hoxe no citado xornal referente os incidentes do pasado sábado no partido do grupo II de 2ª Autonómica Atl. Sobrado - Bergantiños B.

O noso clube quixo facer especial fincapé na conversa mantida coa redacción do xornal que nin Alejandro nin Alberto Márquez agrediron o colexiado do encontro o Sr. Jesús Miguel Gómez Senín e que polo tanto a súa baixa no clube non se debe a este motivo senón a non respetar valores do clube (o enunciado da noticia ó noso entender da lugar a confusión).

Desde a redacción de La Voz de Galicia compromentéronse a subsanar o erro poñendo mañá unha nota de prensa no citado xornal.

Sobrado a 29 de febreiro de 2012

martes, 28 de febreiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude



CATEGORÍA SENIOR


1. Pablo Naveira 9

2. Chino 7

3. Dami 6

4. Nacho, Fran Miraz 3

5. Mario Varela, Mario Novo, Maikel, Diego Fragío 2

6. Alberto, Iván Cabado, Esteban, Jacobo Penas, Sergio 1


CATEGORÍA XUVENIL


1. Marcos Combo, Sergio, Alejandro 7

2. David Vidal, Alberto 5

3. Miguel Folgoso 4

4. Caskete, Moli, Lucas 1


luns, 27 de febreiro de 2012

Non á Violencia







Reunida con caracter de urxencia a directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude na tarde de onte con motivo dos gravísimos e desafortunados incidentes acaecidos na tarde do sábado 25 de febreiro no Municipal de Sobrado no encontro de categoría xuvenil que disputaba o noso clube fronto o Bergantiños B CF, decidiron o seguinte:










Dar a baixa federativa na mañá de hoxe os seus xogadores Samuel Márquez, Alberto Márquez e Alejandro Márquez por non respetar os valores e o motivo de ser de este clube polo que foi fundado no ano 1997, é dicir, formar persoas, ser compañeiros, respetar a rivais e colexiados e ser abandeirados no xogo limpo.










A directiva de este clube desexa pedir con moito sentimento de culpabilidade as máis expresas disculpas o colexiado que dirixía o encontro de categoría xuvenil Atl. Sobrado - Bergantiños B, Don Jesús Miguel Gómez Senín e que foi agredido no transcurso do minuto 60. Así tamén queremos disculparnos co clube rival o Bergantiños B C.F. por tan bochornosa imaxe amosada na tarde do sábado que para nada atinxe os valores que sustentan este clube.










Todo o noso cariño e admiración para o agredido. Estamos intentando poñernos en contacto co colexiado do encontro para que o noso presidente D. Juan González lle pida disculpas en nome da familia do Atlético Sobrado.










Desexamos que este triste episodio xamáis se volva a repetir e que o noso clube sexa noticia nos xornais por grandes méritos deportivos e non por agresións nin ameazas.










Consideramos esta acción como un acto illado e desde a directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude rexeitamos calqueira tipo de violencia tanto física coma verbal.










NON A VIOLENCIA!!!










Sobrado, a 27 de febreiro de 2012

Goleada para coller confianza

Atl. Sobrado 8 - Larín B 0, o resultado deixa ben as claras o que foi o partido. Un encontro no que debutou Andrés Miraz na portería do Atlético Sobrado e que serviu tamén para que debutase en partido oficial co primeiro equipo o xuvenil Sergio que demostrou que non lle tembla o pulso a hora de levar a manixa do equipo e que para completar a súa brilante actuación marcou un golazo desde fora da área.
O partido tivo pouca historia con un Atlético Sobrado facendo un gran fútbol a pesares do lamentable estado do terreo de xogo e no que na primeira parte xa se dou por finiquitado chegando o intermedio con 5-0 no marcador. Hat Trick de Dami que leva 6 goles nos 3 últimos partidos, Nacho con unha gran volea ademáis de un gol de cabeza de Fran Miraz en xogada ensaiada.
Na segunda metade Hassan darialle o turno os xuvenís Sergio, Caskete e Isma ademáis de Antonio e Maikel. Sería Diego Fragío quen faría o sexto gol da tarde, e Pablo Naveira con tiro desde fora da área o séptimo o derradeiro gol da tarde foi obra de Sergio como antes comentamos con un excelente lanzamento elevado desde fora da área.

Por suposto non podía faltar a nosa cita cos paos e desta volta foi o longueiro o que unha vez máis volveu a repeler un lanzamento marelo. O de esta tempada é digno de estudio...

A noticia máis triste foron as lesións no mesmo minuto de dous xogadores do Larín B que unha vez esgotados os cambios non puideron seguir no terreo de xogo. Faltando 9 minutos o colexiado e o adestrador local acordaron finiquitar un encontro que xa non tiña máis historia nin sentido continuar.

Para a semana o equipo de Hassan visita ó líder da competición Visantoña CF, é máis que probable que Javi Lofre poida volver os terreos de xogo, un gran alivio para a ampla lista de xogadores que están na enfermería.

ONCE INICIAL: Andrés Miraz; Mario Novo, Iván Cabado, Piru; Fran Miraz, Diego Fragío, Pablo Naveira, Chino, Jacobo Penas, Nacho; Dami.
BANQUIÑO: Isma, Antonio, Maikel, Caskete, Sergio.

xoves, 23 de febreiro de 2012

Volve ó fútbol ó Municipal

Unha nova doble cita para esta fin de semana no Municipal de Sobrado onde os dous equipos das categorías de fútbol do Atlético Sobrado Xuventude afrontarán os seus partidos coma locatarios.
Comezará na tarde de sábado o equipo xuvenil enfrontándose o intratable líder da categoría, o Bergantiños B de Carballo. O partido coma de costume, comezará as 17.00 horas.
Para a tarde do domingo queda o Atlético Sobrado - Larín B, penúltimo contra último clasificado aínda que ben é certo que de gañar o equipo marelo podería ascender ata 5 postos na clasificación nun partido onde podería debutar a nova fichaxe do cadro que adestra Hassan, o cancerbeiro Andrés Miraz. O igual que o partido anteriormente citado a hora de inicio do choque será as 17.00 horas.

mércores, 22 de febreiro de 2012

Benvido a túa casa Andrés

Logo de 3 semanas adestrando co Club Atlético Sobrado Xuventude Andrés Miraz podería debutar este domingo no partido fronte ó Larín B. Logo de dúas tempadas no Boimorto CF, Andrés volve a casa onde se criou na súa etapa xuvenil para compartir posición con Cuadrado e Samu.
A directiva do Atlético Sobrado Xuventude quere agradecer as facilidades que deron os dirixentes do antigo clube de Andrés o Boimorto CF para que o cancerbeiro de Teixeiro puidese recalar nas nosas filas.

Que teñas moita sorte nesta nova andaina.

luns, 20 de febreiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude




SENIORS


1. Pablo Naveira 8

2. Chino 7

3. Dami 3

4. Mario Varela, Mario Novo, Nacho, Maikel, Fran Miraz 2

5. Alberto, Iván Cabado, Esteban, Jacobo Penas, Diego Fragio 1


XUVENÍS


1. Marcos Combo, Sergio, Alejandro 7

2. David Vidal, Alberto 5

3. Miguel Folgoso 4

4. Caskete, Moli, Lucas 1

8 valentes

Queremos destacar a gallardía dos 8 valentes do equipo senior que a pesares de todos os inconvintes se desplazaron o sábado a Bergondo para cumplir o trámite de xogar un partido no que o máis doado houbese sido non acudir e pagar a multa polo que desde aquí e en nome de toda a directiva quero darlles as máis expresivas grazas. A can flaco todo son pulgas, e se xa temos o plantel collido con calzador por culpa das malditas lesións (Mario Varela, Esteban, Pirulo, Anxo...), esta semana sumouse a desgraza de Javi Lofre que sufriu un accidente laboral, de Iago con un familiar no hospital e de Diego Fragío que padece fortes dores na espalda, ademáis Mario Novo, Fran Miraz, Jacobo Penas e Antonio non podían asistir por motivos persoais e Iván Cabado por motivos laborais. Polo tanto o panorama que se presentaba para afrontar o choque eran 8 xogadores (sen porteiro) polo que Chino tivo que facer as veces de gardamallas. O resultado é o de menos 7-3 para os locais. Os goles do Atlético Sobrado anotounos Dami por partida doble (por fin lle empezan a entrar) e Pablo Naveira.
A boa nova é a volta á casa de unha das xoias da canteira do Atlético Sobrado, o cancerbeiro Andrés Miraz que procede do Boimorto C.F. de 2ª Autonómica que xa estará a disposición de Hassan para o vindeiro partido. Para o vindeiro partido parece que comezamos a recuperar xogadores e estou seguro que o partido do sábado foi un punto de inflexión e que as cousas volverán o seu cauce. Moito ánimo e a partires de xa imos remar con máis forza que nunca.

Xuvenís: S.E. Abellá 1 - Atl. Sobrado 2


Unha nova victoria do equipo xuvenil que está a facer unha campaña de auténtico escándalo con tan so 14 xogadores en plantel. O equipo estivo adestrado o sábado por Esteban. Os dous goles da victoria marela foron obra de Alberto.

venres, 17 de febreiro de 2012

Sábado a xornada ó completo

Domingo libre para as dúas categorías de fútbol do Atlético Sobrado pois disputarán os seus encontros na tarde do sábado.
O equipo senior viaxa a Cortiñán para enfrontarse as 16.00 horas fronte ó Sporting Bergondo, dirixirá o encontro un clásico da 3ª rexional o señor Domingo Álvarez Iglesias.
Pola súa banda o equipo xuvenil viaxa a Abellá, o encontro comezará as 16.15 horas e será arbitrado polo señor José Manuel García Martínez.

Sorte a ambos!

xoves, 16 de febreiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude



CATEGORÍA SENIOR




1. Chino / Pablo Naveira 7 goles


2. Mario Varela / Mario Novo / Nacho / Maikel / Fran Miraz 2 goles


3. Alberto / Iván Cabado / Esteban / Jacobo Penas / Diego Fragío / Dami 1 gol




CATEGORÍA XUVENIL




1. Marcos Combo / Sergio /Alejandro 7 goles



2. David Vidal 5 goles


3. Miguel Folgoso 4 goles


4. Alberto 3 goles


5. Caskete / Moli / Lucas 1 gol

martes, 14 de febreiro de 2012

Empate para os seniors e nova victoria xuvenil


Seniors: Atl. Sobrado 1 - Poulo 1

Logo de varias xornadas sen facelo o Atlético Sobrado senior volveu a puntuar o domingo. O equipo de Hassan unha vez máis perdoou o imperdoable na primeira metade con 4 claras ocasións de gol e é que a falta de acerto rematador está condenando a este equipo. Tan so Dami foi quen de marcar gol nunha sorte que ata o de agora lle era esquiva. Con 1-0 chegouse ó descanso. Na segunda metade os visitantes empatarían e ahí surxiu a figura de Cuadrado que se erixiu en salvador dos marelos onde ó final do encontro parou dous man a man que evitaron a derrota marela.

Xuvenís: Atl. Sobrado 6 - Oza dos Ríos 1

Non tivo piedade o equipo que adestra Chino do colista da competición e goleou ata conseguir un "set" supoñendo así unha nova victoria nunha magnífica tempada. Os goleadores marelos foron Alejandro (2), Sergio, David Vidal, Caskete e Moli.

venres, 10 de febreiro de 2012

De novo doble sesión no Municipal

De novo os seguidores do fútbol afecciado en Sobrado están de noraboa pois por segunda xornada consecutiva os dous equipos federados de fútbol xogan no Municipal.
Abrirá lume o equipo xuvenil adestrado por Chino mañá a partires das 17.00 fronte o colista Oza dos Ríos.
Para a tarde do domingo, tamén as 17.00 horas queda o partido do equipo senior adestrado por Hassan, o rival a bater para cortar a mala xeira de resultados será o ACD Poulo.

Sorte!!!

martes, 7 de febreiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude








CATEGORÍA SENIOR:



1. CHINO / PABLO NAVEIRA 7
2. MARIO VARELA / MARIO NOVO / NACHO / MAIKEL / FRAN MIRAZ 2
3. ALBERTO /IVÁN CABADO / ESTEBAN / JACOBO PENAS / DIEGO FRAGÍO 1

CATEGORÍA XUVENIL:

1. MARCOS COMBO / SERGIO 7
2. ALEJANDRO 6
3. MIGUEL FOLGOSO / DAVID VIDAL 4
4. ALBERTO 2

luns, 6 de febreiro de 2012

Seniors á baixa, xuvenís en alza


Están a ser o "norte" e o "sur" as dúas categorías de fútbol do Atlético Sobrado nesta tempada. O lado negativo está no equipo senior, un equipo que está a pagar moi caro as lesións sobretodo na parcela defensiva. Os dous mellores xogadores a nivel aéreo Pirulo e Esteban siguen lesionados (Pirulo forzou en varios partidos pero finalmente tivo que parar) e o equipo está a sufrilo. Onte foron 5 goles os encaixados a balón parado (4 deles a saida da córner).
Un partido atípico e un resultado sorprendente: Atl. Sobrado 3 - Mesía 7. O guión da película nada facía presaxiar este resultado con un Átlético Sobrado que saiu moi centrado no que tiña que facer: balóns as espaldas da defensa rival aproveitando a velocidade na parcela atacante e así foi, no minuto 10 os de Hassan xa gañaban 2-0 con goles de Diego Fragío primeiro e Pablo Naveira despois. O propio Naveira tivo o 3-0 nas súas botas pero errou no seu man a man co porteiro Salido.
O Mesía nun abrir e pechar de ollos puxo a directa e en cuestión de quince minutos púxose por diante no marcador. Co 2-3 chegouse ó descanso.
Nada máis comezar o segundo tempo Chino de espectacular traiazo que entrou por toda a escadra desde fora da área poñería o empate a 3 no marcador.
Pero ahí comezou a debacle marela e os goles foron caendo un tras outro en cada chegada do Mesía de 10 chegadas a porta marcar 7 goles pola nosa pasibidade defensiva é un duro peaxe pero que hai que afrontar como tal. Debemos reflexionar e pensar que se se quere dar boa imaxe non vale con facer so 20 minutos bos senón que hai que loitar todo o partido porque a pesares de que estamos na división máis baixo do fútbol estatal ninguén regala nada e come te despistes píntanche a cara nun momento.

Xuvenís: Atl. Sobrado 3 - Paiosaco H. Añón 2

Nova victoria do equipo xuvenil que o sábado estivo adestrado por Hassan con goles de Sergio, Miguel Folgoso e David Vidal este último de penalti. Soberbia tempada que está a facer o xove equipo do C.A.S.X.

venres, 3 de febreiro de 2012

Esta fin de semana doble sesión no Municipal

Os siareiros do C.A.S.X. poderán disfrutar esta semana por partida dobre no Municipal de Sobrado xa que as dúas categorías de fútbol disputan os seus encontros coma locatarios.

Abrirá lume mañá o equipo xuvenil enfrontándose ó Paiosaco - H. Añón a partires das 17.00 horas. O colexiado do encontro será o señor D. Diego Castro Besada.

Na tarde do domingo turno para os homes que adestra Hassan onde se medirán o C.D. Mesía tamén a partires das 17.00 horas. O director da contenda será o señor D. Bernardo Domínguez Manteiga.

xoves, 2 de febreiro de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude






CATEGORÍA SENIOR:



1. CHINO / PABLO NAVEIRA 6



2. MARIO VARELA / MARIO NOVO / NACHO / MAIKEL / FRAN MIRAZ 2



3. ALBERTO /IVÁN CABADO / ESTEBAN / JACOBO PENAS 1



CATEGORÍA XUVENIL:



1. MARCOS COMBO 7


2. SERGIO / ALEJANDRO 6


3. MIGUEL FOLGOSO / DAVID VIDAL 3



4. ALBERTO 2