sábado, 29 de novembro de 2014

Xornada 13: Vizoño S.D. "B" - Atl. Sobrado (A Previa)


Nova reválida para o equipo que adestra o gran José Antonio Vázquez "Hassan" mañá en O Pinar (Vizoño - Abegondo) a partires das 17,00 horas.

O equipo marelo, reforzado logo da contundente victoria da semana pasada contra a SD Pontecarreira viaxa ó feudo do último clasificado, o Vizoño S.D. "B".

A escadra de Abegondo suma 5 puntos no que vai de campionato. Precisamente a única victoria que acadou ata o de agora foi contra o noso equipo no Municipal de Sobrado. A Máquina Amarilla comezaría gañando ese encontro pero as claras ocasións desperdiciadas dos marelos fixeron que o Vizoño B finalmente se puidera levar os 3 puntos. O filial do Vizoño sumou ademáis un punto na primeira xornada contra o Mesón do Vento e tamén outro contra o Curtis, ambos partidos foran disputados en O Pinar.

Por parte marela Hassan non poderá contar con Pablo Naveira que cumplirá un partido de sanción logo de unha irrisoria expulsión a semana pasada. Tampouco poderá contar con Luis Mato aínda en fase de recuperación da súa lesión.

No caso de gañar o encontro, o Atlético Sobrado adiantaría na clasificación á SD Pontecarreira xa que o conxunto de Frades descansa esta xornada.

Arbitrará o encontro Diego García García.

O encontro podédelo seguir online pola nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: Atl. Sobrado - C.D. Obrero "B"

O equipo de Gonzalo Sánchez recibe hoxe a partires das 16,15 horas o C.D. Obrero "B". O equipo de Oleiros está empatado na taboa co noso equipo sumando 3 puntos aínda que a diferencia de goles fai que o Atlético Sobrado esté un posto por riba na clasificación.

O encargado de dirixir a contenda será David Castreje Ferrío.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

luns, 24 de novembro de 2014

Xornada 12: O C.A.S.X. sentencia na primeira metade (A Crónica)


Gran victoria do equipo de Hassan que deixou finiquitado o encontro nos primeiros 45 minutos. Fran e os xuvenís Marcos Combo e Dani Martínez os goleadores do encontro. Rigurosa expulsión de Naveira por doble cartón marelo. O C.A.S.X. sube 3 posicións na táboa clasificatoria.

O Atlético Sobrado conseguiu unha importante victoria contra a SD Pontecarreira logo de uns certeiros primeiros 45 minutos onde acadou os 3 goles do encontro.

O primeiro gol sería obra do xuvenil Marcos Combo con un lanzamento desde a frontal da área no minuto 23.

Dous minutos despois, outro xuvenil, Dani Martínez sería o encargado de facer o segundo logo de aproveitar un rexeite na área pequena.

Antes de chegar ó descanso, xa cando as agullas do reloxo picaban os primeiros 45 minutos, Fran sería o máis listo da clase e aproveitaría unha pérdida de balón da defensa visitante para establecer o 3-0.

Na segunda metade poucas cousas reseñables salvo a expulsión de Naveira por doble cartón marelo no minuto 57.

Pasan as tempadas pero a cousa segue igual: os colexiados sancionan máis unha protesta que as patadas ou agresións. Levamos toda a tempada recibindo duras faltas e apenas teñen castigo mentres que as protestas por recibir esas patadas ou agresións si son merecedoras de cartón por parte dos colexiados..., mentres non se mellore nese senso esta Competición seguirá sendo descafeinada e adulterada  sempre beneficiando os equipos que as veces van máis alá do regulamento.

Importante victoria do C.A.S.X. que suma a 5ª xornada consecutiva sumando acadando así os 9 puntos e colocándose na 8ª posición da táboa clasificatoria.

Once Inicial: David (c), Tomás, Iago (Osky 85´), Anxo (Rafa 89´), Mario Novo, Dani Martínez, Marcos Combo (River 78´), Naveira, Fran (Manu Costoya 87´), Mario Varela, Manu Paderne (Miguel Combo 77´).

Goles:

1-0 Marcos Combo 23´
2-0 Dani Martínez 25´
3-0 Fran 45´

Tarxetas:

Marelas: Naveira (29´e 57´), Dani Martínez (53´), Hassan (75´)
Vermellas: - 

XUVENÍS: Atl. Sobrado 0 - Sp. Meicende 6

Derrota sen paliativos da minimáquina amarilla contra o Sporting Meicende. A segunda metade pesou coma unha lousa no cadro de Gonzalo Sánchez. O descanso o noso equipo xuvenil perdía pola mínima pero na reanudación o partido fíxose costa arriba. A ocasión máis clara do Atlético Sobrado foi un penalti que se foi ó limbo.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

xoves, 20 de novembro de 2014

Xornada 12: Atl. Sobrado - SD Pontecarreira (A Previa)


Con motivo do inicio da 2ª volta da competición o Atlético Sobrado volverá a xogar coma equipo locatario esta fin de semana. O sábado visitará o Municipal de Sobrado a partires das 17,00 horas a S.D. Pontecarreira.

Un equipo, o azulón que ocupa a 7ª posición da táboa clasificatoria con 11 puntos a 7 dos postos que dan acceso á promoción de ascenso.

A SD Pontecarreira suma 3 victorias (CASX e Vizoño B na casa e Once Caballeros B a domicilio), 2 empates (contra Abellá B na casa e contra Encrobas fora) e 5 derrotas (Mesía e Tambre na casa e Curtis, Bribes e Mesón do Bento a domicilio).

Ten un total de 16 goles a favor dos que 7 foron obra de Marcos Meijide que ocupa a 2ª posición de máximo realizador da competición. Pola contra leva encaixados 18 tantos.

No partido de ida que abría a Liga o C.A.S.X. caeu en "A Chousa" pola mínima, 1-0 logo de perdoar claras oportunidades de gol.

O equipo de Hassan ten as baixas seguras de Esteban, Isak e Piru. Están pendentes de evolución das súas lesións Luis Mato, Ivo e River. O resto de xogadores está dispoñible para o míster marelo.

Arbitrará o encontro o colexiado José María Carro Moreira.

XUVENÍS: Atl. Sobrado - Sp. Meicende

Antes de nada dar as grazas a Jesús, membro da Directiva do Sp. Meicende por acceder a cambiar o horario do partido pois debido á confección do calendario tocaba xogar case á mesma hora ó equipo senior e o xuvenil no mesmo campo. No Atlético Sobrado sempre temos en conta quen nos responde e quen non e desde logo  o Sp. Meicende ten todo o noso recoñecemento e en todo o que lle poidamos axudar aquí estaremos.

O equipo de Gonzalo Sánchez espera recuperar efectivos para a disputa do encontro logo de viaxar moi mermado a Cambre a semana pasada. O encontro disputarase o sábado as 12,00 horas e será dirixido polo señor Eduardo Rodríguez Penas.

Sorte a ámbolos conxuntos

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

luns, 17 de novembro de 2014

Xornada 11: Empate que sabe a pouco (A Crónica)

O Atlético Sobrado empata nun partido onde de novo perdoou claras opcións de gol. 2 penaltis mal sinalados por parte do colexiado. 2 tiros o pao e 1 tiro ó longueiro. Fran errou un penalti. Ivo 3 puntos de sutura nun pómulo. Os homes de Hassan tiveron que sobrepoñerse a un 0-1 e un 1-2.


O Atlético Sobrado volveu a pagar cara a seu pouco acerto cara a portería rival e permitiu que o Encrobas se levase  1 punto do Municipal de Sobrado.



O conxunto marelo permitiuse errar claras ocasións de gol, volverse a topar cos paos en 3 ocasións e incluso errar un penalti por segunda semana consecutiva.



O equipo visitante fixo 3 tiros a portería e dous deles foron gol.



Empezou moi ben o Atlético Sobrado o encontro creando boas oportunidades de gol, en 15 minutos xa levaba 2 tiros o pao. O primeiro foi de Manu Paderne logo de peinar un medido centro de Marcos Combo, o esférico roza lixeiramente no porteiro visitante e pega no pao (15). Finalmente atallou o cancerbeiro.

Na seguinte opción a balón parado sería Esteban quen se atopou co pao logo de aproveitar un rexeite chuta, o cancerbeiro volve a tocar e o esférico vai de novo ó pao (16), finalmente un defensa alonxaría o perigo.


No primeiro ataque do Encrobas chegaría o primeiro gol da tarde: saque de esquina a prol dos visitantes erro nas marcas do Atlético Sobrado e Javier Amor remata de cabeza a pracer ó fondo das mallas. Era o minuto 20.



Tres minutos despois empataría Ivo nun auténtico xogadón de Naveira por banda dereita, o seu pase da morte foi aproveitado polo habilidoso mediapunta de Teixeiro para mandar o balón ó fondo da rede. Por desgraza o propio Ivo sería protagonista desafortunado do encontro. 2 minutos despois de marcar tivo que ser sustituido por sufrir un forte cobadazo de un rival. Un cobadazo por certo onde se reclamou expulsión desde o banquiño local e que o colexiado non amonestou nin con cartón marelo. Ivo ten 3 puntos de sutura no seu pómulo. Se a semana pasada era River o que sufría un corte e recibía 4 grapas desta volta tocoulle ó número 10 do CASX que tivo que ser sustituido polo debutante Mario Varela. Sen comentarios...



O segundo varapao da tarde para a Máquina Amarilla chegou no minuto 27. O dianteiro visitante Aradas adentrase na área e Mario Novo vai ó chan para interceptar o esférico, toca balón pero o dianteiro tírase de xeito escandaloso na área emitindo un forte berro (non lle tocou) e o árbitro pica e decreta penalti. A pena máxima sería executada maxistralmente por Roiberto Campos establecendo o 1-2.



Con ese resultado chegaríase ó descanso.



Na segunda metade a Máquina Amarilla conxurouse para remontar o encontro. Saiu desde o inicio da reanudación ó ataque descarado. Marcos Combo e Manu Paderne non aproveitaron unha boa xogada de Fran por banda dereita para marcar nunha clara ocasión na que o esférico foise fora.



Hassan dou entrada a Isak por Marcos Combo no minuto 61. 4 minutos despois un forte lanzamento de Isak desde fora da área non pode ser atrapado polo porteiro visitante, o rexeito aproveitouno Manu Paderne que andivo listo para ir ó rexeite para establecer o empate a 2 goles. Faltaban 25 minutos máis o desconto e a victoria era posible.



Seguiu creando oportunidades o conxunto marelo pero o gol non chegaba. Naveira mandou ó largueiro un remate de cabeza (17 DEZASETE).



A oportunidade máis clara chegaría no minuto 80, Fran adentrase na área logo de un gran pase interior de Anxo e cae en pugna con un rival. O colexiado decreta penalti e vólvese a equivocar pois non era. O penalti lanzouno Fran e foise por riba da portería visitante estragando así o C.A.S.X. o segundo penalti en dúas xornadas consecutivas.



Miguel Combo a piques estivo rematar de forma acrobática un centro de Rafa desde banda esquerda pero non foi quen de conectar co esférico.



Así rematou o encontro, con un empate que deixa mal sabor de boca pois o equipo mereceu de novo a victoria pero está a pagar moi caro a súa falta de acerto no remate.




Banquiño na tarde do sábado: Osky, Isak, Mario Varela, Rafa, Miguel Combo

Once Inicial: David (c), Tomás, Iago, Mario (Osky 87`), Esteban, Anxo (Rafa 81`), Marcos Combo (Isak 61`), Naveira, Manu Paderne (Miguel Combo 73`), Ivo (Mario Varela 25`), Fran

Goles:

1-1 Ivo 23´
2-2 Manu Paderne 65´

Tarxetas:

Marela: Esteban 41´, Mario 67´
Vermella: -

XUVENÍS: SP. CAMBRE 13 - C.A.S.X. 0

Nada puido facer o equipo de Gonzalo Sánchez na súa visita a Cambre. O equipo Xuvenil acosou as numerosas baixas e saiu goleado do Dani Mallo. O conxunto marelo perdía 5-0 ó descanso. Moito ánimo a estes rapaces e o seu míster. Seguro que cando se recuperen efectivos os resultados serán ben distintos.

venres, 14 de novembro de 2014

Xornada 11: Atlético Sobrado - Encrobas CF (A previa)



Logo do gran fútbol desplegado a semana pasada no derbi contra o Tambre C.F. o C.A.S.X. recibe a visita do Encrobas C.F. no que é o derradeiro partido de esta primeira volta (recordamos que a Liga son 3 voltas).

O conxunto de Hassan por fin lle está a tomar o pulso á competición e suma 3 xornadas seguidas puntuando. 

O rival que nos visita mañá a partires das 16,00 horas no Municipal de Sobrado ocupa a 8ª posición con 8 puntos, 3 máis que a Máquina Amarilla. De gañar, os homes de Hassan adiantarían na táboa ó Encrobas C.F. por diferencia de goles.

O Encrobas gañou 2 partidos no que vai de competición (Once Caballeros na casa e Vizoño B a domicilio), empatou 2 (Mesía fora da casa e Pontecarreira como local) e perdeu 5.

Suma 7 goles a favor, é o equipo menos goleador da competición. O seu máximo artilleiro é Roberto Campos con 3 goles. Leva 16 goles encaixados, os mesmos que o Atlético Sobrado.

Por parte marela serán baixa Luis Mato e River lesionados e Manu Costoya por motivos laborais. Podería entrar por primeira vez na convocatoria Mario Varela, fichado esta semana.

Arbitrará o encontro Alberto Arranz Gil.

Como cada semana podedes seguir o partido online pola nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado conectamos as 15,30 horas.

XUVENÍS:

O equipo que adestra Gonzalo Sánchez, desplazarase ó Dani Mallo de Cambre para enfrontarse ó  Sporting Cambre a partires das 16,00 horas.

Alex será baixa por lesión.

Arbitrará o partido Diego Cedeira Méndez.

martes, 11 de novembro de 2014

Mario Varela nova fichaxe do Atlético Sobrado




Mario Varela,"o metrónomo",é desde esta semana nova fichaxe do Club Atlético Sobrado Xuventude.

Logo de non poder comezar a tempada co resto de compañeiros o pasado venres xa formou parte do adestramento en Vilasantar e amosou estar nun gran estado de forma.

Precisión, calidade, orde, visión do xogo e traballo... moito traballo ó servizo de Hassan. Un reforzo de auténtico luxo para a liña medular sen lugar a dúbidas. Mario Varela podería entrar xa na convocatoria de esta fin de semana para enfrontarse ó Encrobas C.F. 

O partido disputarase o sábado as 16,00 horas no Municipal de Sobrado logo de que o equipo visitante se puxese en contacto co noso Presidente para poder adiantar unha hora o encontro. O noso Clube accedeu evidentemente a tal petición de ahí o adianto do partido.

Benvido de novo á vida en amarillo Mario

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

luns, 10 de novembro de 2014

Xornada 10: o fútbol e as oportunidades foron de cor marela (A Crónica)


O Atlético Sobrado empata a un gol no derbi nun partido no que foi inmensamente superior. Marcos, cancerbeiro do Tambre foi a figura do equipo rosa. Fran fixo o gol marelo e estrelou un balón no traveseiro (14). Isak errou un penalti con 0-1 no marcador. A Máquina Amarilla medra co paso das xornadas.

O Atlético Sobrado fixo un dos mellores encontros no que levamos de competición na tarde de onte. O equipo que adestra Hassan xogou moi enchufado todo o partido e xerou fútbol en cantidade e calidade.

Os xogadores marelos sairon polos 3 puntos desde o pitido inicial e se non o conseguiron foi por que Marcos, cancerbeiro local, estivo colosal para atallar as acometidas do C.A.S.X.

Axiña comezou o C.A.S.X. a darlle velocidade ó encontro e logo de unha dura falta sufrida por Marcos Combo en banda dereita chegou a primeira oportunidade do encontro. Centra Fran e Esteban remata de cabeza cerca do pao dereito da portería do Tambre.

Na segunda oportunidade do C.A.S.X. chegou o gol, nunha xogada na que Fran entra en área e chuta moi suave engañando a Marcos entrando o balón polo lado esquerdo do gardarredes, era o minuto 19.

4 minutos despois a Máquina Amarilla tivo a oportunidade do 0-2 en botas de Marcos Combo pero o dianteiro xuvenil lanzou unha vaselina con pouca intensidade fronte a un porteiro local que saiu á desesperada a tapar o oco e que finalmente acabou blocando.

No minuto 31 River tivo que ser sustituido logo de sufrir un forte cobadazo na súa cabeza, 4 grapas o contemplan desde onte. Queda pendente de evolución para próximos encontros. Sustituiu a River Isak que tivo unha das oportunidades máis claras do encontro para ampliar vantaxe. Camiño agarra claramente a Naveira na disputa de un balón á saida de un córner. O colexiado decreta penalti pero non lle saca o segundo cartón marelo a Camiño que xa tiña unha amonestación anterior. O lanzamento do penalti foiselle por riba do longueiro a Isak.

Aínda antes do descanso tería outra oportunidade Naveira nun tiro que se foi desviado.

Chegabase ó descanso con 0-1 e coa sensación de que un 0-2 ou 0-3 sería o resultado máis xusto.

Na segunda metade máis do mesmo, co C.A.S.X. creando moito perigo por bandas e con Naveira filtrando e surtindo balóns entre liñas. Con un Fran inconmensurable e imparable e con Ivo facendo arte do que para él é algo habitual, o caneo. Con unha laboura defensiva non de 10, senón de 11, alonxando calqueira atisbo de perigo. Inexpugnables os dous centrais Mario e Esteban por arriba e os laterais que pelexaron coma dous auténticos portentos: Tomás e Iago. Con un Anxo incansable por diante da liña de centrais e con Isak e Marcos Combo levando perigo en cada acción.

Xogando así, tan descarado as ocasións tiñan que chegar e chegaron: entrada por banda de Ivo que regatea a todo defensa que lle sal ó paso, pase da morte para Fran e o tiro vaise fora rozando o pao cando na grada cantouse o gol.

Boa xogada de Isak por banda esquerda e logo de varias paredes Ivo plántase so man a man con Marcos e o gardaredes despexa o balón á desesperada. Na contra desa xogada marca o empate o Tambre por mediación de Iván Freire onde chega antes o balón que a saida de David.

O C.A.S.X. non se derrumbou e seguiu na procura da victoria. A seguinte ocasión foi de Fran, con un expléndido lanzamento desde fora da área coa súa perna menos boa que foi pegar ó largueiro da porteria do Tambre (14 - catorce -).

De novo Fran tería unha clara ocasión de gol nun forte lanzamento que Marcos dou parado coas súas costelas inextremis cando de novo se cantaba o segundo do C.A.S.X.

Isak foi o seguinte que estivo a piques de marcar nunha volea que enganchou e o seu lanzamento raso foi rexeitado por Marcos noutra gran acción.

Faltando 2 minuto para o final o capitán do Atl. Sobrado, o Casillas da Ciadella David tivo que ser sustituido logo de encontrarse mareado e Tomás exerceu os minutos de desconto (8) coma porteiro intervindo nunha gran acción logo de un centro do Tambre despexando de puños.

Aínda tería unha última oportunidade o Atlético Sobrado nun clamoroso erro defensivo da defensa do Tambre, o esférico quedou solto e Naveira a piques estivo de chutar para marcar a porta vacía pero un defensa local chegou por moi pouco  antes ó esférico.

Así pois táboas no marcador nun derbi no que o C.A.S.X. sae moi reforzado polo xogo que amosou nel. Normalmente estes partidos soen ser tensos e non se soe ver moi xogo. Onte ó aficionado que lle guste o fútbol, sexa do equipo que sexa seguro que saiu coa sensación de haber visto un gran encontro de fútbol.

Quero dar a noraboa polo gran partido a corpo técnico (Petete e Hassan) e  a todos os xogadores tanto os 12 de Sobrado que forman parte das convocatorias coma ó resto de plantel que non son naturais do pobo pero sinten as cores marelas e o nome do pobo tanto ou máis que calquera. Moitos foron criados aquí desde xuvenís ou cadetes e outros chegaron fai pouco pero estamos moi orgullosos de que formedes parte do noso clube, cada día que pasa ensinádesnos cousas, o voso traballo é increible. Un auténtico luxo de grupo!!!


ONCE INICIAL: David (Manu Costoya 89´), Tomás, Iago, Mario, Esteban, Anxo (Manu Paderne 85´), River (Isak 31´), Naveira, Ivo, Marcos Combo (Dani Martínez 71´), Fran.

Goles: 0-1 Fran

Tarxetas marelas: Fran 32´ , Isak 33´ , Iago 41´

Tarxetas vermellas: -

Con este empate o C.A.S.X. abandona a última posición en detrimento do Vizoño B por diferencia de goles totais.
Para a vindeira semana visita o Municipal de Sobrado o Encrobas que viaxa 3 puntos por diante na clasificación. De gañar o C.A.S.X. superaría tamén o equipo de Cerceda pola diferencia de goles.

O equipo Xuvenil pola súa banda viaxa ó Dani Mallo de Cambre para enfrontarse ó Sporting Cambre o vindeiro sábado a partires das 16,00 horas.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997





venres, 7 de novembro de 2014

Xornada 10: Tambre - Atl. Sobrado Xuventude (A Previa)



Sobrado vivirá  o domingo o 3º enfrontamento da historia entre os dous clubes de fútbol que actualmente están federados na localidade. O partido dará comezo as 17,30 horas e o Atlético Sobrado tocaralle xogar coma visitante.

Nos dous encontros anteriores disputados hai dúas tempadas, co C.A.S.X. como local o resultado fora de victoria dos marelos pola mínima 1-0 no tempo de desconto con gol de Mario Novo a saida de un córner. No partido de volta, coa Máquina Amarilla de visitante o resultado fora de empate a 2 goles. Os 5 minutos gañaba o Tambre 2-0 logo de un máis que dubidoso penalti e un gol en propia porta. Antes do descanso Pablo Naveira e Mario Varela establecerían as táboas no marcador. Na segunda metade o partido fora un monólogo do Atlético Sobrado con claras oportunidades de gol e con lanzamento de falta ó largueiro de Chino incluido pero o marcador xa non se movería.

Do rival do vindeiro domingo comentar que está a facer un gran primeiro tercio de tempada, ocupando a segunda posición da táboa con 19 puntos aínda que con un partido máis que o primeiro clasificado (Mesía) e terceiro clasificado (Bribes). 

O conxunto violeta suma 6 partidos gañados (Once Caballeros, Abellá B, Curtis, Encrobas, Pontecarreira e Vizoño B), 1 partido empatado, o da semana pasada en Mesón do Vento e 2 partidos perdidos contra os equipos que nombrábamos antes: Mesía e Bribes.

É o equipo máis realizador do torneo con 28 tantos mentres que 12 son os goles que leva encaixado ata o de agora.

Como máximo realizador destaca Cololo que levaba 9 goles en 7 partidos pero que desde hai dúas semanas é novo xogador do Malpica da 1ª Autonómica.

O C.A.S.X. deberá evitar as xogadas a balón parado do equipo local pois a altura de Iván Cabado e Camino pode facer moito dano. Iván Cabado, o ex-xogador do C.A.S.X. suma a excelente cifra de 4 goles mentres que Camino suma 3. Ademáis tamén Micael e Iván Freire suman 3 goles.

No Tambre será baixa por sanción outro ex-xogador do C.A.S.X., Nacho.

O Atlético Sobrado afronta o derbi reforzado logo dos dous últimos resultados. Por fin e logo de tanto loitar o sábado o esférico comezou a entrar na portería rival. Estaba claro que era cuestión de tempo e que os resultados visto o xogo do equipo tiñan que chegar sí ou sí. Agora toca dar outro paso adiante e seguir polo camiño do éxito.

Hassan ten dispoñible a todo o plantel coa única dúbida de Luis Mato logo do esguince sufrido o pasado sábado na victoria contra o Curtis.

Por desgraza parece que o tempo deslucirá a festa do fútbol sobradés e as prediccións meteorolóxicas apuntan a que o domingo estará unha desapacible tarde de auga e frío. Ogallá non sexa así e tanto ambos equipos como os seguidores de un e outro equipo que se acerquen ó Municipal disfruten de unha gran tarde de fútbol onde por riba de todo e coma nos dous partidos anteriores prime a coordialidade e o xogo limpo sendo exemplo así para outros derbis que se disputan en outras localidades.

Arbitrará o partido o colexiado Iván Guerra Domínguez.

O partido como é habitual cada xornada podédelo seguir online pola nosa Conta Oficial de Twitter @AtleticoSobrado conectamos as 17,00 horas para darvos a aliñación e a relación de suplentes.

Pola súa banda o equipo XUVENIL terá xornada de descanso.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

luns, 3 de novembro de 2014

Xornada 5: E o gol fixo acto de presencia (A Crónica)


O C.A.S.X. consegue unha victoria que viña merecendo desde semanas atrás. Logo de ter o partido feito complicóuselle e en 5 minutos o conxunto marelo volveu a solventalo. 2 novos tiros ó pao. Lesión importante de Luis Mato. Homenaxe ó gol na tarde do sábado.

O Atlético Sobrado conseguiu unha vital victoria o pasado sábado fronte o C.C.D. Curtis. O conxunto de Hassan por fin viu portería e marcou nun so partido os mesmos goles que levaba en toda a competición (5). A pesares das numerosas baixas: Esteban, Piru, Antonio, Miguel Combo, Miguel Folgoso, Mario Novo e Mike Libo o equipo foi quen de sacar o mellor de sí mesmo e levar adiante o encontro.

A Máquina Amarilla fixo un gran encontro en liñas xerais e incluso tivo ocasións para marcar máis goles. Quedarán para mellores ocasións.

O primeiro gol do encontro chegaría no minuto 23. Maxistral lanzamento de falta executado por Osky, o cancerbeiro visitante Ángel chega a tocar o esférico para desvialo ó longueiro (12), o rexeite cáelle a Luis que vai a por todo coa cabeza e manda o balón ó fondo da rede.

A seguinte gran oportunidade do encontro sería de novo para o Atlético Sobrado, magnífica contra levada a cabo polos homes de Hassan, Marcos Combo encara portería e chuta desde fora da área esquivando o porteiro do Curtis, cando xa se cantaba o gol o esférico da parte exterior do pao (13) e sae finalmente fora de porta.

No segundo gol do encontro de novo o C.A.S.X. volveu a tirar de estratexia. Saque de curruncho, executa Ivo e Iago (que non foi expulsado) marcando perfectamente os tempos remata de cabeza a gol. 2-0 corría o minuto 38.

Con este marcador chegaríase ó descanso.

No minuto 51 chegaría a xogada desgraciada do encontro, nun balón dividido Luis cae o chan en pugna con un rival, apoia mal o seu pe dereito e dobla o nocello. O dianteiro sufre un forte esguince e está pendente de evolución. No canto de Luis entraría Naveira que practicamente no primeiro balón que tocou mandouna a dormir ó fondo da rede.

Xogadón de Fran (inconmensurable o sábado) por banda dereita, cédelle o balón a Naveira que marca con un sútil toque coa súa perna menos boa, a esquerda, corría o minuto 53. Segundo golazo da tempada para Naveira, logo da delicatessen en Mesía outro gol marca da casa.

Parecía que o C.A.S.X. tiña o partido feito pero no deporte ata que o colexiado non indica o final do encontro nada está decidido.

No minuto 65´o Curtis reduciría distancia por medio de Adrián Zas con un bo lanzamento desde fóra da área.

Poñeríalle máis pementa Óscar Gómez o encontro logo de rematar cun soberbio cabezazo unha falta lateral. O esférico entrou por toda a escadra da portería de David, era o minuto 71.

E no 75´chegaría a xogada polémica do encontro, xogada do Curtis por banda dereita, o centro pega na man de Rafa (pegada ó corpo) pero o colexiado interpreta penalti. Hai que estar moi seguro para pitalo. O executor sería Diego Sánchez, David adivinou a intención do xogador visitante e por pouco da sacado o esférico, xa que chegou a tocalo pero finalmente acabou en gol.

Lonxe a amilanarse e deixarse acosar pola psicosis de non gañar en toda a tempada os pupilos de Hassan quitaron o mellor que teñen dentro e seguiron atacando unha e outra vez con claras ocasións con Fran exercendo de auténtico coitelo pola banda.

No minuto 84 chegou o gol do xuvenil Manu Paderne que levaba 15 minutos sobre o céspede, Manu aproveitou un balón morto para volver a poñer ó C.A.S.X. por diante no marcador.

A calma chegou no minuto 89 con outro gol de Manu Padernes que lle daba a victoria xa definitiva ó Atlético Sobrado.

O partido rematou logo de 4 minutos de engadido.

Así pois primeria victoria que tiña que haber chegado moito antes por merecementos (agás o día de Once Caballeros) pero o importante é que o equipo está en dinámica ascendente e quedan 22 partidos de Liga para loitar e competir, iso é o máis importante.

Para a vindeira semana o C.A.S.X. non terá que desplazarse pois xogará coma visitante fronte ó Tambre C.F. no derbi de Sobrado.

Noraboa a todos os integrantes do plantel por esta victoria por que vexo como traballades en cada adestramento e o enchufados que estades cada día da semana, sen decaer no desanimo a pesares de que os resultados non chegaban. Agora xa están aquí e viñeron para quedarse...da gusto formar parte do voso equipo de traballo.

Sodes grandes chavales!!!


Once Inicial: David, Tomás, Osky (Rafa 69´), Anxo, Dani Martínez, Iago, Ivo, River (Manu Costoya 62´), Marcos Combo (Manu Paderne 66´), Luis (Naveira 51´), Fran.

T.A. Iago, Rafa, Fran

T.R.: -

Goleadores: Manu Paderne 2, Luis, Iago, Naveira.


XUVENÍS: San Tirso S.D. 8 - Atl. Sobrado 0

Non puido traer nada positivo unha mermada minimáquina amarilla da súa visita a "O Pinar" de Vizoño. O conxunto marelo con moitas baixas so puido presentar 12 xogadores e non tivo opción fronte a un dos conxuntos que a priori loitarán polo ascenso a 1ª Autonómica.

Once Inicial: Jorge Freire, Diego, Martín, José Luis, Alex, Simón, Miguel Abad (Josito 67´), Antón, Iván Santos, Bruno, Raúl.

T.A.: -
T.R.: -

Para a vindeira semana o equipo Xuvenil terá xornada de descanso.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997