sábado, 7 de novembro de 2015

XORNADA 7. A PREVIA


Séptima xornada e sexto partido para o C.A.S.X. no grupo 3 da Terceira Rexional. Partido contra o Mesón do Bento, que se atopa na segunda posición na clasificación. Encontro moi complicado para os pupilos da dupla Manu/Osky, que por diferentes motivos contarán coas baixas de José David, Rubio, Piñeiro, Moreno, Alberto, Esteban, Roi e Diego.
A pesar de tantas baixas a máquina amarilla, tentará brindar a sua aficción unha nova victoria despois do empate colleitado no campo do Curtis.
O encontro disputarase no Municipal de Sobrado as 19 horas.
Como sempre esperamos os vosos ánimos.

#VAMOSAMARILLOS
#SOMOSSOBRADO

mércores, 4 de novembro de 2015

PUNTO E SEGUIDO


Quinto partido o disputado polo C.A.S.X. na tempada, e un valioso punto o conseguido no campo de Curtis. Encontro moi disputado o xogado o Domingo no Campo Novo, no que ata en duas ocasións conseguiu a máquina amarilla adiantarse no marcador. Transcurría o minuto 18 cando Wage Kori enviaba o fondo das mallas un rexeite do porteiro local, despois dun tiro dende a frontal do área de Chino. Sete minutos bastáronlle o Curtis para darlle a volta o marcador, despois dun dubidoso penalti. Trascurría o minuto 39 cando Chino botaba maxistralmente unha falta, que golpeaba no poste e acababa entrando na porteria local. Xa na segunda parte e no minuto 60, novamente Wage Kori, conseguía poñer por diante o C.A.S.X., pero outra xornada máis na recta final escapábanselle dous puntos o equipo amarillo, xa que o Curtis conseguía empatar a contenda.
Gran partido do Sobrado, que a pesar das baixas conseguiu plantar cara a un rival que de gañar se colocaba lider da competición. O sábado visitará o municipal de Sobrado o Mesón do Bento.

Once inicial: José Luis, Miguel Combo, Pirulo, Isma, Cristian, Folgoso (Diego 89´), Piñeiro (Rafa 70´), Rubén Gómez, Wage Kori, Chino,  Anxo (Alberto 76´).

Goles: 0-1 (Wage Kori 18´)
           2-2 (Chino 39´)
           2-3 (Wage Kori 60´)

T.A: Combo (56´)
         Pirulo   (71´)
         Rubén Gómez (86´)

#FORZACASX
#SEGUIMOSMEDRANDO

mércores, 28 de outubro de 2015

DERROTA INXUSTA


Quinta xornada e cuarto partido para o C.A.S.X, con mais baixas das esperadas debido a que a última hora se caeron da convocatoria Chino e Tocho, que se salda cunha nova derrota ante o Xuventude Dorneda. A pesar da boa imaxe mostrada polos pupilos da dupla Manu/Osky ante o lider invicto da categoria, sobre todo na segunda metade, unha falta desde 30 metros moi ben executada, bota a perder o empate xusto que ata ese momento reflexaba o marcador. Adiantariase o Dorneda no minuto 26 da primeira parte despois dun man a man co porteiro local José Luis. Xa na segunda metade o Atlético Sobrado moi ben plantado no terreo de xogo, lograría o empate no minuto 55 por medio de Luis Mato despois de varios rechaces no área pequena. O 1-2 final, chegaría como xa dixemos despois dun zapatazo nunha falta no minuto 79 o que o C.A.S.X. xa non pudo repoñerse.
A próxima estación do equipo Amarelo será o Domingo as 17 horas contra o Curtis.

Once inicial: José Luis, Rubén Gómez, Marcos Piñeiro, Isma, Cristian, Folgoso (Diego 80´), Wage, Mato (Alberto 75´), Miguel Combo, José David (Rafa 41´), Anxo.

Goles: 1-1 (Luis Mato 55´)

T.A: Cristian ( 66´)

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS