HISTORIA

FUNDACIÓN:

O Club Atlético Sobrado Xuventude foi fundado en 1997, baixo a denominación de "PYMES SOBRADO F.S.", por un grupo de rapaces da localidade coruñesa de Sobrado dos Monxes coa idea inicial de dar saída as súas inquedanzas deportivas, así nun principio comenzouse cun equipo de fútbol sala que participou na categoría provincial da competición organizada pola F.G.F.S.




EQUIPOS:

Na tempada 2002/03 o clube comeza a competir a fútbol, e milita dende entón na terceira rexional da competición rexida pola F.G.F. Nun principio ao non existir campo de fútbol en Sobrado, disputa os seus partidos coma local no campo de fútbol de Vilasantar.

O equipo de fútbol sala senior masculino deixou de competir ó rematar a tempada 2003/04.

Un dos compromisos da directiva sempre foi a aposta pola canteira, polo que se puxeron en marcha as Escolas Deportivas de Fútbol Sala en colaboración co Concello de Sobrado nas que se forman os xogadores co obxectivo de chegar a formar parte do euipo senior, ademáis dende 2007 dispón tamén dun equipo xuvenil coa idea de dar continuidade aos xogadores saídos da Escola de Fútbol Sala, actualmente milita na categoría de Segunda Autonómica.

Desde a tempada 2006/07 ata a 2010/11 o C.A.S.X. contou cun equipo feminino de Futbol Sala que competíu na categoría Senior Provincial Femenina, acadando o seu mellor resultado na última tempada cun terceiro posto na clasificación.

Na tempada 2009/10 o C.A.S.X. decidiu acompañar na súa traxectoria deportiva no campionato galego de Enduro e en probas do campionato nacional ao piloto sobradés Fernando García Herrero.


O ESCUDO:

O escudo do clube está inspirado no antigo escudo de Sobrado dos Monxes, que a súa vez é semellante ao escudo do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, incluindo o nome do club e o ano de fundación e retirando os símbolos que aparecen nos escudos civil e relixioso, o báculo e a coroa.


AS CORES:

Na fundación do clube como PYMES SOBRADO F.S., as cores utilizadas na camiseta, pantalón e medias eran de cor verde. Unha vez cambiada a denominación do clube a CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE deicidiuse cambiar as cores, pasando a ser a camiseta marela, o pantalón negro e as medias marelas. Estas cores son as que utilizaba a S.D. Tambre, histórico clube deportivo de Sobrado que desapareceu nos anos 80. Actualmente estas cores as utilizan o equipo senior e xuvenil de fútbol. así coma os equipos da escola de fútbol sala.