martes, 8 de abril de 2008

Partido de toma e daca


O domingo o C.A.S.X. perdeu o partido que disputou en terras do Concello de Mesía fronte o Visantoña C.F. pola mínima.
O resultado final foi 1-0 a prol dos locais pero o partido puido caer para calquera dos lados.
Quen vos escribe, que xa leva uns anos vendo fútbol afeccioado facía moito tempo quen non vía un partido con tantas ocasións e tan claras para os dous bandos. Aínda así só se puido disfrutar de 1 gol na maravillosa tarde e aínda por riba, o gol foi en contra do noso equipo.
A Makina Amarilla a pesares de perder fixo un gran encontro en liñas xerais, mellorando así a imaxe dada a semana pasada fronte o San Estevo de Abellá, e tan só a falta de pegada privouno de traerse algún punto de Visantoña. Segue a mala racha do equipo con 5 partidos de xeito consecutivo perdendo.
Na primeira metade o Atlético Sobrado tivo infinidade de chegadas, a ocasión máis clara tivoa Roy no minuto 17, logo de un lanzamento de Chinorris dende a banda esquerda conectou un bo testarazo que pegou no longueiro e o esférico votou, non sabemos se dentro ou fora da liña de gol, na grada cantamos o gol pero o colexiado non o concedeu.
Tivo o Sobrado máis oportunidades non primeiros 45 minutos, 2 lanzamentos rasos de Nacho que chegaron mansamente o porteiro local, un lanzamento de Jacobo que se foi o limbo, outro de Josito que saiu rozando o longueiro e varios de Chinorris que puxeron en apuros o equipo local.
Aínda así chegouse con empate a 0 o descanso.
O equipo de Lito afrontou a 2ª parte coma a primeira aínda que o Visantoña segundo pasaban os minutos íase facendo co control do encontro,tivo varias oportunidades claras para marcar pero a maioría dos seus tiros sairon fora para desesperación dos afeccioados locais. Nunha gran intervención Tino abortou o 1-0 saindo os pes do dianteiro cando se dispuña a pisar área pequena e quedándose co balón na man.
O C.A.S.X. seguiu tendo oportunidades nas botas de Nacho, Juan e sobre todo unha moi clara de Chinorris que optou por lanzar a portería escorado (logo de facer o máis difícil que era regatear a dous defensas) e non pasar o esférico a Jacobo ou a Nacho que estaban no punto de penalti sen marcaxe e tan só tiñan que empurrar o balón, o lanzamento de Chinorris tocou a rede e foise fóra.
2 minutos máis tarde e logo de un despexe da defensa local o rápido dianteiro do Visantoña Abel colle o balón en tres cuartos de campo vaise da defensa, regatea a Tino que saiu a desesperada e marcou.
Delirio para a parroquia local e xerro de auga fría para a expedición marela.
O resultado xa non se movería pero o C.A.S.X. seguiuno intentando ata o remate pero estaba claro que o domingo era día de NON e o Amo-Señor Balón negouse a entrar na rede Mesiá.
De tódos os xeitos quero destacar o gran esforzo dos xogadores nun día con un sol de xustiza, onde suaron a camiseta e demostraron que son merecedores do escudo que visten.
Grazas por estar involucrados.
Lito dispuxo este once:
Tino;Iago,Carlos,Pirulo,Guille;Roy,Juan,Josito,Chinorris;Nacho,Jacobo.
Para cambios: tan só o xuvenil Iván.
Para a semana o Club Atlético Sobrado Xuventude será xuíz da Liga pois disputará a partires das 17:00 horas no Campo Municipal de Sobrado o derbi fronte o recén líder da categoría o Cire Melide que avantaxa nun punto a S.D. Pontecarreira.
Sorte
FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: