xoves, 18 de febreiro de 2010

Horarios da vindeira xornada

Esta fin de semana destaca por duas cousas no que respecta as actividades do noso clube:

1. O equipo senior terá xornada de descanso.
2. Arrinca o Campionato Galego de Enduro co noso piloto F. Herrero a mans da súa KTM.

Estes son os horarios:

SÁBADO 20 DE FEBREIRO

Benxamíns: Col. Vales Villamarín - C.A.S.X. 10.00 h, Pavillón Polideportivo Vales Villamarín (Betanzos)
Infantís: Col. Vales Villamarín - C.A.S.X. 10.50 h, Pavillón Polideportivo Vales Villamarín (Betanzos)
Alevíns: Col. Vales Villamarín - C.A.S.X. 11.40 h, Pavillón Polideportivo Vales Villamarín (Betanzos)

XUVENÍS: Unión Campestre - C.A.S.X. 16.15 h Campo de O Redondo Montrove - Oleiros
FEMININO: C.A.S.X. - O Pino F.S. 20.00 h Pavillón Polideportivo de Sobrado

DOMINGO 21 DE FEBREIRO

Enduro: a partires das 9.00 horas Fernando Herrero comeza a súa participación no Campionato Galego en Lalín (Pontevedra)


Ningún comentario: