martes, 26 de outubro de 2010

2 victorias e unha derrota

O equipo feminino e senior foron os encargados de dar de novo a alegría esta fin de semana, pola súa banda un equipo xuvenil moi mermado sucumbiu fronte ó Portazgo SD.

Xuvenil: Atl. Sobrado 0 - Portazgo SD 2

O equipo adestrado por Pirri tan so puido dispoñer de 11 xogadores para afrontar o encontro, aínda por riba, Jorge tivo que marchar os 30 minutos de encontro polo o equipo marelo xogou en inferioridade numérica 60 minutos.

Feminino: A Salina "B" FSF 0 - Atl. Sobrado 1

Importantísima e traballada victoria das pupilas de Hassan que grazas a un gol de Sara conseguiron levarse a victoria no seu desplazamento a Esteiro (Muros). Con esta victoria o Atlético Sobrado sitúase na 3ª posición da Liga Provincial.

Senior: CD Larín "B" 1 - Atl. Sobrado 2

Victoria con premio no sempre dificultoso campo de terra do Larín B. Premio pois os resultados de outros partidos fixeron que o noso equipo siga a ascender posicións e esta semana ubicouse en 5º lugar da táboa, posto que da acceso a Promoción de Ascenso a 2ª Autonómica. Sen lugar a dúbidas que esta tempada está a ser unha das ligas máis bonitas e disputadas dos ultimos anos.

O partido comezou sen un dominador claro, cos dous equipos intentando collerlle o "truco" o terreo de xogo que estaba encharcado, aínda así a práctica do fútbol non se viu mermada e o esférico rodaba con total solvencia. Fer dispuxo un 4-4-2 con Cuadrado en portería, Pichi e Iago nos laterais e Piru e Juan formando no centro da zaga, no medio centro Esteban e a sorpresa de Nacho que abandonou a súa posición natural na banda e fixo de parella de baile do capitán marelo, nas bandas o xuvenil Diego Fragío e Souto, como puntas de lanza Pablo Naveira e o pichichi do equipo David.

No primeiro tiro a portería do encontro (minuto 11) chegaría o gol local, falta en medio campo que o xogador local Barreiro executa con un tiro moi elevado, o balón vai collendo dirección a portería, Cuadrado calcula mal a traxectoria do esférico e o balón chovido do ceo remata no fondo da rede. Xerro de auga fría para a Makina Amarilla que lle tocaba remar contracorrente.

Parece que o gol espabilou os visitantes e no minuto seguinte o capitán Esteban, moi incisivo en ataque na tarde do domingo chuta a portería no borde da área pero o seu lanzamento é rexeitado por un defensa do Larín B en boca de gol.

De novo sería Esteban no minuto 20 quen dispuxo da segunda oportunidade para o C.A.S.X. pero o seu lanzamento iríase por riba da portería local.

O dominio do Atlético Sobrado en ataque comezaba a ser continuo e xusto na seguinte ocasión sería Nacho quen lanzaría a portería pero o seu tiro foise fora.

No minuto 22 chegou unha das máis claras oportunidades de gol para o noso equipo nos primeiros 45 minutos, Iago executa unha falta preto do medio campo e Pablo Naveira de espaldas a portería empala sen mirar, o seu lanzamento foise fora (unha pena pois o dianteiro non puido ver que estaba completamente so dentro da área).

O C.A.S.X. seguía na procura do empate sen sorte, de novo ó minuto seguinte (23) sería Souto quen engancha unha lonxana volea pero o porteiro do Larín B atalla en dous tempos.

O Larín B que desde o gol non volvera a tirar a portería fariao no minuto 27 nun lanzamento lonxano que non dou problemas a Cuadrado.

O gol do empate chegaría cando se cumplía o minuto 30 de encontro, logo de unha xogada levada por banda dereita, o esférico chega a David que se adentra na área, ve desmarcado a Pablo Naveira, dalle un excelente pase raso que o dianteiro de Teixeiro tan so lle ten que empurrar e enviala ó fondo da rede. 4º gol da tempada para Pablo.

No minuto 35 comezaría o particular idilio que tivo David na tarde do domingo cos paos... nunha rápida contra David supera en velocidade a defensa local adentrase na área chuta, o porteiro do Larín B quédase inmóvil pero o esférico vai ó pao.

De novo David no minuto 39 sería o protagonista, falta sacada por Iago, David salta máis que o seu defensor, remata de cabeza e manda o balón ó traveseiro, as fadas non estaban co pichichi do C.A.S.X.

A pesares destas duas grandes ocasións o partido seguía en táboas, no minuto 41 de novo Souto efectuaría un forte lanzamento pero este sairía desviado.

No minuto 42 unha falta de entendemento entre Esteban e Diego Fragío fixo que finalmente ningún dos dous rematase un excelente centro de Pablo Naveira que podía haber suposto o 1-2 no marcador.

Con empate a 1 gol chegouse o descanso do encontro.

Na segunda metade a primeira ocasión tería o filial do Larín con un remate desviado no minuto 51.

Esteban, que o domingo puido sumar algún que outro tanto no seu casilleiro particular tería unha excelente oportunidade nun remate de cabeza logo de un gran centro de Pirulo pero o seu remate saiu cerca do pao cando os seguidores marelos xa cantaban o gol.

No minuto 60 Cuadrado faría a parada da tarde nun forte chut do equipo local, o gardamallas metería a man e desviaría a córner un esférico que iba para a escadra, desquitándose así do erro no gol local.

Como non hai dous sen tres, David no minuto 62 logo da saida de un córner remataría de novo de cabeza ó traveseiro, o desquiciamento do dianteiro sobradés era entendible...

Tamén o porteiro do Larín tería o seu minuto de gloria, concretamente no 66 nun excelente lanzamento de Pablo Naveira que desviou a córner con certas dificultades.

Por fin no minuto 71 chegaría o 1-2, nunha falta executada por Pirulo, o balón chégalle a Esteban que arma a perna e fai un forte lanzamento, o porteiro local fai unha gran parada rexeitando o duro traiazo pero Juan que andivo moi listo estivo atento e recolleu o esférico para posteriormente mandalo o fondo da rede. Colocábase por diante o C.A.S.X. logo de moito sufrir tras ver unha e outra vez que a Deusa fortuna negaballe o gol o equipo adestrado por Fer.

A partires de este intre os minutos comezaron a pasar lentos para o noso equipo, o Larín tería tres oportunidades de empatar o encontro: unha no minuto 82 pero o tiro saiu fora, a segunda no minuto 87 nunha falta preto do borde da área pero o lanzamento do seu executor tamén se foi fora e por ultimo xa co tempo de desconto cumprido, un xogador local enganchou unha excelente chilena pero o tiro saiu fora por moi pouco da meta defendida por Carlos que 15 minutos antes sustituira a Cuadrado.

Con este resultado o Atlético Sobrado segue invicto tras 8 xornadas de liga: 5 victorias e 3 empates é o balance da Makina Amarilla que recibirá o domingo o CCD Cerceda B condicionado por un número considerable de baixas.

Ningún comentario: