xoves, 23 de decembro de 2010

Derrota no "derbi da montaña" dando unha gran imaxe

Tres categorías tiñan encontro oficial esta fin de semana e o saldo foi de dúas derrotas e unha victoria. No aspecto positivo resaltar (unha vez máis) a victoria das xogadoras que adestra Hassan logo de lograr unha importantísima e merecida victoria na pista do Manureva en Arteixo, un dos equipos que maior potencial presenta na competición.
As nosas xogadoras impuñéronse polo tanteo de 1-3, os goles foron logrados por María Seoane, Sara e Lucía.
Polo que respecta ó equipo xuvenil, acadou unha derrota na súa visita a Abellá, nun mal partido onde unha vez máis se volveron a notar a falta de efectivos por mor das sancións. O equipo de Pirri perdeu pola mínima, 1-0.

Unha vez resumido escuetamente o acontecido na tarde do sábado pasamos o domingo onde no derbi da montaña que enfrontou a Atl. Sobrado e Boimorto C.F. viuse un auténtico partidazo digno de outra categoría entre dous rivais que loitaron ata o final co agallo de acadar os 3 puntos en disputa.

Fer desta volta innovou un sistema para non deixar xogar o Boimorto, sabedor de que se os vermellos teñen espazos son mortais polo que optou por darlle de novo a Carlos a confianza en portería e para salvagardalo, unha defensa de 5 xogadores con Mario e Iván coma centrais e Pirulo como libre, deixando a banda enteira os carreleiros Souto e Iago. No medio co campo o adestrador melidense elaborou un trivote con Esteban, Miguel Liboreiro e Lofre quedando en punta David e Pablo Naveira.

Tan so puideron ser 3 os cambios dispoñibles para este encontro polo que Juan, Maikel e Nacho quedaron no banquiño a espera de minutos.

Saiu motivadísimo e enchufadísimo a Makina Amarilla no partido, sabía que calqueira erro contra o líder era dictar sentencia propia e parece que os xogadores así o entenderon facendo unha primeira media hora colosal.
A primeira oportunidade do encontro chegou no minuto 5 cando Iago executou unha falta desde o medio campo, o esférico non encontra rematador e sae fora por moi pouco.
No minuto seguinte de novo o CASX á carga, córner executado por Javi Lofre, o coiro roda pola área pequena sen que ningún dianteiro local atine a rematar despexando de maneira contundente a defensa boimordense.
Cantaríase o gol na grada no minuto 13 logo de un espectacular traiazo de Souto en tiro lonxano pero a deusa fortuna quixo que o esférico bicase o traveseiro da meta defendida por Andrés para a continuación sair fora.
O Boimorto víase sorprendido pola presión do Sobrado e foi no minuto 16 cando intentou o seu primeiro lanzamento a portería, un tiro que se iría moi desviado.
Pablo Naveira, moi activo todo o partido loitou o que non está escrito coa defensa vermella ganando infinidade de balóns. Nunha xogada en banda esquerda do ataque sobradés rouballe o esférico a Jalecho que o ten que agarrar e facer falta, o executor sería Miguel Liboreiro e o remate inapelable ó fondo da rede correría a cargo de Pirulo. Adiantábanse os locais no marcador merecidamente logo de fulgurante arranque de partido.
3 minutos despois chegaría o éxtase á parroquia local, o CASX disponse a efectuar unha falta en medio campo sufrida por Miguel Liboreiro, nun principio ía ser Iago quen poría o esférico en xogo pero logo de falar entre eles deciden que sexa Iván Cabado o que en vez de ir a rematar execute o lanzamento, a xogada non podía sair mellor, o balón na súa dirección a área en vez de ir directo os rematadores vai direccionado sobre o cancerbeiro visitante, o esférico bota a un metro do gardaredes e introdúcese na rede. Era o 2-0 e chegaba o delirio o Municipal sobradés ante a incredulidade dos afeccioados e xogadores visitantes que vían como o seu equipo perdía 2-0 en vinte minutos.
Pero está claro que os partidos duran 90 minutos máis o desconto e o Boimorto apelou o seu orgullo ferido para intentar remontar o partido.
Intentaríao o minuto seguinte o segundo gol sobradés con un lanzamento desviado raso.
De novo no minuto 28 Óscar lanzaría raso pero Carlos atallaría sen problemas.
No minuto 29 de novo ocasión para o noso equipo, saque de esquina que executa Lofre que encontra rematador en David pero o seu testarazo sae desviado.
O equipo visitante reduciría diferencias no minuto 31 logo de unha inocente falta de Mario a Julito, sería Óscar de cabeza tras unha bo centro o que poñería emoción ó encontro.
Aradas, dianteiro sobradense-coruñés que milita nas filas vermellas tivo unha boa oportunidade no minuto 35 pero Carlos que estivo moi seguro todo o partido desvarataría a ocasión.
De novo volvía a carga o Boimorto no minuto 37 que non quería chegar ó descanso por debaixo no marcador pero o remate de cabeza de Óscar de novo foise fora.
Unha xogada puido cambiar o desenrolo do encontro, produciuse no minuto 38, Pablo Naveira encarou a Andrés e cando parecía que ía marcar, un central visitante chega o esférico para mandalo a córner. Do que puido ser o 3-1 pasouse o 2-2 pois na xogada posterior o saque de curruncho o Boimorto engancha unha boa contra, o interior esquerdo dribla en liña de fondo a Iván que se tirou á desesperada, da o pase da morte e alí aparece Jalecho para establecer o empate no marcador. Con táboas chegouse o descanso.
A segunda metade volveríase un pouco máis sosa se a comparamos co vibrante que foi a primeira. As oportunidade foron menos polos dous bandos. A primeira da segunda metade tería o Boimorto ó minuto de restablecerse o encontro pero o lanzamento foise lonxano.
No minuto 57 Lofre intentaríao desde lonxe pero o seu tiro, o igual que o dos visitantes foise fora.
No minuto 67 veríase a parada da tarde, un traiazo de Óscar que Carlos chapou maxistralmente cas duas mans.
A Naveira, que polo visto xa en anteriores partidos, gústalle o 69, pois foi neste minuto cando tivo unha boa oportunidade pero o lanzamento non lle saiu de todo preciso polo que o esférico foise fora do marco defendido por Andrés.
Sería no minuto 73 cando o Boimorto marcou o gol da victoria, o interior esquerdo vermello andivo listo e pillou desubicada a nosa defensa, centrou, e Aradas meteu un soberbio cabezazo ó pao, o posterior rexeite resolveuno outro xogador boimordés para xubilo dos seguidores vermellos que o domingo visitaron o Municipal de Sobrado en masa a pesares do incisivo frío e a incómoda choiva.
A derradeira oportunidade do encontro tería Jalecho no minuto 87 pero lanzaría de nova lonxe dos 3 paos da meta defendida por Carlos.
Finalizou un encontro onde primou a deportividade a pesares do moito que se xogaban ambos conxuntos e destacar o xogo limpo tanto de xogadores e banquiños coma das duas afeccións que derón unha lección de como se pode afrontar un derbi sen que pase nada extradeportivo.

Parabéns o Boimorto C.F. que para o ano estará seguro en 2ª Autonómica e dar tamén as grazas o noso conxunto polo moito que nos fixo vibrar o domingo a pesares da derrota. Amosaron que se queren pódenlle facer fronte a calqueira equipo da competición.

Saudos e bo nadal.

Ningún comentario: