luns, 24 de xaneiro de 2011

O equipo senior reencontrase consigo mesmo

Agridoce xornada ligueira para os nosos intereses. As notas positivas foron a goleada do equipo senior e a victoria (unha máis) do equipo feminino. A mala nova chegou por parte do equipo xuvenil que non puido quitar nada positivo na súa visita a Oleiros.

Comezamos pola canteira falando da derrota 1-0 que sufriu o Atlético Sobrado Xuvenil. O equipo de Pirri visitaba ó Hércules SD e a mala sorte privoulle de traer algo positivo do "Anido". O único gol local, froito da mala sorte chegou nun lanzamento de falta que Samu tocou, o esférico pegou no pao e posteriormente na espalda do gardamallas introducíndose a pelota na rede.

O equipo feminino de Liga Provincial colleitou unha traballada victoria (4-2) no Pavillón Municipal de Sobrado fronte o sempre correoso O Pino F.S . As xogadoras de Hassan loitaron moito por conseguir o obxetivo que finalmente acadaron. As goleadoras foron Ta, Sandra (sí, a xogadora que alterna portería e dianteira desta volta marcou, e xa leva 2...), María Seoane de penalti e Patty.

O equipo senior por fin se reencontrou consigo mesmo e tamén coa victoria logo de 2 longos meses sen conseguilo. A anterior victoria databa do 21 de novembro fronte o Vizoño B e tras unha mala racha de 5 derrotas e 2 empates por fin os 3 puntos viñeron para Sobrado ademáis de un xeito arrollador, goleando 1-5 a SD Pontecarreira.
Antes de nada destacar a figura de unha G.R.A.N.D.E., como algúns xa sabedes non é outro que DAVID e poñoo en maiúsculas porque así o merece, non so por todo o que parou onte (que foi moito e bo) senón porque se prestou voluntario para xogar de gardaredes dado que onte o Atlético Sobrado non dispoñía de ningún cancerbeiro para afrontar o encontro. David abandoou o seu habitual posto de dianteiro para facer as veces de porteiro, e non é que cumplira, e que foi a figura do partido (sen restarlle mérito o resto de xogadores que onte estiveron realmente ben).
Fer tivo que tirar de imaxinación para facer o 11 pois foron numerosas as baixas para afrontar o choque. Tan so 12 efectivos dispoñibles e sen porteiro para viaxar a un campo dos "históricamente malditos para o C.A.S.X.), máis desta volta parece que os xogadores entraron moi enchufados e a SD Pontecarreira pagou os pratos rotos da goleada sufrida a semana pasada fronte ó Toques no derbi.
O once inicial estivo formado por David en portería, Alejandro Gemelo e Miguel Combo nos laterais, Pirulo e Mario de centrais, Esteban de libre, trivote en medio campo para Javi Lofre, Javi Souto e Fran e en punta Pablo Naveira e o pichichi do equipo Chino. Para cambios quedaba no banquiño Diego Fragío.
Comezaron os dous equipos tanteándose e non sería ata o minuto 7 cando se vería a primeira ocasión de perigo. Nunha boa internada de Miguel Combo e tras regatear o porteiro un defensa local quita case na liña de gol o tiro do espigado lateral xuvenil que a piques estivo de facer o primeiro gol para o Atlético Sobrado.
No minuto 12 David faría a primeira intervención de mérito logo de desviar a córner un forte disparo da SD Pontecarreira.
O minuto seguinte réplica do conxunto marelo a cargo de Pablo Naveira, o cancerbeiro local andivo atinado e repeliu o disparo do dianteiro de Teixeiro.
O partido tornábase nun "toma e daca", no minuto seguinte oportunidade para a Ponte, o remate de cabeza foise fora.
Chino tería a súa primeira oportunidade do partido no minuto 15 nun lanzamento de falta que despexou o porteiro local in extremis, corría o minuto 15.
No minuto 19 chegaría o primeiro gol do encontro logo de un fenomenal pase o oco de Chino para Pablo Naveira, o dianteiro regateu o cancerbeiro local e marcou a portería vacía.
Logo do 0-1 o partido entrou nunha fase na que as oportunidades brilaron pola súa ausencia ata o minuto 39 onde a Ponte estivo a piques de empatar pero David fixo un auténtico paradón nun tiro a bocaxarro.
De novo o intentaría Chino no minuto 42, o seu tiro logo de un saque de córner a cargo de Fran saiu fora. Esta sería a derradeira oportunidade do primeiro tempo onde o CASX chegou vencendo pola mínima o intervalo.
No descanso Fer tivo que facer o único cambio do que dispoñía obrigado pois Javi Souto sufriu 2 golpes no pé dereito, un a altura do tobillo e outro nun dedo logo de un plantillazo, Diego Fragío entraba no terreo de xogo con toda a segunda metade por diante.
Comezaron os dous equipos fríos o reinicio do encontro, pasarían 10 minutos para que se vise un lanzamento. Sería o lateral esquerdo local logo de regatear a varios xogadores marelos, o lanzamento desde fora da área saiu escorado.
No minuto 57 o xuvenil Miguel Combo a piques estivo de lograr o segundo da tarde logo de rematar un córner executado por Fran, o remate pegou nun defensa, e o balón foise estrelar ó traveseiro para sair posteriormente de novo a córner.
A SD Pontecarreira andaba buscando o empate que evitaría Esteban no minuto 61 logo de quitar un perigoso balón nun remate de cabeza a saida de un córner.
No minuto 63 tocáballe dar o CASX, sería Chino nun lanzamento de falta co aire a favor, o tiro saiu rozando o traveseiro da meta local.
Quizais a clave do encontro estivo no minuto 66, de novo David erixiuse en protagonista, nun lanzamento de un dianteiro local que o improvisado gardaredes repelía cando os seguidores locais cantaban o gol, o rexeite chegou as botas de outro xogador local que volveu a lanzar e cando parecía que sería gol de novo David repeliu o lanzamento que finalmente acabou despexando a defensa do Atlético Sobrado. Espectacular David baixo paos, rápido, ben de reflexos e moi seguro tanto por arriba coma por baixo. Fer viu que a SD Pontecarreira estaba a dominar o centro do campo polo que decidiu facer un cambio de posicións metendo a Esteban en medio campo, pasando Pirulo, Miguel Combo e Mario a formar a liña de centrais, con Alejandro Gemelo nunha banda e Diego Fragío na outra. Este cambio de fichas foi fundamental para o devir do partido por o capitán do equipo dou moita máis consistencia en medio campo e fartouse de recuperar balóns e repartir xogo nos 24 minutos que estivo nesa posición. A goleada visitante fomentouse desde ese momento.
O pichichi do equipo non faltou a súa cita co gol, sería no minuto 70 nun gol de pillería, o porteiro local quita en corto un saque de meta para o seu central, o defensa anda lento, Chino rouballe a carteira e marca coa perna esquerda a placer. Con este 0-2 parecía que o Atlético Sobrado pechaba o encontro.
A partires de esta xogada foise fomentando a goleada visitante, no minuto 74 boa xogada combinativa da Makina Amarilla, na que interveñen Javi Lofre e Fran en medio campo, fan apertura de xogo onde se incorpora Alejandro Gemelo, que mete un preciso centro no que de novo Chino anda listo e anticípase o porteiro para marcar o 0-3.
O xuvenil Alejandro Gemelo adqueriu maior protagonismo na segunda metade coas súas boas incorporacións por banda dereita e a piques estivo de encontrar o gol no minuto 77, nun gran pase de Chino, devolvéndolle o favor do gol anterior, o remate acrobático do lateral que chegou un pouco forzado o remate foise alto por pouco.
O fútbol as veces tamén é xusto e recoñece o traballo ben feito, desta volta sería xusto con Alejandro Gemelo no minuto 81, nunha nova internada moi ben acompañada por Pablo Naveira e Chino, Alejandro optou pola xogada persoal logo de regatear a un rival, o seu lanzamento con suspense pegou no pao e entrou convertindo o 0-4.
Pero aínda habería máis goles no partido, Pablo Naveira marcaría o seu segundo gol persoal e o quinto do Atlético Sobrado nunha falta lateral executada por Fran na que o rápido dianteiro rematou de cabeza no segundo pao.
Non puido deixar a portería a "0" o "meta" David para poder selar con broche de ouro o seu partidazo pois o goleador local Meixide non faltaría a súa cita co gol e batiría a David no minuto 87 nun remate de cabeza raro que acabou con David e o balón dentro da portería.
Non daría máis de sí o encontro que solventou o Atlético Sobrado con goleada e na que hai que destacar o gran traballo feito polos xogadores e o míster, nun partido que a priori non pintaba ben o ter numerosas baixas e non dispoñer de ningún porteiro. A cousa non puido ir mellor e todos rematamos o encontro con moi boas sensacións de ver que ante as adversidades é cando máis medramos.




Ningún comentario: