martes, 1 de marzo de 2011

A xornada atrasada

Antes de nada pedir disculpas por non poder actualizar o blog a semana pasada.

Resumiremos brevemente o acontecido na xornada disputada os días 19 e 20 de febreiro.

Xuvenís: Boimorto CF 3 - Atl. Sobrado 0

Non puido traer nada positivo da viaxe a Boimorto o equipo de Pirri. O equipo sigue acusando os poucos efectivos dos que dispón. Ademáis encontrouse coa expulsión do porteiro Samuel co cal o partido aínda se puxo máis costa arriba.

Feminino: Espartanas F.S. 1 - Atl. Sobrado 11

Dou boa conta o equipo que adestra Hassan das colistas da competición. O desplazamento a Coruña saldouse con unha ampla goleada que deixa ben as claras o potencial do noso equipo feminino. María Seoane (5), Luci (3) e Mery (2) foron as goleadoras, o outro gol anotouno unha xogadora local en propia porta.

Senior: C.D. Mesía 0 - Atl. Sobrado 0

Repetiu o mesmo resultado do partido de ida o equipo adestrado por Fer. O Atl. Sobrado rescatou un punto nun desplazamento complicado e no que os locais perdoaron a vida con 3 claras ocasións de gol que non souberon aproveitar.

Ningún comentario: