xoves, 30 de xuño de 2011

O Atlético Sobrado organiza "Xornadas de Sendeirismo en Sobrado"




O Atlético Sobrado Xuventude en colaboración co Concello de Sobrado organiza unhas "Xornadas con Rutas de Sendeirismo" para coñecer mellor Sobrado e o seu territorio. A primeira cita terá lugar este sábado 2 de xullo na Praza do Concello a partires das 10.30 horas. A ruta ten unha distancia de 11,7 kilómetros e unha duración aproximada de 2 horas. Recoméndase levar calzado cómodo e roupa lixeira. A actividade é totalmente gratuita e pode participar todo aquel que o desexe poñéndose en contacto con algún membro da Directiva ou ben chamando o teléfono do Concello de Sobrado 981 787 508


Ningún comentario: