venres, 16 de setembro de 2011

Victoria no último amigable da pretempada

O Atlético Sobrado saiu gañador no derradeiro amigable da pretempada o pasado domingo 4 de setembro no Campo Municipal de Sobrado.
O encontro serviu coma presentación ante a súa afección dos discípulos de Hassan que deron unha gran imaxe e que fixeron disfrutar ó respetable.
O único gol do encontro marcouno Maikel de remate de cabeza logo de un saque de banda efectuado por Alberto Gemelo.
Compre destacar que este partido tamén serviu para que debutara co equipo marelo a última fichaxe que proven do Boimorto C.F., Mario Varela.

Ningún comentario: