mércores, 14 de marzo de 2012

Boa imaxe da Mákina Amarilla

3ª AUT. SENIOR: Atl. Sobrado 0 - Oza dos Ríos C.F. 1

A pesares da derrota pola mínima 0-1 fronte a un dos claros favoritos ó ascenso a 2ª Autonómica, o Oza dos Ríos C.F., o C.A.S.X. deixou unha boa imaxe no Municipal de Sobrado o pasado domingo.
Nun partido onde destacou a presencia de asistentes de liña e onde houbo polémica no gol pois visitante pois o dianteiro do Oza que marca o gol que decide o partido pode vir de fora de xogo. Non podo xulgar porque a pesares de atoparme cerca da xogada non podo decir se foi ou non. Os nosos defensas din que é fora de xogo pero non o sei.
O equipo visitante tan so fixo 2 lanzamentos en todo o partido á meta de Andrés, un deles foi o gol onde o goleador do partido definiu pegado o pao un man a man co noso cancerbeiro.
Os homes de Hassan mereceron mellor sorte e incluso o final estiveron a piques de poder empatar e gañar o partido con duas boas ocasións de Jaco e Chino.
Como comentei boa imaxe a amosada que deixou bo sabor de boca a pesares da derrota. Para a semana o equipo terá xornada de descanso.

ONCE INICIAL: Andres; Piru, Mario N., Miguel Combo; Chino, Lofre, Fran Miraz, Jaco, Nacho, Naveira, Maikel.
CAMBIOS: Javi S., Anxo, Isma, Marcos Combo, Antonio.

2ª AUT. XUVENIL: Atl. Sobrado 1 - Atl. Perillo 8

Non lle dou opción o 3º clasificado da táboa os nosos xuvenís no 1º partido do desterro celebrado no Campo Novo de Curtis. O gol local foi marcado polo pichichi do equipo Marcos Combo.
Para a vindeira xornada o equipo de Chino visita "O Carrizo" para enfrontarse á SD Portazgo no que será o penúltimo partido da tempada para a escadra xuvenil.

Ningún comentario: