martes, 6 de marzo de 2012

Doble derrota pero una gran imaxe

Os equipos tanto senior como xuvenil perderon os seus partidos nos desprazamentos a Visantoña e San Tirso respectivamente pero eso non evita que ambos conxuntos causaran unha grata impresión.

O sábado o equipo xuvenil perdeu 2-1, o gol visitante foi obra do pichichi Marcos Combo. O equipo de Chino perdooulle a vida ó seu rival marrando claras oportunidades de gol. Aínda así o equipo xuvenil lavou a súa imaxe dos lamentables incidentes da semana pasada.

Tampouco o equipo senior puido gañar na súa visita ó campo do líder da competición, o Visantoña C.F. O primeiro gol chegaría no minuto 18 con un auténtico golazo de un dos mellores homes dos locais, Piru, que engatillou unha impresiontante volea desde fora da área que entrou rozando o pao longueiro da portería de Andrés. O 2-0 chegaría no desconto da primeira parte cando Álvaro se adiantou a defensa marela para rematar de cabeza un córner. Na segunda metade o C.A.S.X tivo máis dominio de esférico e dispuxo de oportunidades para reducir vantaxe e incluso empatar pero non foi o día máis idoneo no que a puntería se refire. A mellor oportunidade local da segunda metade para os locais foi un sensacional tiro de falta de Kaki que foi impactar ó longueiro da meta do Atlético Sobrado para posteriormente sair fora.

ONCE INICIAL: Andrés; Mario Novo, Iván, Pirulo; Chino, Fran Miraz, Lofre, Nacho, Pablo Naveira, Jacobo Penas; Dami.
BANQUIÑO: Anxo, Antonio, Miguel Combo, Marcos Combo.

Ningún comentario: