xoves, 22 de marzo de 2012

Nova xornada de Liga

O equipo xuvenil afronta este sábado a última xornada ligueira do curso futbolístico 2011/2012. O partido será o sábado 24 de marzo a partires das 19.00 horas no Campo Novo de Curtis e o rival será o Once Caballeros C.F.
Pola súa parte o equipo senior recibe no Municipal de Sobrado ó S.E. Abellá S.D.C. "B" o domingo 25 a partires das 17.00 horas, horario habitual do noso clube cando actúa como locatario.

Ningún comentario: