mércores, 24 de outubro de 2012

Xornada 7 : C.A.S.X. - Mesón do Bento CF (a previa)

O sábado visita o Municipal de Sobrado o equipo dos 14 que integran este Grupo 3º de 3ª Autonómica Galega que estivo na categoría máis alta. Trátase do Mesón do Bento CF; como moit@s de vos saberedes, hai dúas tempadas codeábase con equipos da 3ª División pero as penurias económicas que está a sufrir o fútbol fixo que esa progresión que levou a cabo o equipo do Concello de Ordes a ir ascendendo desde a 3ª Autonómica ata a 3ª División tivera o seu fin e o Clube acuciado por graves problemas de cartos tivo que descender á 2ª Autonómica onde xogou a tempada pasada. Unha tempada na que non puido salvar a categoría e finalmente acabou baixando de categoría ó noso grupo.
Os brancovermellos chegan a Sobrado situados na antepenúltima posición da táboa clasificatoria con 1 punto sumado en 6 xornadas, pero eso non é dato suficiente para crer que o Sobrado ten todas as papeletas para levarse o partido sen esforzarse pois a superioridade débese demostrar sobre o terreo de xogo e non sobre uns fríos datos que moitas veces levan a engaño.
Se os datos nos agarramos podemos decir que o Mesón presenta 3 goles a favor o cal o fai ser o equipo menos goleador da categoría e 18 en contra (3º equipo que máis encaixa). Pero como dixen anteriormente, os números solo son eso, números, e a confianza debe ser mínima. O Mesón como quen di acaba de comezar de 0 a súa historia, con xogadores xoves que seguro que poñerán ilusión e ganas para comezar a revertir a situación na que agora mesmo se atopan. Un equipo ferido é o doble de perigoso que un equipo no que todo marcha como unha balsa de aceite e neso debe pensar a Máquina Amarilla: en que será un rival bastante complicado.
O Atlético Sobrado chega nunha boa xeira de resultados ó encontro logo das dúas últimas victorias nos últimos dous partidos. A victoria e o gran partido realizado no difícil campo de Mesía o pasado domingo debe servir ós pupilos de Hassan para crer no potencial de este equipo que é moi grande se o equipo está cos 5 sentidos sobre o terreo de xogo.
Con 3 partidos gañados (Vilamaior, Poulo e Mesía), 2 empatados (Vizoño B e Bribes) e un perdido (Abellá B) o equipo marelo está ubicado na 5ª praza da clasificación xeral (o último posto que da acceso á promoción de ascenso á 2ª Autonómica). Suma 11 puntos e ten un total de 12 goles a favor (4º equipo que máis goles marca) e tan so 4 goles en contra (2ª equipo que menos goles encaixa).
O partido comezará as 17.00 horas e no bando de lesións reseñar que está a enfermería valeira polo que todos os xogadores estarán dispoñibles para este encontro.

Ademáis a xornada 7 tráenos partidos emocionantes onde equipos que ocupan postos altos da táboa se enfrontan entre sí. Partidos como o SE Abellá SDC "B" - Cire Melide, Vizoño SD "B" - Mesía ou SDPontecarreira - Encrobas CF terán todos os alicientes para ser partidos moi disputados onde as diferentes formacións loitarán por seguir asomando nas primeiras posicións da táboa.

Ningún comentario: