martes, 20 de novembro de 2012

Cambio de Horario

O Club Atlético Sobrado Xuventude púxose en contacto coa UD Carral para solicitar adiantar o partido que disputarán ambos conxuntos o vindeiro sábado 24 de novembro no Municipal de Sobrado.
A UD Carral accedeu amablemente a nosa petición polo que o partido se disputará as 12.00 horas.
Desde aquí agradecer a UD Carral a amabilidade prestada para co noso clube e facer posible que o partido puidese ser adiantado.

GRAZAS!!!

Ningún comentario: