luns, 26 de novembro de 2012

Goleada e liderato en solitario

O C.A.S.X. é un chisquiño máis líder unha vez rematada a xornada 11 de este curso ligueiro 2012/2013. Parece que o conxunto marelo lle veu ben o madrugón do pasado sábado para poder impoñerse a un dos mellores conxuntos da categoría: o Carral B.
Chegaban ambos conxuntos moi igualados co noso equipo un punto por riba na xeral polo que se presumía un partido "bis a bis" onde cada balón en disputa ía ter o seu peso en ouro.
O Atlético Sobrado presentou unha formación inicial algo diferente a da semana anterior en Encrobas. Pirulo e Esteban volveron as súas posicións defensivas, Maikel xogou de inicio no lateral dereito e Dami no lugar de Mario Varela.
Precisamente este último, Dami, sería o primeiro protagonista de un gran partido, corría o minuto 4 de xogo cando o Atlético Sobrado executa un córner, o portentoso remate de cabeza de Maikel choca coa trave da meta visitante, a defensa do Carral B intenta alonxar o perigo pero o esférico cáelle a Dami que desde fora da área fai un lanzamento á escadra imposible de parar para o porteiro Salido. Este gol abofé que se o marca un xogador de primeira división cansaríamonos de velo repetidas veces nas canles televisivas.
O gol doulle un plus o conxunto marelo que viuse xa desde o principio con marcador a favor fronte un rival directo, nos primeiros 45 minutos o Carral B apenas inquedou a portería de David en dous tiros lonxanos do seu lateral dereito que David atallou de xeito soberbio.
O 2-0 chegaría de novo a balón parado, executa Chino un córner, Salido resbala na súa salida (valla a rebundancia) e o esférico chega mainamente a cabeza de Naveira que tan so ten que empurrar o esférico ó fondo da rede.
Con este resultado de 2-0 chegaríase ó intervalo.
Na segunda metade máis do mesmo, o C.A.S.X. chegaba e golpeaba directo a mandíbula de un rival que intentaba manterse en pe buscando un gol que o metese de novo no encontro, pero a Maquina Amarilla non dou opción con unha liña defensiva sinxelamente non de 10, senón de 11: o quinteto Maikel, Pirulo, Mario Novo, Esteban e Anxo resgadaron sobradamente a David, un David que na segunda parte tivo más traballo e estivo máis esixido facendo 4 grandes intervencións dúas das cales era goles cantados.
O 3-0 foi unha auténtica bendición para o fútbol, e máis se observamos o estado do Municipal que dista moito de parecerse a un campo de fútbol. Xogada para enmarcar, conexión letal entre 3 virtuosos do balón, Dami, Naveira e Fran. Un auténtico espectáculo de xogada con axudas, paredes, desborde, pase da morte e gol de Fran que marcaba por segunda xornada consecutiva.
Corría o minuto 62 e parecía que o C.A.S.X. finiquitaba o partido.
Dami tivo o 4-0 nunha magnífica xogada de equipo onde a defensa rival viuse desbordada pero logo de un par de regates o lanzamento pegou nun defensa e o perigo foise alonxando da meta branca.
O Atlético Sobrado comezou a mover o banquiño e o primeiro cambio foi Miguel Combo por Dami. Un Miguel Combo que xogaría nunha posición máis adiantada do que ven sendo habitual acupando o interior esquerdo. Un dos primeiros balóns que tocou o espigado xogador marelo rematou en gol. Miguel aproveitouse do erro no despexe de un defensa do Carral B e definiu dentro da área como un auténtico matador nun remate no que o porteiro visitante so puido seguir a traxectoria do esférico coa mirada.
Máis tarde entraría no terreo de xogo Jorge Ares por Jaco, o xove xogador marelo tivo 2 boas oportunidades de incrementar a conta goleadora do C.A.S.X. pero desta volta Salido andivo áxil para interceptar ambos lanzamentos. Isma e Javi entraron por un Maikel que fixo un partido sensacional e por Esteban que vira un cartón marelo anterior por parar unha contra do equipo carralés.
Así se chegou ó final dun encontro onde por riba de todo primou a deportividade e a coordialidade entre ambos equipos.
Con este resultado o C.A.S.X. suma 24 puntos e logo de que a Pontecarreira empatara no derbi fronte ó Abellá B faise co liderato en solitario. Agora o seu máximo perseguidor é o Vizoño B que suma 23 puntos. Precisamente o Atlético Sobrado viaxa domingo á Pontecarreira nun partido onde volve a estar o liderato en xogo pois entre un e outro equipo tan so distan dous puntos sendo o equipo do Concello de Frades 3º clasificado actualmente  na táboa.

Coma sempre ó longo da semana faremos a previa do encontro da vindeira xornada que será a número 12 (penúltima de esta primeira volta).

Ningún comentario: