luns, 19 de novembro de 2012

Xornada 10: o C.A.S.X. conserva o liderato

Non puiden asistir ó partido de onte en Encrobas debido a unha viaxe polo tanto o resumo do encontro será moi breve.
Antes de nada agradecer a www.camposgallegos.es a sesión de fotografías que tirou no partido de onte. Podedes velas en http://www.camposgallegos.es/2012/11/campo-de-encrobas/ a foto ilustrativa que vedes de este post é xentileza da citada páxina web. Estamos agardando a ver se hai a posibilidade de que nos poidan pasar as fotos do encontro.
O C.A.S.X. desperdiciou unha vantaxe de 0-2 para finalmente acabar empatando o encontro.
Mario Varela faría o 0-1 e con ese resultado chegouse ó descanso. Fran ampliaría vantaxe logrando o 0-2 xa na segunda metade.
Simón a balón parado reduciría diferencias no marcador e finalmente Rubio establecería o 2-2 que a postre sería definitivo.
É a primeira vez en toda a tempada que o Atlético Sobrado encaixa dous goles no mesmo partido.
Con este punto o Atlético Sobrado suma 21 e sigue na primeira posición agora empatado coa SD Pontecarreira.
Para o vindeiro sábado visita o Municipal de Sobrado o Carral B que está situado na 3ª posición a tan so un punto do noso equipo así que seguro que a emoción non vai faltar neste encontro.
Hassan recuperará a Pirulo e Esteban para a liña defensiva logo de causar ambos baixa onte.

Saúdos

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: